Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011204 - Literatura e Arte no Mundo Moderno e Contemporáneo (Literatura) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GIL GONZALEZ, ANTONIO JESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A presenza desta materia centrada nas aproximacións comparatistas entre a literatura e as demais artes no programa de Historia da arte, no período moderno e contemporáneo busca completar e complementar os coñecementos adquiridos na materia de primeiro curso, orientada a antigüedade e o medioevo e fornecer así unha visión de conxunto sobre ás relacións entre as diferentes artes, e os diferentes estudos das mesmas, tanto dende o punto de vista diacrónico como sincrónico e conceptual no momento actual. Tratará de complementar a percepción disciplinar do literario e das artes herdada en forma de espacios estancos, tratando de presentar a vida social e cultural vencellada ós diferentes sistemas de representación, comunicación, ou ficción de carácter simbólico e estético como un sistema de sistemas de prácticas creativas, de recepción, institucionales, etc. en continua interacción. Neste sentido, e tendo en conta que se trata do único módulo de perfil especificamente literario do currículo de Historia da Arte, deberá pór o alumno en contacto, aínda que dun xeito introdutorio, cos conceptos básicos e as perspectivas actuais dos estudos literarios, e, en particular, da literatura comparada. Búscase, por tanto, capacitar o alumno para incluír o estudo da literatura e a análise do texto literario, dende un punto de vista comparado e interartístico, no eido dos seus propios e específicos intereses profesionais e de investigación futuros.
    Contidos
    Teoría
    1. Perspectivas teóricas: intertextualidade, interartes, intermedialidade; encrucilladas da historia cultural, a literatura comparada, os estudios culturais e a semiótica
    2. Palabra e imaxe. Arte e literatura. Xerarquía, competencia e autonomía.
    Historia
    3. Historia cultural das palabras e os diccionarios (poesía, gramática, literatura, arte, género, medio…)
    4. A educación sentimental. Representacións da subxectividade moderna. A invención do íntimo e o cotián.
    5. A autoinstauración metaficcional: de Las meninas a The Simpsons
    Crítica (obxectos)
    6. A literatura e as artes plásticas (hibridacións)
    7. A literatura e os novos medios (remediacións)
    8. A literatura e as narrativas audiovisuais (adaptacións)

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Alonso, S. (ed.), Literatura y música, Madrid, Arco Libros, 2002
    Aristóteles, Poética, (ed. e trad. de Fernando González Muñoz), A Coruña, Universidade, 1999
    Bolter, J. y D. Grusin, Remediation. Understanding new media
    Bourdieu, P., O campo literario, Bertamiráns, Laiovento, 2004
    Casas, A. (coord.), Elementos de crítica literaria, Vigo, Xerais, 2004.
    Elias, N.: El proceso de la civilización, México-Madrid, Fondo de Cultura Económica, 1987
    Genette, G.: Palimpsestos. La literatura en segundo grado, Madrid, Taurus, 1989
    Gil González, A.: +Narrativa(s). Intermediaciones novela, cómic, cine, cómic y videojuego en el ámbito hispánico. Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2012
    Jenkins, H., Convergence culture. La cultura de la convergencia de los medios de comunicación, Barcelona, Paidós, 2008
    Lotman, I.: La semiosfera III. Semiótica de las artes y de la cultura, Madrid, Cátedra, 2000
    Mitchell, W. J. T: Iconology: Image, Text, Ideology. Chicago: University of Chicago Press, 1986
    Monegal, Antonio (ed.), Literatura y pintura, Madrid, Arco, 2000
    Pérez Bowie, J.A. (ed.) Reescrituras fílmicas. Nuevos territorios de la adaptación, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2010.
    Villanueva, D.: Después de la galaxia Gutemberg y de la galaxia McLuhan, Philadelphia, Society of Spanish and Spanish-American Studies, 2008
    VV.AA., Metaliteratura y metaficción. Balance crítico y perspectivas comparadas, monográfico de Anthropos, 208, 2005

    Bibliografía complementaria

    Na guía docente facilitarase bibliografía específica dos diferentes temas do programa

    Competencias
    Potenciación das capacidades analíticas e competencias de lectura e análise dos textos literarios en relación con outros discursos culturais e artísticos.

    Incorporar aos coñecementos e intereses do alumno verbo da historia da arte unha perspectiva comparatista cara ó ámbito literario.

    Desenvolver unha comprensión global e crítica da cultura a partir das interaccións dos diversos sistemas e tradicións artísticas e culturais.

    Propoñer, e desenvolver un pequeno proxecto de investigación académica sobre os contidos da materia.

