Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021106 - Conceptos Fundamentais das Ciencias Humanas e Sociais (Coñecementos Transdisciplinares) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna
  • Áreas: Historia Moderna
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Martinez Rodriguez, Enrique.NON
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta asignatura , tendo en conta o seu contido e situación no programa do Grao en Historia, ten como obxectivo fundamental desenvolver no alumno unha serie de competencias que o habiliten para unha mellor comprensión e asimilación daquelas materias que deberá cursar ó longo do seu periodo formativo como historiador, adequerindo coñecementos e habelencias para o uso de diversos métodos e técnicas indispensabeis para a sua futura actividade como profesional no eido das Ciencias Sociais e Humanas.
    De este xeito, entre os obxectivos xerais poden mentarse:
    -Adequerir coñecementos básicos dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador.
    -Contribuir ó recoñecemento crítico da diversidade histórica e cultural.
    -Aprender a analizar os procesos sociais e económicos que se teñen experimentado ó longo do tempo.
    -Ordear, organizar, definir e sintetizar a información de fontes documentais e bibliográficas.

    Contidos
    Tendo en conta o seu carácter cuadrimestral, a asignatura estructúrase en nove temas.

    1º.- As magnitudes do tempo e a división da historia: Épocas e idades
    2º.- As magnitudes do cotián: Nocións xerais sobre o espazo, tempo e medidas
    3º.- Obxectivos, fontes e métodos da Historia Social e Económica.
    4º.- Mecanismos reguladores da poboación: fontes, métodos, réximen demográfico e mobilidade.
    5º.- A producción económica e a circulación de bens: mercado, moeda e finanzas.
    6º.- O papel das institucións e o Estado na vida económica. Doutrinas e políticas.
    7º.- Niveis básicos e modelos de organización social: familia, parentesco, órdes, estamentos e clases.
    8º.- O Estado, os poderes e a súa organización.
    9º.- Tipoloxías básicas das ideoloxías políticas.
    Bibliografía básica e complementaria
    P. BURKE: Formas de hacer Historia. Madrid, 1993.
    C. CARDOSO y H. PÉREZ BRIGNOLI: Los métodos de la Historias. Barcelona, 1979.
    C. M. CIPOLLA: Entre la Historia y la Economía. Barcelona, 1991.
    P. CHAUNU: Historia, ciencia social. Barcelona, 1992.
    J. C. RUANO-BORBALÁN: L´Histoire aujourd´hui. Nouveaux objets de recherche. Courants et débats. Auxerre, 1999.
    P. KRIEDTE: Feudalismo tardío y capital mercantil. Barcelona, 1982.
    C. CIPOLLA: Historia Económica de la Europa Preindustrial. Madrid, 1976.
    M. LACOMBA BALDÓ: La Revolución Industrial. Madrid, 2001.
    A. G. KENWOOD y A. L. LOUGHEED: Historia del desarrollo económico internacional. Madrid,1989.
    G. E. LENSKI: Poder y privilegio. Teoría de la estratificación social. Barcelona, 1993.
    R. CROMPTON: Clase y estratificación. Una introducción a los debates actuales. Madrid, 1994.
    J. CARABAÑA y A. DE FRANCISCO (comps.): Teorías contempòráneas de las clases sociales. Madrid, 1995.
    J. BERAMENDI GONZÁLEZ: La Historia Política: algunos conceptos básicos. Santiago, 1999.
    F. VALLESPIN (dir.): Historia de la teoría política. Madrid, 1990-1995. (6 vols.).
    E. R. SERVICE: Los orígenes del Estado y la civilización. Madrid, 1990.
    F. J. CONTRERAS PELÁEZ: Kant y la guerra: una revisión de la "La paz perpetua" desde las preguntas actuales. Valencia, 2007.
    D. KAGAN: Sobre las causas de la guerra y la preservación de la paz. Madrid, 2003.
    E. J. HOBSBAWM: Guerra y paz en el siglo XXI. Barcelona, 2008.

    Ós alumnos proporcionaráselles no seu momento unha bibliografía específica axeitada para a preparación de cada un dos temas do programa.


