G5021226 - Historia Contemporánea I (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO coñecemento daqueles procesos, grandes liñas evolutivas e conceptos que faciliten ao alumno unha comprensión global do século XIX e que o capaciten intelectualmente para analizar de forma crítica o devir tanto histórico como do tempo presente, conseguindo:
1 Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade a fin de que o individuo e a sociedade en xeral poidan comprender o presente
2 Educar nos valores de igualdade, a paridade de xénero e a non discriminación, a través do coñecemento da loita por estos valores nos diferentes momentos históricos
3 Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica
4 Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador
5 Analizar os procesos sociais históricos e contemporáneos: comprender e/ou explicar problemáticas humanas e ofrecer solucións.
Contidos1.- A crise do Antigo Réxime. Sociedade, política e economía.
2.- O ciclo revolucionario liberal.
3.- As transformacións económicas. A consolidación da economía capitalista.
4.- Ideoloxías e sistemas políticos (I): O avance do liberalismo.
5.- Ideoloxías e sistemas políticos (II): O nacemento da democracia.
6.- Ideoloxías e sistemas políticos (III): Os movementos nacionalistas.
7.- A sociedade de clases e os movementos sociais. Movemento obreiro e proxecto socialista.
8.- Relacións internacionais e expansionismo imperialista: a paz armada (1871-1914).
Bibliografía básica e complementariaBASICA:
-Artola, M. e Pérez Ledesma, M., Contemporánea. La historia desde 1776, Alianza, Madrid, 2005.
-BRIGGS, A., El siglo XIX. Vol. X de la Historia de las Civilizaciones, Alianza, Madrid, 1989.
-HEFFER, J., SERMAN, W., 1989, De las revoluciones a los imperialismos, Madrid, Akal.
-PALMER, R. e COLTON, R. Historia Contemporánea, Akal, Madrid, 1980.
-SÁNCHEZ MANTERO, R., RUIZ MANJÓN, O., RUEDA, G., y DARDÉ, C., Manual de Historia Universal. Vol. 7: El siglo XIX, Historia 16, Madrid, 1994.
-STROMBERG, R.N., 1990, Historia intelectual europea desde 1789, Madrid, Ed. Debate.
-VILLARES, R., BAHAMONDE, A., 2001, El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus.
-ZAMAGNI, V., 2001, Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica.
MATERIAL DE APOIO:
-AA.VV., 2001, Diccionario de historia y política del siglo XX, Madrid.
-COOK, C., STEVENSON, J., 1994, Guía de Historia Contemporánea de Europa, Madrid, Alianza.
-COOK, C., 1997, Diccionario de Términos Históricos, Madrid, Alianza.
-KINDER, H., HILGEMANN, W., 1996, Atlas Histórico Mundial, vol. II: De la Revolución Francesa a nuestros días, Madrid, Itsmo.
Competencias-Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade, conceptualizando os fenómenos históricos.
-Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construcción.
-Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
-Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinales na propia língua.
-Capacidade para conceptualizar os fenómenos históricos da época.
-Capacidade para dilucidar as raíces históricas dos feitos presentes.
-Capacidade para relacionar e xerarquizar os coñecementos históricos.
Metodoloxía da ensinanza Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura, e de acordo co estipulado na Memoria de Grao da titulación de Historia, utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
- Clase interactiva na que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Titorización personalizada.
Sistema de evaluaciónA avaliación constará de tres partes:
1. O 30% da cualificación final avalía os traballos realizados polo alumno en relación cos contidos traballados nas aulas interactivas.
2. O 60% avalía as probas realizadas en relación cos contidos traballados nas aulas expositivas. Esta porcentaxe distribúese á súa vez nun 20% que valora un comentario de texto realizado polo alumno ao longo do cuadrimestre e un 40% que é a proporción adxudicada na cualificación final á realización dun exame.
3. O 10% avalía a asistencia ás aulas e a participación nas mesmas.
Para aprobar a materia, será preciso cando menos acadar un 50% da puntuación máxima en cada un dos apartados 1 e 2, así como obter como mínimo un 50% na puntuación global.
Na convocatoria extraordinaria, o alumno/a debe concorrer en todo caso na data, hora e lugar fixados para o exame, aínda que a casuística pode ser variada, en función do que cada quen precise recuperar:
1. Realización dunha proba escrita sobre os contidos tratados nas aulas expositivas (intentando recuperar o 60% da cualificación final), mantendo no 40% restante vinculado ás aulas expositivas e á asistencia a cualificación obtida na convocatoria ordinaria.
2. Viceversa, presentación do dossier de prácticas vinculado aos temas traballados nas aulas interactivas (intentando recuperar o 30% da cualificación), mantendo para o 70% restante as cualificacións obtidas na convocatoria ordinaria.
3. Realización dunha proba escrita e presentación do dossier de prácticas, intentando recuperar a totalidade da cualificación da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalDe acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 15 horas
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Avaliación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Aplicar desde o inicio das clases pautas regulares de traballo.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- Consulta habitual dun atlas e dun dicionario histórico.
- Consulta dos manuais e das monografías de apoio que lle permitan ao alumno relacionar informacións de procedencia diversa.