Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011321 - Historia da Arte do Renacemento (Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 51.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 78.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ROSENDE VALDES, ANDRES ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Iniciar ao alumno no coñecemento da arte do Renacemento, familiarizalo cos seus códigos figurativos e arquitectónicos e destacarlle os logros máis relevantes dunha época cuxa primeira fase ía ditar os parámetros culturais da civilización occidental ata o século XX.
    Contidos
    Tras analizar a especificidade do Renacemento, farase especial fincapé na creación dun novo código figurativo e dunha nova linguaxe arquitectónica chamadas a ter unha grande vixencia na arte occidental, ao tempo que se estudarán as máis importante propostas artísticas da época, fundamentalmente en Italia.

    Desenvolvemento do temário:

    Tema I. Renacemento: concepto e significación. Renacemento e renacementos. Arte e ciencia. O modelo da antigüidade clásica. Artistas e clientes.
    Tema II. A arte do século XV en Italia. Arquitectura. Das “primeiras luces” ao amencer. Brunelleschi e Alberti.- Artes figurativas. Indefinición estilística e investigación normativa. Florencia na primeira metade do século. A última xeración florentina. Padua. Ferrara. Venecia.
    Tema III. O Cinquecento en Itália. Arquitectura. A plenitude do sistema regular e a licenza. Vignola e a regra. A renovación veneciana. – Artes figurativas. O alto renacemento ou a época dos xenios. Anticlasicismo e manierismo. Venecia.
    Tema IV. A difusión do Renacemento en Europa.

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA: Argan ,G.C., Renacimiento y Barroco, Madrid, 1987. Keller, M., El renacimiento italiano, Madrid, s.a. Nieto Alcaide, V. El arte del Renacimientom Madrid, 1996. Ídem e Checa Cremades, F., El renacimiento. Formación y crisis del modelo clásico, Madrid, 1980. Paleotti, J. T. e Radke, G. M., El arte en la Italia del Renacimiento, Madrid, 2002. Ramirez, J.A. (coord.), Historia del Arte, vol. 3, Madrid, 1997.
    COMPLEMENTARIA: Antal, F., El mundo florentino y su ambiente social. La república burguesa anterior a Cosme de Médicis: siglos XIV-XV, Madrid, 1987. Battisti, E., Renacimiento y Barroco, Madrid, 1990. Blunt, A., Arte y arquitectura en Francia, 1500-1700, Madrid, 1977. Ídem, La teoría de las artes en Italia 1450-1600, Madrid, 1979 .Burke, P., El renacimiento italiano. Cultura y sociedad en Italia, 1450-1600, Madrid, 1993. Chastel, A., El renacimiento meridional 1460-1500, Madrid, 1965. Ídem, El gran taller de Italia 1460-1500, Madrid 1966. Ídem, Arte y humanismo en Florencia en la época de Lorenzo el Magnífico, Madrid, 1982. Ídem, El saco de Roma, Madrid, 1986. Ídem e R. Klein, El humanismos, Madrid, 1971. Checa Cremades, F,, Pintura y escultura del Renacimiento en España, Madrid, 1983. Clark, K., El arte del humanismo, Madrid, 1981. Freedberg, S. J., Pintura en Italia 1500-1600, Madrid, 1978. Gombrich, E. H., El lagado de Apeles. Estidios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1982.Ídem, Imágenes simbólicas. Estudios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1983. Ídem, Norma y forma. Estudios sobre el arte del renacimiento, Madrid 1984. Ídem, Nuevas visiones de viejos maestros. Estudios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1987. Heydenreich, L.H., Eclosión del Renacimiento. Italia 1400-1460, Madrid, 1972.Ídem e Passavant, G., La época de los genios. Renacimiento italiano 1500-1540, Madrid, 1974. Heydenreich, L.H. e Lotz, W., Arquitectura en Italia 1400-1600, Madrid, 1991. Jestaz, B., El arte del renacimiento, Madrid, 1991. Marías, F., El largo siglo XVI. Los usos artísticos del Renacimiento español, Madrid, 1989. Murray, P., Arquitectura del Renacimiento, Madrid, 1972. Murray, L., El Alto Renacimiento y el Manierismo, Barcelona, 1995. Murray, P. e L., El arte del Renacimiento, Mexico, 1965. Panofsky, E., Estudios sobre iconología, Madrid, 1972. Ídem, La perspectiva como forma simbólica, Barcelona, 1973. Ídem, Renacimiento y renacimientos en el arte occidental, Madrid, 1975. Ídem, Los primitivos flamencos, Madrid 1998. Pope-Hennessy, J., La escultura italiana en el Renacimiento, Madrid, 1989. Shermann, J., Manierismo, Bilbao, 1984. Warburg, A., El Renacimiento del paganismo. Aportaciones a la historia cultural del Renacimiento europeo, Madrid, 2005. Waterhouse, E. Pintura en Gran Bretaña 1530-1790, Madrid, 1993 (primeira parte). Wilde, J., La pintura veneciana de Bellini a Ticiano, Madrid, 1988. Wind, E., Los misterios paganos del Renacimiento, Bercelona 1872. Wittkower, R., Los fundamentos de la arquitectura en la edad del humanismo, Madrid, 1995. Wölfflin, H., Conceptos fundamentales de la historia del arte, Madrid, 1970. Ídem, El arte clásico. Una introducción al renacimiento italiano, Madrid, 1982.


