G5021101 - Historia da Arte e a Cultura Antigas (Coñecementos Transdisciplinares) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Proporcionar ao alumnado coñecementos racionais e críticos da cultura e a produción artística do Mundo Antigo.
2. Coñecer as linguaxes formais e visuais das Civilizacións Antigas, así como as distintas técnicas artísticas empregadas, coa fin de que poida comprender mellor como condicionan e actúan no resultado final da obra de arte.
3. Coñecer especificamente as fontes, as tendencias, os artistas e as obras máis importantes e representativas do Mundo Antigo.
4. Coñecer e manexar de forma rigorosa e axustada a linguaxe específica e a terminoloxía adecuada de cada unha das manifestacións da Arte Antiga.
5. Coñecer os distintos enfoques e as diferentes metodoloxías que permiten a comprensión dunha obra de arte do Mundo Antigo.
6. Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia e Europa mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado patrimonial antigo que posúe.
ContidosI. EXIPTO. Contextualización e periodización dunha cultura “autóctona”. Conexións entre arte, relixión e réxime político. A tumba e o templo como paradigmas arquitectónicos. A expresión plástica: estatuaria rexia, relixiosa e civil, o relevo e a pintura.
II. CULTURAS MESOPOTÁMICAS. Marco xeográfico, relixioso e histórico. Trazos principais e desenvolvemento das manifestacións artísticas dos sumerios, acadios, babilonios, asirios e persas.
III. GRECIA. Dos palacios minoicos ás cidadelas e tumbas micénicas. Concepto do clásico, pensamento antropocéntrico e periodización. A arquitectura grega: características xerais, as ordes e desenvolvemento das principais tipoloxías arquitectónicas. Xénese e desenvolvemento da escultura grega. A cerámica como vehículo da expresión pictórica.
IV. ROMA. Fontes, carácter e periodización. Materiais, sistemas de construción e concepción espacial. Tipoloxías arquitectónicas. A escultura a través do retrato e o relevo histórico. Os sistemas de decoración mural e o mosaico.
Bibliografía básica e complementariaLecturas recomendadas da Biblioteca da Facultade como introdución xeral aos temas:
Blanco Freijeiro, A., Egipto I y II, Historia 16, Madrid, 1988.
Elvira, M.A., Arte clásico, Historia 16, Madrid, 1996.
Elvira, M.A. y Blanco Freijeiro, A., Etruria. Roma republicana. Historia 16, Madrid, 1990.
Janson, H.W., Historia general del arte, vol. I: El mundo antiguo, Alianza, Madrid, 1990.
Lara Peinado, F., El arte de Mesopotamia, Historia 16, Madrid, 1989.
Martín González, J.J. (dir.), Historia del Arte, Madrid, 1990.
Ramírez, J.A. (dir.), Historia del arte, vol. I: El mundo antiguo. Alianza. Madrid, 1996.
Bianchi Bandinelli, R. y Torelli, M., El arte de la Antigüedad Clásica: Etruria-Roma, Madrid, 2000.
Blanco Freijeiro, A., Arte Griego, Madrid, 1971.
Frankfort, H., Arte y arquitectura del Oriente Antiguo, Madrid, 1986.
García Bellido, A., Arte romano, Madrid, 1972.
Grimal P., Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona, 1982.
López, J., Mitología y religión del oriente antiguo, v. I: Egipto y Mesopotamia, Ed. Aussa, 1993.
Manniche, L., El arte egipcio, Madrid, 1997.
Muller, W. y Vogel, G., Atlas de arquitectura, Madrid, 1984 (vol.I)
Pollit, J. J., Arte y experiencia en la Grecia Clásica, Madrid,1984.
Pollit, J.J., El arte helenístico, Madrid 1989.
Richter, G.M.A., El arte griego, Madrid, 1984.
Robertson, D.S., Arquitectura griega y romana, Madrid, 1981.
Wheeler, M., El arte y la arquitectura de Roma, Barcelona, 1995.
Competencias1. Desenvolver o espírito analítico e crítico do alumno e a súa sensibilidade para ver e ler unha obra de arte da Antigüidade.
2. Usar, ordenar e interpretar as fontes da historia da arte das Culturas da Antigüidade.
3. Analizar os valores estéticos do Mundo Antigo. A obra de arte, ademais de posuír o seu propio valor intrínseco, é un excelente medio para entender e saber apreciar a cultura occidental antiga.
4. Explicitar as características, funcións e liñas básicas da arte nas súas diferentes manifestacións ao longo do discorrer histórico, así como as causas destas características, incardinando a obra de arte nos contextos apropiados nos que se xestou e conectándoa con outras formas de expresión cultural.
