G5011450 - A Cultura Audiovisual Contemporánea (Historia do Cinema e Outras Artes Audiovisuais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Achegar ao alumnado ás diversas manifestacións da complexa produción audiovisual contemporánea que caracteriza á nosa hipermodernidade (videocreación, instalación e performance, fotografía, cine, teleficción, imaxe informativa, videoclip, videoxogos...), seleccionando toda unha serie de obras e creadores que poidan exemplificar as distintas vetas desa produción.
- Reparar, asemade, nos procesos de mutación e hibridación que están a ter lugar en e entre esas manifestacións ao longo das últimas décadas e nos seus porqués.
- Ir alén do estritamente artístico: pensar as súas temáticas e analizar a que responden, así como de que maneiras se están a artellar e cales son as súas (novas) formas de difusión.
- En último termo, intentar construír unha materia que poida resultar operativa ao alumno de cara a comprender a poilimórfica natureza da nosa actual cultura audiovisual (que constitúe o groso da produción artística e mediática), analizar os seus máis salientables contidos e coñecer os seus moi diversos mecanismos de difusión e comercialización.
Contidos1. Introdución. As novas políticas da visión e o(s) novo(s) lugar(es) da arte. A transversalidade como modelo de análise. Cartografía do noso itinerario: as imaxes que nos van concernir.
2. Novas formas de facer e de ver na arte contemporánea. Orixes do planteamento performativo. Irrupción e evolución da videoarte: a conversión do audiovisual en soporte artístico e o desenvolvemento do concepto de intermedialidade. O remate da videoarte e o comezo da videocreación; os referentes feminino e cinematográfico. Novos camiños na fotografía.
3. O proceso de ‘musealización’ do cine. O Expanded Cinema.
4. Novas canles de difusión, novas formas de produción e recepción: a Rede como novo lugar da arte.
5. Os novos parámetros do representable e os seus efectos. Espectáculo, ficción e simulacro. A ausencia do punto de vista: a imaxe abxecta. Abu-Ghraib e Guantánamo como novos ‘xéneros’ artísticos. Entre a provocación e a transgresión: a Nova Carne.
6. Mutacións do cinema contemporáneo. Cine performativo. Cine transnacional.
7. A intemperie hipermoderna. Fraxilización e desestabilización. O apocalipse como vivenza íntima. Articulacións audiovisuais destas temáticas.
8. A (unha certa) ficción televisiva contemporánea: propostas estéticas, (i)lóxicas narrativas e vetas temáticas.
9. A pantalla lúdica: videoclip e videoxogos.
Bibliografía básica e complementariaBásica.
BAIGORRI BALLARÍN, Laura: El vídeo y las vanguardias históricas, Edicions de la Universitat de Barcelona, 1997. BAUMAN, Zygmunt: Modernidad líquida, Fondo de Cultura Económica, 1999. BAUMAN, Zygmunt: Vida líquida, Barcelona, Paidós, 2006. BOZAL, Valeriano (ed.): Imágenes de la violencia en el arte contemporáneo, A. Machado Libros, 2005. CATALÁ DOMÈNECH, Josep M.: La imagen interfaz. Representación audiovisual y conocimiento en la era de la complejidad, Universidad del País Vasco, 2010. DEBORD, Guy: La sociedad del espectáculo, Pre-Textos, 1999. DOMÍNGUEZ, Vicente (ed.): Tabú. La sombra de lo prohibido, innombrable y contaminante, Ocho y medio/Festival Internacional de Cine de Gijón/EdiUno. Ediciones de la Universidad de Oviedo, 2005. GUBERN, Román: La imagen pornográfica y otras perversiones ópticas, Akal, 1989 [Ed. revisada e ampliada: Anagrama, 2005]. GUBERN, Román: Patologías de la imagen, Anagrama, 2004. LIPOVETSKY, Gilles / CHARLES, Sébastien: Los tiempos hipermodernos, Anagrama, 2006. LIPOVETSKY, Gilles / SERROY, Jean: La pantalla global. Cultura mediática y cine en la era hipermoderna, Anagrama, 2009. MARTIN, Sylvia: Videoarte, Taschen, 2006. MARZANO, Michela: La muerte como espectáculo. La difusión de la violencia en Internet y sus implicaciones, Tusquets, 2010. NOGUEIRA, Xosé: “O enfrontamento cos límites da representación (imaxes entre a transgresión e a provocación)”, en Quintana, nº 6 (2007). NOGUEIRA, Xosé: “Propuestas estéticas, (i)lógicas narrativas y vetas temáticas en el seno de una cierta ficción televisiva contemporánea”, en Quintana, nº 11 (2012). REDONDO NEIRA, Fernando: “La perversión de los códigos de representación icónica en las fotografías de torturas”, en Rafael López Lita / Javier Marzal Felici / Francisco Javier Gómez Tarín (eds.), El análisis de la imagen fotográfica, Publicacions de la Universitat Jaume I, 2005. ROSENBAUM, Jonathan / MARTIN, Adrian (coords.): Mutaciones del cine contemporáneo, Errata Naturae, 2011. SHOHAT, Ella / STAM, Robert, Multiculturalismo, cine y medios de comunicación, Paidós, 2002.
Complementaria.
