Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011123 - Introdución á Linguaxe Cinematográfica (Historia do Cinema e Outras Artes Audiovisuais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FOLGAR DE LA CALLE, JOSE MARÍA.SI
Nogueira Otero, Xose.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Conseguir que o alumnado adquira o axeitado coñecemento dos elementos constitutivos da linguaxe e práctica cinematográficas (desde o estadio da preprodución ata o da posprodución), así como o dominio do seu sentido.
    - En segundo termo, reflexionar verbo das peculiaridades da gramática cinematográfica fronte á linguaxe audiovisual desenvolvida noutros soportes (televisión, vídeo...).
    - Para rematar, avanzar propostas cara á análise do filme.
    Contidos
    1. O cinema: trazos definidores e pluralidade de perspectivas no seu estudo. Metodoloxía da materia. Ferrmantas a utilizar.

    2. A elaboración dun filme.
    2.1. O proceso de preparación: Produción e Guión.
    2.2. A Rodaxe. Os elementos do plano cinematográfico: escala do encadramento, angulación, movementos de cámara e iluminación. O traballo co Espazo e co Tempo.
    2.3. A Montaxe e o proceso de Posprodución (sonorización, trucaxes).
    2.4. A(s) Difusión(s) do filme.

    3. Peculiaridades da linguaxe cinematográfica fronte á televisiva e videográfica.

    4. A análise do filme. A nosa proposta.
    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    -JOLY, M.: "Introduçao à análise da imagem". Ediçoes 70, 2004. -KONIGSBERG, Ira: Diccionario Técnico de Cine. Madrid, Akal, 2004. -MARTIN, M.: "El lenguaje del cine. Iniciación a la estética de la expresión cinematográfica a través del análisis sistemático de los procedimientos fílmicos". Gedisa, 1992. -ROMAGUERA I RAMIÓ, J.: "El lenguaje cinematográfico". Ediciones de la Torre, 1999. -SCOTT, J.: "El cine, un arte compartido". Eunsa, 1979. -VV.AA.: "Iniciación ao audiovisual". Consorcio do Audiovisual/Xunta de Galicia, 2004.

    Complementaria:
    -ALTMAN, R.: "Los géneros cinematográficos". Paidós, 2000. -AUMONT, J./BERGALA, A./MARIE, M./VERNET, M.: "Estética del cine. Espacio fílmico, montaje, narración, lenguaje". Paidós, 1989. -BALLÓ, J.: "Imágenes del silencio. Los motivos visuales en el cine". Anagrama, 2000. -CASETTI, F.: "Teorías del cine (1945-1990)". Cátedra, 1994. -CASSETTI, F./DI CHIO, F.: "Cómo analizar un film". Paidós, 1991. -CHION, M: "El cine y sus oficios". Cátedra, 1992. -MARZAL FELICI, J./GÓMEZ TARÍN, F.J. (eds.): "Metodologías de análisis del film". Edipo, 2007. -SÁNCHEZ-BIOSCA, V.: "Teoría del montaje cinematográfico". Filmoteca de la Generalitat Valenciana, 1991. TRUFFAUT, F.: "El cine según Hitchcock". Alianza, 1990. -ZUNZUNEGUI, S.: "Pensar la imagen". Cátedra, 1989. -ZUNZUNEGUI, S.: "Paisajes de la forma. Ejercicios de análisis de la imagen". Cátedra, 1994.
    Competencias
    - Acceder á especificidade da expresión cinematográfica dentro do conxunto de manifestacións artísticas contemporáneas.
    - Coñecer e distinguir os diferentes modelos de representación fílmica.
    - Comprender o cinema non só como manifestación estética, senón tamén histórica, sociolóxica e industrial.
    - Poñer en relación o cinema coas restantes manifestacións artísticas e literarias (procesos de retroalimentación).
    - Dominar a linguaxe cinematográfica de cara ao posterior estudo doutras materias pertencentes a este eido.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia contempla a nova estrutura do Grao. Dada a súa peculiar natureza, non existe unha diferenzación propiamente dita entre horas teóricas e prácticas. Por outras palabras, a dinámica da ensinanza é de carácter teórico-práctico: á exposición de cada un dos elementos (produtivos, artísticos, lingüísticos) e das súas correspondentes manifestacións ou posibilidades, segue o visionado e análise na aula dun ou varios exemplos. As sesións expositivas do programa combinaranse con aqueloutras (interactivas, titoriais) nas que o protagonismo corresponde aos alumnos, quen intentan poñer en práctica os coñecementos adquiridos de cara á avaliación contínua e mais á posterior realización do exercizo escrito. Complementariamente -sempre que é posible-, realízanse visitas a rodaxes cinematográficas (ou televisivas) para que os alumnos poidan coñecer 'in situ' a súa infraestrutura e dinámica de traballo.
    Sistema de evaluación
    Deseñouse a partir de tres apartados complementarios:

