G5021225 - Historia de America I (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia de América
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaXenéricos
- Coñecer a historia das sociedades prehispánicas recoñecendo a diversidade histórica e cultural, de xeito que iso poida traducirse no inculcamento e desenvolvemento de valores de tolerancia, respecto, igualdade e non discriminación.
- Propiciar, partindo do exemplo da historia americana, a reflexión en torno ao valor e importancia do medio ambiente, o significado do territorio e a relación do ser humano con este, moi especificamente no caso dos pobos autóctonos.
ESPECÍFICOS
- Introducción ao coñecemento dos principais procesos históricos e culturais do mundo americano nunha perspectiva diacrónica.
- Visión das liñas xerais para a comprensión da historia americana, a súa particular inserción no contexto económico e político internacional, así como a evolución das súas estructuras sociais e culturais no transcurso do período.
- Achegamento ás particularidades das sociedades americanas, con especial énfase na evolución da poboación en relación tanto aos seus compoñentes demográficos como a súa mobilidade rexional e intercontinental.
- Creación dun ámbito académico de debate continuado entre os estudantes e entre estes e o docente.
- Desenvolvemento da capacidade de análise, crítica e exposición razoada por parte dos estudantes.
- Adquisición das competencias básicas establecidas.
ContidosUnidade 1. Grandes áreas culturais. A súa evolución do preclásico ao posclásico.
Expoñeranse as grandes áreas culturais do continente, cunha casual visión da súa evolución dende preclásico ao posclásico, incidindo tanto nas principais características das culturas amerindias, coma o impacto que sobre elas produciu o proceso de invasión, conquista e posterior colonización, no demográfico, político, social e cultural.
1.1.Organización social, política e económica. Imperios Inca e Azteca
1.2.Orixinalidade e contribucións culturais das civilizacións Andinas e Mesoamericanas.
1.3.Contribucións americanas ao mundo Europeo, o impacto cultural entre ambos mundos.
Unidade 2. O mundo en 1492: expansión das fronteiras e exploracións oceánicas.
Faise un breve repaso ás características e logros principais das exploracións xeográficas europeas polo Atlántico hate 1492 e ao carácter de América como nova fronteira.
2.1.As exploracións oceánicas hate 1492, a península Ibérica na navegación Atlántica.
2.2.Primeiros descubrimentos, encontros no Caribe e choque de culturas
2.3.A Conquista do continente Americano 1502- 1570
Unidade 3. América colonial. As estructuras político - administrativas e relixiosas
Estudiarase a evolución histórica da administración política da colonización española En América, As explicacións centraranse en aqueles elementos que se consideren fundamentais: Bases da conquista e a colonización: as institucións político – administrativas que serviron ao control de España en Indias (tanto as peninsulares como as americanas) e a súa evolución ao longo dos tres séculos de dominación; e por último, o papel que o poder relixioso xoga tanto na conquista coma na administración, a evanxelización e o control territorial en América en todo o período.
3.1.A organización do Estado en Indias: institucións peninsulares (Consello de Indias e Casa da Contratación) e estructuras administrativas coloniais (Virreinatos, audiencias, gobernacións, correximentos e alcaldías).
3.2.A Evanxelización e as principais Institucións da Igrexa.
Unidade 4. América colonial. As estructuras socio - económicas
As bases da sociedade colonial, estreitamente unidas aos modelos socio – económico peninsulares e as bases filosóficas e ideolóxicas que determinarán os primeiros lustros da conquista e da sociedade que se formou; os compoñentes desta, facendo fincapé nas súas características, multiplicidade e evolución ao longo dos tres séculos; os modos de producción que se implantaron e/ou desenvolveron en Indias ao longo do período colonial, coas implicacións sociais que tiveron segundo as distintas rexións e momentos; e finalmente as relacións e conflictos socio – económicos coloniais: evolución da poboación indíxena, mobilidade social, réxime do traballo indíxena, escravitude, resistencia, rebelión e contrabando.
4.1.A sociedade colonial: bases relixiosas, políticas e económicas
4.2.Os novos compoñentes: crioulos, indios, negros e mestizos
4.3.Desenvolvemento Económico; minería, agricultura (facendas, plantacións, estancias) comercio e obraxes, manufacturas artesanais.
