Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021204 - Historia da Arte e Cultura Contemporáneas (Coñecementos Transdisciplinares) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
fernandez castiñeiras, enrique.SI
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Dotar o alumno/a dunha visión plural e integradora da arte e a cultura contemporánea.

    - Saber diferenciar as características básicas dos diversos movementos artísticos do período obxecto de estudo.

    - Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais que se dan neste período.

    - Saber enmarcar a obra de arte nos contextos apropiados en que se formou e relacionala con outras formas de expresión cultural.

    - Coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas ao longo de época contemporánea e saber deducir como estas condicionan e actúan sobre a obra de arte.

    - Que o alumno/a adquira os fundamentos metodolóxicos e críticos básicos que lle permitan introducirse no exercicio da actividade investigadora.
    Contidos
    A fin do Antigo Réxime. As orixes da Arte Contemporánea. Ilustración e Neoclasicismo. Arquitectura historicista e ecléctica. Arquitectura do ferro. Escola de Chicago. As artes plásticas no Neoclasicismo. O ideal romántico e a súa materialización na arte. O Realismo. O Impresionismo. Os postimpresionistas. Protoracionalismo. A arquitectura racionalista. Arquitectura orgánica. Fauvismo. Expresionismo. Cubismo. Futurismo. Dada. Construtivismo Ruso. De Stijl. Bauhaus. Surrealismo. Volta á orde. Novas propostas escultóricas. O estilo internacional en arquitectura. Arquitectura dos anos 50. A posmodernidade en arquitectura. Arquitectura para un novo milenio. A abstracción americana e europea. Arte e consumo: Neo Dada e Pop Art. Minimalismo. Posminimalismo. Arte Povera. Land Art. Corpo e arte. Arte e acción. Arte Conceptual. A arte de xénero. Comic e arte urbana. As novas tecnoloxías na arte. Antecedentes e orixes. O cine dos pioneiros. As vangardas cinematográficas e inicios do cine clásico. O cine clásico ata 1945. O cine clásico ata 1960. A ruptura dos Novos Cines. O cine das últimas décadas do século XX. Mestizaxe e revolución dixital.
    Bibliografía básica e complementaria
    ARACIL, A. e RODRIGUEZ, D.: "El siglo XX. Entre la muerte del arte y el arte moderno". Madrid, 1988. ARGAN, G. C.: "El arte moderno. Del Iluminismo a los movimientos contemporáneos". Madrid, 1991. BOIME, A: "Historia social del arte moderno". Madrid, 1994. BOZAL, V.: "Los primeros diez años. 1900-1910, los orígenes del arte contemporáneo". Madrid, 1991. BRYSON, N.: "Tradición y deseo. De David a delacroix". Madrid, 2002. BUENDIA, J. R. e GALLEGO, J.: "Arte europeo y norteamericano del siglo XIX". Madrid, 1990. CABANNE, P.: "El arte del siglo XX". Barcelona. 1983. CIRLOT, L.: "Primeras vanguardias artísticas. Textos y documentos". Barcelona, 1993. CROW, T.: "El esplendor de los sesenta". Madrid, 2001. DAIX, P.: "Historia cultural del arte moderno. De David a Cézanne". Madrid, 2002. DE DIEGO, Estrella: “Arte Contemporáneo II”, Historia 16, Madrid, 1996. FER, B. BATCHELOR, D. WOOD, P.: "Realismo, racionalismo, surrealismo. El arte de entreguerras (1914-1945)". Madrid, 1999. FERRIER, J. L. y otros: "El arte del siglo XX: 1900-1949". Barcelona, 1990. FOSTER, Hal: “Diseño y delito. Y otras diatribas”. Madrid, 2004. FUSCO, R. de: "Historia de la arquitectura contemporánea". Madrid, 1991. GUBERN, R.: "Historia del cine". Barcelona, 2006. HARRISON, C. e outros: "Primitivismo, cubismo y abstracción. Los primeros años del siglo XX". Madrid, 1998. HITCHCOCK, H-R.: "Arquitectura de los siglos XIX y XX". Madrid, 2002. HONOUR, H.: "El Neoclasicismo". Madrid, 1982. HONOUR, H.: "El Romanticismo". Madrid, 1984. JOEDICKE, J.: "Arquitectura contemporánea. Evolución y tendencias". Barcelona, 1990. KRAUSS, Rosalind E.: “La originalidad de la vanguardia y otros mitos modernos”, Madrid, 1996. PEVSNER, N.: "Los orígenes de la arquitectura moderna y del diseño". Barcelona, 1992. PICO, J.: "Modernidad y postmodernidad". Madrid, 1992. REYERO, C.: "El arte del siglo XIX". Madrid, 1992. ROSENBLUM, R.: "El arte del siglo XIX". Madrid, 1992. SÁNCHEZ NORIEGA, J. L.: "Historia del cine : teoría y géneros cinematográficos, fotografía y televisión" Madrid, 2006. STANGOS, N.: "Conceptos de arte moderno". Madrid, 1986. TAYLOR, B.: "Arte hoy". Madrid, 2000. THOMAS, K.: "Hasta hoy. Estilos de las artes plásticas en el siglo XX". Barcelona, 1994.



