Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011103 - Literatura e Arte no Mundo Antigo e Medieval (Literatura) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Filoloxía Románica, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO.SI
GUTIERREZ GARCIA, SANTIAGO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo básico da materia “Literatura e Arte no mundo antigo e medieval” é familiarizar ao estudante de Historia da Arte con algúns dos principais problemas asociados á produción letrada do periodo en cuestión nun contexto mundial. Non se trata de ofrecer unha apretada sinopse da “literatura universal” durante a Antiguidade grecolatina e o Medievo, senón de introducir ao estudante nunha lectura crítica de obras clásicas e medievais baixo óptica comparada e mundial na súa relación coa reflexión poetolóxica.
    Contidos
    0. Introdución: Literatura no mundo antigo e medieval. 0.1 Que é a literatura? 0.2 Teorías sobre a literatura no mundo antigo e medieval. 0.3 Por que “mundo antigo e medieval”? 0.4 O concepto de “clásico”. 0.5 Literatura comparada. 0.6 Literatura mundial. 0.7 Literatura e Arte: un dominio interartístico comparatista.
    1. A creación do mundo. 1.1 Mitoloxía e literatura. 1.2 O mundo dos deuses. 1.3 O mundo de deus. 1.4 O imaxinario relixioso medieval.
    2. O mundo dos heroes. 2.1 As mil caras do heroe antigo e medieval. 2.2 Sapientia et fortitudo. 2.3 A búsqueda. 2.4 O heroe santo. 2.5 O heroe humano. 2.6 A muller como heroe.
    3. Amor mundano. 3.1 Qué é o amor? 3.2 Amor cortés: a pasión como servizo. 3.3 Idealización e misoxinia. 3.4 Amor filial. 3.5 Amor homoerótico. 3.6 Amor sobrehumano.
    4. Cara a outros mundos. 4.1 A vida está noutro mundo: viaxes ao máis aló. 4.2 O mundo ao revés. 4.3 Nas fronteiras do mundo clásico e medieval.

    Bibliografía básica e complementaria
    Dado o límite do espazo proporcionado, ofrécense aquí tan só dez referencias básicas. A bibliografía completa inclúese na guía docente da materia:

    1.- Auerbach, Erich. Mímesis. La representación de la realidad en la literatura occidental. Trads. I. Villanueva y E. Imaz. México: Fondo de Cultura Económica, 1993. Original alemán de 1946.
    2.- Curtius, Ernst Robert. Literatura europea y Edad Media latina. Trads. Margit Frenk Alatorre y Antonio Alatorre. 2 vols. México: Fondo de Cultura Económica, 1984. Original alemán de 1948.
    3.- Damrosch, David. What Is World Literature? Princeton: Princeton University Press, 2003.
    4.- Guillén, Claudio. Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la Literatura Comparada (Ayer y hoy). Barcelona: Tusquets, 2005.
    5.- Highet, Gilbert. La tradición clásica: influencias griegas y romanas en la literatura occidental. Trad. Antonio Alatorre. 2 vols. México: Fondo de Cultura Económica, 1978. Original inglés de 1949.
    6.- Lewis, C. S. La imagen del mundo. Introducción a la literatura medieval y renacentista. Trad. Carlos Manzano. Barcelona: Península, 1997. Original inglés de 1964.
    7.- Miner, Earl. Comparative Poetics: An Intercultural Essay on Theories of Literature. Princeton: Princeton UP, 1990.
    8.- Thomsen, Mads Rosendahl. Mapping World Literature. International Canonization and Transnational Literatures. London: Continuum, 2008.
    9.- Vega, María José y Neus Carbonell. La Literatura Comparada: principios y métodos. Madrid: Gredos, 1998.
    10.- Villanueva, Darío, ed. Curso de teoría de la literatura. Madrid: Taurus, 1994.
    Competencias
    • Estudo dos conceptos e coñecementos básicos da estrutura diacrónica do pasado.
    • Adquirir consciencia crítica das relacións que se establecen entre a literatura e a arte.
    • Estudo e análise da literatura así como da súa relación e reflexo na arquitectura, artes plásticas, cine e música no desenvolvemento da historia da humanidade.
    • Abordaranse as coincidencias sincrónicas: intereses comúns, traducións estilísticas entre os diferentes medios, variacións temáticas, etc.
    Metodoloxía da ensinanza
    Tanto a distribución en tres tipos de actividades (sesións expositivas, sesións interactivas e titorial) como o número de horas presenciais fixado para cada unha destas actividades responden ás directrices do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia.

    A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 43 horas dedicaranse a actividades formativas presenciais e as outras 107 horas a traballo libre por parte dos alumnos.

    As 43 horas formativas presenciais distribúense en 1) sesións expositivas (30 horas), 2) sesións interactivas (11 horas) e 3) titorial (2 horas).

    Por sesión expositiva, á que asiste o grupo na súa totalidade, enténdese unha sesión de dúas horas na que o profesor explica os contidos básicos da materia con apoio de diversos materiais. Para o axeitado seguimento de cada sesión expositiva é imprescindíbel a realización das lecturas fixadas para cada sesión expositiva.

