G5021102 - Xeografía Humana (Coñecementos Transdisciplinares) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Xeografía Humana
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEstudo xeral e global dos principais elementos da Xeografía da Sociedade Humana, das súas relacións internas e dos seus elementos significativos.
ContidosLección 1.- A Xeografía Humana. Obxecto. Evolución
Lección 2.- Xeografía da Poboación. A poboación mundial: evolución
Lección 3.- Xeografía da Poboación. A distribución da poboación mundial
Lección 4.- Xeografía da Poboación. O movemento natural
Lección 5.- Xeografía da Poboación. A mobilidade espacial
Lección 6.- Xeografía da Poboación. A estrutura demográfica
Lección 7.- Xeografía rural. O espazo agrario
Lección 8.- Xeografía rural. A estrutura agraria
Lección 9.- Xeografía rural. A economía agraria
Lección 10.- Xeografía Urbana. O feito urbano e a súa evolución
Lección 11.- Xeografía Urbana. A cidade no espazo
Lección 12.- Xeografía Urbana. Actividades e vida urbana. A cidade na rexión
Bibliografía básica e complementariaZÁRATE MARTÍN, M.A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2005): Geografía Humana. Sociedad, economía y territorio. Madrid, Ed. Universitaria Ramón Areces.
AGUILERA ARILLA, Mª J. et al (2000): Geografía General, T. II: Geografía Humana. Madrid, UNED.
BIELZA, V. (ed.): Geografía General, Tomo II. Madrid, Ed. Taurus.
CARRERAS VERDAGUER, C. (1998): Geografía Humana. Barcelona, Universitat.
CHARVET, J.P. (dir) (2002): Géographie Humaine. Paris, Armand Colin.
FELLMANN, J. et al. (1990): Human Geography. Dubuque, C. Brown.
MERLIN, P. (1997): Géographie Humaine. Paris, P.U.F.
PUYOL, R. et al.: Geografía Humana. Madrid, Ed. Cátedra.
ROMERO, J. (coor.) (2007): Geografía Humana. Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona, Ariel.
SEGRELLES SERRANO, J.A. (dir) (2002): Geografía humana. Fundamentos, métodos y conceptos. Alicante, Ed. Club Universitario.
WACKERMANN, G. (2000): Géographie Humaine. Paris, Ellipses.
ZÁRATE MARTÍN, M.A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2006): Glosario y prácticas de Geografía Humana. Madrid, Ed. Universitaria Ramón Areces.
CompetenciasO obxectivo principal é que o alumno, que cursa o Grao de Historia, obteña o coñecemento dos conceptos básicos dunha materia interesante para os historiadores. Especialmente, incidirase no valor da dimensión espacial dos feitos. Para iso farase un estudio xeral e global dos principais elementos da Xeografía humana, das relacións entre estes e o seu territorio, así como dos seus elementos significativos coa finalidade de que os alumnos aprendan a buscar, elaborar e interpretar informacións de interese xeográfico.
Metodoloxía da ensinanza O temario desenvolverase do xeito máis equilibrado posible en función da extensión de cada lección, combinando a docencia presencial (clases expositivas, interactivas e titorías) coa non presencial, orientada mediante bibliografía, todo iso complementado cunha parte práctica (gráficos, mápas, textos, elaboración de índices e taxas, manexo de estatísticas, etc.).
Sistema de evaluaciónA avaliación dependerá do rendemento mostrado polo alumno ao longo do curso en todas as actividades levadas a cabo máis a nota alcanzada no exame final (40%). Neste exame final será obrigatorio que o alumnado obteña unha nota mínima de 4/10 para que poida optar á suma avaliadora final. A ponderación será a mesma na proba ordinaria que na extraordinaria
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 6 créditos ECTS, repartidos equilibradamente entre clases expositivas, interactivas e titorías, con desenvolvemento de prácticas. O alumno deberá dedicar a cada unha destas actividades a parte alícuota do total de créditos do curso.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia regular a clases con participación nestas. Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías.