G5011443 - Historia da Arte Islámica (Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia ten por obxecto o estudo das diferentes manifestacións artísticas da civilización islámica, dende a súa aparición no século VII ata as últimas grandes obras dos Imperios Otómanos e do Gran Mongol s. XVIII. Con especial atención á Arte Hispanomusulmán.
- Coñecemento dos grandes logros artísticos do mundo musulmán e a súa diferenciación con respecto ás pautas occidentalizantes características da historia da arte xeral
- Comprensión da pluralidade artística dende unha perspectiva na que se debe unir o fenómeno relixioso ao político, social, legal e cultural
- Recoñecemento dos principais hitos artísticos desta civilización
- Diferenciar os períodos cronolóxicos da arte islámica a partir da identificación das características principais da súa linguaxe artística
- Dominio da linguaxe específica da arte musulmá: estruturas, decoración, tipoloxías....
ContidosSESIÓNS TEÓRICAS E INTERACTIVAS
TEMA 1: INTRODUCCIÓN HISTÓRICA.
Arabia en tempos de Mahoma. Elaboración do Islam. Expansión do imperio. A definición de arte islámica.
TEMA 2: ALGUNHAS TIPOLOXIAS ARQUITECTÓNICAS:
A mezquita. A madraza. Os cemiteiros. Fortalezas e fortificación. Palacios. Caravansanes. A arquitectura doméstica. Os baños. As alhóndigas. Os maristanes. Os bazares.
TEMA 3: APROXIMACIÓN AO URBANISMO ISLÁMICO.
TEMA 4: ALGUNS ELEMENTOS DECORATIVOS E ORNAMENTAIS DO MUNDO SLÁMICO.
TEMA 5: AS PRIMEIRAS CONSTRUCIÓNS E A DINASTÍA DOS OMEYAS. ARQUITECTURA RELIXIOSA: Mezquitas de Del Haram en la Meca, Cúpula de la Roca de Jerusalén, Mezquita de Medina, Mezquita de Damasco, Mezquita de Al- Aqsa. ARQUITECTURA CIVIL: Palacios: Qusayr 'Amra
TEMA 6: A DINASTÍA ABBASÍ. URBANISMO (Bagdad, Samarra y Ujaidir) E ARQUITECTURA (Palacios de Al Matusim - Yusaq al-Jaqani- e de Balkuwara. A mezquita aljama de Samarra e o Qubbat al-Sulaybiyya)
TEMA 7: A ARQUITECTURA ISLÁMICA no NORTE DE AFRICA (Ifriquiya). Os aglabíes e os fatimíes.
TEMA 8: EXIPTO E O ISLAM. Os tuluníes, fatimíes e as dinastías turcas: ayubíes e mamelucos.
TEMA 9: A ESPAÑA MUSULMÁ “AL-ANDALUS”. O período Omeya e os reinos taifas.
TEMA 10: OS BERÉBERES DO NORTE DE AFRICA: Os Almorávides. Os Almohades. Os Meriníes. As súas relación coa Península Ibérica
TEMA 11: A ARQUITECTURA DOS NAZARÍES.
TEMA 12: ARTE MUSULMAN EN PERSIA. Samaníes. Gaznewíes y Selyuquíes
TEMA 13: OS MONGOIS EN ASIA. Os elkánidas. Os timuríes e a arquitectura do imperio do Tamerlán.
TEMA 14: ARQUITECTURA DO IMPERIO OTOMANO.
TEMA 15: A PENÍNSULA IBÉRICA E A ARTE MUDÉXAR. A definición da arte mudéxar. Principais elementos configuradores, a súa xeografía . A arqutectura relixiosa
TEMA 16: OS MOSAICOS E A PINTURA.
TEMA 17: A ARTE DOS OBXECTOS.
Bibliografía básica e complementaria- ALMAGRO GORBEA, A.: Palacios medievales hispanos. Madrid, 2008
- ARTE ANDALUSÍ (Monográfico de la revista Artigrama, 22) 2007
- BARRUCAND, M. y BEDNORZ, A. Arquitectura islámica en Andalucía. Colonia, 1992.
- BLAIR, S.S., BLOOM, J.M.: Arte y arquitectura del Islam 1250-1800. Madrid, 1999.
- BORRÁS GUALIS, G.M.: El Islam, de Córdoba al Mudéjar. Madrid. 1994.
