Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011226 - Fontes Documentais e Literarias para a Historia da Arte (Coñecementos Sistemáticos e Integrados do Feito Artístico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Chao Castro, David.NON
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer o concepto de Fonte para o estudio da Historia da arte.
    - Coñecer a tipoloxía e casuística das Fontes textuais da arte.
    - Aproximación ás Fontes textuais que permitan un coñecemento máis profundo da obra de arte no seu contexto histórico e cronolóxico.
    - Aprender a empregar as Fontes dende a análise crítica e a interdisciplinariedade.
    - Aprender as aplicacións desas Fontes na obra de arte.
    - Formar o alumno para un adecuado tratamento das Fontes, a súa inserción no contexto histórico-artístico, para o seu emprego no estudo e investigación das obras de arte.
    - Impulsar o alumno ao contacto con outras disciplinas, cuxo obxecto de estudo é, en ocasións, común á Historia da arte (paleografía, codicoloxía, epigrafía, numismática, etc.)

    Contidos
    INTRODUCIÓN: Fontes literarias e documentais. Metodoloxías para ou seu estudo

    PRIMEIRA PARTE
    1.- Fontes para o estudo da arte antiga (Grecia e Roma):
    1.1. Escritos sobre a teoría das Artes.
    1.2. A preocupación pola historiografía: textos sobre os artistas e a súas creacións.
    1.3. Aportacións da crítica profana: aproximación a unha valoración dá arte dende a historia da recepción.
    1.4. Artes da palabra e artes visuais na competencia entre as artes
    1.5. A literatura de viaxes na Antigüedade.
    1.6. De mitos e mitografías e as súas conexións coa Historia da Arte
    1.7. Fontes epigráficas, tipoloxías e súa achega ao estudo da Arte.

    2.- Fontes para o estudo da arte medieval:
    2.1. Escritos, apuntes e repertorios sobre técnicas artísticas e a recuperación da teoría das Artes.
    2.2. A memoria dos promotores artísticos: peculiaridades dos textos historiográficos na Idade Media
    2.3. A interacción imaxe-texto: fontes para o estudo da iconografía medieval
    2.4. A literatura periexética medieval e a súa contribución ós estudos da Arte.
    2.5. O documento: tipoloxías e aportacións dás fontes arquivísticas para á investigación na Arte medieval.
    2.6. Fontes lexislativas: características e evolución


    SEGUNDA PARTE
    Fontes para a Historia da Arte Moderna e Contemporánea
    1. Fontes literarias: vidas, tratados e libros de viaxes.
    2. Fontes documentais: arquivísticas e hemerográficas.
    3. Fontes gráficas: dos debuxos e grabados á fotografía.
    4. Fontes para a creación artística nos séculos XX e XXI: dos manifestos aos Mass Media.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibligrafía básica:
    - SCHLOSSER, J.: La literatura artística. Ed. Cátedra. Madrid, 1993 (Viena, 1924).
    - KULTERMAANN, V.: Historia de la historia del arte. El camino de una ciencia, Madrid, Akal, 1996.-
    - RAMÍREZ, J.A.: Cómo escribir sobre arte y arquitectura, Barcelona, Ediciones del Serbal, 1999.-
    - SÁNCHEZ CANTÓN, F.J.: Fuentes literarias para la historia del arte español (varios tomos). Madrid, 1923-1941.
    - URQUÍZAR HERRERA, A. Y GARCÍA MELERO, J.E.: La construcción historiográfica del Arte. Ed. Ramón Areces. Madrid, 2012.
    - VIGO TRASANCOS, A. (coord.) y otros: Fontes escritas para a Historia da Arquitectura e do Urbanismo en Galicia (séculos XI-XX) (2 vols.). Santiago de Compostela,

    PRIMEIRA PARTE.
    - YARZA LUACES, J.: Fuentes de la Historia del Arte I. Ed. Historia 16. Madrid, 1997.
    - PITARCH et al.: Fuentes y documentos para la Hª del Arte Antiguo: (Próximo Oriente, Grecia y Roma). Gustavo Gili, Barcelona, 1982.
    - YARZA LUACES, J.; GUARDIA, M. Y VICENS, T.: Fuentes y documentos para la Hª del Arte (Medieval I: Alta Edad Media y Bizancio). Gustavo Gili. Barcelona, 1982.
    - YARZA LUACES, J. et al.: Fuentes y documentos para la Hª del Arte (Medieval II: Románico y Gótico). Gustavo Gili. Barcelona, 1982.

