G5011323 - Historia da Arte da Ilustración e do Século XIX (Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Dotar ao alumno/a dunha visión plural e integradora da arte da Ilustración e do século XIX.
- Saber diferenciar as características básicas dos diversas movementos artísticos do período obxecto de estudo.
- Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais que se dan neste período.
- Saber enmarcar a obra de arte nos contextos apropiados nos que se xestou e relacionala con outras formas de expresión cultural.
- Coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas ao longo do período obxecto de estudo e saber deducir como estas condicionan e actúan sobre a obra de arte.
- Que o alumno/a adquira os fundamentos metodolóxicos e críticos básicos que lle permitan introducirse no exercicio da actividade investigadora.
Contidos- As orixes da Arte Contemporáneo.
- Ilustración e Neoclasicismo.
- Arquitectura historicista e ecléctica.
- Arquitectura do ferro.
- Escola de Chicago.
- As artes plásticas no Neoclasicismo.
- O ideal romántico e a súa materialización na arte.
- O Realismo.
- O Impresionismo.
- Os postimpresionistas.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
EISENMAN, S.F.: Historia crítica del arte del siglo XIX, Madrid, 2001.
FRASCINA, BLAKE. FER, GARB Y HARRISON: "la modernidad y lo moderno. La pintura francesa del siglo XIX". Madrid, 1993.
REYERO, C.: "El arte del siglo XIX". Madrid, 1992.
ROSEMBLUM, R. Y JANSON H.W.: El arte del siglo XIX. Madrid, 1992.
RODRÍGUEZ. D.: Del Neoclascismo al Realismo. La cosntrucción de la modernidad, Madrid, 1996.
SHIFF, R.: "Cezanne y el fin del impresionismo. Estudo de la teo´ria, la técnica y la valoración críticas del arte moderno", Madrid, 2002.
VILLAR MOVELLÁN, A.: aRTE cONTEMPORÁNEO 1, Madrid, 1996.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ANTAL, F.: Clasicismo y romanticismo. Madrid, 1978.
ARNALDO CUBILLA, J: El movimiento romántico. Madrid, 1989.
BENEVOLO, L.: Historia de la arquitectura Moderna, Barcelona 1979.
BOIME, A: "Historia social del arte moderno. 1. El arte en la época de la Revolución 1750-1850". Madrid, 1994.
BOIME, A: "Historia social del arte moderno. 2. El arte en la época del bonapartismo 1800-1815" Madrid, 1996.
BRYSON, N.: "Tradición y deseo. De David a Delacroix". Madrid, 2002.
CLARK, K.: La rebelión romántica. Madrid, 1990.
CLAY, J.: Le romantisme. París, 1994.
CROW, T. E.: Pintura y sociedad en el París del siglo XVIII, Madrid, 1989.
CROW, T. E.: Emulación, Madrid, 2003.
DAIX, P.: "Historia cultural del arte moderno. De David a Cézanne". Madrid, 2002.
DENVIR, Bernard.- Historia del Impresionismo. Madrid, 1992
DENVIR, Bernard.- El postimpresionismo. Barcelona, 2001
FRIENDLAENDER, W.: De David a Delacroix. Madrid, 1989.
FUSCO, R. de: "Historia de la arquitectura contemporánea". Madrid, 1991.
HITCHCOCK, H-R.: "Arquitectura de los siglos XIX y XX". Madrid, 2002.
HONOUR, H.: "El Neoclasicismo". Madrid, 1982.
HONOUR, H.: "El Romanticismo". Madrid, 1984.
JAMME, Ch.: El movimiento romántico. Madrid, 1998.
KAUFMANN, E.: "La arquitectura de la ilustación", Barcelona, 1974.
NOCHLIN, L.: "El realismo", Madrid, 1991.
PEVSNER, N.: "Los orígenes de la arquitectura moderna y del diseño". Barcelona, 1992.
FRASCINA, BLAKE, FER, GARB Y HARRISON: La modernidad y lo moderno. Pintura francesa dle siglo XIX, Madrid, 1998.
RAGÓN, M.: Historia mundial de la arquitectura y el urbanismo modernos. Tomo 1. Ideologías y Pioneros, 1800-1910, Barcelona 1979.