    a) O seguemento da asistencia e actividades desenvolvidas polo alumno nos distintos tipos de sesións contemplados no Grao (20% da cualificación).

    b) A realización dun exercizo escrito ao remate do curso que ten un carácter práctico: consiste na análise, desde determinados puntos de vista (dando prioridade ao lingüístico), dunha curtametraxe ou dunha serie de fragmentos pertencentes a diversos filmes (40% da cualificación).

    c) A elaboración dun traballo, de carácter obrigatorio, que os alumnos abordarán despois da división nunha serie de equipos. Cada un deles deberá escoller un filme para proceder á análise dos seus distintos elementos. O obxectivo desta actividade é o de complementar os aspectos teóricos e prácticos do programa desenvolvidos na aula, debendo reflexionar sobre o aprendido, profundar nos conceptos e ser quen de aplicalos aos textos fílmicos. Daquela, a realización destes traballos concíbese como unha Actividade Academicamente Dirixida nas sesións titoriais de seminario. No decurso do cuadrimestre que abrangue a materia, esas sesións coñecen dúas fases (40% da cualificación):
    - Primeira. Determinación do filme para analizar e razóns da súa escolla, así como estruturación do traballo e mais dos obxectivos concretos que cada membro do grupo deberá priorizar na construción da análise; a partir de aí comeza un proceso de orientación (bibliográfica, filmográfica) encamiñado a surtir os alumnos das necesarias ferramentas teórico-prácticas de cara á abordaxe do traballo.
    - Segunda. As reunións entran nunha nova fase concibida en dúas vertentes que se complementan de xeito progresivo: a resolución de dúbidas ou debates no seo dos equipos verbo da dirección escollida para o achegamento a determinadas secuencias ou partes dos filmes, por unha banda; e, pola outra, o seguemento do proceso de redacción do texto.

    Nota importante: a cualificación dos traballos só se sumará á da proba escrita no caso de que o alumno acade unha puntuación mínima de 1.75 puntos nesta última. De non ser así, deberá presentarse á segunda oportunidade da proba (a cualificación do traballo manteráselle).

    Sistema de recuperación da avaliación:

    - Aqueles alumnos que non asistisen ás clases, desenvolvesen prácticas nin realizasen o traballo, deberán presentar o traballo alomenos UNHA SEMANA ANTES da oportunidade correspondente para poder aspirar a un 80% da cualificación total. De non facelo así, non poderán acadar a cualificación de Aprobado.
    - Canto aos alumnos que teñan desenvolvido ao longo do curso as actividades arriba referidas e aínda así non cheguen ao Aprobado, realizarán un novo exercizo escrito na seguinte oportunidade, manténdoselles as cualificacións das devanditas actividades.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais das horas presenciais contempladas no plano de estudos, 3 horas semanais para o estudo da materia impartida, a realización de actividades e mais a elaboración do traballo en grupo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Dadas as características xa expostas respecto da materia e do exame, cómpre a asistencia regular ás clases, máxime tendo en conta o feito de que moitos alumnos amósanse moi pouco familiarizados coa historia e características específicas do medio cinematográfico. Unha asistencia que, asemade, devén un complemento imprescindible para a realización das actividades de avaliación contínua e mais a elaboración dos traballos. Neste sentido, as prácticas de análise adoitan resultar de moita utilidade para complementar o desenvolvemento da materia de cara a enfrontar a realización do exame.