    Por sesión interactiva, organizadas en grupos máis reducidos, enténdese unha sesión dunha hora na que os estudantes expoñen, discuten e presentan os resultados das lecturas e actividades fixadas para o día en cuestión, incluídas as probas non fixadas con calendario. (As sesións interactivas poden impartirse a través da USC Virtual, previa aprobación das Vicerreitorías de Profesorado e Organización Docente e EEES).

    Por titorial faise referencia a dúas sesións, dunha hora cada unha, destinadas á preparación doutras tarefas formativas (busca de fontes, modelos de referencias bibliográficas, composición de ensaios, etc.).
    Sistema de evaluación
    1. Dado que o sistema ECTS computa o traballo presencial do estudante xunto ao seu traballo persoal, tanto a asistencia coma a preparación e participación nas actividades previstas se consideran requisitos preceptivos para a superación da materia. Os que cumpran con estes requisitos examinaranse mediante o procedemento de avaliación 1 (avaliación continua). Aqueles estudantes que por algunha razón non poidan cumprir cos requisitos do sistema ECTS deberán optar por un procedemento de avaliación 2 (exame final nas convocatorias oficiais). A asistencia é obrigatoria. Un índice de ausencias non xustificadas ás clases superior ao 20 % implica o suspenso na materia. Resérvase a posibilidade de valorar así mesmo a participación en distintas actividades, como conferencias, que se poidan programar eventualmente ao longo do período lectivo.
    2. Procedemento de avaliación 1 (Avaliación continua): de acordo coa Memoria do Grao en Historia da Arte, "a avaliación continua é obrigada". Da porcentaxe considerada na citada Memoria, a cualificación media obtida na avaliación continua ten un peso na cualificación global da materia do 100% (75% das sesións expositivas + 25% das sesións interactivas). A avaliación continua engloba a serie de controis escritos, traballos e actividades detallada no Cronograma (véxase Guía docente), así como probas non fixadas con calendario.
    3. Procedemento de avaliación 2 (Exame final): aqueles estudantes que non poidan satisfacer as esixencias da avaliación continua, así como aqueles estudantes que non superen a materia mediante o procedemento de avaliación 1, poderán avaliarse da materia mediante un exame final nas convocatorias oficiais.
    4. O plaxio na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A proposta de horas de traballo persoal do estudantes para cada unha das actividades constitúe unha estimación, cuxa translación á realidade pode verse alterada por diversas variables persoais.

    1.- Sesións expositivas: 30 horas. Recoméndase que o estudante invista 50 horas de estudo autónomo para a asimilación dos contidos.
    2.- Sesións interactivas: 11 horas. Recoméndase que o estudante prepare durante 61 horas os materiais solicitados para o desenvolvemento destas sesións.
    3.- Titorial: 2 horas. Recoméndase se reserven 6 horas por parte do estudante para a preparación das actividades previstas no titorial.

    Recomendacións para o estudo da materia
    No marco da materia "Literatura e Arte no Mundo Antigo e Medieval", é aconsellable unha competencia lectora o máis ampla posíbel, tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo en relación coas distintas culturas e tradicións literarias. Só deste modo os contidos teórico-comparados poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica.
    Observacións
    Requisitos da materia:

    1. Normativa sobre asistencia: de acordo coa Memoria do Grao en Historia da Arte, "en todas as materias, no novo plan, a avaliación continua é obrigada", o que supón que "a actividade do alumno definida en créditos ECTS leva consigo unha esixencia de traballo persoal deste". O devandito traballo persoal expoñerase e/ou presentará nas clases, sexa nas sesións expositivas, nas sesións interactivas ou no titorial de acordo co Cronograma (véxase Guía docente), polo que a asistencia a clase se considera un "requisito preceptivo" para a superación da materia mediante o procedemento de avaliación continua en función do estipulado pola Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010).
    1.1. Dado que o Centro non ten definido un sistema para o seguimento e control da asistencia, en cumprimento do estipulado por la Normativa de asistencia a clase en las enseñanzas adaptadas al Espacio Europeo de Educación Superior en el Artículo 2 (“el docente encargado de la materia […] indicará el sistema de control de asistencia”), se arbitrarán los mecanismos oportunos para llevar a cabo dicho control. Un índice de ausencias no justificadas a las clases superior al 20 % implica el suspenso en la materia. Se reserva la posibilidad de valorar así mismo la participación en distintas actividades, como conferencias, que se puedan programar eventualmente a lo largo del período lectivo..
    2. Normativa sobre participación: de acordo coa Memoria do Grao en Historia da Arte, "a avaliación continua farase por medio de controis escritos, traballos [... e] participación do estudante". A secuencia dos devanditos controis escritos, traballos e participación detállase no Cronograma. Os devanditos controis, traballos e participación entregados en clase de acordo co calendario estipulado considéranse "constancia documental", nos termos formulados pola Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, de asistencia a clase. Tamén se considera parte da participación a realización de probas non fixadas con calendario.
    3. Lecturas obrigatorias: o proceso de aprendizaxe e a adquisición de coñecementos, valorados mediante o proceso de avaliación continua, require da realización de lecturas obrigatorias de tipo xeral e específico.