G5011102 - Historia e Cultura da Época Medieval (Historia e Xeografía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Medieval e Moderna
- Áreas: Historia Medieval
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO/a alumno/a saberá e comprenderá:
1 Os fundamentos e coñecementos básicos da estrutura diacrónica xeral do pasado.
2 Adquirirá conciencia crítica das coordenadas espacio-temporais.
3 Recoñecerá o carácter interdisciplinar nos estudios das ciencias sociais.
ContidosCULTURA E MENTALIDADES
1. Literatura e realidade da cabalería medieval
2. Mentalidade e peregrinación
3. Interrelación entre os homes e a natureza
4. Xudeus, mouros e cristiáns
SOCIEDAD, ECONOMÍA Y POLÍTICA
1. Os reinos bárbaros e os factores de desenrolo na Alta Idade Media.
2. A Igrexa romana como factor de unidade en Occidente.
3. A Europa de Carlomagno.
4. As transformacións políticas baixoomedievais e os factores de desenrolo económico e social na Baixa Idade Media.
Bibliografía básica e complementariaCULTURA E MENTALIDADES
BARROS, C., Galicia xudía, Santiago, Concello de Santiago, 1994.
BARROS, C., Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo, Edicións Xerais, 1996.
BARROS, C., “La humanización de la naturaleza en el Edad Media”, Edad Media, Valladolid, nº 2, 1999, pp. 169-193.
CORREA ARIAS, F., A Casa de Andrade, 1160-1540. Nobreza, mentalidade e ideoloxía na Galicia baixmedieval, Noia, 2009.
DUBY. G., Guillermo el Mariscal, Madrid, 1985.
GONZÁLEZ PAZ, C. A., Mujeres y peregrinación en la Galicia medieval, Santiago de Compostela, 2010.
KEEN, M., La caballería, Barcelona, Ariel, 1986.
VÁZQUEZ DE PARGA, L. Las peregrinaciones a Santiago de Compostela, 3 vol., Madrid, 1949.
Xudeus e Conversos na Historia (Actas do Congreso de Ribadavia, outubro 1991), Santiago, 1994.
SOCIEDADE, ECONOMÍA E POLÍTICA
CLARAMUNT, S., PORTELA, E., GONZÁLEZ, M., MITRE, E., Historia de la Edad Media. Barcelona, 1997.
GARCÍA DE CORTÁZAR, J. A., SESMA MUÑOZ, J.A., Historia de la Edad Media. Una síntesis interpretativa. Madrid, 1997.
LADERO QUESADA, M.A., Historia Universal. Edad Media. Barcelona, 1992 (2ª ed.).
LE GOFF, J., La civilización del occidente medieval. Barcelona, 1999.
MITRE FERNÁNDEZ, E., Textos y documentos de época medieval. Barcelona, 1998.
MACKAY, A., DITCHBURN, D. (eds.), Atlas de Europa Medieval. Madrid, 1999.
BASCHET, J., La civilización feudal. Europa del año mil a la colonización de América, México, 2009
LE GOFF, J y J C. SCHMITT (eds.), Diccionario razonado del Occidente medieval, Madrid, 2003
BONNASSIE, P., Vocabulario básico de la historia medieval, Barcelona, 1983
WICKHAM, Ch., Una historia nueva de la Alta Edad Media. Europa y el mundo mediterráneo, 400-800, Barcelona, 2009.
CompetenciasCompetencias específicas
O/a alumno/a será capaz de:
CE-1 Propoñer, analizar, validar e interpretar modelos de situacións reais sinxelas, empregando as ferramentas historiográficas.
CE-2 Adquirir habilidades no manexo das novas tecnoloxías como medio para o estudo e a difusión da obra de arte.
CE-3 Tomar conciencia da importancia de desenrolar a capacidade de iniciativa e a autocrítica
Competencias transversais
O/a alumno/a será capaz de:
CT-1 Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos de Historia da Arte, incluíndo o acceso por Internet.
CT-2 Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades e camiños alternativos.
CT-3 Desenrolar a capacidade de argumentación lóxica no debate.
CT-4 Traballar en equipos interdisciplinares, aportando orde, información, análise e argumentacións.
CT-5 Ler textos de relevancia no ámbito científico.
Metodoloxía da ensinanza Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
-Clases expositivas nas que, preferentemente, farase a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial en aula.
-Clases interactivas na que as actividades basearanse na participación de cada estudante.
-Tutorización personalizada para o seguimento das actividades programadas.
Na seguinte táboa indícase a distribución das actividades.
Docencia Expositiva: 32 horas segundo horario e grupo
Docencia Interactiva: 16 horas segundo horario e grupo
Tutorización personalizada: 3 horas previstas en horario e grupo
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación da aprendizaxe
1) Haberá un exame único consistente nunha pregunta por cada bloque a escoller entre dúas, sobre o programa desenvolvido nas clases, que contará o 40% da nota final.
2) A asistencia as clases contará o 10% da nota final (no caso de que o alumno asista ó 80% das clases expositivas e interactivas).
3) As cualificacións obtidas pola participación nas clases interactivas contará o 50% na nota final (20 % pola asistencia, 30 % polas intervencións e/ou traballos solicitados polo profesor).
Para a convocatoria de xullo e posteriores terase en conta o seguinte: os
alumnos que houberan aprobado as clases interactivas (2,5 sobre 10) e/ou
obtiveran unha cualificación media global de 4 sobre 10, haberán de superar
únicamente o exame da convocatoria correspondente
Aqueles alumnos que non houberan aprobado as clases interactivas (2,5 sobre
10) e/ou non acadaran a nota media mínima ó longo do curso ordinario (4
sobre 10), terán que entregar, no momento do exame da segunda convocatoria
(ou sucesivas), un mínimo de traballos prácticos correspondente á metade
das prácticas desenvolvidas durante o curso. No caso de que
non as entregaran, non lles será avaliado o seu exame.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Para as clases expositivas: 40 horas
Para as clases interactivas: 30 horas
Para a elaboración e redacción do traballo: 30 horas
Total tempo de estudo e traballo persoal: 100 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir a clase. Participar. Preparar as clases expositivas para o exame final e interactivas (intervencións, traballos) cos materiais escritos e dixitais que facilita o profesor para cada lección.
Esta materia está estreitamente relacionada con Historia e Cultura Antiga, Historia e Cultura da Época Moderna, Literatura e Arte no Mundo Antigo e Medieval, Historia da Arte Románico e Historia da Arte Gótica
ObservaciónsAínda que a normativa vixente xa o deixa claro, reitérase que a asistencia ás clases é obrigatoria.