Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011104 - Xeografía Humana e Territorial (Historia e Xeografía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía, Xeografía
  • Áreas: Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ALDREY VAZQUEZ, JOSE ANTONIO.SI
PAZOS OTON, MIGUEL.NON
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL.NON
VILLARINO PEREZ, MONTSERRAT.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Obter un coñecemento amplo do espazo terrestre e da vida dos homes sobre a Terra.
    -Entender e explicar as regras de funcionamiento dos diferentes territorios e a diferentes escalas, así como das sociedades humanas no seo deses espazos.
    -Entender as relacións entre o sistema natural e o medio humano.
    -Coñecer os elementos e comprender os procesos que explican o funcionamento da paisaxe, desde a óptica do medio xeográfico.
    -Comprender a dimensión espazo-temporal dos fenómenos.
    -Iniciación nas técnicas de análise cartográfica e na elaboración e interpretación de gráficos e diagramas de uso normal en Xeografía.
    -Estudo dos fundamentos que articulan a Xeografía como unha ciencia social, as súas relacións con outras ciencias, os seus conceptos básicos e as fontes empregadas na análise xeográfica.


    Contidos
    1.-Concepto e evolución da Xeografía Humana
    2.-Poboación, recursos e medio ambiente.
    3.-Os espazos rural e urbano.
    4.-A paisaxe natural e cultural: a arte como elemento da paisaxe.
    Bibliografía básica e complementaria
    BOSQUE MAUREL, J e ORTEGA ALBA, F. (1995): Comentario de textos geográficos (Historia y crítica del pensamiento Geográfico). Oikos-Tau. Barcelona
    CAPEL, H. (1987): Geografía Humana y Ciencias Sociales: una perspectiva histórica. Montesinos. Barcelona.
    CIATTONI, A. y Veyret, Y. (2003): Les Fondamentaux de la géographie. Armand Colin. Paris.
    CLARK, A.N. (1989): Dictionary of Geography. Longman. Londres.
    CLAVAL, P. (1979): La Nueva Geografía. Oikos-tau. Barcelona, 128 pp.
    DOLLFUS, O. (1978): El análisis geográfico. Oikos-tau. Barcelona.
    ESTÉBANEZ, J (1982): Tendencias y problemática actual de la Geografía. Editorial Cincel. Barcelona.
    HAGGETT, P. (1983): Geography: A Modern Synthesis. Harper & Row. New York. (trad. cast.: Geografía. Una síntesis moderna. Omega. Barcelona, 1988).
    HIERNAUX, D. e LINDÓN, A. (2006): Tratado de Geografía Humana. Anthropos-Univeridad Autónoma Metropolitana. Barcelona.
    HOLLOWAY, S.L., RICE, S.P. e VALENTINE, G. (2003): Key concepts in Geography. Sage. Londres.
    HOLT JENSEN, A. (1992): Geografía. Historia y conceptos. Barcelona. Vicens Vives.
    MAYHEW, S. (1997): Dictionary of Geography. Oxford University Press. Oxford.
    ORTEGA VALCÁRCEL, J. (2000): Los horizontes de la Geografía: teoría de la Geografía. Barcelona. Ariel
    ROGERS, A. e VILES, H.A. (Eds.) (2003): The Student´s Companion to Geography. Blackwell Publishers.
    ROUGERIE, G. e BEROUTCHACHVILI, N. (1991): Géosystèmes et paysages. Bilan et métohodes. Ed. Armand Colin. Paris.

    Competencias
    Xerais.
    -Capacidade de organización e planificación
    -Capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
    -Capacidade de análise e síntese.
    -Capacidade de xestión da información: recompilación sistemática, organización, selección e presentación de toda clase de información.
    -Coñecementos de informática aplicables ao campo de estudio.
    -Usar eficientemente as tecnoloxías da información e da comunicación.
    -Coñecemento de outras culturas e costumes. Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade.
    -Habilidades nas relacións interpersoais. Creatividade. Toma de decisións.
    -Capacitación para a aprendizaxe autónoma.
    -Sensibilidade cara os diferentes entornos sociais, culturais e medioambientais; prestando especial atención ás cuestións de xénero, do medioambiente, os valores da paz e a convivencia pacífica e a non discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, opinión e por razóns de discapacidade.
    -Ofrecer novos usos a saberes tradicionais.
    -Dotar de capacidade para entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas.

    Específicas:

    -Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
    -Interpretar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
    -Combinar un enfoque xeralista cunha análise especializada.
    -Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
    -Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
    -Comprender as relacións espaciais.
    -Analizar e interpretar as paisaxes.
    -Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
    -Coñecer os fundamentos da planificación territorial e saber interpretar un documento de Ordención do Territorio.


    Metodoloxía da ensinanza
    I. Desenvolvemento do temario.

    1. O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da extensión de cada tema, combinando a docencia maxistral coas práticas de aula, seminarios e unha saída de campo. A parte teórica desenvolverase na clase, e tamén a través das actividades non presenciais. Estas actividades non presenciais consistirán na lectura e comentario crítico de textos que se citarán, e que o alumno entregará por escrito.
    2. Realizarase unha saída de campo que terá lugar na propia cidade de Santiago ou nos seus arredores. O alumnado deberá entregar unha memoria escrita da devandita saída. Se realizará segundo o disposto no horario oficial da materia.


    Sistema de evaluación
    A avaliación consistirá na cualificación dun exame escrito, no día e hora fixados pola Facultade, así como no aproveitamento das prácticas realizadas. Valoraráse moi positivamente a participación nas clases.

    Os requisitos para superar a materia serán os seguintes:

    1.-Superar o examen escrito (50 % da nota).
    2.-Ler e entregar unha recensión de todos os textos ou filmes propostos (15 % da nota).
    3.-Entregar un traballo sobre a evolución territorial e demográfica dun concello a escala parroquial (20% da nota).
    4.- Entregar unha memoria da saída de campo (5 % da nota).
    5.-Asistencia e participación activa nas aulas (10 % da nota)

    Non se poderá superar a materia se non se realizan todos os traballos propostos.

    Os criterios para a evaluación da convocatoria extraordinaria de xullo serán os mesmos que para a ordinaria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas de traballo presencial do alumno:

    Clase teóricas 30
    Clases prácticas 10
    Seminarios prácticos 5
    Tutorías personalizadas 5

    Total de horas presenciais do alumno: 50

    Horas de traballo persoal do alumno:

    Estudio autónomo individual ou en grupo 60
    Lecturas recomendada, actividades de biblioteca e similares 25
    Preparación de presentacións orais, debates e similares 8
    Outras tarefas propostas polo profesor 7

    Total de horas de traballo personal do alumno: 100
    Recomendacións para o estudo da materia
    1)Traballo continuado ao longo do período de aulas.
    2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñan.