G5011202 - Historia e Cultura Contemporánea (Historia e Xeografía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Ofrécese unha visión xeral da Historia da Cultura Contemporánea estruturada en diversos apartados temáticos examinados no seu desenvolvemento diacrónico.
- Procurase impartir unha visión sintética, transversal e interdisciplinar dos fenómenos culturais primordiais.
- Trátase de incrementar os coñecementos histórico-culturais ao tempo que o alumno aprende a adestrarse no exercicio do sentido crítico.
- Aprendizaxe da metodoloxía de elaboración dun traballo.
- Desenvolvemento das capacidades analítica e sintética.
- Dominio da hermenéutica e da conceptualización no estudo dos movementos culturais.
ContidosI. Período 1870-1914. Cultura e contexto histórico
1.- Reino Unido: valores vitorianos e proceso de Oscar Wilde (1895)
2.- Francia: nacemento dos intelectuais: Zola e o proceso de capitán Dreyfus
3.- Tempos novos, renovadas estéticas: Art Nouveau; Marcel Proust
4.- A revolución plástica nun período de tribulacións: Cubismo, Fauvismo e Futurismo
II. Período de Entreguerrras (1914-1945)
1.- Transformacións sociais e políticas na época dos totalitarismos
2.- Correntes culturais
3.- O Expresionismo na cultura e nas artes
4.- Virginia Woolf e o grupo de Bloomsbury. James Joyce
5.- O ancheamento da mente: Surrealismo, Psicanálise e nova creación
6.- A renovación intelectual promovida por Ortega y Gasset e Eugeni D’Ors
7.- A Xeración Nós.
III. Mundo Actual. Do Existencialismo á Posmodernidade
1.- La Rive Gauche. A época do existencialismo e do compromiso: Sartre e Camus
2.- André Gide, André Malraux e Raymond Aron
3.- Crise das Vangardas, Relativismo e Abstracción
4.- A rebelión de Bertrand Russell
5.- Expresionismo Abstracto (Pollock, De Kooning) e Xeración Beat nos Estados Unidos (Ginsberg e Burroughs). Maio do 68. A cultura do Pop. Andy Warhol e The Factory. O situacionismo e a sociedade do espectáculo (Guy Debord)
6.- A xeración dos cincuenta: Barcelona (Barral, Gil de Biedma). Madrid (Juan Benet, Martín Santos, Ángel Valente, Claudio Rodríguez). Renovación plástica: El Paso, Dau al Set
7.- George Steiner: crítica da linguaxe e a cultura. Interpretación do proceso da civilización: Norbert Elías. Harold Bloom: o Canon Occidental.
8.- Polémica entre Jean François Revel e Pierre Bourdieu. Foucault. Alan Sokal e Jean Bricmont: as imposturas intelectuais
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica:
LOTTMAN, Herbert R.: La Rive Gauche. La élite intelectual y política en Francia entre 1935 y 1950, Tusquets (1ª edic. 1985), Barcelona, 1994.
MOSSE, George L.: La cultura europea del siglo XIX y XX, (2 Vols.) Ariel, Barcelona, 1997.
RIOUX, J. P.; SIRINELLI, J.F. (Dirs.): Histoire culturelle de la France. Tomo 4: Le Temps des Masses. Le vingtieme siècle, Seuil, Paris, 1998.
CLARK, Kenneth: Civilización, Alianza, 2 vols (1ª ed. inglesa 1969), Madrid, 1979.
TOULMIN, Stephen: Cosmópolis, Península, Barcelona, 2001.
Bibliografía Complementaria:
ADORNO, Theodor W.: Correspondencia (1928-1940) / Theodor W. Adorno y Walter Benjamin (edición de Henri Lonitz), Trotta, Madrid, 1998.
BENJAMIN, Walter: Imaginación y sociedad. Ilumninaciones I, Taurus, Madrid, 1990.
BENJAMIN, Walter: Discursos ininterrumpidos. I: filosofía del arte y de la historia, Taurus, Madrid, 1992.
BLOOM, Harold: El canon occidental, Anagrama, Barcelona, 1995.
BOCOCK, Robert; THOMPSON, Kenneth: Social and cultural forms of modernity, Polity Press, Cambridge, 1992 (Reprinted 1995)
BOURDIEU, Pierre: La distinction. Critique sociale du jugement, Les Éditions de Minuit, France, 1979.
BOURKE, Joanna: Working-Class Cultures in Britain 1890-1960. Gender, class and ethnicity, Routledge, New York and Great Britain, 1994.
CALVO SERRALLER, F. et alii: La cultura de entreguerras, Siglo XX. Historia Universal, 15, Madrid, 1998.
CHARLE, Christophe: Les intellectuels en Europe au XIXe siècle. Essai d'histoire comparée. BFXH SC-8681 A y B (Traducción: Historia de Europa: Los intelectuales en el siglo XIX, Siglo XXI, Madrid, 2000.
CHARLE, Christophe: Paris fin de siècle. Culture et politique, Seuil, Paris, 1998.
HUGHES, Robert: El impacto de lo nuevo. El arte del siglo XX, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores, Barcelona, 2000.
Competencias- Capacidade para conceptualizar os fenómenos histórico-culturais.
- Habilidade para realizar a análise crítica do pasado.
- Capacidade para dilucidar as raíces históricas da cultura do noso tempo.
- Capacidade para relacionar os diversos eidos culturais (expresións plásticas e literarias) a través da historia contemporánea.
Metodoloxía da ensinanza - Exposición oral por parte do profesor.
- Análise e comentario de textos histórico-culturais.
- Recensión crítica dunha monografía.
- Proxección e comentario de filmes de interese histórico-cultural, ao remate de cada tema.
Sistema de evaluación- Traballo monográfico presentado e, eventualmente, exposto: 35 %
- Traballos varios, de extensión breve, e participación nos debates: 25 %
-Exame final que consistirá nunha pregunta teórica sobre a materia do programa e un comentario de texto: 40 %
- A materia de exame virá dada polas explicacións do programa realizadas polo profesor, os traballos voluntarios que se expoñan, os libros de lectura recomendada e, ao cabo, a bibliografía xeral e específica que se proporcione para cada tema.
Tempo de estudo e traballo persoal- 90 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Lectura de revistas de cultura.
- Consulta habitual dun dicionario histórico.
- Consulta e lectura das obras recomendadas.
- Consulta de sitios culturais de internet promovidos por institucións de probada solvencia intelectual.
Observacións-Indispensable a asistencia ás clases.