- BORRÁS GUALIS, G.M. “Crisol de tres culturas. Lo islámico, lo judío y lo cristiano” en Historia del Arte Español. España crisol de tres culturas. Tomo III. Planeta y Lunwerg. Barcelona. 1995.
- BORRÁS GUALIS, G.M (dir): Mudéjar. El legado andalusí en la cultura española. Catálogo de exposición, Zaragoza, 2010
- BURCKHARDT, T.: El arte del Islam. Lenguaje y significado. Barcelona, 1988
- CRESWELL, K.A.C.: Compendio de arquitectura paleoislámica. Sevilla, 1979
- DELGADO, C. : Arte del Islam. Madrid, 1991.
- ETTINGHAUSEN, R y GRABAR, O.: Arte y Arquitectura del Islam (650-1250). Cátedra, Madrid, 1996.
- GRABAR, O. : La formación del arte islámico. Cátedra, Madrid, 1986.
- HATTSTEIN, M. y DELIUS, P. (eds.): El Islam. Arte y arquitectura, Colonia, 2000
- HOAG, J.: Arquitectura islámica . Madrid, 1975.
- JIMÉNEZ, A.: El Arte islámico. (Col. Hª del arte, 17) Historia 16, Madrid, 1989.
- LÓPEZ GUZMAN, R. (Coord): La Arquitectura del Islam Occidental. Madrid, 1995.
- LÓPEZ GUZMAN, R.: Arquitectura mudéjar. Del sincretismo medieval a las alternativas hispanoamericanas. Madrid, 2000.
- MANDEL, G.: Cómo reconocer el arte islámico. Barcelona, 1993.
- MARÇAIS, G.: El arte musulmán. Madrid, 1983
- MICHELL, G.: La arquitectura del mundo islámico. Madrid, 1988.
- MOAG, I. D.: Historia universal de la arquitectura. Arquitectura islámica. Madrid, 1976.
- MORALES MARTÍNEZ, A.: Historia del arte islámico. Madrid, 1995.
- MUSEOS SIN FRONTERAS (Monográficos sobre casi todos los aspectos del arte islámico) editorial Electa.
- PAPADOPOULO, A.: El Islam y el arte musulmán. Barcelona, 1977.
- PÉREZ HIGUERA, T.: Objetos e imágenes de Al-Andalus. Madrid, 1994.
- PUERTA VILCHEZ, J.M.: La aventura del cálam. Historia, formas y artistas de la caligrafía árabe, Granada, 2007
- SANTIAGO SIMÓN, E.: Las Claves del Mundo Islámico. Barcelona, 1991.
- RODRIGUEZ LLOPIS, M.: Historia del Islam Medieval, Murcia, 1996
- THORAVAL, Y.: Diccionario de la civilización musulmana, Barcelona, 1995
CompetenciasO alumnado será capaz de:
. Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia da arte islámica. Apreciar os seus valores estéticos e extraer da mesma informacións sobre a cultura que o xerou.
. Usar, ordenar e interpretar as fontes artísticas.
. Adquirir, coñecer e utilizar diversas técnicas historiográficas (catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas) para o coñecemento e valoración da obra de arte
. Coñecer e interpretar a historia da arte islámica como disciplina en construción e viva, a partir da análise e a casuística propia do seu debate historiográfico
. Entender as diferentes linguaxes formais e visuais, coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas ao longo da historia da arte e asimilar os fundamentos e coñecementos básicos da Historia da Arte islámica dentro do contexto da Historia da Arte en xeral.
. Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa, tomando conciencia da importancia de desenvolver a capacidade de iniciativa e a autocrítica
. Traballar en equipo de forma colaboradora e responsabilidade compartida a través dos recursos propios dunha metodoloxía científica propia da Historia da Arte
. Comunicar información e ideas de xeito claro e efectivo en público
Metodoloxía da ensinanza Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
- Clases interactivas na que as actividades serán prioritariamente práctica ou de contido moi específico relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Tutorización personalizada.
As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
1) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, pero nalgún caso solicitarase para as exposicións a colaboración dalgún alumno ou grupo de alumnos. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
2) Clases interactivas poden conter varios aspectos: Aquelas dedicadas ao reforzo de diversos aspectos da materia a través da lectura e análise de bibliografía ou de material didáctico diverso. Estas clases prácticas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente na aula, coma na preparación persoal fóra da aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común. Tamén para as clases prácticas se usarán os recursos tecnolóxicos que poidan ser útiles.
