Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021105 - Xeografía do Mundo Actual (Coñecementos Transdisciplinares) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía
  • Áreas: Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON.NON
FERNANDEZ JUSTO, MARIA ISABEL.NON
Perez Fariña, M Luisa.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A Xeografía do mundo actual ten como obxectivo a explicación e a comprensión do mundo na actualidade, facendo especial fincapé nos procesos territoriais asociados á globalización. As transformacións no tempo da organización do espazo xeográfico obrigan a concibilo como un sistema no que a relación entre o medio físico e humano é producto da existencia de densas redes de fluxos, uns tanxibles e outros intanxibles, que están a xerar de continuo novas territorialidades e novos marcos de relación entre os lugares e as persoas. Neste contexto de cambios e necesario proporcionar unha visión global dos procesos económicos e socias que explican a organización espacial e establecer os principais factores de articulación e diferenciación rexional.

    Contidos
    Lecc.1. A creación da imaxe do mundo. O proceso de globalización.
    Lecc. 2. Civilizacións, culturas e divisións xeopolíticas: as grandes rexións do planeta.
    Lecc. 3. As estructuras socioeconómicas, políticas i espaciais do mundo enriquecido.
    Lecc. 4. Evolución do concepto de Europa. Diversidade territorial do continente europeo.
    Lecc. 5. A Unión Europea e as políticas comunitarias.
    Lecc. 6. O espazo norteamericano. Estados Unidos como potencia mundial.
    Lecc. 7. Os países capitalistas desenvolvidos do Pacífico: Xapón, Australia e Nova Zelanda.
    Lecc. 8. O espazo post-soviético, área de transición.
    Lecc. 9. As estructuras socioeconómicas, políticas i espaciais do mundo empobrecido e dos países emerxentes.
    Lecc.10. O mundo árabe e musulmán: a importancia do petróleo.
    Lecc. 11. Asia: un espazo en plena transformación.
    Lecc. 12. Latinoamérica: disparidade territorial e dependencia económica.
    Lecc. 13 Africa subsahariana: o continente esquecido.
    Lecc 14. Novos espazos e novos problemas: os grandes desafíos do século XXI.


    Bibliografía básica e complementaria
    AZCÁRATE LUXÁN, B.; AZCÁRATE LUXÁN, Mª V.; SÁNCHEZ SÁNCHEZ, J.: Grandes espacios geográficos: el mundo desarrollado. Madrid, UNED, 2008
    AZCÁRATE LUXÁN, B.; AZCÁRATE LUXÁN, Mª V.; SÁNCHEZ SÁNCHEZ, J.: Grandes espacios geográficos: subdesarrollo y países emergentes. Madrid, UNED, 2009.
    MÉNDEZ, R. y MOLINERO, F.: Espacios y sociedades. Introducción a la geografía regional del mundo. Barcelona, Ariel, 2008.
    ROMERO, J.: Geografía humana: procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona, Ariel, 2007.
    BRUNET, R. (dir): Géographie Universelle. Paris, Belin-GIP Reclus, 1990-1996 (10 vols.)

    ABELLÁN, A. Y OTROS: La población del mundo. Madrid, Editorial Síntesis, 1998.
    ALONSO, J. A. (Director): Diez lecciones de economía mundial. Madrid, Civitas, 2000.
    AMIN, S.: El cuarto Mundo: subdesarrollo endémico en África. En Andre Gunder Frank, Economistas de izquierdas y otros, El nuevo rostro del capitalismo, Barcelona, Hacer Editorial, 2005.
    BECK, U.: La sociedad del riesgo. Hacia una nueva modernidad. Barcelona, Paidós, 1998.
    LUTTWAK, E.: Turbocapitalismo. Quiénes ganan y quiénes pierden en la globalización. Barcelona, Crítica, 2000.
    MÉNDEZ, R.: El nuevo mapa geopolítico del mundo. Valencia, Tirant Lo Blanc, 2011
    NIETO SOLÍS, J. A.: Organización económica internacional y globalización. Madrid, Siglo XXI, 2005.
    NOGUÉ FONT, J. Y VICENTE RUFÍ, J.: Geopolítica, identidad y globalización. Barcelona, Ariel Geografía, 2001.

    EL ESTADO DEL MUNDO 2012: Anuario económico y geopolítico mundial. París, Éditions La Découverte y Ediciones Akal.
    CALENDARIO ATLANTE DE AGOSTINI 2011. Novara, Instituto Agostini.
    BANCO MUNDIAL.: Informe sobre Desarrollo Mundial, Washington, 2006.
    BANCO MUNDIAL: Atlas del Banco Mundial, Washington, 2006.
    PNUD. Informe sobre Desarrollo Humano 2008. Madrid, Ediciones Mundi-Prensa, 2008
    Competencias
    Xerais:
    -Capacidade de organización e planificación
    -Capacidade de xestión da información: recompilación sistemática, organización, selección e presentación de toda clase de información.
    -Coñecemento de outras culturas e costumes. Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade.
    --Capacitación para a aprendizaxe autónoma.
    -Sensibilidade cara os diferentes entornos sociais, culturais e medioambientais; prestando especial atención ás cuestións de xénero, do medioambiente, os valores da paz e a convivencia pacífica e a non discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, opinión e por razóns de discapacidade.
    -Dotar de capacidade para entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas.

    Específicas:
    -Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
    -Interpretar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
    -Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
    -Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
    -Comprender as relacións espaciais.
    -Analizar e interpretar as paisaxes.
    -Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
    -Coñecer os fundamentos da planificación territorial e saber interpretar un documento de Ordención do Territorio.

    Metodoloxía da ensinanza
    O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da importancia de cada tema, combinando a docencia expositiva coas práticas de aula . A parte interactiva desenvolverase na aula, e tamén a través das actividades non presenciais. Estas actividades consistirán na análise e comentario crítico dos materiais que se lles indiquen, e que o alumnado entregará por escrito. Farase unha práctica de campo para a interpretación da paisaxe in situ de ter posibilidades orzamentarias.

    Sistema de evaluación
    A avaliación consistirá na cualificación dun exame escrito, no día e hora fixados pola Facultade, así como no aproveitamento dos seminarios e prácticas realizadas. Valoraráse moi positivamente a participación nas clases.

    Os requisitos para superar a materia serán os seguintes:
    1.- Probas obxectivas (50 % da nota).
    2.- Actividades realizadas durante a docencia interactiva (40% da nota).
    3.- Práctica de Campo (10% da nota).

    Non se poderá superar a materia se non se obtén unha nota mínima de 4 puntos (sobre 10) nos dous primerios epígrafes anteriores.
    Os criterios de evaluación serán os mesmos na proba ordinaria e na extraordinaria. O alumnado que non supere a parte interactiva ao longo do seu desenvolvemento deberá examinarse dela nas correspondentes convocatorias oficiais de exame.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas de traballo presencial do alumno:

    O que corresponda o módulo ECTS
    Recomendacións para o estudo da materia
    1)Traballo continuado ao longo do período de aulas.
    2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñan