Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011324 - Concepto e Historia do Patrimonio Cultural (Coñecementos Sistemáticos e Integrados do Patrimonio Histórico Artístico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Chao Castro, David.NON
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os aspectos fundamentais que se integran baixo a consideración presente e pasada do concepto de patrimonio cultural
    Comprender a evolución histórica na apreciación e conservación dos bens que integran o patrimonio cultural
    Reflexionar sobre as implicacións da conservación do patrimonio cultural para a formación e actividade profesional dos historiadores da arte
    Desenvolver unha visión crítica sobre a realidade actual do patrimonio cultural.
    Aplicar os coñecementos e teorías sobre a idea de patrimonio, ao tema actual da paisaxe como patrimonio.


    Contidos
    Introdución.
    Tema 1. Concepto de patrimonio cultural. 1.1. A conservación do patrimonio herdado. Recoñecemento e creación de novos patrimonios. Alteracións, destrucións e abandono. 1.2. O concepto moderno do patrimonio cultural. Os bens culturais e os seus valores. Valores de uso, formais, estéticos e simbólicos.

    Primeiro bloque. Historia da conservación do patrimonio cultural. Antecedentes e bases teóricas.
    Tema 2. Antecedentes. Da Antigüidade á Idade Media. A conservación do patrimonio cultural na época do Renacimiento e do Barroco.
    Tema 3. Bases teóricas da conservación do patrimonio cultural. 3.1. Da Ilustración á Revolución Francesa. Excavacións e estudo científico das antigüidades. A Revolución Francesa e as súas consecuencias. 3.2. O século XIX. Primeiras teorías da restauración. Restauracións neoclásicas en Roma. O neogótico, Viollet-lle-Duc e as restauracións en estilo. John Ruskin e a teoría antirrestauradora. Os valores rememorativos de Aloïs Riegl. A restauración científica de Camillo Boito.

    Segundo bloque. A paisaxe como patrimonio.
    Tema 4. A paisaxe como patrimonio.
    Tema 5. Paisaxe e patrimonio en España.
    Tema 6. Catalogación e inventariado da paisaxe en Galicia.
    Tema 7. Políticas da paisaxe. Estudo de casos.
    Tema 8. Paisaxe, turismo e patrimonio. Sobre o marketing paisajístico.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    BALLART, J., El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Ariel, Barcelona, 1997.
    BALLART, J., TRESSERRAS, J., Gestión del Patrimonio Cultural. Ariel, Barcelona, 2005.
    GONZÁLEZ-VARAS, I., Conservación de bienes culturales. Teoría, historia, principios y normas. Cátedra, Madrid, 1999.
    LOWENTHAL, D., El pasado es un país extraño. Akal, Madrid, 1998.
    Bibliografía complementaria:
    ALEGRE ÁVILA, J.M., Evolución y régimen jurídico del Patrimonio Histórico. Ministerio de Cultura, Madrid, 1994.
    BECK, J., Daley, M., La restauración de obras de arte. Negocio y cultura, controversia y escándalo. Eds. del Serbal, Barcelona, 1997.
    BERMÚDEZ, A. et. al., Intervención en el patrimonio cultural. Creación y gestión de proyectos, Síntesis, Madrid, 2004.
    CALLE VAQUERO, M. de la, La ciudad histórica como destino turístico, Ariel, Madrid, 2006.
    CAPITEL, A., Metamorfosis de monumentos y teorías de la restauración. Alianza ed., Madrid, 1988.
    CHOAY, F., Alegoría del patrimonio, GG, Barcelona, 2007.
    CUNO, J., Who owns antiquity ? Museums and the battle over our ancient heritage, Princeton University Press, 2008.
    FERNÁNDEZ ARENAS, J., Introducción a la conservación del patrimonio y técnicas artísticas. Ariel, Barcelona, 1996.
    FERNÁNDEZ ZAMORA, A., Turismo y Patrimonio Cultural, Universidad de Jaén, 2006.
    FOURCADE, M.B., Patrimoine et patrimonialisation entre le matériel et l'immatériel, Presses de l'Université Laval, Québec, 2007.
    HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F., El patrimonio cultural: la memoria recuperada. Trea, Gijón, 2002.
    JADÉ, M., Le patrimoine immatériel perspectives d'interprétation du concept de patrimoine, L’Harmattan, Paris, 2006.
    LAZZAROTTI, O., Tourisme et patrimoine, un moment du monde, Presses de l'Université d'Angers, 2007.
    LIPOVETSKY, G., “Cultura de la conservación y sociedad posmoderna”, La Cultura de la Conservación, Fundación Cultural Banesto, Madrid, 1992, pp. 77-93.
    MACARRÓN MIGUEL, A.M., Historia de la conservación y la restauración: desde la Antigüedad hasta finales del siglo XIX. Tecnos, Madrid, 1995.
    MACARRÓN MIGUEL, A.M., GONZÁLEZ MOZO, A., La conservación y la restauración en el siglo XX. Tecnos, Madrid, 1998
    MACDONALD, S. ed., A Companion to Museum Studies, Hoboken, New Jersey, 2010.
    MADERUELO, Paisaje y patrimonio, Madrid, Abada, 2011.
    MARTÍNEZ JUSTICIA, M.J., Antología de textos sobre restauración. Universidad de Jaén, 1996.
    MOHEN, J.P., Les Sciences du Patrimoine. Identifier, conserver, restaurer, Odile Jacob, Paris, 1999.
    MONTERROSO MONTERO, J.M., Protección y Conservación del Patrimonio. Principios Teóricos, Santiago de Compostela, 2001.
    MORALES, A.J., Patrimonio histórico-artístico, Madrid, 1996.
    MORALES, A.J., Historia del arte y Bienes Culturales. Cuadernos del Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico, VIII. Granada, 1998.
    ORDIERES DÍEZ, I., Historia de la Restauración Monumental en España (1835-1936). Madrid, 1995.
    POISSON, G., Combats pour le patrimoine, Pygmalion, Paris, 2009.
    RIEGL, A., El culto moderno a los monumentos (1903), Visor, Madrid, 1987.
    SORALUCE BLOND, J.R., Historia de la arquitectura restaurada, I y II, Universidade da Coruña, 2009-2010.
    WAXMAN, S., Saqueo. El arte de robar arte, Turner, Madrid, 2011.