RAMÍREZ, J. A (DIRECTOR): El mundo contemporáneo, Madrid, 1997.
REWALD, John.- Historia del impresionismo. Barcelona, 1994.
REWALD, John: El postimpresionismo. De Van Gogh a Gauguin. Barcelona, 1999.
ROSEN, CH. y ZERNER, H.:Romanticismo y realismo. Madrid, 1992.
SMITH, P.: "Impresionismo" Madrid, 2006.
THOMSON, Belinda: El postimpresionismo. Madrid, 1999.
THOMSON, Belinda.- El impresionismo. Orígenes, práctica y acogida. Barcelona, 2001.
TOMAN, R.: Neoclasicismo y romanticismo. Arquitectura. Escultura. Pintura. Dibujo. Barcelona, 2000.
VAUGHAN, W.: Romanticismo y arte. Barcelona, 1995.
WALTHER, I. F.: La pintura del romanticismo. Madrid, 1999.
CompetenciasO alumno/a será capaz de:
- Desenvolver unha metodoloxía científica propia da Historia da Arte e utilizar as ferramentas historiográficas máis adecuadas.
- Asimilar os fundamentos e coñecementos básicos da Historia da Arte da Ilustración e do século XIX.
- Coñecer as características, funcións e liñas básicas da arte nas súas diferentes manifestacións ao longo do discorrer histórico obxecto de estudo así como as causas destas características, incardinando a obra de arte nos contextos apropiados nos que se xestou.
- Entender as diferentes linguaxes formais da arte da Ilustración e do século XIX, e saber deducir como estas condicionan actúan sobre a obra de arte.
Metodoloxía da ensinanza Co obxecto de facilitar e racionalizar a docencia da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas, nas que, valéndose da lección maxistral e contando co apoio de imaxes, que ben poden ser a través do power point, vídeos ou CDs, explicaranse os distintos temas que figuran no programa.
- Clases interactivas, nelas o alumnado realizará traballos academicamente dirixidos sobre temas do programa; analizará aspectos/obras de arte representativas dos distintos movementos artísticos; asi como de textos, vídeos e realizará visitas a exposicións.
- Tutorización persoalizada.
Todo iso distribuirase da seguinte maneira:
TIPO DOCENCIA TOTAL HORAS/MATERIA
Doc. Expositiva ........................... 32
Doc. Interactiva .......................... 16
Tutorización persoalizada ............ 3
Sistema de evaluaciónA cualificación global da materia obterase mediante avaliación continua, polo que a asistencia a clase é obrigatoria. Unha ausencia superior ao 20% suporá a imposibilidade de ser avaliado na primeira oportunidade.
A avaliación levarase a cabo ao longo do curso mediante as seguintes fórmulas: control ou controis escritos, prácticos e teóricos, dos contidos das clases expositivas e interactivas, representando as primeiras o 40% da cualificación final e as interactivas e prácticas de campo, se as houbese, o 60%. A nota definitiva alcanzarase unha vez superado o 50% de cada unha das partes.
Segunda oportunidade (convocatoria de xullo):
1.- Quen realice e aprobe as actividades correspondentes á docencia interactiva poderá conservar esta cualificación e só terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2.- Aqueles alumnos que non realizasen as actividades correspondentes á docencia interactiva, ou non as aprobaran, terán que realizar un exame no que terá cabida tanto a materia correspondente ás clases expositivas como ás clases interactivas.
Tempo de estudo e traballo persoalTEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 horas.
Docencia expostiva: 32 horas.
Docencia interactiva: 16 horas.
Tutorías personalizadas: 3 horas.
TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL: 99 horas.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 56 horas.
Lecturas recomendada, actividades de biblioteca e similar: 28 horas.
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 8 horas.
Outras tarefas propostas polo profesores: 7 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Preparación da materia impartida a través dos apuntamentos recollidos na aula. Completalos valéndose da bibliografía recomendada.
- Asistencia ás sesións interactivas, algo imprescindible para a superación da materia.
- Lectura detida dos textos que se indiquen na aula.
ObservaciónsPoderanse programar actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: visitas a museos e exposicións temporais, asistencias a conferencias, etc.