G3051450 - Xeografía dos recursos mariños (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Xeografía Humana
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudar o espacio mariño na Xeografía, así como os recursos que se obteñen del e os problemas relacionados coa utilización do mar.
ContidosLección 1.- O espacio mariño na Xeografía.
Lección 2.- Caracteres xerais do medio mariño e dos seus recursos.
Lección 3.- Xeografía Política do mar.
Lección 4.- Os recursos minerais
Lección 5.- O mar como fonte de enerxía e como reserva de auga doce.
Lección 6.- A navegación marítima.
Lección 7.- O mar como elemento de ocio.
Lección 8.- A pesca marítima.
Lección 9.- A acuicultura mariña.
Lección 10.- O mar e a contaminación.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
MONGUILOT, I.: El mar y sus recursos. Madrid, Ed. Cincel.
GUELLEC, J. ET LOROT, P.: Planète Océane. L’essentiel de la mer. Paris, Choiseul.
LOUCHET, A.: La planète océane. Précis de Géographie maritime. Paris, Armand Colin.
VALLEGA, A.: Ecumene oceano. Milano, Ed. Mursia.
Outra bibliografía:
Na aula facilitarase bibliografía específica para cada tema ou conxunto de temas.
CompetenciasO obxectivo principal é que o alumno que cursa o Grao de Xeografía obteña o coñecemento dos conceptos básicos da materia e que afiance os coñecementos teóricos co manexo e a utilización de textos, documentos, estatísticas e outras fontes
Metodoloxía da ensinanza O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible en función da extensión de cada lección, combinando a docencia presencial (clases expositivas, interactivas e titorías) coa non presencial, orientada mediante bibliografía, todo iso complementado cunha parte práctica (gráficos, mapas, textos, estatísticas, etc.)
Sistema de evaluaciónA avaliación dependerá do rendemento mostrado polo alumno ao longo do curso en todas as actividades levadas a cabo máis a nota acadada no exame final (65%). Neste exame final será obrigatorio que o alumnado obteña unha nota mínima de 4/10 para que poida optar á suma avaliadora final. A ponderación será a mesma na proba ordinaria que na extraordinaria.
Tempo de estudo e traballo persoalA asignatura consta de 6 créditos ECTS, repartidos equilibradamente entre clases expositivas, interactivas e titorías, con desenvolvemento de prácticas. O alumno deberá dedicar a cada unha destas actividades a parte alícuota do total de créditos do curso.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia ás clases con participación. Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías para resolver as dúbidas.