4.4.Relacións e conflictos na sociedade colonial, aparición do enfrontamento Crioulo vs. Gachupín.
Unidade 5. América colonial. A Cultura
Panorama da cultura colonial e a súa evolución entre os séculos XVI E XVIII. Analizaranse as continuidades, rupturas e pervivencias de cada un dos grupos sociais fundamentais do período: para o caso indíxena a partir da conquista, o transplante cultural hispano a América, e as formas de resistencia cultural, cos seus logros e fracasos, da poboación negra, así coma os procesos de aculturación. Prestarase especial atención á caracterización da cultura popular no período, así como á cultura de elites, tendo en conta o papel xogado pola educación e os vehículos de transmisión e dominación cultural.
5.1 Continuidades, rupturas e pervivencias, el crioulismo como pensamento e sentir de Iberoamérica.
5.2.A cultura popular americana na colonia, a identidade mestiza e o sincretismo cultural nas súas diferentes manifestacións.
5.3.Educación e cultura de elites, os Xesuítas y outras relixiosas na educación colonial.
Unidade 6. Os diferentes modelos coloniais instalados en América.
A colonización española conviviu en América coa de outros países europeos. As propostas foron diversas, tanto política como social, económica ou culturalmente, ademais das diferencias temporais e xeográficas existentes. Tampouco eran iguais os pobos autóctonos cos que se encontrou en cada territorio cada un dos países europeos, nin o modo en que os colonizadores relacionáronse con eles. O tema mostrará as diferencias xeográficas e temporais das distintas colonizacións; caracterizará cada un deses diversos modelos, facendo fincapé nas súas posibles analoxías e nas súas claras diferencias; e reflexionará sobre o impacto que cada un tivo no mundo americano, especialmente no relativo ao compoñente humano e socia. Prestarase atención específica aos casos portugués e británico.
6.1.Portugal e España , Francia, Holanda, Inglaterra no Novo Continente.
6.2.Brasil, Estados Unidos, Canada e o Caribe anglosaxón, Estados e diferencias nos modelos coloniais.
6.3.Impacto no mundo americano
Unidade 7. Fin da época colonial: reformas, revoltas, rebelións e resistencias
O tema dedica unha atención particular ao século XVIII, centuria tanto da madurez da colonización española como das principais reformas impulsadas pola Coroa, no que se coñece actualmente como “a segunda conquista”. Foi época ademais de rebelións e resistencias populares, de afianzamento do crioulismo e de disputas sociais de relevancia respecto ao dos séculos anteriores, clave para comprender a situación política e social, sobre todo, previa aos procesos de independencia que se producirán a comezos do século XIX.
7.1.As reformas borbónicas: principais transformacións socio - económicas e políticas
7.2.Antecedentes de Revoltas, rebelións e resistencias populares
7.3.Os crioulos ante o 1800
Bibliografía básica e complementariaBETHELL, Leslie: Historia de América Latina. Barcelona: Crítica, 1990-2002. 16 vols.
CARRERA DAMAS, Germán: Historia General de América Latina. Madrid-Paris: Trotta-UNESCO, 1999-2008. 9 vols.
Complementa
ANSALDI, Waldo: Historia de América Latina: una perspectiva sociológico-histórica, 1880-2006. Madrid: Dastin, 2006.
CAGIAO VILA, Pilar y Mª L. PAZOS PAZOS: Galicia e o mundo colonial americano. 2 vols. A Coruña: La Voz de Galicia, 2007.
CARMAGNANI, Marcelo: El otro Occidente. América Latina desde la invasión europea hasta la globalización. México: FCE, 2004.
CARMAGNANI, Marcelo, Alicia HERNÁNDEZ y Ruggiero ROMANO (coords.): Para una historia de América. 3 vol. FCE, México, 1999.
CHEVALIER, F., América Latina. De la independencia a nuestros días. México, FCE, 1999.
ELLIOT, John H.: El Viejo Mundo y el Nuevo. Madrid: Alianza, 1990.
ESCOBEDO MANSILLA, R.; A. ZABALLA BEASCOECHEA y O. ÁLVAREZ GILA (eds.): Metodología docente de la Historia de América. Pamplona, 1999.
ESTEVE BARBA, Francisco: Historiografía Indiana. Madrid: Gredos, 1992.
GERBI, Antonello: La disputa del Nuevo Mundo. Historia de una polémica, 1750-1900. México: FCE, 1982.
