G5011203 - Historia da Música ( Música) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Música
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Ofrecerlle ó alumno/a unha visión de conxunto da Historia da Música Occidental e do seu repertorio no tempo.
- Igualmente, axudarlle en incursións na sociedade onde esa música se desenvolve, tendo en conta o público, os espazos e os xéneros.
- A través desta visión transversal, preténdese obter un complemento de formación indispensable para historiadores do Arte e lograr, así, desenvolverse dentro dos seus instrumentos básicos de aplicación na aula: a técnica de comentario da audición musical e maila lectura e comprensión de textos significativos.
- Que o alumno/a adquira os fundamentos básicos de formación musical sabendo utilizar os coñecementos fundamentais da sua habitual competencia de historiador/a da Arte.
ContidosO mundo medieval: música civil e relixiosa; escritura e oralidade.- Espazos para a música: os conventos, os pazos as rúas.- O nacemento e evolución da polifonía: París e Compostela, séculos XII-XIV. - O Renacemento: polifonía profana e relixiosa; a Escola Romana.- As capelas de música: grupos instrumentáis e vocais; vellos e novos instrumentos.- Monteverdi e a Escola Veneciana: o nacemento da ópera.- O Barroco tardío. G. F Haendel e J. S. Bach.- Teatro, igrexa e salón: os diferentes espazos, xéneros e públicos no Clasicismo.- O estilo Clásico: Mozart e Beethoven; teoría musical e Ilustración.- A Ópera no século XVIII. Gluck e Mozart.- Os inicios do período romántico: O lied e a música de cámara.- O sinfonismo e a música para piano no movemento romántico.- A ópera romántica italiana e alemá: R. Wagner vs. G. Verdi.- Os nacionalismos musicais europeos.- París fin de século: Debussy e Ravel.- Strawinsky e as vangardas do seu tempo: os Ballets Rusos.
Bibliografía básica e complementariaBUKOFZER, M., La música en la época barroca. Alianza Música nº 30. Madrid, 1986 FUBINI, E., La estética Musical desde la antiguedad hasta el siglo xx. Alianza Música.
Madril, 1988.
GOMEZ MUNTANÉ, M.C, La música medieval en España. Ed. Reichenberger.
Kassel, 2001.
GROUT& PALISCA, Historia de la Música Occidental, tomos 1 e 2, Alianza Música,
Madrid, 1997.
HOPPIN, R, La música medieval, Akal Música, Madrid, 1991.
LANG, P. E., La Música en la civilización occidental. EUDEBA Buenos Aires 1963. LÓPEZ CALO, J., La Música medieval en Galicia. A Coruña, Fundación Barrié de la
Maza, 1983.
ROSEN, Ch., El estilo clásico. Haydn, Mozart, Beethoven. Madrid, Alianza Música, 1991.
VV.AA, "Guía Akal de la Música" (Stanley Sadie & A Latham, eds). Madrid. Akal, 1994.
RECURSOS NA REDE
http://www .youtube.eom
http://www.asomusiea.eom/index.php?option=eom _ eontent&task=view&id= 115&1 temid=95
http://reeursos.eniee.m ee. es/ m us i ea/prov i s i onal es/ an i mae i ones/ 1 enguaj e/o b j etoapren dizaje/maeoleOA.swf
http://www.juntadeandalue¡a.es/averroes/reeursos _ informatieos/ andared02/la _m us i ea/base l.htm
http://rineones.eduearex.es/musiea/ index. ph poption=eom _ eontent&task=v iew &id= 222&Itemid=92
http://hagaselamusiea.eom
http://musieadeeamara.eom .es/ http://www.ehu.es/aeustiea/espanol/musiea/vohues/vohues.html#D ESCRIPCI ÓN http://www . weblaopera.eom/
CompetenciasO alumnado deberá ter capacidade:
1.- De saber manexar, oralmente e por escrito, os conceptos analíticos fundamentáis vertidos nas leccións teóricas e a través das audicións
2. Capacidade pra leer e interpretar, como comentario e reflexión, un texto da teoría musical dos diferentes períodos estudados.
3. Acadar certa fundamentación e discurso na relación intertextual dos períodos estéticos da Historia do Arte e da Música.
Metodoloxía da ensinanza O ensino desta materia combinará:
1. Clases expositivas nas que, co apoio do son e da imaxen, se desenvolvan os contidos do programa.
2. Clases interactivas nas que o alumnado, en grupos reducidos, realizará incursións analíticas de obras, contextos, autores ou períodos, promovendo, a partires de estímulos e diálogo, discusión e iniciativas por parte deles.
3. Potenciaráse nas clases de pequenos grupos o exercicio da verbalización do fenómeno musical: tanto por escrito como oralmente.
4. Titorización personalizada na que se perfilarán a potencialidades e dificultades do alumnado, dun xeito personalizado, ante os estímulos presentados e as posibles tarefas que se deriven.
A distribución temporal farase cunha carga distributiva de 2 horas teóricas seguidas de 1h de clase práctica en pequenos grupos.
Vertido en cifras:
Docencia expositiva..... 32 horas
Docencia Interactiva.... 16 horas
titorización................. 3 horas
Sistema de evaluación- Proba escrita da materia impartida nas clases expositivas (40%): enunciados teóricos, comentarios ou ben análise de obras xa presentadas e comentadas nas leccións maxistráis.
- Presencialidade e participción nas clases interactivas (30%); iniciativas, comentarios, diálogo, propostas, nivel de discusión, etc.
- Asistencia e comentarios personalizados a actividades musicales programadas durante o curso e dirixidas a partires da titorización (30%): concertos, conferencias, actividades da Fonoteca, comentarios de DVDs, etc.
Tendo en conta que se promove unha evaliación continuada, a asistencia as aulas é obrigatoria.
Aqueles alumnos/as que demostren, mediante o pertinente control establecido de asistencia a clases teóricas e prácticas de seminario e titorías, somentes terán que facer o examen da materia impartida nas clases expositivas (50%).
Os alumnos/as que non teñan unha asistencia continuada, que supere a lo menos un 80% das 47 horas presenciais terán que facer, ademáis do examen teórico, as correspondentes probas prácticas coas audicións exixidas e as tarefas que se marquen, ademáis de presentar os traballos persoalizados en número e cualidades que se especifique.
Tempo de estudo e traballo persoalDocencia expositiva..... 32 horas
Docencia interactiva.... 16 horas
Titorias........................ 3 horas
Tempo estimado de estudio e actividade persoal:
Estudio da materia impartida...... 60 horas
Lecturas, saídas a concertos, audicións, biblioteca, 35 horas
Preparación críticas, comentarios ou debates, 4 horas.
TOTAL, 99 horas de actividade persoal
Recomendacións para o estudo da materia- Levar a materia ó día
- Presencia continuada nas aulas
- Preguntar as dúbidas puntualmente
- Crear un equipo real nas aulas prácticas