ARIÈS, Philippe: Historia de la muerte en Occidente: desde la Edad Media hasta nuestros días, El Acantilado, 2000. BOURKE, Joanna: Sed de sangre. Historia íntima del combate cuerpo a cuerpo en las guerras del siglo XX, Crítica, 2008. BUTLER, Judith: Cuerpos que importan, Sobre los límites materiales y discursivos del “sexo”, Paidós, 2002. CASTRO FLÓREZ, Fernando: La obra de arte en la era de la perogrullada incesante (“A reprendre depuis le debut”), en http://consellodacultura.org/mediateca/?p=308 COMOLLI, Jean Louis: “El anti-espectador, sobre cuatro filmes mutantes” en Yoel, Gerardo (comp.), Pensar el cine 2. Cuerpo(s), temporalidad y nuevas tecnologías, Manatial, 2004. ECO, Umberto: Historia de la fealdad, Lumen, 2007. GUARDIOLA, Juan (ed.): Andy Warhol: cine, vídeo y TV, Fundació Antoni Tàpies/Fundación Pablo Ruiz Picasso, 2000. HUERTA, Miguel Ángel: Celuloide en llamas. El cine estadounidense tras el 11-S, Notorius, 2006. NICHOLS, Bill: La representación de la realidad. Cuestiones y conceptos sobre el documental, Paidós, 1997. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Miguel Anxo: “Real, demasiado real (Fotografía do lado escuro da vida)”, en A Trabe de Ouro, nº 65, t. I, ano XVII (xaneiro-marzo 2006). RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, M. A.: “De mujeres y máscaras. Lo grotesco y la cuestión del género en el arte actual”, en Semata. Ciencias Sociais e Humanidades, nº 20 (2008). SONTAG, Susan: Ante el dolor de los demás, Alfaguara, 2003. THOMPSON, Don: El tiburón de doce millones de dólares, Ariel, 2009.
Competencias- Acceder ao coñecemento das distintas manifestacións das artes audiovisuais contemporáneas e dos seus procesos de mutación e hibridación.
- Coñecer e distinguir os diferentes modelos de representación audiovisual, as súas intencións e funcións.
- Comprender a produción audiovisual contemporánea na súa globalidade, en relación co noso actual contexto cultural e socio-económico.
- Dominar os mecanismos de análise para saber interpretar, interrelacionar e descodificar os distintos tipos de imaxes.
Metodoloxía da ensinanza Pártese da aplicación da nova estrutura de Grao. Mais cómpre advertir que, dada a peculiar natureza desta materia (o mesmo que ocorre con outras do Seminario de Historia do Cine e Outras Artes Audiovisuais), a diferenzación entre horas teóricas e prácticas dilúese en boa medida. Por outras palabras, a dinámica da ensinanza é de carácter teórico-práctico: á exposición de cada un dos puntos do programa e das súas correspondentes manifestacións ou posibilidades, segue o visionado e análise na aula dun ou varios exemplos. As sesións expositivas do programa combinaranse con aqueloutras (interactivas, titoriais) nas que o protagonismo corresponde aos alumnos, quen intentarán poñer en práctica os coñecementos adquiridos de cara á avaliación contínua e mais á posterior realización do exercizo escrito.
Sistema de evaluaciónDeseñouse a partir de tres apartados complementarios:
a) O seguemento da asistencia, participación e actividades desenvolvidas polo alumno nos distintos tipos de sesións contemplados no Grao (20% da cualificación).
b) A realización dun exercizo escrito ao remate do curso que terá un carácter teórico-práctico: desenvolvemento dun tema e comentario dunha obra vinculada aos contidos do programa (40% da cualificación).
c) A elaboración dun traballo, de carácter obrigatorio. O alumno deberá escoller unha obra, autor ou tema priorizando algún dos puntos de vista ou itinerarios propostos na materia para proceder a súa análise ou desenvolvemento. O obxectivo desta actividade é o de complementar os aspectos teóricos e prácticos do programa desenvolvidos na aula, debendo reflexionar sobre o aprendido, profundar nos conceptos e ser quen de aplicalos aos textos audiovisuais (40% da cualificación).
Sistema de recuperación da avaliación:
- Aqueles alumnos que non asistisen ás clases, desenvolvesen prácticas nin realizasen o traballo, deberán presentar o traballo alomenos UNHA SEMANA ANTES da oportunidade correspondente para poder aspirar a un 80% da cualificación total. De non facelo así, non poderán acadar a cualificación de Aprobado.
- Canto aos alumnos que teñan desenvolvido ao longo do curso as actividades arriba referidas e que, aínda así, non cheguen ao Aprobado, realizarán un novo exercizo escrito na seguinte oportunidade, manténdoselles as cualificacións das devanditas actividades.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das horas presenciais contempladas no plano de estudos (45 h.), 3 horas semanais para o estudo da materia impartida, a realización de actividades e mais a elaboración do traballo en grupo.
Recomendacións para o estudo da materiaDadas as características xa expostas respecto da materia e do exame, cómpre a asistencia regular ás clases, tendo en conta, ademais, que unha parte dos materiais que se exhibirán nas sesións son de difícil acceso. Unha asistencia que, asemade, devén un complemento imprescindible para a realización das actividades de avaliación contínua e mais a elaboración dos traballos. Neste sentido, as sesións de análise resultarán de moita utilidade –por non dicir imprescindibles- no decurso do desenvolvemento da materia de cara a enfrontar a realización da proba escrita.