    SEGUNDA PARTE.
    - CALVO SERRALLER, F. y PORTÚS, J.: Fuentes de la Historia del Arte II, Madrid, Historia 16, nº 22, 2001.
    - GRIGERA, J. (comp.): Renacimiento en Europa (“Fuentes y documentos para la historia del arte”). Gustavo Gili. Barcelona, 1983.
    - FERNÁNDEZ ARENAS, J. y BASSEGODA, B.: Barroco en Europa (“Fuentes y documentos para la historia del arte”). Gustavo Gili. Barcelona, 1983.
    - FERNÁNDEZ ARENAS, J.: Renacimiento y Barroco en España (“Fuentes y documentos para la historia del arte”). Gustavo Gili. Barcelona, 1982.


    Competencias
    Competencias específicas
    O/A alumno/a será capaz de:
    1) Comprender conceptos básicos e terminoloxía sobre fontes da historia da arte.
    2) Coñecer os múltiples abordaxes de aproximación ó feito artístico para
    que o alumno poida instrumentalizar, de xeito coas posibilidades
    que cada un deles poida ofrecer, aquél ou aqueles métodos que le
    permitan comprender o fenómeno u obxecto de análise.
    3) Comprender a correspondencia entre eses conceptos teóricos e as
    liñas metodolóxicas derivadas.
    4) Tomar conciencia da permeabilidade e complementariedade dos
    diferentes sistemas de interpretación e da desigual adecuación destes
    con respecto á variada casuística do obxecto de estudo
    5) Coñecer e interpretar as diversas fontes –literarias, documentais,
    visuais- empregadas para o coñecemento e interpretación da obra de
    arte.

    Competencias transversais:
    O/A alumno/a será capaz de:
    CT-1 Adquisición de destrezas no manexo de textos e documentos indispensables para a iniciación na investigación.
    CT-2 - Desenvolvemento dunha expresión escrita e oral correcta e axeitada para o ámbito desta materia.
    CT-3 - Claridade na comprensión dos contidos e no emprego do vocabulario axeitado.

    Metodoloxía da ensinanza
    Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura utilizaranse as seguintes técnicas:
    - Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
    - Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia.
    (Empregaranse as ferramentas da USC Virtual para orientacións e materiais de traballo das clases prácticas).
    - Prácticas de campo en Arquivos, Bibliotecas e enclaves artísticos relevantes na cidade de Santiago de Compostela.
    - Titorizacións personalizadas.

    Sistema de evaluación
    1. AVALACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS): examen que suporá o 40% da nota total (4 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 1.6 neste exame para poder facer media coa nota das clases interactivas. Quen non consiga esta nota mínima de 1.6 tenrá que presentarse ao exame da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).

    2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS: Asistencia e participación nos debates, seminarios, prácticas propostas polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados, e prácticas de campo. Esta parte suporá o 30% da nota total (3 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 1.2 nesta parte para poder facer media coa nota do exame e do traballo de iniciación á investigación. Quen non consiga esta nota mínima de 1.2 tenrá que repetir as devanditas prácticas para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).

    3. TRABALLO DE INICIACIÓN Á INVESTIGACIÓN: A partires dunha bibliografía específica, o alumnado abordará a análise e estudo das fontes máis destacadas para o achegamento á arte contemporánea. Esta parte suponrá o 30% da nota total (3 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 1.2 nesta parte para poder facer media coa nota do exame e das prácticas interactivas. Quen non consiga esta nota mínima de 1.2 terá que repetir o devandito traballo e entregalo para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).

    Este sistema de avaliación será empregado tanto para a convocatoria de maio como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO: 50 h.
    30 h. docencia expositiva, 15 h. docencia interactiva, 5 h. de titorías personalizadas (total de horas presenciais: 50)

    TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO: 100 h.
    - Estudo autónomo individual o en grupo: 50 h.
    - Lecturas recomendadas, actividades de búsqueda bibliográfica, redacción de traballo de iniciación á investigación, e similares: 32 h.
    - Preparación de presentacions orais, debates e similares na aula: 16 h.
    - Outras tarefas propostas polos profesores: 3 h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Coñecementos básicos de Historia da Arte
    - Haber cursado as materias do Primeiro Curso do Grao en Historia da Arte
    - Esta materia está estreitamente relacionada con Fundamentos teóricos da historia da Arte de Primeiro Curso.
    - Recoméndase a lectura dalgunhos textos sobre arte