G5021221 - Historia Medieval I (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Medieval e Moderna
- Áreas: Historia Medieval
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1 Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade a fin de que o individuo e a sociedade en xeral poidan comprender o presente.
2 Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
3 Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análises do historiador.
ContidosA aprendizaxe mediante a ACTIVIDADE DOCENTE EXPOSITIVA e o traballo persoal iníciase coa presentación dun longo período de 1200 anos (INTRODUCIÓN Á IDADE MEDIA) fundamental para entender a estrutura diacrónica xeneral do pasado (Obxectivo 1).
A continuación abórdanse dous bloques temporais, nos que o tempo histórico segue ritmos diferentes. Ao facer fincapé na relación coas coordenadas espaciais, o estudante pode adquirir conciencia das coordenadas espazo-temporais e un coñecemento preciso dos acontecementos e procesos de cambio e continuidade desde unha perspectiva diacrónica (Obxectivo 2).
A actividade expositiva e o traballo persoal asociado contribuirán a que o estudante desenvolva especialmente dúas competencias xerais: coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia (CG-1) e usar, ordenar e interpretar as fontes históricas (CG2).
O primeiro bloque de ANTIGÜIDADE TARDÍA E TEMPERÁ IDADE MEDIA (ss. IV-VIII) desenvólvese en cinco leccións:
1.- A herdanza bajoimperial no mundo mediterráneo: o cristianismo, os pobos xermánicos e o fin do mundo antigo
2.- Economía e sociedade nos primeiros séculos medievais
3.- Os reinos bárbaros e as súas estruturas políticas
4.- A Igrexa romana como factor de unidade en Occidente
5.- A cultura no Occidente bárbaro
O segundo bloque, dedicado á Alta Idade Media (ss. VIII-X) en seis:
6.- A Europa de Carlomagno
7.- As segundas invasións e a crise política carolingia
8.- Europa occidental nos séculos VIII-X. Economía e sociedade
9.- Consolidación eclesiástica e vida relixiosa na Alta Idade Media
10.- Do renacemento carolingio ao otoniano
11.- A ampliación e estabilización política do espazo europeo
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
CLARAMUNT, S., PORTELA, E., GONZÁLEZ, M., MITRE, E., Historia de la Edad Media. Barcelona, 1997.
GARCÍA DE CORTÁZAR, J. A., SESMA MUÑOZ, J.A., Historia de la Edad Media. Una síntesis interpretativa. Madrid, 1997.
LADERO QUESADA, M.A., Historia Universal. Edad Media. Barcelona, 1992 (2ª ed.).
LE GOFF, J., La civilización del occidente medieval. Barcelona, 1999.
MITRE FERNÁNDEZ, E., Textos y documentos de época medieval. Barcelona, 1998.
MACKAY, A., DITCHBURN, D. (eds.), Atlas de Europa Medieval. Madrid, 1999.
Bibliografía complementaria:
GARCÍA MORENO, L., Los bárbaros y los orígenes de las naciones europeas, Cuadernos de Historia de España, 80 (2006), 7-23.
BROWN, P., El mundo en la Antigüedad tardía, Madrid, 1989.
GOFFART, W., Barbarians and Romans, A.D. 418-584. The techniques of accommodation, Princeton, 1980.
BONNASSIE, P., Del esclavismo al feudalismo en la Europa Occidental, Barcelona, 1993
MIDDLETON, Neil, Early medieval port customs, tolls and controls on foreign trade, EME, 13:4 (2005), 313-358.
WICKHAM, C., Space and society in early medieval peasant conflicts, en Uomo e spazio nell’Alto Medioevo, Spoleto, 2003, 551-587.
HERRIN, J., The formation of Christendom, Princeton, 1987.
RICHÉ, P., Ecoles et enseignement dans le haut Moyen Âge. Fin du Ve siècle – debut du XIe siècle, 2ª ed., París, 1989.
BOUGARD, F. (dir.), Le Christianisme en Occident du début du VIIe au milieu du XIe siècle, Paris, 1997.