    Competencias
    O alumno/a será capaz de:

    - Desenvolver unha metodoloxía científica propia da Historia da Arte Contemporánea e utilizar as ferramentas historiográficas máis axeitadas.

    - Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos.

    - Capacidade para ler, analizar e interpretar unha obra de arte no período obxecto de estudo, incardinándoa nos contextos apropiados no que se formou e conectandoa con outras formas de expresión cultural.

    - Implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural.

    - Adquirir habilidades no manexo das novas tecnoloxías.
    Metodoloxía da ensinanza
    Co obxecto de facilitar e racionalizar a docencia da materia utilizaranse as seguintes técnicas:

    - Clases expositivas, nas que a través da lección maxistral e contando co apoio de imaxes, que ben poden ser por medio do power point, vídeos ou CDs, explicaranse os distintos temas que figuran no programa.

    - Clases interactivas, nelas o alumnado, en grupos reducidos, realizará traballos académicamente dirixidos sobre temas do programa; analizará aspectos/obras de arte representativa dos distintos movementos artísticos; así como de textos, vídeos e realizará visitas exposicións.

    - Tutorización personalizada.

    Todo iso distribuirase da seguinte maneira:
    TIPO DOCENCIA TOTAIS HORAS/MATERIA
    Doc. Expositiva........................... 32
    Doc. Interactiva.......................... 16
    Tutorización personalizada.......... 3


    Todo isto permitiralle ao alumnado adquirir os coñecementos necesarios para poder realizar unha avaliación entre o pensamento teórico da Arte Contemporánea e a súa expresión formal.

    Sistema de evaluación
    A cualificación global da materia obterase mediante avaliación continua, polo que a asistencia a clase é obrigatoria. Unha ausencia superior ao 20% suporá a imposibilidade de ser avaliado na primeira oportunidade.

    A avaliación levarase a cabo ao longo do curso mediante as seguintes fórmulas: control ou controis escritos, prácticos e teóricos, dos contidos das clases expositivas e interactivas, representando as primeiras o 40% da cualificación final e as interactivas e prácticas de campo, se as houbese, o 60%. A nota definitiva alcanzarase unha vez superado o 50% de cada unha das partes.

    Segunda oportunidade (convocatoria de xullo):

    1.- Quen realice e aprobe as actividades correspondentes á docencia interactiva poderá conservar esta cualificación e só terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.

    2.- Aqueles alumnos que non realizasen as actividades correspondentes á docencia interactiva, ou non as aprobaran, terán que realizar un exame no que terá cabida tanto a materia correspondente ás clases expositivas como ás clases interactivas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: ..... 51 horas

    Asistencia ás clases expositivas: ..... 32 horas
    Asistencia ás clases interactivas: .... 16 "
    Titorías: ...................................... 3 "

    TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL:................. 103 horas

    Estudo da materia impartida nas clases expositivas:..... 60 "
    Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, etc: .. 35 "
    Preparacion de presentacións, debates, etc ................... 8 "
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Preparación da materia impartida a través dos apuntamentos e completalos valéndose da bibliografía recomendada.

    - Asistencia ás sesións interactivas, algo imprescindible para a superación da materia.

    - Lectura detida dos textos que se indiquen na aula.

    - Utilización das horas de titoría.
    Observacións
    Programaranse actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: visitas a museos e exposicións temporais, asistencias a conferencias, etc.