Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011122 - Historia da Arte Grega (Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA.NON
RODRIGUEZ PAZ, DIEGO.NON
RODRIGUEZ PAZ, DIEGO.NON
VIGO TRASANCOS, ALFREDO MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Familiarizar o alumno coas características da civilización helénica, a súa peculiar visión do mundo e os seus logros artísticos, facendo especial fincapé na necesidade de coñecer o trasfondo cultural grego imprescindible para comprender a súa producción artística.
    Contidos
    TEMA I.- INTRODUCCIÓN.- A arte grega e o inicio da civilización occidental.

    TEMA II.- ARQUITECTURA. A concepción grega da arquitectura. O sistema adintelado e as ordes arquitectónicas: o dórico e o xónico e a peculiaridade do corintio.- O templo.- A cultura do rectilíneo e o papel da cor.- As orixes e os primeiros templos.- A época arcaica. Da madeira a pedra. O dórico e o xónico.- A época clásica. Arquitectura e arquitectos. Do templo de Zeus en Olimpia a Acrópolis de Atenas na época de Pericles. O nacemento do corintio e as novas tipoloxías.- O período helenístico. Expansión e seducción da arquitectura grega. De Pérgamo a o Olimpeion de Atenas.- Santuarios e cidades. Deuses e homes.

    TEMA III.- AS ARTES FIGURATIVAS. ESCULTURA. O período arcaico. Realismo e idealismo. O kuros e a Kore. Os frontons: temas e composición.- O período clásico. Esculturas e escultores dos séculos V e IV. a. C. De Mirón a Lisipo.- O helenismo. Centros, talleres, xéneros e obras.- PINTURA. O período arcaico e a pintura cerámica. Da técnica de figuras negras a de figuras vermellas.- O período clásico e os grandes mestres.A idade de ouro da pintura grega.- O período helenístico.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Blanco Freijeiro, A., Arte Griego, Madrid, 1971; Bianchi Bandinelli, R. y Paribeni, E., El arte de la antigüedad clásica: Grecia, Madrid, 1998; Boardman, J., El arte griego, Barcelona, 1991; Richter, G.M,A., El arte griego, Madrid, 1984; Robertson, M., El arte griego, Madrid, 1985; Elvira Barba, M. A., Manual de arte griego. Obras y artistas de la Antigua Grecia, Madrid, 2013.

    Bibliografía complementaria:
    Becatti, G., La época clásica, s.f.;Bianchi Bandinelli, R.(dir.), Historia y civilización de los griegos, Barcelona, 1984 (10 vols.); Boardman, J., Escultura griega. El período clásico, Barcelona, 1999; íd. Escultura griega. El período clásico tardío, Barcelona, 2001; Boardman, J. (ed.), The Oxford Histoty of Classical Art, Oxford, 1993; Charbonneaux, J., Martin, R. y Villard, F., Grecia arcaica, Madrid, 1969; íd. Grecia clásica, Madrid, 1970; íd. Grecia helenística, Madrid, 1971; Grimal, P., Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona, 1982; Lawrence, A.W., Greek Architecture, Hardmondsworth, 1972; Martiensen, R., La idea del espacio en la arquitectura griega, Buenos Aires, 1958; Martin, R., Arquitectura griega, Madrid, 1989; Moreno, P., Pintura griega: de Polignoto a Apeles, Madrid, 1988; Müller, W. y Vogel, G., Atlas de arquitectura, Madrid, 1984 (vol.I); Onians, J., Arte y pensamiento en la época Helenística, 1996; Pollit, J. J., The Ancient Viw of Greek Arte. Criticism, History and Terminology, New Haven y londres, 1974; íd., Arte y experiencia en la Grecia clásica, Madrid, 1975; íd. El arte helenístico, Madrid 1989; Robertson, D.S., Arquitectura griega y romana, Madrid, 1981; Sánchez, C., Una nueva mirada al arte de la Grecia antigua, Madrid, 2006; Spawforth, A., Los templos griegos, Madrid, 2007; Stewart, A., Greek Sculpture, New Haven y Londres, 1990.

    Competencias
    O alumno será capaz de:
    1. Datar e clasificar as obras da arte grega.
    2. Contextualizar as súas diferentes manifestacións artísticas
    3. Valorar a débeda de Occidente coa arte clásica.
    4. Desenrolar un espírito crítico e analítico que lle permita valorar a obra en sí mesma e como documento dunha civilización.

    Metodoloxía da ensinanza
    O profesor nas clases teóricas realizará unha aproximación aos temas dende unha perspectiva multidisciplinar que permita o estudo da obra de arte como totalidade, facendo fincapé nos aspectos morfolóxicos e de contido da arte grega.
    As clases prácticas, por unha banda, centraranse na análise e comentario de diferentes obras relacionadas coa materia desenvolvida polo profesor, ca fin de que o alumnado aprenda a “ver” e a contextualizar o fenómeno artístico; por outra, o alumnado, individualmente ou en grupo, desenvolverá traballos relacionados con determinadas partes da materia que deberá preparar e que serán obxecto de discusión entre o alumnado e co profesor.
    As prácticas de campo serán de dous tipos dependendo do grupo (consultar programación específica na aula virtual): prácticas de aula ou unha visita a unha exposición ou museo. En ambo-los dous casos serán obrigatorias e obxecto de avaliación.

    Empregarase a USC VIRTUAL como ferramenta docente para facilitar diversos materiais aos alumnos

    Sistema de evaluación
    A avaliación dependerá dunha proba escrita, da participación nas clases prácticas e seminarios e dos traballos persoais. A proba escrita supoñerá o 40% da cualificación final. As clases prácticas, seminarios e traballos supoñerán o 60% da cualificación final. O aprobado alcanzarase unha vez superado o 50% de cada unha das partes. En caso necesario, o alumnado poderá repetir a proba escrita na segunda oportunidade da convocatoria de xullo.
    Xa que a avaliación é continua a asistencia ás aulas é obligatoria polo que unha ausencia reiterada ás mesmas superior ao 20%, supoñerá a imposibilidad de que o alumno poida ser evaluado. Neste caso terá que examinarse na segunda oportunidad da convocatoria de xullo de toda a materia exposta nas clases expositivas e interactivas.
    Para rematar, os alumnos que falten as clases interactivas onde sexa obligatoria a súa participación, esa falta contará dobre, con todo o que iso conleva.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Entre 45 e 60 minutos por hora teórica de clase.
    - 3 hora de preparación por cada clase práctica.
    -15 horas para o traballo escrito.


    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumnado está obrigado, a partir da terceira semana, a ter ao día a materia impartida polo profesor nas exposicións teóricas e aquelas partes que, de xeito dosificado, sexan obxecto de discusión nas prácticas, pois, do contrario, anúlase a operatividade das mesmas. Sen esquecer que a correcta aprendizaxe visual require un esforzo continuado.

    Solicitar do profesor, en calquera momento, as aclaracións que estime oportunas en relación con aqueles aspectos que no transcurso da exposición teórica ou nas clases prácticas non quedaran suficientemente explicados, pois o alumno non deberá nunca abandonar a aula sen ter perfectamente clarificado o tema obxecto de exposición e/ou discusión.

    Facer uso das titorías para resolver calquera problema que lle xurda en relación coa materia.




    Observacións
    É imprescindible a consulta dos manuais antes de entrar na preparación de calquera parte da materia que deba ser obxecto de comentario e discusión nas clases prácticas ca fin de facerse unha idea xeral do tema do que se trata.