3) Clases prácticas dedicadas á realización de dous traballos individuais que ao final reverterán na totalidade do alumnado matriculado.
5) Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, da elaboración do traballo.
As actividades formativas non presenciais incluirán:
1) Principalmente o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e competencias obxectiva da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e busca de nova información, elaboración de conclusións, etc.
2) Preparación dalgunha exposición teórica ou dalgún exercicio práctico encomendados polo profesor ou lectura dalgún título bibliográfico recomendado.
3) Elaboración e redacción dun pequeno traballo de aplicación práctica dalgún aspecto tratado na materia.
Sistema de evaluaciónO Grao impón como sistema necesario e obrigatorio a Avaliación Continua.
A avaliación final constará de tres partes: proba escrita (exame), participación nas clases interactivas (debates, comentarios de imaxes e textos) e traballos persoais (coa súa posible presentación na aula). A proba escrita supoñerá o 40% da cualificación final. En canto á participación nas interactivas e traballos, supoñerán cada un deles o 30% da cualificación final (60% da cualificación final). En calquera caso, en cada un dos tres parámetros de avaliación será obrigatorio que o alumnado obteña unha nota mínima de 4/10 para que poida optar á suma avaliadora final. Xa que a avaliación é continua a asistencia ás aulas é obrigatoria, polo que unha ausencia reiterada a estas, superior ao 20%, supoñería a imposibilidade de que o alumno poida ser avaliado.
CONVOCATORIA OFICIAL ORDINARIA DE MAIO/XUÑO:
O alumnado realizará na data oficial marcada pola Facultade de Xeografía e Historia a proba escrita (exame de 2 comentarios de imaxes, cunha validez máxima de 4 puntos). A nota obtida nesta -sempre e cando supere o mínimo estipulado- será sumada ás notas obtidas durante a avaliación continua, suma da que se derivará a nota final de cada alumno/a.
SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO:
O alumnado que non superase ou realizado a proba escrita (exame) na Convocatoria Oficial Ordinaria de Maio da materia poderá realizar a proba escrita na segunda oportunidade de xullo (exame de 2 comentarios de imaxes, cunha validez máxima de 4 puntos). A nota obtida nesta -sempre e cando supere o mínimo estipulado- será sumada ás notas obtidas nas prácticas e traballos durante a avaliación continua, suma da que se derivará a nota final de cada alumno/a.
- O alumnado que non realizase ou superado os seminarios, prácticas e traballos correspondentes á avaliación continua durante o curso deberá entregalos ao profesor no lugar e hora de inicio da proba escrita (exame) fixada para a presente convocatoria (deberán entregar todos os seminarios, prácticas e traballos quen non os realizase; ou ben deberán entregar só aqueles seminarios, prácticas ou traballos específicos que falten ou estean suspensos quen non os realizase ou superado durante a avaliación continua durante o curso). Os devanditos seminarios, prácticas e traballos manterán a validez máxima de 6 puntos na súa totalidade.
*Como en grao non é aplicable o réxime de "dispensa a clase" en caso de non poder asistir deben optar por matricúlaa parcial. Aplicándose os criterios da avaliación do mes de xullo
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS DE TRABALLO DO ALUMNADO (51 h):
Clases expositivas : 32 h.
Clases prácticas interactivas e seminarios en aula: 16 h.
Titorías personalizadas: 3 h.
HORAS NON PRESENCIAIS DE TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (99 h):
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 h.
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca e similar: 25 h.
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 7 h.
Outras tarefas propostas polo profesor: 7 h.
Recomendacións para o estudo da materiaO alumnado está obrigado, a partir da terceira semana, a ter ao día a materia impartida polo profesor nas exposicións teóricas e aquelas partes que, de forma dodificada, sexan obxecto de discusión nas interactivas, pois, pola contra, se anula a operatividade destas. Sen esquecer que a correcta aprendizaxe visual require un esforzo continuado.
- Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos islámicos.
- Consulta de recursos específicos sobre arte islámica en rede como: Discover islamic art (Museo virtual de arte islámica que se vai actualizando e se edita en Internet en 8 idiomas) http://www.discoverislamicart.org/index.php