Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011329 - Museoloxía e Museografía (Coñecementos Sistemáticos e Integrados do Patrimonio Histórico Artístico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Monterroso Montero, Juan M.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Coñecer os principios e o desenvolvemento da teoría da Museografía e da Museoloxía conforme cos programas museográficos que se veñen desenvolvendo desde a Ilustración ata a actualidade.
    -Coñecer as novas tendencias da ciencia da Museoloxía -a Museoloxía crítica- que empeza a aplicarse nos museos desde os anos oitenta.
    -Coñecer as programacións temporais e do coleccionismo museístico que se están a levar a cabo desde esa década xunto ca arquitectura dos museos.
    -Coñecer as líneas do coleccionismo, o mundo das exposicións e as principais formas comerciais da arte, aplicando as tendencias do mercado e as análises sobre o prezo das obras de arte.
    -Coñecemento dos sistemas de mercado e adquisición da arte.
    -Coñecemento dos sistemas de catalogación, tasación e valoración das obras de arte.
    -Coñecemento da práctica laboral dos diferentes ámbitos vinculados cos museos, as exposición e o mercado da arte.

    Contidos
    EXPOSITIVAS

    Tema 1. Do Mouseion ao ICOFOM. Historia dos Museos.
    1.1. O discurso museolóxico.
    1.2. Epistemoloxía da disciplina.
    1.3. O código deontolóxico do Museo

    Tema 2. Tipoloxías de museos.
    2.1. Especialización e funcionalidade.
    2.2. Clasificación ICOM. Museos e contidos.
    2.3 Outras variedades tipolóxicas.

    Tema 3. Planificación de un museo.
    3.1. Criterios para la elaboración de un plan museológico
    3.2. O museo como organización.
    3.3. O museo como profesión.
    3.4. O museo como conservador.
    3.5. O sistema español de museos.

    Tema 4. El público y los museos.
    4.1. Retos actuales para un museo.
    4.2. Los museos y la comunicación.
    4.3. Los museos y la educación.

    Tema 5. El museo como contenedor.
    5.1. La arquitectura de los museos.
    5.2. El plan funcional

    Tema 6.- Proxectos expositivos. Análise de casos.
    6.1. Análsie de casos.

    INTERACTIVAS

    Sesión 1.
    Elaboración dun catálogo para unha exposición. O modelo CERES

    Sesión 2.
    Desenvolvemento dun discurso expositivo

    Sesión 3.
    O proxecto expositivo.

    Sesión 4.
    1. Saída de campo en visita a museos.
    2. Presentacións de profesionais do mundo dos museos e do mercado da arte.
    (Dada a necesidade de facer coincidir as visitas cós horarios dos museos será necesario que éstas se celebren fora do horario do curso)

    Sesión 5.
    Práctica de campo. Visita a Madrid, Museos do Prado e Reina Sofía. Condicionada a existencia de financiamento e de dispoñibilidade horaria por parte dos museos. No caso de non ser posible diseñarase outra saída práctica.

    Traballo de curso.
    Catalogación, exposición e montaxe dunha colección de arte. Farase no transcurso das sesión interactivas.
    Bibliografía básica e complementaria
    ALONSO FERNÁNDEZ, L. (1993). Introducción a la teoría y práctica del museo. Madrid. Istmo. Fundamentos Maior.
    ALONSO FERNÁNDEZ, L.. (1999). Introducción a la nueva museología. Madrid. Alianza.
    ALONSO FERNÁNDEZ, L.. (1999). Museología y museografía. Barcelona. Ediciones Serbal.
    ALONSO FERNÁNDEZ, L.., GARCÍA FERNÁNDEZ, I. (1999). Diseño de exposiciones. Concepto, instalación y montaje. Madrid. Alianza.
    BELCHER, M. (1994. Organización y diseño de exposiciones. Su relaicón con el museo. Gijón. Trea.
    DELOCHE, B. (2002). El museo virtual. Gijón. Trea.
    HERNÁNDEZ HERNÁDEZ, F. (1994). Manual de Museología. Madrid. Síntesis.




