    Competencias
    -Familiarizarse con un momento crucial da nosa civilización occidental.
    - Recoñecer as diferentes especificacións lingüísticas nas que o Renacemento se expresa.
    - Comprobar as posibilidades de distintos modos de aproximación ao produto artístico en relación cunha época que foi o campo privilexiado da experimentación metodolóxica da disciplina da Historia da Arte.
    - Perfeccionar a análise da obra de arte.

    Metodoloxía da ensinanza
    O responsable docente nas clases expositivas realizará unha aproximación aos temas desde unha perspectiva multidisciplinar que permita o estudo da obra de arte como totalidade, insistindo nos aspectos culturais –para que o alumno poida contextualizar as obras obxecto de análise–, iconográficos –co obxecto de que poida comprender o seu sentido– e formais –co fin de sensibilizar o ollo en relación cunhas determinadas formas de expresión–.
    As clases interactivas, por unha banda, centraranse na análise e comentario de diferentes obras relacionadas coa materia desenvolvida polo profesor, ca fin de que o alumnado instrumentalice os coñecementos que vaia adquirindo, é dicir, o que se pretende é que aprenda a “ver” e a contextualizar o fenómeno artístico, resolvendo todos os problemas que lle xurdan na fase de aprendizaxe; por outra, o alumnado, individualmente ou en grupo, desenvolverá un traballo relacionado con determinadas partes da materia que deberá preparar e que será obxecto de discusión entre o alumnado e co profesor.
    Sistema de evaluación
    A avaliación dependerá dunha proba escrita, da participación nas clases prácticas e seminarios e dos traballos persoais. A proba escrita suporá o 40% da cualificación final. Ás clases prácticas e seminarios, con un 30%, e os traballos, con outro 30%, suporán o 60% da cualificación final. A nota definitiva alcanzarase unha vez superado o 50% de cada unha das partes. En caso necesario, o alumnado poderá repetir a proba escrita en xullo.

    Xa que a avaliación é continua a asistencia as aulas e obrigatoria polo que unha ausencia reiterada as mesmas, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que o alumno poidese ser avaliado.

    Os alumnos que faltaran a máis do 20% das clases interactivas terán que examinarse na segunda oportunidade de xullo da matéria teórica vista ao longo do curso e de todos os temas tratados nas clases expositivas, tendo en conta que agora a porcentaxe da matéria relativa as clases interactivas e so o 30% da calificación global.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    TEMPO PRESENCIAL
    -Docencia expositiva 51horas.
    -Docencia interactiva 24 horas.
    -Tutorías personalizadas 3 horas.


    TEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO
    -Entre 45 e 60 minutos por hora teórica de clase.
    -3 hora de preparación por cada clase interactiva.
    -15 horas para o traballo escrito.

    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumnado está obrigado, a partir da terceira semana, a ter ao día a materia impartida polo profesor nas exposicións teóricas e aquelas partes que, de xeito dosificado, sexan obxecto de discusión nas interactivas, pois, do contrario, anúlase a operatividade das mesmas. Sen esquecer que a correcta aprendizaxe visual require un esforzo continuado.

    Solicitar do profesor, en calquera momento, as aclaracións que estime oportunas en relación con aqueles aspectos que no transcurso da exposición teórica ou nas clases interactivas non quedaran suficientemente explicados, pois o alumno non deberá nunca abandonar a aula sen ter perfectamente clarificado o tema obxecto de exposición e/ou discusión.

    Implicarse plenemente nas clases interactivas por médio da participacón.

    Facer uso das titorías para resolver calquera problema que lle xurda en relación coa materia.

    Observacións
    É aconsellable a consulta dos manuais antes de adentrarse na preparación de calquera parte da materia que deba ser obxecto de comentario e discusión nas clases prácticas ca fin de facerse unha idea xeral do tema do que se trata.