G5011101 - Historia e Cultura da Época Antiga (Historia e Xeografía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia I
- Áreas: Historia Antiga
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObtención, polo alumnado, dun bon coñecimento das culturas e procesos históricos da Antigüidade, con especial referencia á evolución cronolóxica e política das culturas antigas do Próximo Oriente, Grecia e Roma e ás distintas formas de organización económica, política e social que coñeceron ditas sociedades, así como á análise de interrelacións entre a arte e o desenvolvemento histórico-social das sociedades antigas e as liñas xerais da cultura nelas desenvolvida.
ContidosORIENTE
Tema 1: Mesopotamia: de Sumer á 3ª Dinastia de Ur.
Tema 2: Babilonios e Hititas
Tema 3: Exipto
Tema 4: Hebreos e Fenicios
Tema 5: Asirios e Persas
MUNDO HELENICO
Tema 6: A Creta Minoica
Tema 7: A Grecia Micénica
Tema 8: A Época Escura e a Sociedade Homérica
Tema 9: A Época Arcaica
Tema 10: A Época Clásica
Tema 11: Alexandre Magno e o Mundo Helenístico
MUNDO ROMANO
Tema 12. As orixes de Roma. A monarquia.
Tema 13. A República
Tema 14. O Alto Imperio
Tema 15: O século III
Tema 16. O Baixo Imperio
Bibliografía básica e complementariaManuais básicos de consulta:
Amouretti, M.C. e Ruzé, F., El Mundo Griego Antiguo, Akal Madrid, 1988.
López Barja, P. e F. J. Lomas Salmonte. Historia de Roma. Madrid, Akal, 2004.
Sanmartín, J. e Serrano, J.M. Historia Antigua del Próximo Oriente.Madrid, Akal, 1998.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Brewer, D. Historia de la civilización egipcia. Crítica, Barcelona, 2007.
Brown, P. El mundo de la Antigüedad tardía. Taurus, Madrid, 1989.
Bryce, T. El reino de los hititas. Cátedra, Madrid, 2001.
Carlier, P., Homero, Akal, Madrid, 2005.
Chadwick, J., El mundo micénico, Alianza Editorial, Madrid, 1985.
Crawford, M. La República romana. Taurus, Madrid, 1981.
Dandamaev, M. A. & Lukonin, V. G. Cultura y economía del Irán Antiguo, AUSA, Sabadell, 1990.
Dickinson, O., La Edad del Bronce egea, Akal, Madrid, 2000.
Domínguez Monedero, J., La polis y la expansión colonial griega, Madrid, 1991.
Fantar, M. H. Los fenicios en el Mediterráneo. Icaria, Barcelona, 1999.
Finley, M.I. El mundo de Odiseo. Madrid: F.C.E., 1982.
Garnsey, P. y R. R. Saller. El Imperio romano. Economía, sociedad, cultura. Crítica, Barcelona 1990.
Harris, W. V. Guerra e imperialismo en la Roma republicana 327-70 a.C. Siglo XXI, Madrid, 1989.
Leduc, C. e Lissarrague, F. Historia de las mujeres. 1. La Antigüedad. Madrid: Taurus,1991.
Lévêque, P. El mundo helenístico, Paidós, Barcelona, 2005.
Martínez-Pinna, J. Los orígenes de Roma. Síntesis, Madrid, 1999.
Montero, S., G. Bravo y J. Martínez Pinna. El Imperio romano, Visor, Madrid, 1991.
Murray, O., La Grecia Arcaica. Taurus, Madrid, 1981.
Pascual González, J. Grecia en el siglo IV a.C. Del imperialismo espartano a la muerte de Filipo de Macedonia. Síntesis, Madrid, 1997.
Pina Polo, F. La crisis de la República, Síntesis, Madrid, 1999.
Plácido, D., La sociedad ateniense, Crítica, Barcelona, 1997.
Postgate, N. La Mesopotamia arcaica. Madrid: Akal, 1999.
Shipley, G. El mundo griego después de Alejandro, 323-30 a.C. Crítica, Barcelona 2001.
Signes Codoñer, J. Escritura y literatura en la Grecia arcaica, Madrid, Akal, 2004.
Finkelstein I. e Silberman, N.A. La Biblia desenterrada: Una nueva visión arqueológica del antiguo Israel y de los orígenes de sus textos sagrados. Madrid, Siglo XXI, 2007.
Torelli, M. Historia de los etruscos. Crítica, Barcelona, 1996.
Will, E., Mossé, C. e Goukowsky, P. El mundo griego y el oriente.II El siglo IV y la época helenística. Madrid: Akal, 1998.
