G5011449 - Historia do Cinema Español (Historia do Cinema e Outras Artes Audiovisuais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaTentaránse dar visións xerais da diacronía do cinema español, dentro da sociedade que lle da vida.
Analisaránse, parcial ou totalmente, textos fílmicos comúnmente aceptados como senlleiros.
ContidosA sociedade española que acolleu a chegada das imaxes en movimento.
Os anos nos que o cine non falaba.
A complexa década de 1930. A entrada do sonoro. O cambio de réxime. A guerra civil.
O cine español na longa posguerra (anos 40).
Anos 50. Folclore, nenos, coproducións e "Conversaciones de Salamanca".
Anos 60. O réxime franquista publica "normas de censura cinematográfica. O xornalístico "nuevo cine español".
Anos 70. O cine no tardofranquismo. A televisión versus cine.
O cine baixo os gobernos socialistas.
O cinema español (e autonómico) no contexto europeo e mundial.
Bibliografía básica e complementariaAa. Vv., La nueva memoria: historia(s) del cine español (1939-2000), Vía Láctea, A Coruña, 2005.
Aa. VV., Historia del cine español, Cátedra, Madrid, 2009, 6ª ed.
J.A. Cabero, Historia de la cinematografía española. Once jornadas, 1896-1948, Gráf. Cinema, Madrid, [1949]
J.Mª Caparrós Lera, Historia del cine español, T&B, Madrid, 2007.
R. Gubern, La censura. Función política y ordenamiento jurídico bajo el franquismo (1936-1975), Pnínsula, Barcelona, 1981.
F. Méndez-Leite, Historia del cine español, Rialp, Madrid, 1965, 2 vs.
J.C. Seguin, Historia del cine español, Acento, Madrid, 1995.
A bibliografía complementaria comunicaráse ao alumno na aula, ao longo do cuadrimestre.
CompetenciasDentro das constricións temporais do desenvolvemento desta asignatura, os alumnos poderán ter unhas ideas básicas sobre a evolución da nosa cinematografía.
Metodoloxía da ensinanza Non haberá unha diferenciación taxativa entre horas teóricas e prácticas, dada a configuración da asignatura, e como está apuntado no apartado de "obxectivos".
Sistema de evaluaciónAsistencia ás aulas (10% da cualificación), participacións no desenvolvemento das mesmas e nas actividades propias do grao (20% da cualificación)
Exame teórico-práctico sobre a materia do programa (40%)
Traballo obrigatorio individual. O alumno deberá escoller un filme español das décadas de 1970 ou da de 1980, para a análise dos seus diferentes compoñentes (30%)
Os alumnos que non acaden o aprobado no exame, terán a posibilidade de facer un novo exercicio na seguinte convocatoria. Manteránse, para esta segunda, as cualificacións obtidas nos outros dous apartados. Con relación a estos, agás a asistencia, a recuperación do 20/30% restante no caso de non aprobar, será por medio dun traballo que se sinalará no seu momento.
Tempo de estudo e traballo persoalUnha media de 3 horas semanais chega para o estudo da materia, a elaboración do traballo, e para a realización doutras actividades.
Recomendacións para o estudo da materiaSendo a asistencia obrigatoria, nas aulas poderánse ir coñecendo as maneiras de facer as análises dos filmes, cara a proba do exercicio práctico.