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Luis: El oficio de historiar. Zamora (México): El Colegio de Michoacán, 1991.
GUERRA VILABOY, Sergio: Tres estudios de historiografía latinoamericana. México: Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo, 2002.
LOCKHART, J. y SCHWARTZ, S. B.: América Latina en la Edad Moderna: una historia de la América española y el Brasil coloniales. Madrid, 1992.
LUCENA SALMORAL, Manuel (coord.), Historia de Iberoamérica, 3 vols. Madrid: Cátedra, 1988.
MALAMUD, Carlos: Historia de América. Madrid: Alianza, 2010.
MORALES PADRÓN, Francisco: Atlas Histórico-Cultural de América, 2 vols. Las Palmas de Gran Canaria.
MORÓN, Guillermo (dir.): Historia general de América. Caracas, 1991. Varios tomos.
MOYA PONS, Frank et al.: Historia del Caribe. Barcelona: Crítica, 2001.
PÉREZ, Joseph: Mitos y tópicos de la historia de España y América. Madrid: Algaba, 2006.
PÉREZ-BRIGNOLI, Héctor: Breve Historia de Centroamérica. Madrid: Alianza América, 1985.
SOLANO Y ARDOY
THOMAS, Hugh: El imperio español: de Colón a Magallanes. Barcelona: Planeta, 2006.
VEGA, J., P. OYAMBURU y A. VIVES: Una cronología de Iberoamérica. Madrid: Marcial Pons, 1994.
Medios Electrónicos.
PARES: Portal De Arquivos Españois
Os principais arquivos españois de o con fondos americanistas poden localizarse a través de este portal, así como unha parte dos recursos xa dixitalizados: Archivo General de Indias, Archivo General de Simancas y Archivo Histórico Nacional. Acceso: http://pares.mcu.es/
BIBLIOTECA CERVANTES VIRTUAL, BIBLIOTECA AMERICANA
Conten gran cantidade de documentos textuais y audiovisuais que permiten acercarse, entre outros, a espacios tan diversos como la literatura gauchesca, la cultura hispana en Estados Unidos o la creación mexicana; ol mundo barroco o a realidade mais contemporánea; a destacados acervos como los Fondos reservados de la Biblioteca Nacional de México o los Manuscritos de América en las Colecciones RealesAcceso: http://www.cervantesvirtual.com/seccion/ba/
REDIAL-CEEIB
Portal del Consejo Español de Estudios Iberoamericanos, que agrupa a las principais instituciones del americanismo español. Entre os seusrecursos se encontran algúns de especial interés académico: el acceso a las principais revistas americanistas existentes; actas de congresos americanos
CompetenciasCOGNITIVAS
- Coñecemento das principais correntes historiográficas de América.
- Comprensión do paso do tempo nos países americanos a partir do coñecemento e análise dos seus procesos históricos.
- Achegamento aos principais rasgos culturais das sociedades latinoamericanas en perspectiva diacrónica e atendendo á súa diversidade e multiculturalidade.
- Asimilación das diversas categorías teóricas e metodolóxicas relativas ás problemáticas analizadas para cada período.
- Capacidade para identificar as características fundamentais de cada período estudiado.
- Que o alumno adquira facultades para vincular a evolución histórica latinoamericana coa de España, Europa, Estados Unidos e outras rexións.
PROCEDIMENTAIS / INSTRUMENTAIS
- Aprendizaxe na búsqueda e utilización da bibliografía xeral e específica recomendada polo profesor, así como dos recursos de información vinculados ás TIC’s.
- Comprensión e manexo da terminoloxía específica da historiografía americanista para os períodos analizados.
- Capacidade para o análise de fontes e recursos de información de cara á realización dun traballo escrito: formulación de preguntas, pranteamento de hipóteses e obxectivos, e desenvolvemento da argumentación correspondinte.
- Capacidade de síntese e concreción para a elaboración de traballos escritos; manexo dos aspectos formais e de presentación.
- Desenvolvemento de competencias discursivas para a presentación oral dos traballos realizados.
ACTITUDINAIS
- Achegamento a outros universos culturais, fomento do seu estudio e respecto polas diferencias.
- Sensibilidade cara os problemas centrais na historia latinoamericana, sobre todo os relativos a cuestións de igualdade, diversidade socio - cultural, dereitos humanos, e medio ambiente.
