Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G3051447 - Xeografía social e cultural (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía, Xeografía
  • Áreas: Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOIS GONZALEZ, RUBEN CAMILO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Estudo da construción e organización do territorio en función das variables sociais e culturais.
    - Coñecemento dos distintos conceptos e enfoques da Xeografía Social e Cultural
    - Utilización de fontes e de indicadores sociais e culturais que permitan construír e analizar as distribucións dos diferentes grupos sociais así como as relacións que se establecen entre o territorio e distintos identificadores culturais.
    - Análise dos diferentes grupos sociais, razóns da súa formación, comportamento e uso diferencial do espazo.
    -Análise da implicación que ten a cultura no uso do espazo.
    Contidos
    - Concepto da Xeografía Social e Cultural. Antecedentes e evolución
    - O espazo social e cultural. Funcións fundamentais. Conceptos de grupo e lugar
    - Uso diferencial do espazo na vida cotiá: os espazos públicos, os espazos do medo, etc
    -A desigualdade social. Os grupos de risco
    -Cultura, sociedade e territorio, elementos para a análise: relixión, etnia/raza, lingua, gastronomía, sexualidade, etc.
    -Os novos espazos de lecer: centros comerciais, parques periurbanos, parques temáticos
    -A xeografía a través das artes: literatura e pintura


    Bibliografía básica e complementaria
    ANDERSON, K. DOMOSH, M. PILE, S. e TRHIFT, N. (Eds.), (2003): Handbook of Cultural Geography. Sage, London.
    BOFILL, A. et al. (1998): Las mujeres y la ciudad. Barcelona:Fundació María Aurèlia Capmany.
    CÓRDOBA ORDÓÑEZ, J. et al. (1991): Geografía de la pobreza y la desigualdad. Ed. Síntesis, Madrid.
    DUNCAN, J. JOHNSON, N e SCHEIN, R (Eds.), (2004): A companinon to cultural Geography. Blackwell, Oxford.
    FRÉMONT, A. et al. (1984): Géographie sociale. Ed. Masson, París.
    GARCÍA, A. (1998): Métodos y técnicas cualitativas en Geografía Social. oikos.tau. Vilassar de Mar, Barcelona.
    GARCÍA, A. y SANZ, B. (2002): Atlas de la comunidad de Madrid en el umbral del siglo XXI. Imagen socioeconómica de una región receptora de emigrantes. Comunidad de Madrid y Universidad Complutense de Madrid, Madrid.
    MAIER, J. et al. (1987): Geografía social. Ed. Rialp, Madrid.
    NOGUÉ, J. y ROMERO, J. (2006): Las otras Geografías, Valencia: Tirant lo Blanc.
    ORTEGA, C. (2010): Observatorios culturales. Ariel, Barcelona.
    ROMERO GONZÁLEZ, J. et al. (1992): Desigualdades y nueva pobreza en el mundo desarrollado. Ed. Síntesis, Madrid.
    SABATÉ, A. et al. (1995): Mujeres, espacio y sociedad. Hacia una geografía del género. Ed. Síntesis, Madrid.
    VVAA (2005): La ciudad y el miedo. Actas VII Coloquio de Geografía Urbana. Ed. Universitat de Girona, Girona.
    REVISTA, SOCIAL AND CULTURAL GEOGRAPHY

    Competencias
    - Coñecer fontes para o estudo dos aspectos sociais e culturais.
    - Saber elaborar e interpretar os indicadores sociais e culturais básicos.
    - Cartografar os indicadores sociais e culturais e interpretar os mapas resultantes.
    - Interpretar a organización espacial en función das variables sociais e culturais, a escala local e a escala global.
    - Saber elaborar traballos sobre un tema debidamente estruturados: obxectivo, desenvolvemento e conclusión
    - Saber expoñer de forma clara e concisa os resultados dos traballos elaborados

    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases teóricas.
    - Lecturas obrigatorias de artigos sobre os temas tratados, a partir das que se organizarán sesións de discusión e debate.
    - Análise de fontes.
    - Análise de atlas e enquisas sociais e culturais.
    - Traballo práctico da análise do uso e apropiación do espazo público, que se exporá na clase.

    Sistema de evaluación
    Farase un exame final que terá un valor equivalente á metade (50%) da cualificación.
    Un 40% procederá dos comentarios das lecturas e dos atlas e das enquisas sociais, e do traballo práctico. Valorarase con puntuación negativa cada práctica que non se entregue.
    A participación activa, a colaboración e a dinamización no desenvolvemento das aulas terá un valor do 10%
    Será obrigatoria a asistencia ás titorías presenciais segundo o formato que se concrete na aula.

    Será necesario que nos dous primeiros items (teoría e práctica) a nota mínima que se alcance en cadansua valoración sexa dun 3’5 sobre 10. No caso de suspender a materia só se gardará a nota das prácticas que poderá ser mellorada se así o considera o estudante. A ponderación da cualificación final será a mesma na proba ordinaria que na extraordinaria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - 32 horas teóricas presencias na aula.
    -16 horas de docencia interactiva con presencia na aula
    -3 horas de titorías presencias no despacho do profesor
    - 3 horas semanais (media) para estudo, lecturas e traballo coas fontes e interpretación de resultados, traballo de campo e titoría do traballo persoal.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Ler a bibliografía básica.
    - Ler os artigos indicados que se correspondan coas prácticas marcadas.
    - Identificar claramente as dúbidas e consultalas.
    - Ler de xeito habitual os xornais, especialmente algúns artigos relacionados coa materia e comentalos.
    - Utilizar dicionarios de termos xeográficos para dominar a linguaxe específica e para acostumarse á precisión e á concreción.
    -Asistir asiduamente ás clases. Lémbrase que é unha obrigación