G5011125 - Historia da Arte Romana (Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOBXECTIVOS XERAIS:
- Proporcionar ao alumno coñecementos racionais e críticos da produción artística ao longo da Historia de Roma e da súa manifestación a través das diversas linguaxes artísticas.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
NO CAMPO DOS COÑECEMENTOS:
- Que o alumno coñeza as características, funcións, técnicas e as liñas básicas da arte romana nas súas diferentes manifestacións, ao longo do discorrer histórico, así como as causas primordiais desas características, funcións e evolución, incardinando sempre a obra de arte co contexto social, político, ideolóxico, relixioso e individual no que se xerou, conectándoa con outras formas de expresión cultural e prestando especial atención á teoría da arte, o pensamento estético e as fontes no período romano.
- Que o alumno coñeza e manexe de forma rigorosa e axustada a linguaxe específica e a terminoloxía axeitada que son propias das diferentes manifestacións da Arte.
NO CAMPO DAS HABILIDADES
- Que o alumno desenvolva o seu espírito analítico e crítico e a súa sensibilidade para ver e ler a obra de arte; que adoite interpretar a linguaxe das súas formas, apreciar os seus valores estéticos e a extraer dela informacións sobre a cultura que a xerou.
- Que o alumno desenvolva unha metodoloxía científica propia da Historia da Arte. Introdúzase na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión dalgún tema específico da Historia da Arte ou na análise e interpretación das fontes documentais e literarias propias da Historia da Arte para comprender globalmente a obra artística.
- Que o alumno adquira habilidades no manexo das novas tecnoloxías como medio para o estudo e a difusión da obra de arte.
NO CAMPO DAS APTITUDES:
- Que o alumno adquira a necesidade de desenvolver unha metodoloxía científica para calquera tipo de actuación e de decisión en relación cos coñecementos de Historia da Arte.
- Que o alumno traballe tanto autonomamente como en equipo
- Que o alumno saiba presentar e expoñer oralmente e por escrito traballos de Historia da Arte.
- Que o alumno tome conciencia da importancia de desenvolver a súa capacidade de liderado e a autocrítica.
ContidosDESCRIPTOR:
Arte romana e arte clásica. Fontes. Carácter e periodización. Materiais e tipos de muro. Sistemas de construción e concepción espacial. Arquitectura e enxeñaría. Utilidade e pragmatismo. A arquitectura na súa evolución histórica. Desenvolvemento da escultura. Os grandes xéneros: o retrato e a súa tipoloxía, o relevo histórico e as orixes da narración continua. Función, xéneros, temas e técnicas pictóricas. Os sistemas de decoración mural. Tradición grega e arte romana. O mosaico.
PALABRAS CLAVE:
Arte etrusca, arte romana, tipoloxías arquitectónicas, retrato, relevo histórico.
TEMARIO:
- Grecia e Roma: significado da arte clásica. Formación e "romanidade" da arte romana
- Roma republicana.
- A nova Roma de Augusto.
- Tradición e innovación: os Xulio-claudios e os Flavios.
- Os grandes emperadores Hispanos: Trajano e Adriano.
- A época dos Antoninos e dos Severos: novos problemas e novas respostas.
- Da Anarquía Militar a Constantino: os alicerces da arte bizantina e medieval.
Bibliografía básica e complementariaOBRAS XERAIS
- ELVIRA, M. A. y BLANCO FREIJEIRO, A.: "Etruria y Roma republicana", vol. 12 de la Historia del Arte, Madrid: Historia 16, 1989.
- BLANCO FREIJEIRO, A.: "Roma imperial", vol. 13 de la Historia del Arte, Madrid: Historia 16, 1989.
- ELVIRA, M. A.: "Arte Clásico", vol. 2 de la colección Cionocer el Arte, Madrid: Historia 16, 1996.
- WHEELER, M.: "El arte y la arquitectura de Roma", vol. 37 de la colección El Mundo del Arte, Barcelona: Destino, 1996.
- BIANCHI BANDINELLI, R. y TORELLE, M.: El arte de la Antigüedad Clásica: Etruria-Roma, Madrid: Akal, 2000.
- SIEBLER, M.: Arte Romano, Köln: Taschen, 2007.
- STIERLIN, H.: El Imperio Romano. Desde los etruscos a la caída del Imperio Romano, Köln: Taschen, 2006.
- BEARD, M. y HENDERSON, J.: Classical art from Greece to Rome (de la colecc. Oxford History of Art), Oxford, 2001.
