Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021202 - Introducción ao Estudo da Cultura Escrita (Teoría e Procedementos Analíticos da Historia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia I
  • Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ROMANI MARTINEZ, MIGUEL.SI
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
G5021202/CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Familiarizar aos alumnos coa escritura e cos obxetos escritos, insertando o fenómeno gráfico nas restantes manifestacións da actividade humana.
    - Comprender o concepto actual da Paleografía e outras ciencias da cultura escrita, as súas vertentes, o seu método e os seus obxetivos, captando e valorando a súa utilidade para a investigación histórica e o traballo en arquivos e bibliotecas.
    .-Coñecer e diferenciar os principais elementos gráficos.
    .-Coñecer o desenrolo histórico-evolutivo da escritura latina manuscrita e impresa.

    Contidos
    -A escritura e os obxetos escritos.
    -As ciencias da cultura escrita. A Paleografía.
    -Os elementos gráficos na escritura latina.
    -soportes, instrumentos, tintas.
    -tipos de signos.
    -abreviaturas
    -Historia da escritura latina.
    - A escritura romana.
    - As escrituras do periodo do particularismo gráfico. A escritura visigótica.
    - A escritura carolina.
    - A escritura gótica.
    - A escritura humanística e os tipos derivados.

    Bibliografía básica e complementaria
    BATTELLI, G., Lezioni di Paleografia, (4ª ed.) Città de Vaticano 2002.
    BISCHOFF, B., Paléographie de l'Antiquité Romaine et du Moyen Âge Occidental (Trad. de H.Atsma et J.Vezin), Paris 1985.
    CENCETTI, G., Lineamenti di storia della scrittura latina, Bologna 1954.
    COMMISSSION INTERNATIONALE DE DIPLOMATIQUE, Vocabulaire International de la Diplomatique, Valencia 1994.
    DEROLEZ, A., The Palaeography of Gothic Manuscript books. From the Twelfth to the Early sixteenth century, Cambridge 2003.
    FAVREAU, R., Épigraphie médiévale, Turnhout 1997.
    GASPARRI, F., Introduction à l'histoire de l'écriture, Louvain-la-Neuve 1994.
    GELB, A., Historia de la escritura, Madrid 1976 (3ª reimp. Madrid 1987).
    MARÍN MARTÍNEZ, T. y otros, Paleografía y Diplomática, 13ª reimp. Madrid 2007 (1ª ed. 1977).
    MILLARES CARLO, A., Tratado de Paleografía Española, 3 vols., Madrid 1983.
    MILLARES CARLO A. y MANTECÓN, J.I., Álbum de Paleografía Hispanoamericana de los siglos XVI y XVII, 2 vols., I.Introducción y transcripciones. II. Láminas), Barcelona 1975.
    NÚÑEZ CONTRERAS, L., Manual de Paleografía. Fundamentos e historia de la escritura latina hasta el siglo VIII, Madrid 1994.
    OSTOS, P., PARDO, M.L., RODRÍGUEZ, E., Vocabulario de Codicología. Versión española revisada y aumentada del Vocabulaire codicologique de Denis Muzerelle, Madrid 1997.
    PETRUCCI, A., Alfabetismo, escritura, sociedad, Barcelona 1999.
    ID., Prima lezione di paleografia, Roma-Bari 2002 (Una lliçó de paleografia, València 2008).
    RIESCO, A. y otros, Introducción a la Paleografía y la Diplomática general, Madrid 1999.
    ID., Aproximación a la cultura escrita (material de apoyo), Madrid 1995.
    ROBERT, B., Les instruments de l'écriture, Paris 2008.
    STIENNON, J., Paléographie du Moyen Âge, Paris 1973.
    ULLMAN, B.L., The origin and Development of Humanistic Script, Roma 1960.
    VVAA, Conceptos. Actas del III Congreso de Historia de la Cultura Escrita, Alcalá de Henares 1998.
    VVAA, Diplomática antigua. Diplomática moderna (III Jornadas de la Sociedad Española de Ciencias y Técnicas Historiográficas) [Murcia 2006].
    VVAA, Historia de la cultura escrita (del próximo Oriente antiguo a la sociedad informatizada), Gijón 2002.
    VVAA, Láminas de la Cátedra de Paleografía y Diplomática (UNED), (9ª reimp.) Madrid 2006.
    VVAA, Tagung des Comité International de Paléographie Latine: Archiv für Diplomatik 50(2004)417-465.
    VVAA, Paleografía I. La escritura en España hasta 1250, Burgos 2008.

    Competencias
    - Capacitación para a identificación, localización xeográfica e cronolóxica coa maior precisión posible dun determinado tipo de escritura en alfabeto latino.
    - Capacitación para a lectura e interpretación da escritura gótica e humanística -documental e libraria- dunha maneira consciente e razoada.


    Metodoloxía da ensinanza
    Presencial:
    -Clases expositivas dos profesores.
    - Comentarios de textos e imaxes.
    - Prácticas de identificación e contextualización de escritura, exercicios de lectura e interpretación- sobre material específico de apoio.
    - Prácticas de campo obrigatorias e avaliables (no caso de que se trate de desprazamentos fóra de Santiago a súa realización está supeditada á dispoñibilidade de financiamento).

    Non presencial (traballo autónomo do alumno):
    -Estudo dos aspectos teórico-prácticos expostos nas clases.
    .- Lecturas complementarias relativas ao contido teórico da materia.
    .- Exercicios de contextualización, lectura e interpretación sobre material específico de apoio para a súa corrección nas sesións presenciais.
    .- Realización de exercicios ou traballos prácticos escritos.

    Sistema de evaluación
    Respetarase a normativa de asistencia a clase da USC. Só os alumnos que asistan alomenos a un 80% das sesións presenciais programadas -agás en casos de ausencias que considera xustificadas a mencionada normativa- serán avaliados (tanto na convocatoria ordinaria de fin de cuadrimestre como na convocatoria de xullo). Por iso, controlarase a asistencia e requerirase, cando sexa convinte, a documentación precisa para xustificar unha ou máis faltas de asistencia.

    Aspectos avaliables e porcentaxes na cualificación:
    1. Convocatoria de final de cuadrimestre:
    a) Exame final teórico-práctico obrigatorio. Suporá o 40% da cualificación global da materia (para esta cualificación global só se computará o exame do que se realizou correctamente alomenos o seu 40%).

    b) Avaliación continua da parte práctica da materia mediante calificación das intervencións dos alumnos nas clases (identificación, transcripción, etc.) e/ou de exercicios ou traballos prácticos escritos realizados individualmente polos alumnos e orientados nas clases interactivas. Suporá o 60% da nota final.

    2. Convocatoria de xullo.
    a) Exame teórico-práctico obrigatorio. Suporá o 40% da cualificación global da materia (para esta cualificación global só se computará o exame do que se realizou correctamente alomenos o seu 40%).

    Por razóns obvias, no que se refire á calificación do apartado b da avaliación, manteranse nesta convocatoria de xullo as cualificacións que o alumno obtivo ao final do cuadrimestre e suporá igualmente o 60% da cualificación final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    100 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Aconséllase unha revisión “diaria” dos contidos teóricos expostos ne clase e a realización dos exercicios prácticos recomendados pola profesora para a súa posterior corrección na clase. Posto que as tarefas de lectura complícanse gradualmente e susténtanse sobre exercicios anteriores, non é aconsellable “acumulalos” e é preferible adicar a estes exercicios un tempo diario que permita asimilalos gradualmente e consultar as dúbidas.