CompetenciasESPECÍFICAS:
1. Coñecer os fundamentos básicos das sociedades e culturas antigas
2. Analisar e interpretar os procesos vividos polas sociedades antigas e as súas manifestacións culturais
3. Desenvolver unha conciencia crítica con relación ás sociedades e culturas antigas.
XENERAIS:
1. Coñecer e analisar a estrutura diacrónica da Historia.
2. Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
3. Coñecer e desenvolver habilidades no uso dos instrumentos de recompilación da información (catálogos bibliográficos, repertorios electrónicos, etc.)
4. Coñecer e usar de métodos e técnicas doutras ciencias humanas.
TRANSVERSAIS:
1. Aplicar o pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
2. Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos en ciencias sociais
3. Traballar individualmente e en equipa de forma responsable.
4. Comunicar información e ideas en público de forma clara e efectivo.
Metodoloxía da ensinanza Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula. 30 horas por grupo.
- Clase interactiva na que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia. 15 horas por grupo.
- Tutorización personalizada.2 horas por grupo.
Sistema de evaluaciónA avaliación constará de tres partes: proba escrita, participación en seminarios e traballos personais ou colectivos. A proba escrita suporá o 40% da cualificación final. Para aprobar será necesario obter como mínimo un 4/10 na proba escrita dos contidos teóricos. Canto aos seminarios, traballos ou exposicións orais ou probas escritas, estes serán de realización obrigatória (no sentido utilizado na modificación do 22/05/2009 ao artº 5 da NORMATIVA BÁSICA PARA A ORDENACIÓN DO PROCESO DE ENSINO/APRENDIZAXE E DA AVALIACIÓN DO RENDEMENTO ACADÉMICO DOS ESTUDIANTES), e constituirán o 40% da cualificación final. O 10% será por asistencia e o o 10% por participación. Dado que a MGHA prescrebe o sistema de avaliación contínua, e que isto supón que o alumno é avaliado pola a sua actividade académica no decurso das aulas presenciais da cadeira, en todas as convocatórias correspondentes ao mesmo período de matrícula as cualificacións de avaliación contínua (asisténcia, seminários e traballos persoais ou colectivos) serán loxicamente as obtidas durante as aulas xa que son o resultado actividade presencial nas aulas no decurso da matéria. Por outras palabras, a parte correspondente á nota prática en convocatórias diferentes à de Xaneiro/Febreiro será a mesma que nesta, sendo só diferente a do exame.
Os mecanismos que serán utilizados para o seguimento serán o proba escrita no caso dos contidos teóricos da cadeira. No caso da docencia interactiva o seguimento se fará pola participación nas aulas asi como o material (traballos, p. ex.) que estexan obrigados a apresentar. A ausencia xustificada ás aulas non eximirá da realización dos traballos, apresentación de material, etc. Non haberá, polo teor da matéria, prácticas de campo.
Canto á asistencia, esta supón un ponto. Inicialmente, todo alumno ten un ponto do que se irá substraindo 0.1 pontos por hora de inasisténcia non xustificada debidamente.
A respeito da política de asistencia que se observa nesta cadeira, esta ven dada pola estrita adhesión á Normativa de Asistencia Académica da USC.
Tempo de estudo e traballo persoalDe acordo coa MGHA, a distribución de horas dedicadas polo estudante à cadeira son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de práticas 15 horas
Tutorias en grupo moi reducido, isto é, de tutorias personalizada 2 horas
Subtotal 50 horas
Traballo persoal:
Estudo 40 horas
Redacción de traballos 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido 30 horas
Subtotal 100 horas
TOTAL 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaDado que tanto a ensinanza como a avaliación presupoñen un desenvolvimento eminentemente presencial, recomenda-se que as aulas non coincidan con nengunha outra actividade da/o estudante, for academica ou extra-academica.
ObservaciónsHai unha par de hábitos de conduta que tradicionalmente se daban por supostas e que, actualmente, parece que hai que especificar:
1) Durante as aulas non se pode ter o teléfono prendido, e, ainda menos, estar tweeteando, intercambiando SMS ou usar calquer tipo de mensaxaria. O mesmo vale dicir para os ordenadores. O fin de asistir ás aulas é o de atender e tirar proveito das actividades que nelas se realizan, non ter unha mera presenza corporal.
2) O pláxio ou cópia de traballos académicos ou de exames constituen actos de deshonestidade académica suxeitos a penalizacións polas autoridades académicas e con unha forte influéncia negativa na nota. Que o pláxio se realice con material obtido na I-net non dimiue a gravidade do feito.