G3051444 - Análise e interpretación da paisaxe vexetal (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Xeografía Física
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer os métodos e técnicas de análise estática e dinámica das comunidades vexetais
- Coñecer os principais ecosistemas terrestres e as súas características
- Recoñecer a influencia humana na dinámica e no estado actual da paisaxe vexetal
- Coñecer os fundamentos ecolóxicos da paisaxe
ContidosO contido desta materia complementa os da materia de "Bioxeografía" do terceiro curso do Grado de Xeografía e Ordenación do Territorio e ten un carácter esencialmente práctico. Trátanse os seguintes temas:
I. As clasificacións, métodos e técnicas de estudo das comunidades vexetais
II. A paisaxe vexetal no seu conxunto
III. A antropización da biosfera a través da análise dos diferentes tipos de actuación humana e a súa evolución histórica
- A estrutura e dinámica das paisaxes, e a súa ordenación en relación cos procesos ecolóxicos e históricos
PROGRAMA
I. OBXECTIVOS E CONTIDOS DA MATERIA
II. MÉTODOS E TÉCNICAS DE ESTUDO DA VEXETACIÓN
1. Clasificacións e métodos fisionómicos
2. Clasificacións e métodos florísticos e ecolóxicos
3. O método de Bertrand
4. Métodos e técnicas analíticas e de síntese en Bioxeografía
5. Métodos e técnicas de estudo da dinámica vexetal a diferentes escalas
6. Métodos e técnicas cartográficas
III. A PAISAXE VEXETAL
1. Os conceptos de paisaxe
2. Estrutura, características e propiedades da paisaxe
3. Factores físicos e humanos da organización das paisaxes
4. A dinámica da paisaxe
5. Organización e historia da paisaxe vexetal galega
IV. MÉTODOS DE AVALIACIÓN DA VEXETACIÓN E A PAISAXE
Bibliografía básica e complementariaBertrand, C. & Bertrand,G. (2006): Geografía del Medio Ambiente. El sistema GTP: Geosistema, territorio y paisaje. Universidad de Granada, Granada.
Braque, R. (1987): Biogéographie des continents. Masson, Paris.
Burel, F. y Baudry, J. (2002): Ecología del Paisaje. Conceptos, métodos y aplicaciones. Ediciones Mundi- Prensa, Madrid.
Castroviejo, M. (Coord.) (1991): Prácticas para la planificación de Espacios Naturales.ICONA, Madrid.
Duchaufour, P. (1984): Edafología 1. Edafología y clasificación. Masson, París
Davigneaud, P. (1978): La síntesis ecológica. Alhambra, Madrid.
Elhai, A. (1968): Biogéographie. Armand Colin, París
Farina, A. (1998): Principles and methods in Landscape ecology. Chapman & Hall, London
Ferreras, C. y Fidalgo, C. (1991): Biogeografía y Edafogeografía. Síntesis, Madrid.
Forman, R.T.T. (1995): Land mosaic. The ecology of landscapes and regions. Cambridge University Press, Cambridge.
Forman, R.T.T. & Godron, M. (1986): Landscape ecology. John Wiley & Sons, New York.
González Bernáldez, F. (1981): Ecología y paisaje, Blume Ediciones, Madrid.
Lacoste, Y. y Salanon, R. (1977): Biogeografía. Oikos-Tau, Vilassar de Mar (Barcelona).
Lemee, G. (1967): Précis de Biogéographie. Masson, París.
Lizet, B. et Ravignan, F. de (1987): Comprendre un paysage. Guide pratique de recherche, INRA, París
Meaza Rodríguez, G. (Coord.) (2000): Medodología y práctica de la Biogeografía. Ediciones del Serbal, Barcelona.
Ozenda, P. (1964): Biogéographie végetale. Doin, París.
Pears, N. (1977): Basic Biogeography. Longman, London.
Sevilla Martínez, F. (2008): Una teoría ecológica para los montes ibéricos. IRMA, S.L., León.
Simmons, I.G. (1982): Biogeografía natural y cultural. Omega, Barcelona.
Tivy, J. (1982): Biogeography. Longman, London.
Walter, H. (1977): Zonas de vegetación y clima. Omega, Barcelona.
Competencias- Recoñecemento das especies e comunidades significativas dende o punto de vista ecolóxico ou paisaxístico.
- Aplicación das técnicas de análise da vexetación e a paisaxe.
- Recoñecemento dos modos de intervención humana e as súas consecuencias na vexetación e na paisaxe.
- Análise e recoñecemento da influencia ecolóxica e histórica na distribución da vexetación e na organización da paisaxe.
- Criterios de avaliación da vexetación e a paisaxe.
Metodoloxía da ensinanza - Todas as semanas se impartirán contidos teóricos e prácticas de aula (interpretación de inventarios, transectos, pirámides de vexetación, diagramas, etc...)
- Polo menos, realizaránse dúas saídas ao campo de medio día de duración e outra á Serra do Caurel de dous días, dependendo das condicións económicas e das compatibilidades docentes.
Sistema de evaluaciónO 70% da cualificación final procederá da nota obtida no exame teórico e práctico realizado na data sinalada pola Secretaría do Centro. O 30% restante outorgarase pola elaboración dos traballos e a participación e aproveitamento das clases prácticas tendo en conta as memorias das saídas ao campo realizadas.
É necesario aprobar o exame teórico e realizar e aprobar as prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das horas que lle corresponden polos créditos asignados á materia (6 créditos ou 60 horas), os alumnos deben dedicarlle á elaboración dos traballos prácticos e á preparación da materia outras 60 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Utilización da bibliografía recomendada
- Tendo en conta o alto contido práctico da materia e a ausencia de manuais específicos, considérase necesaria a asistencia ás clases e as saídas ao campo.