Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5011446 - Historia das Artes Aplicadas e Industriais (Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos básicos son:
    - Asimilar os fundamentos e coñecementos básicos da historia das artes aplicadas e industriais.
    - Coñecer e comprender as características das artes aplicadas e industriais
    - Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais e coñecer as distintas técnicas artísticas que son unha parte inherente de artes aplicadas e do fenómeno industrial.
    Contidos
    Definición das artes aplicadas e industriais. Os contextos das artes aplicadas. Arte, gusto e moda. Historia das artes aplicadas e industriais, con especial atención a exemplos concretos.
    Palabras clave: arte, artesanía, artesán, espazos da arte, cerámica, artes decorativas, cerámica, deseño, gravado, xoiaría, libro, metal, moda, porcelana, vidro.

    Temas:
    1. As artes aplicadas e industriais: cara a unha definición
    2. Artes aplicadas e historia da arte: manifestacións e periodización
    3. Casos de estudo: Cerámica e porcelana.
    4. Casos de estudo: As artes do gravado e o libro como obxecto artístico.
    5. Casos de estudo: O deseño e a moda.
    Bibliografía básica e complementaria
    ALCOLEA GIL, S., Las artes decorativas. En Historia del Arte, Barcelona, Carroggio, 1986, Tomo VII.
    ALCOLEA, S., Artes decorativas en la España cristiana (siglos XI-XIX), Ars Hispaniae. Historia Universal del Arte Hispánico, Madrid, Editorial Plus-Ultra, 1958, Vol. XX.
    ÁLVARO ZAMORA, M. I. “Artes Decorativas”. En BORRÁS GUALIS, G. M., ESTEBAN LORENTE, J. F., ÁLVARO ZAMORA, I., Introducción General al Arte, (Colección Fundamentos, nº 64), Madrid, Istmo, 1994, pp. 279-497.
    BONET CORREA, A. (Coord), Historia de las artes aplicadas e industriales en España, (Col. Manuales Arte Cátedra), Madrid, Cátedra, 1994.
    BORRÁS GUALIS, G. M. “Las Artes Decorativas”. En BORRÁS GUALIS, G. M., Teoría del Arte I, (Conocer el Arte), Madrid, Historia 16, 1996, pp. 115-129.
    FLEMING, J. y HONOUR, H., Diccionario de las artes decorativas, Madrid, Alianza Editorial, 1987
    GOMBRICH, E., El sentido del orden: estudio sobre la psicología de las artes decorativas, Madrid, Debate, 1999
    GRUBER, A. (Dir.), Las artes decorativas en Europa. Tomo I Del Renacimiento al Barroco, Summa Artis. Historia General del Arte, Madrid, Espasa-Calpe,2000, Vol. XLVI.
    GRUBER, A. (Dir.), Las artes decorativas en Europa. Tomo II Del Neoclasicism al art decó, Summa Artis. Historia General del Arte, Madrid, Espasa-Calpe,2000, Vol. XLVI.
    MORANT, H. De., Historia de las artes decorativas, Madrid, Espasa-Calpe, 1980.
    VÉLEZ, P., “De las artes decorativas al diseño industrial”. En FREIXA, M., CARBONELL, E., FURIÓ, V., VÉLEZ, P., VILÁ, F., YARZA, J., Introducción a la Historia del Arte. Fundamentos teóricos y lenguajes artísticos, (Temas Universitarios), Barcelona, 1991, 235-272.

    Competencias
    O alumno será capaz de:
    - analizar e interpretar de forma crítica a problemática específica e valoración historiográfica das artes aplicadas.
    - realizar unha análise técnica e formal das obras de artes aplicadas dunha forma completa.
    - conseguir unha visión diacrónica da evolución das artes aplicadas en relación cos principais estilos e obras artísticas de cada período.
    - analizar e interpretar as obras de artes aplicadas no seu contexto histórico, cultural, social, económico, ideolóxico ou relixioso, determinando o seu valor, forma, función ou significado.
    - analizar, organizar e interpretar informacións procedentes de diferentes fontes bibliográficas, así como doutras fontes de información sobre estas materias artísticas.
    - Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos.
    - Dominar o vocabulario técnico da materia
    - Aplicar os coñecementos de modo rigoroso a través das novas tecnoloxías.
    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases expositivas nas se explicarán os contidos teóricos.
    - Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia. As clases prácticas incluirán una saida de campo a un museo y/o exposiciones.
    -Titorías personalizadas.
    - Distribución das actividades:

    DOCENCIA.HORAS
    Total 150 h.
    Presenciales: exposit: 32, interc.:16, tItor: 3
    Traballo personal: 99 h.
    Sistema de evaluación
    A avaliación será composta de tres partes: proba escrita (exame), a participación nas aulas prácticas, seminarios e traballos persoais, que incluen una presentación en clase). A proba escrita representa o 40% da nota final. As clases prácticas, seminarios e de traballo representan o 40% da nota final. A asistencia as clases teóricas e prácticas e obrigatoria e representa o 20% da nota final.
    Xa que a evaluación é continua, a asistencia ás clases é obligatoria, polo que unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que o alumno poda ser evaluado na primeira oportunidade.

    Opción de xullo:

    1.- Nesta segunda oportunidade conservaráselles a cualificación e só terán que examinarse da materia impartida nas clases expositivas, unicamente aos alumnos que realicen e que aproben as actividades correspondentes á docencia interactiva

    2.- Aqueles alumnos que non realizasen as actividades correspondentes á docencia interactiva ou non as aprobaron terán que realizar un exame no que terá cabida tanto a materia exposta nas clases expositivas como nas clases interactivas. Esta última materia estará dispoñible no Aula Virtual da materia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Entre 45 e 60 minutos por hora de teoría na aula.
    - Tres horas de preparación da clase para a práctica.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É altamente recomendable ter a capacidade de ler noutras linguas modernas -aparte da lingua castella e a lingua galega- e de xeito especial en lingua inglesa.