    Competencias
    Entre as competencias específicas que se pretende desenvolvan os alumnos, cabe citar:
    -Coñecer e interpretar a Historia como disciplina en construcción.
    -Coñecer e analizar os temas e problemáticas que foron e son no presente obxecto de debate historiográfico.
    -Adequerir conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
    -Ter coñecemento das principais claves explicativas da organización das sociedades do pasado (parentesco, estamentos, clases...).
    -Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos.

    A éstas debense engadir outras competencias de carácter xeral e relacionadas co proceso de formación intelectual que os alumnos deberán ir experimentando durante os seus estudos superiores, como:
    -Traballar de forma autónoma con iniciativa e de forma responsable.
    -Traballar en equipo de xeito colaborativo e responsabilidade partillada.
    -Aprender a comunicar información e ideas de xeito claro e efectivo en público.

    Metodoloxía da ensinanza
    Desenvolveránse catro tipos de actividades diferentes:
    A relacionada cos contidos teóricos, nas clases expositivas.
    Realización de traballos de carácter individual e/ou colectivo.
    Exposicións de traballos.
    Participación e intervención dos alumnos nas clases interactivas

    O primeiro día de clase informaráse ós alumnos sobre as distintas actividades prácticas que deberán desenvolver.
    Sistema de evaluación
    O 40% da calificación final conséguese do modo seguinte:
    -Farase un exame final na data que sinale o calendario oficial elaborado pola secretaría da facultade, no que o alumno deberá respostar a cuestións relacionadas cos temas do programa desenvolvido nas clases expositivas.
    -Para aprobala asignatura o aluno obterá en dito exame unha calificación mínima de 5 sobre 10. Se en dita parte expositiva, ou tamén na interactiva, o aluno non chega ao 5 suspenderá a asignatura.

    O 60% da calificación final conséguese do modo seguinte:
    -Un 5% será o resultado da asistencia do alumno ás diferentes clases, de xeito que o que asistise ao 100% sumará un 0,5, e dita pontoación descenderá proporcionalmente ao número de faltas sobre o total de horas ata o mínimo de asistencia esixido (80%).

    -O 55% restante obtense polas diferentes calificacións do alumno nas probas e actividades relacionados coas clases interactivas. Puntuarase con un cero calqueira traballo ou actividade que non fose entregada.

    -Só se considerarán non presentados aqueles alumnos que non realizasen o exame e ningunha das actividades ou tarefas da parte interactiva.

    *Etapa de avaliación de xullo:
    -Gardarase a nota de asistencia para aplicar na etapa de avaliación de xullo.
    -Os alumnos que obtiveran en interactivas unha puntuación media igual o superior a 5 gardaráselles a nota para a etapa de avaliación de xullo, tendo tan só que realizalo exame do temario das clases expositivas.
    -Se un alumno suspende a asignatura pero aproba o exame (puntuación de 5 ou mais) gardaraselle a nota do exame, tamén para a etapa de avaliación de xullo.
    -En relación coas tarefas interactivas pontoadas en base a exposicións orais ou probas non escritas, o profesor indicará que tipo de actividade concreta sustitue a éstas na etapa de avaliación de xullo.
    -Se se dese o caso de que o aluno, no canto de reelaboralos traballos, decida presentar en xullo unha copia exacta destes xa pontoada na anterior etapa de avaliación polo mesmo profesor, deberá facer constar este extremo por escrito en dita copia.
    -Non se gardarán notas nen calificacións de nengún tipo dun ano para outro.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademáis das horas que terá de invertir na asistencia ás clases expositivas e prácticas, interactivas e ás titorías, estímase que o alumno deberá ocupar un total de 100 horas dos créditos da asignatura en actividades de estudo, redacción de traballos e preparación de actividades en grupos reducidos.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Lectura da bibliografía recomendada polo profesor; asistencia ás clases e titorías; distribución ordenada e uniforme do tempo que deberá dedicar ó estudo e elaboración de traballos para evitar a precipitación de última hora, tanto nas exposicións públicas como na proba escrita. A participación nos debates e intercambio de ideas, tanto nas clases como nas titorías é fundamental para obter unha calificacuión positiva. Elo obriga a un traballo de preparación previo que non pode ser máis que o resultado dun labor permanente e sistemático ó longo de todo o cuadrimestre.