- Disposición cara o aprendizaxe, o traballo persoal e a lectura de cara a cumprir cos obxectivos da materia.
- Disposición para o traballo en grupo e con responsabilidade compartida.
- Disposición cara o debate continuo (participación na aula) e específico (a partir do traballo propio), con capacidade para o razoamento, a exposición de argumentos e a autocrítica.
Metodoloxía da ensinanza DOCENCIA TEÓRICA
Impartida polo profesor en cada Unidade do temario. Ocupará aproximadamente o 55% da actividade docente xeral e, dado o calendario docente, arredor do 65% de cada Unidade. Nas sesións expositivas abordaranse as cuestións fundamentais que o alumno debe coñecer para cada tema. A través das súas explicacións, as preguntas do alumnado ou os debates que se establezan, o profesor buscará ofrecer un marco interpretativo (non descritivo) e de coñecemento axeitado que será complementado polo estudante coas lecturas recomendadas.
O profesor fará uso, tanto dentro coma fóra da aula, e para todas as Unidades do temario, de vos recursos que achegan as TIC's á aprendizaxe: presentacións en power point principalmente, así como materiais audiovisuais, recursos diversos de Internet, etc.
Haberá tres bloques de contidos diferenciados: a primeira Unidade, introdutoria ao curso e á DOCENCIA PRÁCTICA
Desenvolverase aproximadamente no 45% da actividade docente xeral, e arredor do 35% de cada Unidade. Ten como obxectivo principal tanto a adquisición das competencias establecidas coma a ilustración dos contidos que se expliquen nas sesións expositivas. Para a súa preparación, os alumnos contarán previamente con material de lectura ou análise: artigos, documentos, material dixital, audiovisual, etc., accesible na maior parte de vos casos a través da Aula Virtual.
TITORÍAS
Ademais das horas de Titoría que corresponden á materia e a realizar na
aula, o profesor estará a disposición do alumnado un tempo mínimo á semana
para que, individualmente ou en grupo, poida consultar dubidas ou ofrecer
asesoramento de cara ó traballo persoal que realice cada alumno/a.
Sistema de evaluaciónAVALIACION
A avaliación constará de tres partes:
1) Asistencia a un mínimo do 80% das clases expositivas, no 80% das clases interactivas e no 100% das actividades específicas (Titorías e Prácticas específicas). Unha falta de asistencia superior ao 20% supón a imposibilidade de ser avaliado. Dado que a asistencia é obrigatoria, non computa como unha porcentaxe específico da nota, pero si poderá ser tomada en conta de forma global.
2) Actividades prácticas (realización e participación activa na aula): 60% da cualificación
3) Proba escrita final: 40% da cualificación
Nota: Non se realizarán medias se nalgún de vos apartados non se obtén polo menos unha puntuación do 20% do especificado.
AVALIACIÓN CONVOCATORIA XULLO
Aqueles que ben por non superar o curso, ou ben por non se presentar á avaliación ordinaria (nin realizado a parte práctica previamente) e preséntense á proba escrita do mes de xullo, examinaranse nela de todos os contidos da materia. Isto significa tanto dos expositivos como dos interactivos que se visen ao longo do curso.
Tempo de estudo e traballo persoalSegundo a Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudantado á materia é:
a) Presenciais (exposicións teóricas, aulas interactivas, titorías e avaliación): 50 horas
b) Traballo persoal (estudio, redacción de traballos, preparación de actividades): 100 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Ter curiosidade e interese na aprendizaxe como bagaxe persoal, intelectual ehumano a adquirir, máis aló do mero feito da superación da materia e a cualificación a obter.
- Participación activa e consciente na aula, tanto nas exposicións teóricas como nas clases prácticas, como clave fundamental do proceso de aprendizaxe e de superación da materia.
- Aplicar desde o inicio das clases pautas regulares de traballo que permitan o seu seguimento continuado e un aproveitamento efectivo.
- Utilización da bibliografía de apoio en función das necesidades.
ObservaciónsOs estudantes deben implicarse de forma más activa na súa formación, e realizar un traballo continuado con novas prácticas docentes e de aprendizaxe.
E necesario asistir continuadamente as clases, e non faltar as titorias donde se compartirán os resultados das investigacións.