Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021222 - Historia Moderna I (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna
  • Áreas: Historia Moderna
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS.SI
LAGO ALMEIDA, HECTOR.NON
Sobrado Correa, Hortensio.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Introducir aos alumnos no coñecemento dos principais procesos demográficos, económicos, sociais, políticos e culturais da Europa do séculos XVI y primeira metade do XVII.
    -Adquirir conciencia crítica das coordenadas espacio-temporais.
    Contidos
    O programa da materia estruturase en tres bloques, que comprenden: a) as bases socioeconómicas; b) o pensamento e a cultura e c) o goberno, a política interior e as relacións internacionais. Cada un dos bloques temáticos inclúe catro temas.

    A- As bases socioeconómicas:
    -1. O réxime demográfico do Antigo Réxime e evolución da poboación nos séculos XVI e XVII
    -2. Economía. Agricultura e industria nos séculos XVI e XVII
    -3. Comercio e técnicas capitalistas. O Mercantilismo
    -4. A sociedade europea da Idade Moderna. Estructura e evolución
    -
    B- O pensamento e a cultura:
    -5. Os conductos difusores da cultura
    -6. Renacemento e Humanismo: as bases intelectuais e culturais do mundo moderno
    -7. As reformas relixiosas
    -8. Oríxes da Ciencia Moderna

    C-O goberno, a política interior e as relacións internacionais
    -9. Os oríxes do Estado Moderno
    -10.O nacemento das novas monarquías e a pluralidade de formas políticas en Europa
    -11. O avance do absolutismo no s. XVII. O Reino de Inglaterra e a República Holandesa
    -12. As relacións internacionais (1500-1650)

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    EIRAS ROEL, A., Historia Universal, 12. Siglo XVII, Barcelona, 1994.
    FLORISTÁN IMIZCOZ, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, Ariel, 2005.
    FORTEA PÉREZ, J.I., Historia Universal. 11. Siglo XVI, Barcelona, 1994.
    HINRICHS, E., Introducción a la Historia de la Edad Moderna, Barcelona, Ariel, 2001.
    MOLAS RIBALTA, P. et al., Manual de historia moderna, Barcelona, Ariel, 1993.
    TENENTI, A., La Edad Moderna: siglos XVI-VIII, Barcelona, Crítica, 2000.


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    BARDET, J.-P. y DUPÂQUIER, J. (dirs), Historia de las poblaciones de Europa, Síntesis, Madrid, 2001.
    BÉLY, L., Lárt de la paix en Europe. Naissance de la diplomatie moderne XVIIe-XVIIIe siècle, Paris, 2007.
    BURKE, P., El Renacimiento europeo, Crítica, Barcelona, 2000.
    DEWALD, J., La nobleza europea, 1400-1800, Valencia, 2004.
    DUPLESSIS, R.S., Transiciones al capitalismo en Europa durante la Edad Moderna, Zaragoza, 2001.
    ELLIOT, J.H., Europa en la época de Felipe II (1559-1598), Crítica, Barcelona, 2000.
    GONZÁLEZ ENCISO, A., El nacimiento del Capitalismo en Europa, Ed. Eunate, Madrid, 2011.
    KAMEN, H., La sociedad europea, 1500-1700, Madrid, 1986.
    LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma: Europa entre 1520 y 1648, Alianza, Madrid, 2009.
    MACKENNEY, R., La Europa del siglo XVI. Expansión y conflicto, Akal, Madrid, 1996.
    MARAVALL, J.A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
    MARTÍNEZ MILLÁN, J.; CARLOS MORALES, J., Religión, política y tolerancia en la Europa Moderna, Polifermo, Madrid, 2011.
    REINHARD, W. (ed.), Las élites de poder y la construcción del Estado, Madrid, 1996.
    RIVERO RODRÍGUEZ, M., Diplomacia y relaciones exteriores en la Edad Moderna. De la cristiandad al sistema europeo, 1453-1794, Madrid, 2000.
    ROSSI, P., El nacimiento de la Ciencia Moderna en Europa, Crítica, Barcelona, 1997.
    SCHULTZ, H., Historia económica de Europa (1500-1800). Artesanos, mercaderes y banqueros, Siglo XXI de España, Madrid, 2001.

    Competencias
    Competencias específicas:
    -Coñecer e analizar as principais claves explicativas da Historia Moderna Universal desde o século XVI ata a primeira metade do XVII.
    -Comprender e interpretar mapas, gráficos, textos e fontes históricas.