COUPLAND, S., The Carolingian army and the struggle against the Vikings, Viator, 35 (2004), 49-79.
Nascita dell’Europa ed Europa carolingia: un equazione da verificare, Spoleto, 1981.
RICHÉ, P., Les Carolingiens. Une famille qui fit l’Europe, París, 1983.
ISLA, A., La Europa de los carolingios, Madrid, 1993.
HENNING, J., Slavery or freedom? The causes of early medieval Europe’s economic advancement, EME, 12:3 (2003), 269-277
FREEDMAN, P., Siervos, campesinos y cambio social, en Señores, siervos, vasallos en la Alta Edad Media, Pamplona, 2002, 127-146.
DUBY, G., Guerreros y campesinos. Desarrollo inicial de la economía europea, 500-1200, Madrid, 1976.
BULLOUGH, D., Charlemagne’s court library revisited, EME, 12:4 (2003), 339-363.
CHÉLINI, L’aube du Moyen Âge: naissance de la chrétienté occidentale. La vie religieuse des laics dans l’Europe carolingienne (750-990), París, 1991.
PAUL, J., La Iglesia y la cultura en Occidente (siglos IX-XII), Barcelona, 1988.
Wickham, Chris, Una historia nueva de la alta edad media : Europa y el mundo mediterráneo, 400-800, Crítica, Barcelona, 2008
BASCHET, Jéröme, La civilización feudal, Fondo de Cultura Económica, México, 2009.
CompetenciasXenerais:
1. Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia.
2. Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
3. Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas.
Específicas:
1. Coñecer, analizar e transmitir a historia xeral e a historia propia do territorio.
2. Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade.
3. Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua.
Transversais:
1. Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
2. Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa.
4. Comunicar información e ideas de xeito claro e efectiva en público.
Metodoloxía da ensinanza Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
-Clases expositivas nas que, preferentemente, farase a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial en aula.
-Clases interactivas: dedicaranse a sesións de traballo en cada grupo. As sesións estarán adicadas á discusión de lecturas e textos previamente seleccionados polo profesor e realizadas polos alumnos, así como por un pequeno traballo final. O contido das clases interactivas terá como obxectivo o afondamento no coñecemento de temas de especial relevancia para a comprensión da evolución de diferentes aspectos de Alta Idade Media.
-Tutorización personalizada para o seguimento das actividades programadas
Sistema de evaluaciónA avaliación constará de dúas partes: proba escrita e avaliación das clases interactivas
A proba escrita (tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria) suporá o 40% da cualificación final.
As clases interactivas suporán o 60% da cualificación final.
A cualificación final da materia resultará da integración proporcionada dos elementos sinalados: examen (40%) e parte interactiva (60%)
Dado que a avaliación é continuada e a asistencia ás clases é obrigatoria, unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, (tanto en interactivas como en expositivas) suporía a imposibilidade de que o alumno/a poida ser avaliado.
A cualificación da convocatoria do mes de xullo e convocatorias posteriores se obterá a partir de un exame escrito de todos os contidos da asignatura. En canto á parte correspondente ás clases interactivas, o /a alumno/a terá que entregar todos os traballos e actividades desenvolvidos nas clases. Os/as alumnos que ao longo do curso entregasen todos os traballos prácticos non teñen obrigación de volver a presentar devanditos traballos, tendo que superar, unicamente, o exame da convocatoria correspondente.
Tempo de estudo e traballo persoalCada hora de docencia expositiva deberá ir acompañada por un traballo complementario do alumno/a de unhas dúas horas
Paralelamente, para cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno/a deberá empregar como mínimo unhas catro horas de traballo persoal
Tendo en conta a carga docente da asignatura e as previsións antes indicadas, considerase que o tempo de traballo persoal do alumno/a debería rondar as 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAínda que no é necesaria ningunha formación previa específica, para o ingreso no grado en historia en xeral e a matrícula desta asignatura en particular, é recomendable que a formación do alumno/a sexa de perfil humanístico