Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011444 - Historia da Arte Hispanoamericana (Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PEREZ RODRIGUEZ, FERNANDO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Que o alumno coñeza as características, funcións, técnicas e as liñas básicas da arte hispanoamericana nas súas diferentes manifestacións, ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII, así como as causas primordiais desas características, funcións e evolución, incardinando sempre a obra de arte no contexto social, político, ideolóxico, relixioso e individual no que se xerou.
    Contidos
    Descriptor
    Estudo e desenvolvemento da arte hispanoamericana durante os séculos XVI, XVII e XVIII, explicando as súas conexións co mundo europeo e as achegas particulares que se producen en América, tanto para dar solucións a novos problemas, como ter en conta a herdanza prehispánica.

    Temario
    1. O encontro entre dous Mundos. Marco físico e contextos histórico, relixioso e artístico.
    2. A cidade: teoría, norma e realidade. Principais exemplos de ordenación e transformación urbanística.
    3. A arquitectura militar: enclaves e evolución das defensas.
    4. Os grandes complexos catedralicios.
    5. Da evanxelización á devoción: as órdenes relixiosas e seu legado artístico.
    6. Arquitectura institucional. Arte e status social.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria.
    Obras xerais
    - BERNALES BALLESTEROS, J., Historia del arte hispanoamericano. Siglos XVI a XVIII, Madrid, Alhambra, 1987.
    - CASTEDO, L., Historia del Arte Iberoamericano, Madrid, Alianza, 1988.
    - GUTIÉRREZ, R., Arquitectura y Urbanismo en Iberoamérica, Madrid: Cátedra, 1983.
    - GUTIÉRREZ, R. (coord.), Pintura, escultura y artes útiles en Iberoamérica, 1500-1825, Madrid, Cátedra, 1995.
    - GUTIERREZ, R. y GUTIERREZ VIÑUALES, R., Historia del arte iberoamericano, Barcelona, Lunwerg Editores, 2000.
    - NIETO, V. y CAMARA, A., Arte colonial en Iberoamérica, Madrid, Historia 16,1989.
    - SEBASTIAN LOPEZ, S., MESA, J. y GISBERT, T., Arte iberoamericano desde la colonización a la independencia, “Summa Artis”, vols. XXVIII y XXIX, Madrid, Espasa Calpe, 1985.

    Obras específicas
    - BERCHEZ, J., Arquitectura mexicana de los siglos XVII y XVIII, México, Italia, Grupo Azabache, 1992.
    - GUTIERREZ, R., Barroco Iberoamericano de los Andes a las Pampas, Barcelona, Lunwerg Editores, 1997.
    - VV. AA., Los Siglos de Oro en los Virreinatos de América, 1550-1700, Madrid, 1999.
    - VV. AA., Barroco Iberoamericano: territorio, arte, espacio y sociedad, 2 vols, Giralda, 2005.

    Competencias
    Disciplinares
    - Conciencia crítica das coordenadas espazo-temporais e das interrelacións xeográficas e culturais da Historia da Arte Hispanoamericana.
    - Coñecemento das distintas metodoloxías de aproximación á Historia da Arte aplicada ao caso Hispanoamericano.
    - Coñecemento sistemático e integrado do feito artístico: distintas linguaxes (arquitectura e urbanismo, escultura, pintura, etc.), procedementos e técnicas da produción artística en Hispanoamérica.
    - Coñecementos de iconografía.

    Aplicadas
    - Coñecemento práctico dos procesos básicos da metodoloxía científica en Historia da Arte: estados da cuestión, análises integrais da obra de arte, reconsideración de problemas, procura de información e procesos críticos de sínteses.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial no aula.
    - Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia.
    - Titoría personalizada.

    Distribución das actividades
    Doc. Expo. -32
    Doc. Interac. -16
    Titorización pers. -3

    Sistema de evaluación
    A avaliación constará de tres partes: probas escritas, asistencia-participación na aula/seminarios e realización-exposición de traballos persoais ou en grupo. As probas escritas suporán un 40% da cualificación final. A asistencia-participación na aula/semi-narios (30%) e a realización-exposición de traballos (30%) suporán o 60% restante.
    Para aprobar a asignatura haberá que superar o 50% de cada unha das tres partes anteriores.
    Xa que a avaliación é continua e a asistencia ás clases é obligatoria, unha ausencia ao aula superior ao 20% supondrá a imposibilidade de ser avaliado na primeira oportunidade.
    Na segunda oportunidade de xullo realizaranse dous controles escritos -uno teórico e outro práctico- (80% da calificación final) e entregaranse varios traballos (20% restante)
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial - horas
    Clases teóricas - 32
    Clases prácticas - 11
    Seminarios prácticos - 5
    Titorías personalizadas - 5
    Total horas de traballo presencial do alumno - 50

    Traballo persoal do alumno - horas
    Estudio autónomo individual ou en grupo - 60
    Lecturas recomendadas - 25
    Preparación presentaciones orais, debates, etc. - 8
    Otras tarefas propostas polo profesor - 7
    Total horas de traballo persoal do alumno - 100

    Recomendacións para o estudo da materia
    - É recomendable ter cursado as materias de Historia da Arte do Renacemento e Historia da Arte do Barroco.
    - Facer uso das titorías para resolver calquera dubida relacionada coa materia.
    - Coñecementos de inglés e informática.
    - Dispor dunha conexión web de alta velocidade (pódese utilizar as salas de informática da USC) e acceso á plataforma educativa do Campus Virtual da USC.