G5021122 - Historia Antiga I (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia I
- Áreas: Historia Antiga
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaObtención, polo alumnado, dun bo coñecemento das culturas e procesos históricos da Antigüidade, con especial referencia á evolución cronolóxica e política das culturas antigas do Próximo Oriente e Grecia e ás distintas formas de organización económica, política, social e cultural que coñeceron as devanditas sociedades.
ContidosDOCENCIA EXPOSITIVA:
Bloque temático 1. Oriente Antigo
-Mesopotamia
-As Invasións Indoeuropeas e os Hititas
-Exipto
-Hebreos e Fenicios
-Asirios e Persas
Bloque temático 2. Grecia Antiga
-A Idade do Bronce en Grecia
-A Época Escura e a Sociedade Homérica
-A Época Arcaica
-A Época Clásica
-O ascenso de Macedonia.
-As conquistas de Alexandre
-O mundo Helenístico.
DOCENCIA INTERACTIVA:
Ver a Guía Docente do profesor/-a encargado do grupo na Aula Virtual da USC.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
A. Manuais da materia:
Oriente Antigo: Raquel López Melero, Breve Historia del Mundo Antiguo. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid, 2010, pp. 15-120.
Grecia Antiga: Francisco Javier Gómez Espelosín, Historia de Grecia en la Antigüedad, Akal, Madrid, 2011.
B. Obras básicas de consulta:
Amouretti, M.C. & Ruzé, F., El Mundo Griego Antiguo, Akal Madrid, 1988.
Beltrán, F. y Marco Simón. M. Atlas de Historia Antigua. Zaragoza, Pórtico, 1987.
Crawford, M. et alii, Fuentes para el estudio de la Historia Antigua, Madrid, Taurus, 1986.
Francisco Javier Goméz Espelosín, Historia de Grecia Antigua, Akal, Madrid, 2001.
Pérez Largacha, A., Historia antigua de Egipto y el Próximo Oriente. Akal, Madrid, 2007.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Brewer, D. Historia de la civilización egipcia. Crítica, Barcelona, 2007.
Bryce, T. El reino de los hititas. Cátedra, Madrid, 2001.
Carlier, P., Homero, Akal, Madrid, 2005.
Chadwick, J., El mundo micénico, Alianza Editorial, Madrid, 1985.
Dandamaev, M. A. & Lukonin, V. G. Cultura y economía del Irán Antiguo, AUSA, Sabadell, 1990.
Dickinson, O., La Edad del Bronce egea, Akal, Madrid, 2000.
Domínguez Monedero, J., La polis y la expansión colonial griega, Madrid, 1991.
Fantar, M. H. Los fenicios en el Mediterráneo. Icaria, Barcelona, 1999.
Garbinni, G. Historia e ideología en el Israel antiguo. Barcelona, Bellaterra. 2002.
Lévêque, P. El mundo helenístico, Paidós, Barcelona, 2005.
Martinet, A. De las estepas a los océanos. El indoeuropeo y los "indoeuropeos". Gredos, Madrid, 1997.
Murray, O., La Grecia Arcaica. Taurus, Madrid, 1981.
Pascual González, J. Grecia en el siglo IV a.C. Del imperialismo espartano a la muerte de Filipo de Macedonia. Síntesis, Madrid, 1997.
Plácido, D., La sociedad ateniense, Crítica, Barcelona, 1997.
Roux, G. Mesopotamia. Historia política, económica y cultural, Akal, Madrid, 1987.
Shipley, G. El mundo griego después de Alejandro, 323-30 a.C. Crítica, Barcelona 2001.
CompetenciasESPECÍFICAS:
1. Coñecer, analizar, interpretar e transmitir a Historia Antiga do Próximo Oriente e Grecia.
2. Coñecer e analizar a problemática obxecto do debate historiográfico sobre as sociedades antigas do Próximo Oriente e Grecia.
3. Coñecemento das principais claves explicativas das sociedades do pasado antigo do Próximo Oriente e Grecia.
4. Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos sobre as sociedades antigas do Próximo Oriente e Grecia.
5. Desenvolver unha conciencia crítica con relación ás sociedades e culturas do Próximo Oriente e a Grecia antigas.
XERAIS:
1. Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da Historia.
2. Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
3. Coñecer e desenvolver habilidades no uso dos instrumentos de recompilación da información (catálogos bibliográficos, repertorios electrónicos, etc.)
TRANSVERSAIS:
1. Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos en ciencias sociais
2. Aprender a usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas.
3. Favorecer a aplicación de pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
4. Fomentar o traballo, tanto individual e autónomo como en equipo, con responsabilidade e iniciativa.
5. Ensinar a comunicar información e ideas en público dunha forma clara e efectiva.
Metodoloxía da ensinanza DOCENCIA EXPOSITIVA: Breves presentacións na aula dos contidos básicos dos temas enumerados no temario. As presentacións na aula realizaranse con axuda de PowerPoint e outros medios audiovisuais.
DOCENCIA INTERACTIVA: Impartida mediante comentarios de texto, comentarios de mapas, seminarios de lectura, proxección de audiovisuais, etc. de acordo co establecido na Guía Docente do profesor/-a responsable do grupo que figura na Aula Virtual da USC.
Sistema de evaluaciónA avaliación constará de tres partes:
1.- Proba escrita sobre os contidos teóricos da materia.
2.- Participación nas distintas actividades docentes.
3.- Traballos de avaliación das prácticas (ver Guía Docente do profesor/-a encargado da materia na Aula Virtual da USC).
Non se considera a realización de Prácticas de Campo.
A proba escrita suporá o 40% da cualificación final, os traballos de avaliación de prácticas suporán outro 40%; o 20% restante será o resultado da asistencia ás clases e da participación do alumnado nas diversas actividades docentes.
Dado que a avaliación é continua, a asistencia ás clases é obrigatoria; por iso, unha ausencia reiterada ás clases, superior ao 20%, implicará que o alumnado non poderá ser avaliado.
As cualificacións das probas escritas e dos traballos de prácticas valoraranse entre 1 e 4 puntos cada un deles; a participación entre 1 e 2 puntos. A cualificación final será o resultado da suma das cualificacións obtidas polo alumno en cada apartado.
O seguimento da asistencia ás clases realizarase mediante controis periódicos. O seguimento da actividade do alumnado e do seu aproveitamento das distintas actividades docentes realizarase mediante as Titorías Personalizadas e as Titorías no despacho do profesor/-a.
Convocatoria de xullo: Aos alumnos que realizasen e aprobasen as actividades de Docencia Interactiva durante o cuadrimestre conservaráselles a cualificación e só terán que facer a proba teórica na convocatoria de xullo. Aqueles alumnos que suspendesen a Docencia Interactiva, que non a realizasen ou non entregasen o traballo de prácticas están obrigados a realizar, conxuntamente co exame de xullo, os exercicios de avaliación das prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo autónomo, individual ou en grupo..............60 horas
Lecturas, actividades de biblioteca, etc................. 25 horas
Preparación de presentacións, debates, etc.......... 8 horas
Outras tarefas asignadas polo profesor/-a..............7 horas
TOTAL DE HORAS DE DEDICACIÓN PERSONAL......100 horas