    Competencias transversais:
    -Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa, desenrolando capacidades de xestión da información, organización e planificación.
    -Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
    Metodoloxía da ensinanza
    -As clases expositivas consistirán básicamente na explicación do temario da asignatura polo profesor co apoio de diferentes materiais didácticos e co emprego de TIC.
    -As clases interactivas permitirán a adquisición de habilidades e posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal do alumno –estudios, traballos, lecturas, exercicios, exposicións..., serán orientadas polo profesor e conducirán á realización e exposición de traballos en grupo ou individuais.
    -Nas tutorias individualizadas ou en grupo moi reducido, atenderáse aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas tarefas oo para tratar de resolver cualquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa asignatura.
    -A práctica de campo consistirá na visita a algún destacado pazo (Oca, Santa Cruz de
    Rivadulla, Tor…). A realización desta práctica farase conxuntamente coa materia de “Historia da Arte e a cultura modernas” e estará supeditada á dispoñibilidade de orzamento pola Facultade xa que implica un desprazamento fora de Santiago. En caso de existir este orzamento a práctica de campo será obrigatoria e avaliable dentro da porcentaxe da cualificación correspondente ás prácticas interactivas. En caso de non realizarse dita práctica de campo substituirase por outra actividade.

    Sistema de evaluación
    O 40% de la calificación final conséguese do modo seguinte:
    Farase un exame final na data que sinale o calendario oficial elaborado pola secretaría da facultade, no que o alumno deberá respostar a cuestións relacionadas cos temas do programa desenvolvido nas clases expositivas, que computará por valor do 40% da calificación final.
    Para aprobala asignatura o aluno obterá en dito exame unha calificación mínima de 3,5 sobre 10. Se en dita parte expositiva, ou tamén na interactiva, o aluno non chega ao 3,5 suspenderá a asignatura, alén de que en casos pontoais a media superase o 5 (nestes casos a pontoación cuantitativa do suspenso sería un 4,9)

    O 60% da calificación final conséguese do modo seguinte:
    -Un 5% será o resultado da asistencia do alumno ás diferentes clases, de xeito que o que asistise ao 100% sumará un 0,5, e dita pontoación descenderá proporcionalmente ao número de faltas sobre o total de horas ata o mínimo de asistencia esixido (65%). Os alumnos que faltasen a mais do 35% das horas non poderán presentarse ao exame, e días antes do mesmo publicarase unha lista co seu nome e apelidos. Estes alumnos figurarán como non presentados salvo que realizaran polo menos unha actividade ou traballo puntuable nas clases interactivas, en cuxo caso figurarán como suspensos.

    -O 55% restante obtense polas diferentes calificacións do alumno nas probas e actividades relacionados coas clases interactivas. Puntuarase con un cero calqueira traballo ou actividade que non fose entregada.

    - A avaliación do alumno será continua, podendo o profesor solicitar materiais de exposcións, apuntes, etc.


    -Só se considerarán non presentados aqueles alumnos que non realizasen o exame e ningunha das actividades ou tarefas da parte interactiva.

    *Etapas de avaliación e convocatorias posteriores:

    -Os alumnos que houbesen obtido en interactivas unha puntuación media igual o superior a 4 gardaráselles a nota ata o curso seguinte –sempre e cando non haxa un cambio de profesor-; tendo tan só que realizalo exame do temario das clases expositivas.

    -Se un alumno suspende a asignatura pero aproba o exame (pontoación de 5 ou mais) gardaraselle a nota do exame, tamén para o curso seguinte –sempre e cando non haxa un cambio de profesor-, sen necesidade de repetilo exame, ainda que tendo que elaborala parte interactiva, alén da nota obtida nesta.

    -En relación coas tarefas interactivas pontoadas en base a exposicións orais ou probas non escritas, o profesor indicará que tipo de actividade concreta sustitue a éstas na etapa de avaliación de xullo ou convocatorias posteriores.

    -Se se dese o caso de que o aluno, no canto de reelaboralos traballos, decida presentar unha copia exacta destes xa pontoada en anteriores convocatorias polo memo profesor, deberá facer constar este extremo.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Cada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno (en forma de lecturas e fixación do exposto en clase) de unhas dúas horas.
    Paralelamente estimase que para resolver cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno debería empregar, como mínimo, unhas catro horas de traballo persoal.
    Tendo en conta a carga docente da asignatura e as previsións antes indicadas, considerase que o tempo de traballo persoal de cada alumno debería rondar as 150 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
    - É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
    - Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
    - A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
    - Aclarar con preguntas na clase, ou nas titorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.