G5011201 - Historia e Cultura da Época Moderna (Historia e Xeografía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Medieval e Moderna
- Áreas: Historia Moderna
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaIntroducir ao alumnado no estudo dos séculos XVI, XVII e XVIII atendendo aos alicerces socioeconómicos e ideolóxicos dos comportamentos colectivos, así como ás estruturas e procesos históricos a nivel relixioso, político e cultural. A estrutura do sistema de estratificación social e os procesos que o caracterizan procuran que o alumno adquira un bon coñecemento da vida das persoas en sociedade, para o cal tamén abordaránse as diferentes facetas do cultural, a nivel de cultura popular, letrada, etc., e as diferentes implicacións do relixioso a distintos niveis.
Preténdese que o alumno adquira conciencia crítica das coordenadas espacio-temporais, quer co concernido coa propia evolución da historia quer nas súas variadas implicacións no mundo da arte.
Contidos1. Idade Moderna: Periodización e caracteres esenciais.
2. Desenvolvemento do estado moderno e as relacións internacionais.
3. Os marcos da vida económica e social no mundo moderno.
4. Estrutura e características do sistema de estratificación.
5. Os indicadores sociais. Imaxe, rituais, xustificación simbólica.
6. Cultura popular e das elites.
7. Os medios de difusión da cultura. Educación, libro e imprenta.
8. Humanismo e Renacemento cultural.
9. As reformas protestante e católica.
10. A cultura do Barroco. A Ilustración.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
ANDERSON, M.S., The Rise of Modern Diplomacy, 1450-1919, Nueva York, 1993.
ATKINSON, J., Lutero y el nacimiento del protestantismo, Madrid, 1980
BELY, Les relations internationales en Europe, XVII-XVIII siècles, Paris, 1992.
BURKE, P., La cultura popular en la Europa Moderna, Madrid, 1991.
CHARTIER, R., Libros, lecturas y lectores en la Edad Moderna, Madrid, 1993.
EISENSTEIN, E., La revolución de la imprenta en la Edad Moderna, Madrid, 1994.
FLORISTÁN IMIZCOZ, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, 2005.
HINRICHS, E., Introducción a la Historia de la Edad Moderna, Barcelona, 2001.
TENENTI, A., La Edad Moderna: siglos XVI-XVIII, Barcelona, 2000.
Bibliografía complementaria:
ALCALA, A., Literatura y ciencia ante la Inquisición española, Madrid, 2001.
ANKERLOO, B. (edt.), Early modern Europe witchcraft: centres and peripheries, Oxford, 1993.
BARRY, J. (edt.), Witchcraft in Early Modern Europe. Studies in culture and belief, Cambridge, 1996.
BETHENCOURT, F., La Inquisición en la Epoca Moderna. España, Portugal, Italia, ss. XV-XIX. Madrid, 1997.
CAPITAN DIAZ, A., Historia de la educación en España, Madrid, 1991.
CASSIRER, E., La filosofía de la Ilustración, México, 1980.
CHATELET, F. (dir.), Historia de las ideologías, Madrid, 1989.
DAUMAS, M., Images et sociétés dans l’Europe moderne, 15e.-18e siècles, Paris, 2000.
DAVIS, N. Z., Sociedad y cultura en la Francia Moderna, Barcelona, 1993.
DESPLAT, Ch., La vie, l’amour, la mort: rites et coutumes, XVIe-XVIIIe siècles, Biarritz, 1995.
ELLIOT, J. et al., Revoluciones y rebeliones en la Europa moderna, Madrid, 1984.
FRANCO RUBIO, G., Cultura y mentalidad en la Edad Moderna. Sevilla, 1998.
FURET, F., Lire et écrire. L'alphabetisation des français de Calvin à Jules Ferry, París, 1977.
GARCIA CARCEL, R., Inquisición: Historia Crítica, Madrid, 2000.
GONZÁLEZ ENCISO, A., El nacimiento del Capitalismo en Europa, Madrid, 2011.
GOUBERT, P., El Antiguo Régimen. La sociedad., Madrid, 1980.
GRAFF, H.J., Storia dell'alfabetizzazione occidentale. L'etá moderne, Bolonia, 1989.
HALL, A.R., La Revolución científica, 1500-1750, Barcelona, 1985.
HAMPSHER-MONK, I., Historia del pensamiento político moderno: los principales pensadores políticos de Hobbes a Marx, Barcelona, 1996.
HAZARD, P., El pensamiento euripeo en el siglo XVIII, Madrid, 1985.
JULIA, D. y otros (eds.), Les Universités européennes du XVI au XVIII siècle: histoire sociale des populations étudiants, París, 1986.
LASLETT, P., El mundo que hemos perdido. Familia, comunidad y estructura social en la Inglaterra preindustrial, Madrid, 1987.
LE GOFF, J. y REMOND, R., Histoire de la France religieuse, XIV-XVIII siècles, Paris, 1988.
LEBRUN, F., Croyances et cultures dans la France d'Ancien Régime, Paris, 2001.
LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma: Europa entre 1520 y 1648, Madrid, 2009.
MARAVALL, J.A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona,
2008.
MARTÍNEZ MILLÁN, J.; CARLOS MORALES, J., Religión, política y tolerancia en la Europa Moderna, Madrid, 2011.
MOUSNIER, R., Les hiérarchies sociales: de 1450 a nos jours, Paris, 1969.
RENOUVIN, P., Historia de las relaciones internacionales, Madrid, 1964.
SABINE, G., Historia de la teoría política, Madrid, 1994.
THOMPSON, E.P., Costumbres en común; Barcelona, 1995.
TILLY, Ch., The Formation of National States in Western Europe, Princeton, 1975.
WOOLF, S., Los pobres en la Europa moderna, Barcelona, 1989.
CompetenciasProcúrarase que o estudante acade un coñecemento sobre as fontes da historia social e cultural, e as liñas principais de desenvolvimento histórico sobre esta temática, de xeito que favoreza as destrezas do aluno de cara á dedicación docente, o traballo en arquivos, bibliotecas ou museos, en actividades relacionadas coa xestión do patrimonio documental, cultural e artístico, etc., axudando así a desenvolver unha metodoloxía científica en relación coa Historia da Arte.
Usar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos.
Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos de coñecemento e información dispoñibles.
Traballar a capacidade de argumentación lóxica no debate e tamén a capacidade de traballar en grupo.
Fomentar os valores que valoricen a obra artística desde a perspectiva da sua orixe, orixinalidade e o seu contexto histórico.
Metodoloxía da ensinanza -As clases teóricas consistirán básicamente en leccións impartidas polo profesor para a exposición dos contidos teóricos.
-As clases prácticas permitirán a adquisición de habilidades e posta a ponto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal do alumnado e da súa exposición ante o grupo.
Con respecto aos seminarios prácticos, todas as tarefas do alumno -estudos, traballos, lecturas, exercicios, exposicións...- serán orientadas polo profesor e conducirán á realización e exposición de traballos individualmente ou en grupo.
-Sobre as titorías individualizadas ou en grupo moi reducido, atenderáse aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calqueira outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa asignatura.
-A práctica de campo consistirá na visita a algunha destacada institución ou edificio monumental que gozara de relevancia durante a Idade Moderna (Pazo fidalgo, mosteiro, etc.). A realización de dita práctica de campo dependerá da dispoñibilidade orzamentaria pola Facultade. En caso de existir esta financiación a práctica de campo será obrigatoria e avaliable dentro da porcentaxe da cualificación correspondente ás prácticas interactivas. En caso de non realizarse dita práctica de campo sustituiráse por outra actividade.
Sistema de evaluaciónO 40% de la calificación final conséguese do modo seguinte:
Farase un exame final na data que sinale o calendario oficial elaborado pola secretaría da facultade, no que o alumno deberá respostar a cuestións relacionadas cos temas do programa desenvolvido nas clases expositivas, que computará por valor do 40% da calificación final.
