G5021224 - Historia Moderna II (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Medieval e Moderna
- Áreas: Historia Moderna
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaIntroducir ao alumno no coñecemento dos principais procesos demográficos, económicos, sociais, políticos e culturais de Europa desde mediados do século XVII ata o final do século XVIII e conseguir que adquira conciencia das coordenadas espazo-temporais.
ContidosSegunda metade do século XVII e século XVIII na súa integridade.
A.- AS BASES SOCIOECONÓMICAS.
1. A poboación: do réxime demográfico antigo aos inicios da "revolución demográfica".
2. O pensamento económico: fisiocracia e liberalismo.
3. O sector agrario: continuidade e renovación.
4. A expansión do comercio. A industria e as orixes da "revolución industrial".
5. A sociedade: permanencias e transformacións.
B.- PENSAMENTO E CULTURA.
6. Cultura e relixiosidade no século do Barroco.
7. As novas correntes do pensamento político.
8. A Ilustración e os seus condutos difusores. A Ilustración cristiá.
C.- GOBERNO E POLÍTICA. AS RELACIÓNS INTERNACIONAIS.
9. Francia, Inglaterra e as Provincias Unidas: tres países, tres réximes políticos.
10. Os países da Europa central e meridional.
11. Os países da Europa nórdica e oriental.
12. As relacións internacionais: dos tratados de Westfalia á Revolución Francesa.
Bibliografía básica e complementariaA) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
EIRAS ROEL, A., Historia Universal, vol. 12. Siglo XVII, Barcelona, 1994.
ENCISO RECIO, L.M., Historia Universal, vol. 13. Siglo XVIII, Barcelona, 1994.
FLORISTÁN IMÍZCOZ, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, 2005.
HINRICHS, Introducción a la Historia de la Edad Moderna, Barcelona, 2001.
MOLAS RIBALTA, P. et al., Manual de Historia Moderna, Barcelona, 1993.
TENENTI, A., La Edad Moderna: siglos XVI-XVIII, Barcelona, 2000.
B) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BARDET, J.-P., y DUPÂQUIER, J. (dirs.), Historia de las poblaciones de Europa, Madrid, 2001.
BLACK, G., La Europa del siglo XVIII, 1700-1789, Madrid, 1997.
CHARTIER, R., El orden de los libros. Lectores, autores, bibliotecas en Europa entre los siglos XIV y XVIII, Barcelona, 1992.
CIPOLLA, C.M., Historia económica de la Europa preindustrial, Madrid, 1976.
VRIES, J. de, La economía de Europa en un período de crisis, 1600-1750, Madrid, 1979.
DUPLESSIS, R.S., Transiciones al capitalismo en Europa durante la Edad Moderna, Zaragoza, 2001.
FLANDRIN, J.-L., Los orígenes de la familia moderna, Barcelona, 1979.
FLINN, M.W., El sistema demográfico europeo, 1500-1820, Barcelona, 1989.
HALL, A.R., La revolución científica, 1500-1750, Barcelona, 1985.
KRIEDTE, P., Feudalismo tardío y capital mercantil. Líneas maestras de la historia económica europea desde el siglo XVI hasta finales del XVIII, Barcelona, 1992.
LIVI-BACCI, M., Ensayo sobre la historia demográfica europea. Población y alimentación en Europa, Barcelona, 1988.
MARAVALL, J.A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
MUNCK, Th., La Europa del siglo XVII, 1598-1700, Madrid, 1994.
NAVA RODRÍGUEZ, M.T., La educación en la Europa moderna, Madrid, 1992.
REINHARD, W. (ed.), Las élites de poder y la construcción del Estado, Madrid, 1996.
RENOUVIN, P. (dir.), Historia de las relaciones internacionales, Madrid, 1967.
RIVERO RODRÍGUEZ, M., Diplomacia y relaciones exteriores en la Edad Moderna. De la Cristiandad al sistema europeo, 1453-1794, Madrid, 2000.
ROLL, E., Historia de las doctrinas económicas, México, 1982.
ROSSI, P., El nacimiento de la ciencia moderna en Europa, Barcelona, 1997.
SCHULTZ, H., Historia económica de Europa, 1500-1800. Artesanos, mercaderes y banqueros, Madrid, 2001.
SIMPLICIO, O. de, Las revueltas campesinas en Europa, Barcelona, 1989.
SLICHER VAN BATH, B.H., Historia agraria de Europa occidental, 500-1850, Barcelona, 1974.
VALLESPIN, F. (ed.), Historia de la teoría política, Madrid, 1990.
VOVELLE, M., Ideologías y mentalidades, Barcelona, 1985.
CompetenciasCoñecer e analizar as principais claves explicativas da Historia Moderna Universal desde mediados do século XVII ata o final do século XVIII.
Comprender e interpretar mapas, gráficos, textos e fontes históricas.
Traballar de forma autónoma, con responsabilidade e iniciativa, desenvolvendo capacidades de xestión da información, organización e planificación.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas empregaranse para a explicación do temario da materia por parte do profesor co apoio daqueles recursos didácticos que posibiliten unha mellor comprensión.
As clases interactivas servirán como foro de aplicación e ilustración dos coñecementos teóricos mediante o emprego de materiais prácticos. Eventualmente, poderán efectuarse exposicións de traballos preparados previamente por alumnos, xa sexa individualmente ou en equipo.
As titorías personalizadas orientaranse a aclarar cuestións concretas en relación coas tarefas do curso, así como a tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
Sistema de evaluaciónA cualificación da materia resultará dos seguintes sumandos:
1) exame escrito a realizar logo de terminadas as clases,
2) traballos prácticos realizados e entregados ao longo do curso,
3) asistencia efectiva ás clases, tanto expositivas como interactivas, e participación activa nas mesmas.
De acordo coa normativa vixente, ao primeiro dos sumandos citados outórgaselle un valor do 40% dentro da cualificación global, en tanto que os outros dous repartiranse o 60% restante, desglosado nun 50% para os traballos prácticos, 5% para a asistencia ás clases e outro 5% para a participación nas mesmas.
En calquera caso, para alcanzar o aprobado da materia, será requisito imprescindible ter polo menos un 5 nos dous primeiros sumandos.
De cara ao exame de xullo, gardaranse os aprobados logrados con anterioridade, e no caso de que non se aprobe a parte práctica, haberán de presentarse polo menos as dúas terceiras partes dos traballos, ben entendido que todo traballo non presentado será cualificado cun cero no cálculo da cualificación.
Baixo ningún concepto se gardaran aprobados parciais para cursos sucesivos.
Tempo de estudo e traballo persoalCada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno de aproximadamente dúas horas, e por cada hora de docencia interactiva o alumno debería aplicar unha media de catro horas de traballo persoal. En virtude diso e da carga docente da materia, estímase que o tempo de traballo persoal do alumno debería establecerse ao redor das 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia-Unha asídua asistencia a clase considérase como unha condición fundamental e insubstituíble.
-A lectura da bilbiografía recomendada serviría para ampliar ou complementar as explicacións recibidas nas clases.
-Considérase así mesmo conveniente a realización de comentarios de textos e outros documentos históricos (mapas, cadros estatísticos, gráficos).
-A consulta de atlas históricos e de dicionarios específicos debería ser algo habitual.
-Tratar sempre de aclarar as dúbidas que poidan xurdir, xa sexa nas clases ou nas tutorías.
ObservaciónsEstímase necesario cursar previamente a materia de Historia Moderna I.