    Redactar unha memoria académica sobre o proxecto

    Expoñer públicamente e discutir no seminario de traballo as conclusións do seu proxecto
    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións expositivas e interactivas da materia non se conciben dun xeito ríxido e estanco. As primeiras en ningún caso se convertirán na pasiva e acrítica transmisión de contidos esquemáticos ou apuntes, e incluirán comentarios de textos, análises de casos, ou visionado e comentario de obras. As segundas tampoco renuncian, lóxicamente, a presentación e discusión dos conceptos do programa. A diferencia, establécese na maior ou menor centralidade das explicacións do docente, ou da actividade do propio estudante como protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe.
    O equilibrio entre a docencia expositiva e a interactiva na estrutura da materia, procura, ademais de facilitarlle aos alumnos os contidos fundamentais e o acceso á bibliografía básica e especializada sobre cada un dos temas, implicalos no proceso da aprendizaxe activa dos mesmos por medio de dúas clases de prácticas: as primeiras, directamente complementarias do programa teórico da materia, orientaranse á realización na clase de comentarios de fragmentos escollidos da bibliografía ou de textos literarios e/ou obras de diferentes artes ou épocas a fin de poñer en práctica os coñecementos e as destrezas adquiridas na materia en forma de recensións. As segundas, pola súa parte, conectan dun xeito fundamental coa actividade académicamente dirixida non presencial, e estarán orientadas á realización de traballos individuais, e á súa exposición ante o grupo.

    - Actividade académicamente dirixida. Trátase de que o alumno realice un exercicio de comparación entre o literario e outros discursos artísticos, a partir de sendos textos, liñas e métodos de comparación, cuia elección polo estudante constitúe non simplemente o medio, senón precisamente unha das finalidades en si mesmas da actividade. Con este propósito organízanse distintos seminarios (temas 3-8 do programa), que se introducirán nas sesións expositivas da materia para logo desenvolverse paralelamente nas sesións interactivas. O traballo no seminario respectivo consistirá na exposición individual do enfoque teórico, liñas fundamentais e conclusións da análise comparada desenvolvida (mediante unha presentación informática), coa posterior posta en común e discusión en grupo.

    - Prácticas de campo. Proponse tamén, como actividade complementaria ás sesións presenciais na facultade, dependendo da oferta de actividades culturais da cidade simultáneas ó curso académico, a asistencia do grupo a unha ou varias das seguintes: unha representación teatral, o pase dun filme adaptado dunha obra literaria, un concerto de música coral ou vocal, unha representación operística, unha exposición, etc., para a súa explotación didáctica en relación cos contidos da materia.

    Sistema de evaluación
    No contexto da normativa vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais de examen que cada curso efectúa a Universidade, probas equivalentes e complementarias no marco do sistema de evaluación continua.
    Serán factores relevantes da mesma a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.
    Por indicación da memoria da titulación, a devandita proba final suporá como máximo o 40% da cualificación da materia, polo que non será posible superar a mesma sen cumplir os requisitos establecidos para a avaliación continua en materia de asistencia obrigatoria e participación, que suporá o 60% da nota. Esta resultará da avaliación da participación crítica e informada nas clases e da realización de traballos e tarefas propostas.
    Concretamente, a avaliación continua da materia centrarase precisamente nos resultados dos traballos realizados no conxunto da actividade academicamente dirixida do alumno, ademais da consideración das diferentes actividades —comentarios de textos, resumos e recensións bibliográficos, participación nas clases, etc.— realizadas polo mesmo ó longo do curso nas sesións expositivas e interactivas.
    A realización do traballo académicamente dirixido e a súa exposición nas sesións interactivas ten carácter obrigatorio. Só en casos excepcionais e debidamente xustificados (enfermedade, etc.), a exposición oral do resultado da actividade académicamente dirixida poderá substituírse coa presentación dunha memoria escrita do traballo realizado.
    No sistema de avaliación continua a asistencia non computa de seu mais é obrigatoria. Un índice de ausencias non xustificadas superior ao 20% implica o suspenso na avaliación continua da materia.

    Segunda oportunidade de avaliación.
    No caso de non superar a materia ou non acreditar a asistencia, ou ben, opcionalmente, para mellorar a cualificación obtida (previa renuncia á cualificación da primeira oportunidade), poderase realizar unha segunda proba escrita da materia. Os estudantes que o soliciten poderán conservar a cualificación obtida na avaliación continua. En caso de non superar a avaliación continua (ou non acreditar a asistencia) na primeira oportunidade de avaliación, deberán presentar (previa aprobación da proposta polo equipo docente) un traballo académicamente dirixido de entidade e esixencia equivalente que acredite plenamente a adquisición das destrezas e obxectivos establecidos.

    Nas convocatorias sucesivas será necesario cursar íntegramente e superar de novo todo o proceso de avaliación.

    Observación importante sobre o plaxio: O plaxio no examen ou na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases presenciais: 37 (x factor 1.5) = 55 horas de traballo autónomo
    Preparación do traballo e a intervención no seminario: 40 horas de traballo autónomo
    Lecturas: 25 horas de traballo autónomo
    Exámenes: 2.5 (x factor 7):15 horas de traballo autónomo
    Titorías: 3 horas presenciais

    Recomendacións para o estudo da materia
    A orientación da materia fai especialmente aconsellable, tanto dende a perspectiva estritamente literaria, como á orientada ao estudo comparado e interartístico, que o estudante adquira a bagaxe máis ampla posible en canto ás diferentes tradicións e culturas literarias e artísticas se refire. Tamén que aproveite, dun xeito relacional, os coñecementos fornecidos dende as diferentes disciplinas e subcampos artísticos obxecto de estudo ó longo da titulación que está a cursar (historia cultural, artes visuais, música, cinema, estética e teoría da arte, etc...)