G5021203 - Historia da Arte e a Cultura Modernas (Coñecementos Transdisciplinares) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Proporcionar aos estudantes coñecementos globais e críticos da cultura e a producción artística do Renacemento e o Barroco.
2. Coñecer as linguaxes formais e visuais do Renacemento e o Barroco, así como as distintas técnicas artísticas empregadas para comprender mellor como estas condicionan e actúan no resultado final da obra de arte.
3. Coñecer específicamente as fontes, os contextos, os artistas e as obras máis importantes e representativas do Renacemento e o Barroco.
4. Recoñecer a diversidade de temáticas e tendencias no desenvolvemento da producción artística do Renacemento e do Barroco.
5. Coñecer os distintos enfoques e as diferentes metodoloxías que permiten a comprensión e análise dunha obra de arte do Renacemento e o Barroco.
ContidosPRIMEIRO BLOQUE. ARTE E CULTURA DO RENACEMENTO (Temas 1 a 3)
1. Protagonistas. 1.1. Os artistas. Estatus, condicións de traballo e novo recoñecemento perseguido polos artistas. 1.2. Os mecenas e as súas motivacións. Os Médici: orgullo cívico e política. O mecenado dos Papas. Giulio II e o programa de renovación do Vaticano.
2. Ambitos. 2.1. Florencia. Palacios privados. A cidade-república e a imaxe do poder comunal. As villas humanistas. 2.2. Venecia. Riqueza e devoción. As villas de Palladio. 2.3. Roma e o urbanismo dos Papas. A transformación urbana de Sixto V. Xardíns manieristas nos arredores de Roma.
3. Temas e xéneros. 3.1. A recuperación dos modelos antigos. Templos e cúpulas. A mitoloxía. O desnudo. 3.2. O retrato. Das medallas aos gravados, bustos e pinturas. 3.3. O nacemento da mirada cara a paisaxe.
SEGUNDO BLOQUE. ARTE E CULTURA DO BARROCO (Temas 4 a 6)
4. Protagonistas. 4.1. Situación dos artistas. Artistas de Corte. Funcións ao servizo das monarquías absolutas. 4.2. Coleccionismo e novos patróns da arte. A burguesía do norte de Europa. 4.3. Os Papas e a arte como propaganda relixiosa e persoal. As intervencións de Urbano VIII.
5. Ámbitos. 5.1. Roma. Palacios urbanos. A cidade barroca como obra de arte. 5.2. París: a definición dun barroco francés. Versailles. Château e xardíns do Rei Sol.
6. Temas e xéneros. 6.1. O naturalismo. Caravaggio e a súa influencia. Imaxinería relixiosa española. 6.2. A teatralidade barroca. Bernini. 6.3. Realismo e pintura da vida cotidiana no Norte de Europa. Vermeer. 6.4. Os retratos: do retrato cortesano ao novo protagonismo da burguesía. 6.5. A paisaxe: visións realistas e idealizadas. Vistas de cidades e paisaxes urbanas.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
G. C. Argan, Renacimiento y Barroco, 2 tomos. I. El Arte Italiano de Giotto a Leonardo; II. El arte italiano de Miguel Angel a Bernini. Akal, Madrid, 1988.
P. Burke, Visto y no visto. El uso de la imagen como documento histórico, Crítica, Barcelona, 2001.
S.J. Campbell, M. W. Cole, A New History of Italian Renaissance Art, Thames and Hudson, London, 2012.
F. Haskell, La historia y sus imágenes. El arte y la interpretación del pasado, Alianza Forma, Madrid, 1994.
R. Hughes, Roma. Una historia cultural, Crítica, Barcelona, 2011.
R. Toman, Ed., El Barroco, Konemann, Koln, 1998.
R. Toman, Ed., El Renacimiento en Italia, Konemann, Koln, 1999.
Bibliografía complementaria:
S. Alpers, El arte de describir: el arte holandés en el siglo XVII, Barcelona, 1987.
S. Alpers, El taller de Rembrandt: la libertad, la pintura y el dinero, Madrid, Mondadori, 1992.
G.C. Argan, Brunelleschi, Madrid, 1981.
P.N. Balchin, Urban development in renaissance Italy, Wiley, John and Sons, London, 2008.