- ELSNER, J.: Imperial Rome and Christian triumph. The art of the Roman Empire. AD 100-450 (de la colecc. Oxford History of Art), Oxford, 1998.
OBRAS ESPECÍFICAS
- ELSNER, J (ed.): Art and text in Roman culture, Cambridge, 1996.
- GARCÍA Y BELLIDO, A.: El Arte Romano, Madrid, 1971.
- HENING, M.: El arte Roman, Barcelona, 1985.
- HÖLSCHER, T.: The Language of images in roman art, Cambridge, 2004.
- ONIANS, J.: Classical art and the cultures of Greece and Rome, New Haven, 1999.
- ROBERTSON, D. S.: Arquitectura griega y romana, Madrid, 1981.
- STRONG, A.: Roman art (rev. y anot. por R. Ling), New Haven-London, 1995.
- WALKER, S.: Arte romano, Madrid, 1999.
- WARD-PERKINS, J. B.: Arquitectura romana, Madrid, 1989.
- ZANKER, P.: Augusto y el poder de las imágenes, Madrid, 1992.
CompetenciasDISCIPLINARES FUNDAMENTAIS:
- Conciencia crítica das coordenadas espazo-temporais (diacronía e sincronía) e dos límites e interrelacións xeográficas e culturais da Historia da Arte Romana.
- Coñecemento das distintas metodoloxías de aproximación á Historia da Arte (Historiografía da Arte) aplicada ao caso de Roma.
- Coñecemento sistemático e integrado do feito artístico: distintas linguaxes (arquitectura e urbanismo, escultura, pintura, etc.), procedementos e técnicas da produción artística en Roma.
- Teoría e pensamento estético, coñecemento das principais fontes literarias e documentais da Historia da Arte Romana.
- Coñecementos básicos de iconografía
APLICADAS:
- Coñecemento práctico dos procesos básicos da metodoloxía científica en Historia da Arte: estados da cuestión, análises integrais da obra de arte, reconsideración de problemas, busca de información, procesos críticos de síntese, formulación ordenada de conclusións.
DISCIPLINARES COMPLEMENTARIAS
- Visión interdisciplinaria dos humanidades: Historia do pensamento, Linguas antigas, Lingua e Literatura, Mitoloxía, etc.
- Coñecemento comprensivo de idiomas modernos.
Metodoloxía da ensinanza - Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Titoría personalizada.
Na seguinte táboa indícanse a distribución das actividades:
TIPO DOCENCIA - TOTAL HORAS
Doc. Expo. - 32
Doc. Interac. - 16
Titorización pers. - 3
Sistema de evaluaciónA avaliación constará de tres partes: probas escritas, asistencia a clases-participación en seminarios e realización de traballos persoais ou en grupo. As probas escritas supoñerán un 40% da cualificación final. Mentres que a asistencia a clases e a participación nos seminarios (20%) e realización de traballos (40%), supoñerán un 60% da cualificación final.
Para aprobar o alumno terá que superar o 50% de cada unha das tres partes da avaliación.
A asistencia ás aulas é obrigatoria. Si por causas xustificadas non se pode acudir ás aulas o traballo persoal e os seminarios serán compensados coa realización dun dossier práctico que se debe solicitar o profesor o antes posible.
Si non se superase a materia pero sí algunha das súas partes (seminarios-traballos ou proba escrita) estas calificacións manteranse durante as dúas oportunidades da convocatoria de cada curso debendo realizar tan só a parte non superada (dossier práctico ou proba escrita).
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES FORMATIVAS CO SEU CONTIDO EN HORAS PARA O ALUMNO
Traballo presencial - Horas
Clase teórica -30
Clases prácticas -10
Seminarios prácticos -5
Titorías personalizadas -5
Total horas de traballo presencial do alumno -50
Traballo persoal do alumno - Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo -60
Lecturas recomendadas, activid. de bibliot. - 25
Preparación presentac. orais, debates, etc. -8
Outras tarefas propostas polo profesor -7
Total horas de traballo persoal do alumno -100
Recomendacións para o estudo da materiaÉ recomendable ter cursado a materia de Historia da Arte Grega e ter coñecementos básicos de latín, inglés e informática. É necesario dispoñer con facilidade dunha conexión web de alta velocidade (pódense utilizar as salas de informática da USC) e acceso á plataforma educativa do Campus Virtual da USC.