G5011445 - Historia do Urbanismo (Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAbordar o coñecemento da cidade e o urbanismo ao longo da Historia desde a súa aparición na Antigüidade ata o presente.- Introducir ao alumno no coñecemento do fenómeno urbano e no tema da cidade entendida como "obra de arte" e acontecemento cultural de primeira orde.- Comprender as lóxicas que subyacen ao desenvolvemento urbano ao longo da historia.- Desenvolver unha visión crítica sobre a realidade urbana actual.-
Contidos-Tema 1.- Introdución ao urbanismo. Conceptos fundamentais e modos de estudalo.
-Tema 2.- Da Antigüidade ao século XVIII (.- A cidade no Mundo Antigo.- A cidade no Mundo Clásico.- A floración urbana da Baixa Idade Media.- O Renacimiento e a súa idea da cidade.- A cidade Barroca e o seu ideario urbanístico).
-Tema 3.- O século XVIII: Da cidade-capital á cidade balneario. Roma, Parides e Bath.
-Tema 4.- O século XIX: A revolución industrial e as súas consecuencias urbanas. Cidades Imperiales e difusión dos ensanches. Os modelos norteamericanos e o despegue da cidade "vertical".
-Tema 5.- Primeira metade do século XX: De Tony Garnier a Le Corbusier.
-Tema 6.- Segunda metade do século XX: Brasilia e cidades de nova creación.
-Tema 7.- O século XXI: New urbanism vs. Paisaxes hipocodificados.
Bibliografía básica e complementaria- Benevolo, L.: Diseño de la ciudad, 5 vols., México, 1978.- Chueca Goitia, F.: Breve historia del urbanismo, Madrid, 1978.- Morris, L.: Historia de la forma urbana, Barcelona, 1992.- García Vázquez, Carlos: Ciudad hojaldre. Visiones urbanas del siglo XXI, Barcelona, GG, 2004.- Gravagnuolo, B.: Historia del urbanismo en Europa, 1750-1960. Madrid, Akal, 1998. Morris, L.: Historia de la forma urbana, Barcelona, 1992.- Mumford, L.: La ciudad en la historia, 2 vols., Buenos Aires, 1976. - -Sennett, R. : Vida urbana e identidad personal, Barcelona, Península, 2001.- Sica, P.: Historia del urbanismo, Madrid, Instituto de Estudios de Administración Local, 1981-1982, 4 vols.- VV.AA.: Resumen histórico del urbanismo en España, Madrid, 1968.- VV.AA.: Historia del Urbanismo, 10 vols., Madrid, 1985.- VV.: Vivienda y urbanismo en España, Madrid, 1981.- VV.AA.: Historia del urbanismo en España, 2 vols., Madrid, 1999.
Competencias- Coñecemento do fenómeno urbano ao longo da historia, desde os seus inicios ata o momento presente.- Visión da cidade como fenómeno, ademais de histórico, tamén artístico e cultural.- Comprensión da cidade e da forma urbana como obra de arte que ten tamén un significado patrimonial.- Axudar a entender a función e significado das cidades en que nos movemos e do papel que desempeñaron na chamada "Civilización".
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva ou teórica:
Desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través, principalmente, da metodoloxía de clase magistral: 32 horas.
Docencia interactiva ou práctica:
Clases prácticas presenciales en grupos de interactivas, baseadas en traballos de curso e a análise e comentario de diferentes aspectos do urbanismo: 16 horas
Traballo de curso individual ou colectivo. Nas interactivas serán os propios alumnos quen se encarguen de expoñer e defender traballos de curso previamente elixidos e seleccionados polo profesor que eles terán que realizar como actividade académica dirixida.-
Tutorías presenciales:Tutorías personalizadas para solucionar dúbidas relacionadas coas explicacións teóricas ou cos casos analizados nas clases interactivas; tamén será o momento para abordar os posibles problemas relacionados coa realización do traballo persoal. Por esta razón as tutorías presenciales concentraranse na 9ª semana contemplada no horario (3 horas).
Docencia virtual
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da asignatura dispostas na USC Virtual. Acceso ás imaxes explicadas nas clases expositivas inseridas na USC Virtual.
Visita de campo
Visitas á Cidade de Santiago para entender os seus partes e desenvolvementos na historia como caso práctico (5 horas, decembro).
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación
Avaliación continua combinada con proba de exame final, para obter unha cualificación final baseada en varios indicadores complementarios:
-Exame obligatorio dos temas tratados nas clases teóricas: 40% da nota final (aínda que unha vez aprobado, na nota final represente un 40% do total, para aprobar a asignatura será obligatorio realizalo e aprobalo cun mínimo de 2 sobre 4. Con el valorarase a capacidade discursiva do alumno e a súa dedicación ao estudo dos contidos teóricos oficiais da materia).
- Realización e entrega dos traballos para preparar as clases interactivas. Comentarios de textos e traballos obligatorios de curso que os alumnos haberán de realizar para ser expostos no aula: 40% da nota final.
-Participación e achega ao comentario nas clases interactivas: 20% da nota final. Valorarase a asistencia continuada a clase.
Sistema de recuperación de interactivas:
Os alumnos que non realicen os traballos das clases interactivas terán ata tres días antes da data do exame, tanto na convocatoria de febreiro como na de xullo, para entregalos e recuperar esa porcentaxe da nota.
Excepcionalmente, en caso de imposibilidad de realizar as prácticas, os estudantes terán que realizar traballos alternativos, a seleccionar no seu momento polo profesor en función da cantidade de traballo/horas a recuperar.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo que debería destinar o alumno a horas de estudo e de traballo persoal debería ser aproximadamente de 100 horas:
- Tempo de estudo da materia teórica: 50 horas
- Tempo dedicado á preparación das clases interactivas: 30 horas
- Tempo dedicado á preparación do traballo de curso individual: 15 horas
- Outras actividades en relación coa docencia e visita de campo: 5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendaciones para o estudo da asignatura
- Asistir a clase.- Atender ás explicacións e orientacións do profesor.- Acudir á bibliografía recomendada.- Completar a teoría coa exposición dun traballo obligatorio de curso que deberá seguir puntualmente as directrices do profesor.- Atender preferentemente ao estudo de conceptos e contidos antes que á simple descrición formalista das obras e imaxes a analizar.- Concibir o estudo como un conxunto indisociable entre imaxe e contido, sempre na súa dimensión artística e cultural.- Acceso e consulta aos contidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de tutorías presenciales e mediante tutoría virtual dentro da USC Virtual.
Observacións-