    Competencias
    Competencias xenéricas:
    Capacidade para sintetizar información a partires de distintas fontes textuais, tanto escritos teóricos como artigos de prensa.
    Capacidade para traballar en grupo colaborando na achega de propostas para os casos de estudo e comentarios suscitados.
    Manexo dos contidos e recursos sobre conservación do patrimonio dispoñibles en Internet.

    Competencias específicas:
    Manexar correctamente a terminoloxía histórico-artística referida á conservación e restauración dos bens do patrimonio cultural.
    Capacidade para relacionar os criterios teóricos sobre restauración coas lexislacións e accións de tutela sobre o patrimonio cultural.
    Capacidade para valorar os retos e dificultades que esixe a conservación dos bens do patrimonio cultural e do patrimonio como paisaxe.

    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva ou teórica:
    Desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través, principalmente, da metodoloxía de clase magistral e de clase elaborada polo alumnado a partir de traballos previos (32 horas).

    Docencia interactiva ou práctica:
    Clases prácticas presenciais en grupos de interactivas, baseadas na análise e comentario de diferentes aspectos de conservación e restauración de todo tipo de bens do patrimonio cultural (16 horas).

    Traballo de curso individual ou colectivo.

    Titorías presenciais:Titorías personalizadas para solucionar dúbidas relacionadas coas explicacións teóricas ou cos casos analizados nas clases interactivas; tamén será o momento para abordar os posibles problemas relacionados coa realización do traballo persoal. Por esta razón as titorías presenciais concentraranse na semana específica contemplada no horario (3 horas).

    Docencia virtual:
    Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da asignatura dispostas na USC Virtual. Acceso ás imaxes explicadas nas clases expositivas inseridas na USC Virtual.

    Visita de campo: (no caso de que exista financiamento para tal fin).
    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación:
    Avaliación continua combinada con proba de exame final, para obter unha cualificación final baseada en varios indicadores complementarios:
    - Realización e entrega dos traballos para preparar as clases interactivas, participación e achega ao comentario dos casos analizados nas clases interactivas: 50% da nota final.
    -Controis parciais obligatorios das clases teóricas: 40% da nota final
    -Participación e aportación ao comentario de casos analizados nas aulas interactivas:
    10% da nota final


    Sistema de recuperación:
    Os alumnos que non realizasen os traballos das clases interactivas terán ata tres días antes da data do exame, tanto na oportunidade de febreiro coma na segunda oportunidade de xullo, para entregalos e recuperar esa porcentaxe da nota.
    Excepcionalmente, en caso de imposibilidad de realizar as prácticas, os estudantes terán que realizar traballos alternativos, a seleccionar no seu momento polo profesor en función da cantidade de traballo/horas a recuperar.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudo total: 100 horas.
    - Tempo dedicado a estudo da materia teórica: 30 horas.
    - Tempo dedicado á preparación de traballos e clases interactivas: 65 horas.
    - Outras actividades en relación coa docencia e visita de campo: 5 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Realización das diferentes prácticas interactivas semanais. Realización do traballo de curso individual. Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de titorías presenciais e a través de titoría virtual dentro da USC Virtual.