    Competencias
    -Distinguir os diferentes tipos de museos.
    -Distinguir as principais liñas dos programas museográficos desde o século XVIII
    -Ampliar a información dada na clase coa subministrada pola bibliografía ou referencias de xornais e revistas especializadas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Respecto ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá do material docente complementario.

    Docencia interactiva: as sesións de docencia interactiva levarán a cabo no aula e en sesións fora da aula fixadas con antelación. Nesta sesión tamén se traballará sobre a análise de casos concretos para o que os estudantes disporán do material necesario.

    Tutorías personalizadas: as tutorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe do alumnado. Nas sesións de tutoría realizarase un seguimento do traballo do alumnado tanto nos casos prácticos como na resolución de problemas derivados do traballo fin de curso.


    DOCENCIA EXPOSITIVA: 32 horas.
    1ª e 2ª semanas: 4 horas semanais.
    3ª a 8ª semanas: 2 horas semanais.
    10ª a 14ª semanas: 2 horas semanais.

    DOCENCIA INTERACTIVA: 16 horas.
    3ª a 8ª semanas: 1 hora semanal.
    10ª a 14ª semanas: 1 hora semanal.
    15ª semana: 5 horas semanais correspondentes coa práctica de campo.

    TUTORÍA PERSONALIZADA:
    4ª e 5ª semanas: 2 hora.
    9ª semana: 1 hora.

    TRABALLO FIN DE CURSO:
    Traballo a desenvolver en grupo.
    Sistema de evaluación
    A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido. O rendemento do estudante na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio estudiante. O exame avalía o resultado obtido pero non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Este proceso, a través dos créditos ECTS, axústase a unha avaliación continua que debe contribuír de forma decisiva a estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación.
    A avaliación levará a cabo mediante dúas actuacións conxuntas e complementarias: avaliación continua e proba teórico-práctica final.

    A primeira desenvolverase coa valoración periódica de lecturas dirixidas, con exposicións públicas e participación activa tanto en aulas teóricas como seminarios, alcanzado un peso na valoración final do 60%.
    Este procentaje aplicarase do seguinte modo:
    1.- Asistencia e participación no aula: 10%
    2.- Realización de traballos para o aula, lecturas, ect.: entre o 20 e 30%
    3.- Traballo fin de curso: entre o 20 e o 30 %

    A proba final, que será teórica e práctica, terá un peso do 40% da valoración final. Nesta proba deberá acadarse unha cualificación superior a 1 sobre catro.

    No caso de que algún estudante non puidese cumprir na oportunidade de maio cos requisitos establecidos para a avaliación contínua, previa xustificación das razóns que o impiden, fixaráselle o procedimento singularizado a través do cal poder cubrir esa parte da cualificación final a través dos materiais, traballos e lecturas arbitrados polo profesor. Devanditos materiais deberán ser entregados coa debida antelación para a súa correspondente avaliación, cinco días antes da data fixada para a realización do último exame do cuadrimestre.

    Este mesmo procedemento aplicarase a aqueles estudantes que non puidesen cumprir na convocatoria de xullo cos requisitos establecidos para a avaliación contínua, sempre previa xustificación das razóns que o impiden. Neste caso devanditos materiais de entregarán no día e hora en que se fixou o exame de devandita convocatoria para a materia.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 horas.
    Docencia expostiva: 32 horas.
    Docencia interactiva: 16 horas.
    Tutorías personalizadas: 3 horas.

    TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL: 103 horas.
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas.
    Lecturas recomendada, actividades de biblioteca e similar: 28 horas.
    Preparación de presentacións orais, debates e similares: 8 horas.
    Outras tarefas propostas polo profesores: 7 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia.
    O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (análise de casos, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.


    Observacións
    O material docente porase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC.

    Programaranse outras actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: prácticas de campo, visitas a museos e exposicións temporais, asistencia a conferencias, ciclos de cine, e