M. Baxandall, Pintura y vida cotidiana en el Renacimiento, Gustavo Gili, Barcelona, 1978.
G. Bazin, Barroco y rococó, Destino, Barcelona, 1992.
G. Beltrami, H. Burns, eds., Palladio. Cat. Exp. Fundación La Caixa, Barcelona, 2009.
R. Bentmann, M. Muller, La villa como arquitectura del poder, Seix Barral, Barcelona, 1975.
A. Blunt, La teoría de las artes en Italia (del 1450 a 1600), Cátedra, Madrid, 1972.
A. Blunt, Arte y arquitectura en Francia. 1500-1700, Cátedra, Madrid, 1977.
F. Borsi, Leon Battista Alberti, Milán, 1975.
C. Buci-Glucksmann, La folie du voir: de l'esthétique baroque, Eds. Galilée, Paris, 1986.
R. Buendía, y J. Sureda, La España imperial. Renacimiento y Humanismo, Planeta, Barcelona, 1995.
J. Burckhardt, La cultura del Renacimiento en Italia, Madrid, Sarpe, 1985.
P. Burke, El Renacimiento europeo, Crítica, Barcelona, 2000.
J. Burke, M. Bury, eds., Art and Identity in Early Modern Rome, Ashgate, 2008.
N. Buttner, R. Stockman, Landscape Painting: A History, Abbeville Press, 2006.
F. Calvo Serraller, Teoría de la pintura del siglo de oro, Cátedra, Madrid, 1981.
F. Calvo Serraller, Velázquez, Madrid, Fundación de Amigos del Museo del Prado, 2005.
A. Cámara, Formas del Barroco europeo, La Muralla, Madrid, 1996.
J. Castex, Renacimiento, barroco y clasicismo, Madrid, 1994.
A. Chastel, Arte y Humanismo en Florencia en la época del Lorenzo el Magnífico, Cátedra, Madrid, 1982.
F. Checa, Coord., El Desnudo en el Museo del Prado, Barcelona, 1998.
K. Clark, El arte del paisaje, Seix Barral, Barcelona, 1971.
K. Clark, El desnudo. Un estudio de la forma ideal, Madrid, 1993.
T. Copplestone, Miguel Ángel, Lisma eds., 2007.
J. Elliott, J. Brown, Un palacio para el rey. El Buen Retiro y la corte de Felipe IV, Taurus, Madrid, 2003.
P. Fortini Brown, Arte y vida en la Venecia del Renacimiento, Akal, Madrid, 2008.
S. Freedberg, Pintura en Italia: 1500-1600, Cátedra, Madrid, 1978.
P. Gillgren, M. Snickare, Eds., Performativity and Performance in Baroque Rome, Ashgate, 2011.
W. Hansmann, Jardines del Renacimiento y el Barroco, Nerea, Madrid, 1989.
F. Haskell, Patronos y pintores. Arte y sociedad en la Italia barroca, Cátedra, Madrid, 1984.
F. Haskell, El gusto y el arte de la antigüedad. El atractivo de la escultura clásica (1500-1900), Madrid, 1990.
L. H. Heydenreich, W. Lotz, Arquitectura en Italia: 1400-1600, Madrid, Cátedra, 2010.
M. Hollingsworth, El patronazgo artístico en la Italia del Renacimiento. De 1400 a principios del siglo XVI, Akal, Madri
CompetenciasCompetencias xerais:
a.- Capacidade para analizar os períodos históricos do Renacemento e o Barroco
b.- Usar, ordenar e interpretar as fontes específicas para a historia e a historia da arte, desde textos ás propias obras de arte
c.- Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas
d.- Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas
Competencias específicas:
a.-Analizar e interpretar os períodos do Renacemento e o Barroco valorando o papel das obras de arte como transmisoras de información cultural e histórica
b.-Coñecer e aplicar enfoques e metodoloxías propias da Historia da Arte
c.-Comprender e interpretar documentos orixinais, sendo capaces de elaborar textos historiográficos sobre a materia
d.-Manexar e extraer información de bases de datos e catálogos de fondos artísticos en internet
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva ou teórica:
Desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través, principalmente, da metodoloxía de clase maxistral participativa (30 horas).
Docencia interactiva ou práctica:
Clases prácticas presenciais en grupos de interactivas, baseadas na análise e comentario de diferentes propostas para achegarse á arte do renacemento e o barroco: comentarios de textos, comentarios de obras, visionado de películas de temática artística, búsqueda de información a través de recursos dispoñibles en internet…
O desenvolvemento das clases interactivas poderá incluir a realización de cuestionarios a través da plataforma Moodle; estes cuestionarios, con preguntas referidas aos contidos dalgunhas das clases interactivas, poderán servir para aportar unha porcentaxe da respectiva calificación.