5. Desenvolver metodoloxías. Introducirse na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión dalgún tema específico da Cultura Antiga ou na análise e interpretación das fontes documentais e literarias propias do momento para comprender globalmente a obra artística.
6. Adquirir, coñecer e utilizar outras técnicas historiográficas para o coñecemento e valoración da obra de arte antiga.
7. Aprender de maneira autónoma novos coñecementos sobre a arte Antiga.
8. Entender as diferentes linguaxes formais e visuais, coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas nas Civilizacións Antigas e asimilar os fundamentos e coñecementos básicos da Historia da Arte Universal.
Metodoloxía da ensinanza A actividade docente articúlase en tres frontes:
1- Clases expositivas presenciais nas que o profesor explicará os contidos teóricos do programa.
2- Clases interactivas nos que o alumnado realizará prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia (comentarios de fotografías e planos de arquitectura e urbanismo, vistas aéreas, recreacións virtuais, comentarios de textos, crítica de exposicións, etc.).
De haber lugar e financiamento realizarase unha PRACTICA DE CAMPO a determinar relacionada co temario da materia.
3- Titoría personalizada.
Sistema de evaluaciónA avaliación constará de tres partes seguindo os criterios da Memoria do Grao de Historia (páx.32):
1-Proba escrita (exame): 40 % da cualificación final.
Agás imprevistos, o exame final realizarase na data e na aula indicados polo Decanato.
2-Realización dun traballo sobre unha ou máis obras relevantes do mundo antigo: 40 % da cualificación final.
A súa temática deberá ser acordada co profesor, quen dirixirá os seus contidos, metodoloxía e bibliografía nas horas das titorías.
O traballo exporase no calendario das clases interactivas en grupos organizados polo profesor.
Tras a exposición entregarase ao profesor:
- Un CD co powerpoint utilizado na presentación, figurando na portada os nomes dos alumnos autores da exposición.
- Cada alumno do grupo por separado entregará ao profesor o esquema escrito da súa presentación -só da súa parte- e a bibliografia comentada que empregou (máximo cinco folios).
3-Asistencia a clase e participación nas clases expositivas, interactivas e prácticas de campo: 20% da cualificación final.
Posto que a avaliación é continua, a asistencia ás clases expositivas, interactivas e prácticas de campo é OBRIGATORIA, polo que unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, suporá que o alumno non poida ser avaliado.
Igualmente é OBRIGATORIA a realización do exame final e a realización do traballo indicado polo profesor para que o alumno poida ser avaliado.
Para aprobar a materia é obrigatorio APROBAR o exame final (as notas dos traballos das clases interactivas e da asistencia-participación sumaranse á nota do exame, sempre que haxa unha cualificación positiva do mesmo).
O sistema de avaliación da materia será o mesmo nas dúas convocatorias de XANEIRO E XULLO, manténdose en ambas as cualificacións obtidas nos traballos das clases interactivas e da asistencia-participación durante o curso nas porcentaxes indicadas.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
1. Na proba escrita valoraranse os coñecementos da materia por parte do alumno. Tamén se terá en conta a súa capacidade analítica e de síntese, a expresión adecuada e o emprego rigoroso da terminoloxía propia da disciplina, así como a presentación, valorando a corrección ortográfica e sintáctica, consonte ás normas da Real Academia Galega e da Real Academia Española.
2. Nos traballos do alumno valorarase que sexan orixinais, a súa capacidade de selección, crítica e síntese da información obtida, a capacidade de exposición oral/escrita e a corrección da expresión, así como a estruturación e o manexo, riqueza e variedade das fontes e materiais de apoio.
Estrutura da presentación do traballo na clase recomendada:
-Introdución (máximo 5 minutos e dúas diapositivas de powerpoint).
-Desenvolvemento do tema
-Reflexión final persoal.
-Bibliografía comentada utilizada na realización do traballo.
O grupo non debe extralimitarse do tempo dado para a exposición (45 minutos). Así pois, na exposición valorarase a súa habilidade para analizar o tema obxecto de estudo dentro do límite de tempo concedido, así como o material -textos, imaxes, información adicional, etc.- repartido entre o auditorio e a súa capacidade para xerar preguntas e debate.
3. A asistencia e participación nas clases polo alumno caracterizarase polo rigor na expresión, a capacidade de análise e síntese, e a súa participación activa e intelixente.
Tempo de estudo e traballo persoalO que corresponda.
Recomendacións para o estudo da materiaEstudo do temario e participación das clases expositivas e interactivas.
Realización e exposición do traballo requirido co debido respaldo documental e bibliográfico.
Uso das titorías para resolver problemas e dúbidas relativas aos contidos da materia.
ObservaciónsO programa e temario desta materia cumprirase integramente salvo imprevistos.