Para aprobar a asignatura o alumno obterá en dito exame unha cualificación mínima de 3,5 sobre 10. Se en dita parte expositiva, ou tamén na interactiva, o alumno non chega ao 3,5 suspenderá a asignatura, alén de que en casos pontoais a media superase o 5 (nestes casos a pontoación cuantitativa do suspenso sería un 4,9)
O 60% da cualificación final conséguese do modo seguinte:
-Un 5% será o resultado da asistencia do alumno ás diferentes clases, de xeito que o que asistise ao 100% sumará un 0,5, e dita pontoación descenderá proporcionalmente ao número de faltas sobre o total de horas ata o mínimo de asistencia esixido (65%). Os alumnos que faltasen a mais do 35% das horas non poderán presentarse ao exame, e días antes do mesmo publicarase unha lista co seu nome e apelidos. Estes alumnos figurarán como non presentados salvo que realizaran polo menos unha actividade ou traballo puntuable nas clases interactivas, en cuxo caso figurarán como suspensos.
-O 55% restante obtense polas diferentes calificacións do alumno nas probas e actividades relacionados coas clases interactivas. Puntuarase con un cero calqueira traballo ou actividade que non fose entregada.
-Só se considerarán non presentados aqueles alumnos que non realizasen o exame e ningunha das actividades ou tarefas da parte interactiva.
*Etapas de avaliación e convocatorias posteriores:
-Os alumnos que houbesen obtido en interactivas unha puntuación media igual o superior a 4 gardaráselles a nota, tamén ata o curso seguinte –sempre e cando non haxa un cambio de profesor-; tendo tan só que realizalo exame do temario das clases expositivas.
-Se un alumno suspende a asignatura pero aproba o exame (pontoación de 5 ou mais) gardaraselle a nota do exame, tamén para o curso seguinte –sempre e cando non haxa un cambio de profesor-, sen necesidade de repetilo exame, ainda que tendo que elaborala parte interactiva, alén da nota obtida nesta.
-En relación coas tarefas interactivas pontoadas en base a exposicións orais ou probas non escritas, o profesor indicará que tipo de actividade concreta sustitue a éstas na etapa de avaliación de xullo ou convocatorias posteriores.
-Se se dese o caso de que o alumno, no canto de reelaboralos traballos, decida presentar unha copia exacta destes xa pontoada en anteriores convocatorias polo memo profesor, deberá facer constar este extremo.
Tempo de estudo e traballo persoalCada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno (lecturas, consulta de bibliografía, atlas históricos, etc.) dunhas duas horas aproximadamente.
Asemade, para complementar e perfeccionar cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno debería aplicar unha media de catro horas de traballo persoal.
En virtude do devandito e da carga docente da asignatura, estímase que o tempo de traballo persoal de cada alumno debería estabelecerse en torno ás 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Recoméndase que a formación do alumno sexa de perfil humanístico (R.D. 1467/2007, BOE do 6 de novembro, polo que se estabelece a estrutura do bacharelato e se fixa o ensino mínimo).
- Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos modernistas.
-Polo carácter da materia, de perfeccionamento sobre un campo específico da Historia Moderna, no que os coñecementos básicos sobre os grandes movementos culturais, relixiosos e científicos deben dominarse dende os cursos precedentes, a recomendación básica é a lectura de bibliografía especializada, co obxectivo de ir ao compás da evolución da materia e de ver en directo a aplicación das distintas metodoloxías a fontes que, á súa vez, sexan diversificadas; esas lecturas deben ter en conta de modo especial a consulta de revistas relacionadas co tema. Para acadar un control do comentario de textos, gráficas e táboas, debe dárselle especial atención a este tipo de contidos na bibliografía; sería desexable un esforzo por reunir ese tipo de material de forma persoal para facer a súa análise e para aplicar as recomendacións teóricas. A consulta de páxinas web especializadas como, por exemplo, a da "Voltaire Foundation" e outras vinculadas con centros de estudo da cultura ben acreditados, pode ser unha axuda interesante.
Observacións
Dacordo coa normativa vixente, reitérase que a asistencia a tódalas clases é obrigatoria e será tida en conta.
Do mesmo xeito, en virtude da norma e do espírito do grao, lémbrase a o carácter fundamental da implicación do alumno, tanto persoal como interactiva, no desenvolvimento das distintas actividades do curso.
ObservaciónsDacordo coa normativa vixente, reitérase que a asistencia a tódalas clases é obrigatoria e será tida en conta.
Do mesmo xeito, en virtude da norma e do espírito do grao, lémbrase a o carácter fundamental da implicación do alumno, tanto persoal como interactiva, no desenvolvimento das distintas actividades do curso.