O traballo de curso individual consistirá na preparación dun e-portfolio en formato electrónico no que se seleccione e comente unha colección artística virtual, representativa do Renacemento ou do Barroco. Cada estudante realizará unha selección de 15 obras de arte a escoller entre todos os xéneros –pinturas, escultura, artes decorativas, orfebrería…-, coa correspondente ficha de cada obra. A colección estará presidida por algunha temática concreta –pintura de paisaxe, retratos, bodegóns, escolas ou artistas…-, e poderá inspirarse nos gustos dalgún coleccionista das épocas a estudar –Cósimo de Médici, Isabella d’Este, Felipe II, Luis XIV, Archiduque Leopoldo Guillermo, Urbano VIII…
Titorías presenciais:
Titorías personalizadas para solucionar dúbidas relacionadas coas explicacións teóricas ou cos exemplos analizados nas prácticas; tamén será o momento para abordar os posibles problemas relacionados coa realización do traballo persoal dos e-portfolios (2 horas).
Docencia virtual
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da asignatura dispostas na USC Virtual. Acceso ás imaxes explicadas nas clases expositivas insertadas na USC Virtual. Acceso aos e-portfolios elaborados por todos os alumnos da asignatura colgados na USC Virtual.
Práctica de campo
A práctica de campo consistirá na visita a algún destacado pazo (Oca, Santa Cruz de Rivadulla, Tor…), para comentar aspectos da arquitectura e as artes do Renacemento ao Barroco no ámbito pacego (5 horas). A realización desta práctica se fará conxuntamente coa asignatura “Historia Moderna I” e supeditarase á dispoñibilidade de financiamento pola Facultade xa que implica un desprazamento fóra de Santiago. No caso de existir tal financiamento a práctica de campo será obrigatoria e avaliable dentro da porcentaxe da calificación correspondente as prácticas interactivas. En caso de non realizarse a devandita práctica de campo sustituirase por clase interactiva na aula, para revisar e resolver dúbidas sobre a preparación do traballo de curso.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación continua combinada con proba ou examen, para obter unha calificación final sobre coñecementos e competencias baseada en varios indicadores complementarios:
- Participación e aportacións aos casos analizados nas clases expositivas e interactivas: 10 % da nota final
- Realización e presentación semanal dos comentarios individuais para as clases interactivas (comentarios de textos e obras, comentarios de películas, búsquedas en internet), xunto cos cuestionarios de preguntas que se poidan plantexar para alguna destas mesmas interactivas e a posible práctica de campo: 30 % da nota final
- Realización e presentación do e-portfolio individual: 20 % da nota final
- Exame final da asignatura: 40 % da nota final
Exame final:
A realización do exame final é obrigatoria para superar a asignatura, con independencia das notas acadadas no resto de actividades. O exame final terá dúas opción a elexir: un exame tipo test de todos os contidos do temario ou o desenvolvemento dun tema ilustrado cun conxunto de obras do renacemento ou do barroco. Un exame final con calificación de “0” implica necesariamente o suspenso e a necesidade de presentarse á convocatoria seguinte, mantendo o resto de calificacións..
Asistencia ás clases:
Segundo a normativa da USC a asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria. Nos casos de dispensa se establecerán actividades alternativas ás presenciais para a recuperación, fundamentalmente recensións de libros.
De realizarse nas sesións de aula actividades como as prácticas interactivas que teñan algún tipo de ponderación na cualificación final da materia, os estudiantes que falten ás mesmas deberán entregar, no plazo máximo dunha semana despois da clase perdida, a correspondente actividade ou comentario non realizado no seu momento. De xeito excepcional, poderán compensarse actividades coa realización de traballos de lectura bibliográfica encomendados específicamente polo profesor.
Sistema de recuperación:
Os estudiantes que non asistiran ou realizaran os comentarios semanais das clases interactivas terán ata unha semana despois da clase interactiva para entregalos e recuperar esa porcentaxe da nota. A non realización do e-portfolio individual suporá a perda da porcentaxe correspondente da nota final; a entrega con retraso do e-portfolio individual con respecto á data fixada a comezos de curso suporá a penalización coa perda dunha parte da nota correspondente.
A superación da asignatura na convocatoria de xullo para os estudiantes que non cumpriran coas actividades das prácticas interactivas e traballo de curso realizarase mediante a presentación obrigatoria, quince días antes do exame, de todos os comentarios de prácticas e/ou e-portfolio individual, e no seu caso as actividades compensatorias excepcionais, como paso previo para a realización da proba teórica.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudio total: 100 horas
- Tempo de estudio da materia teórica: 50 horas
- Tempo adicado á preparación das clases interactivas (comentarios e cuestionarios semanais): 30 horas
- Tempo adicado á preparación do traballo de curso (e-portfolio): 15 horas
- Outras actividades en relación coa docencia interactiva e visita de campo: 5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Realización das diferentes prácticas semanais (comentarios individuais). Realización do traballo de curso (e-portfolio). Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de titorías presenciais e a través de titoría virtual dentro da USC Virtual (Moodle).