Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021321 - Historia de Galicia I (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna
  • Áreas: Historia Medieval
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PORTELA SILVA, ERMELINDO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
G5021321/CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Favorecer o coñecemento racional e crítico do pasado social de Galicia na época medieval, co fin de obter ferramentas útiles para a comprensión do presente.
    - Educar nos valores da igualdade, a paridade de xénero e a non discriminación, a través do coñecemento da loita por estes valores no momento histórico que se estuda.
    - Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
    - Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador.
    - Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.

    Contidos
    Introdución
    Tema 1. Delimitación conceptual, cronolóxica e espacial da Historia Medieval de Galicia.
    I. Continuidade e transición nos séculos VIII ao XI
    Tema 2. Galicia na época tardoantigua e xermánica
    Tema 3. Galicia, na fronteira co Islam
    Tema 4. Paisaxes da Alta Idade Media
    Tema 5. Mulleres e homes na Alta Idade Media
    II. A plenitude da Galicia feudal (séculos XII e XIII)
    Tema 6. As transformacións na organización do espazo: o mundo rural
    Tema 7. As transformacións na organización do espazo: o mundo urbano
    Tema 8. Galicia, un reino na Hispania medieval
    Tema 9. A Igrexa galega nos séculos XII e XIII
    III. O tempo das revoltas (séculos XIV e XV)
    Tema 10. Tempos de crise
    Tema 11. A vida das mulleres na Galicia medieval
    Tema 12. Evolución das estruturas familiares
    Tema 13. Mentalidade e relixiosidade
    Tema 14. A guerra irmandiña como expresión das contradicións internas da sociedade feudal.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    PALLARES, Mª C., PORTELA, E., Galicia na época medieval, A Coruña, 1991.
    PALLARES, Mª C., PORTELA,E., Da Galicia antiga á Galicia feudal (séculos VIII-XI), vol. 1: Mulleres, homes e paisaxes; vol. 2: Poder e mentalidade. En A Gran Historia de Galicia, t. IV, Arrecife-La Voz de Galicia, 2007.
    PALLARES, Mª C., PORTELA,E., De Xelmírez aos Irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII-XV), vol. 1: Campos e cidades nun espacio redefinido; vol. 2: O encadramento social e a loita polo poder. En A Gran Historia de Galicia, t. V, Arrecife-La Voz de Galicia, 2007.
    PALLARES, Mª C., PORTELA, “Historia Medieval”, en Atlas Histórico. Galicia, Vigo, 1998, pp. 6-58.

    Bibliografía complementaria:


    ANDRADE CERNADAS, J.M., Monxes e mosteiros na Galicia medieval, Santiago de Compostela, 1995.
    ARMAS CASTRO, J., Pontevedra en los siglos XII a XV. Configuración y desarrollo de una villa marinera en la Galicia medieval, Pontevedra, 1992.
    BARROS GUIMERÁNS, C., ¡Viva el-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996.
    FERREIRA PRIEGUE, E., Galicia en el comercio marítimo medieval, A Coruña, 1988.
    GONZÁLEZ VÁZQUEZ, M., El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media (1150-1400), A Coruña, 1996.
    ISLA FREZ, A., La sociedad gallega en la Alta Edad Media, Madrid, 1992.
    LÓPEZ ALSINA, F., La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, Santiago de Compostela, 1988.
    LÓPEZ CARREIRA, A., A cidade de Ourense no século XV. Sociedade urbana na Galicia baixomedieval, Ourense, 1998.
    PALLARES MÉNDEZ, Mª C., El monasterio de Sobrado. Un ejemplo del protagonismo monástico en la Galicia medieval, A Coruña, 1979
    PALLARES MÉNDEZ, MªC., Historia das mulleres en Galicia. Idade Media, Santiago de Compostela, 2ª ed., 2003.
    PALLARES MÉNDEZ, MªC, Ilduara, una aristócrata del siglo X, 2º ed. revisada y ampliada, A Coruña, 2004.
    PALLARES, MªC. y PORTELA, E., La reina Urraca, San Sebastián, 2006.
    PASTOR, R. et alii, Poder monástico y grupos domésticos en la Galicia foral (siglos XIII-XV), Madrid, 1990.
    PASTOR, R. et alii, Transacciones sin mercado: instituciones, propiedad y redes sociales en la Galicia monástica 1200 – 1230), Madrid, 1999.
    PÉREZ RODRÍGUEZ, Fco. J., La Iglesia de Santiago de Compostela en la Edad Media: el cabildo catedralicio (1100-1400), Santiago de Compostela, 1996.
    PORTELA SILVA, E., La colonización cisterciense (1142-1250),Santiago de Compostela, 1981.
    PORTELA SILVA, E., García II de Galicia. El rey y el reino. Burgos, 2001.
    PORTELA SILVA, E. (coord.), Historia da cidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2003.
    PORTELA, E. y PALLARES, MªC, De Galicia en la Edad Media. Sociedad, espacio y poder, Santiago de Compostela, 1993.
    PORTELA, E., PALLARES, MªC, y SANCHEZ, X.M., Rocha Forte. El castillo y su historia, Santiago de Compostela, 2004.
    RÍOS RODRÍGUEZ, Mª L., As orixes do foro na Galicia medieval, Santiago de Compostela, 1993.
    RODRÍGUEZ NÚÑEZ, C., Los conventos femeninos en Galicia. El papel de la mujer en la sociedad medieval, Lugo, 1993.
    VÁZQUEZ DE PARGA, L., LACARRA, J. Mª y URÍA, J., Las peregrinaciones a Santiago de Compostela, 3 tomos, Madrid, 1948.

    Competencias
    - Coñecer, analizar, interpretar e transmitir a historia de Galicia nos séculos V ao XV.
    - Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción.
    - Adquirir conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
    - Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua.
    - Coñecer as principais claves explicativas das sociedades do pasado (clase, etnia, xénero, etc.).
    - Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa.
    - Traballar en equipo con responsabilidade compartida.
    - Comunicar información e ideas de xeito claro e efectivo en público.
    - Contribuír á inculcación de actitudes de tolerancia e respecto polos puntos de vista que se derivan de tradicións históricas e culturais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Co obxecto de facilitar e racionalizar o ensino da materia utilizaranse os seguintes procedementos:
    - Clases expositivas, nas que que se explicarán os contidos teóricos. Actividade presencial na aula. En todas as sesións se usarán presesentaciones con ordenador que incluirán: guión do tema explicado, mapas, cadros estatísticos, gráficos e imaxes ilustrativas. Os alumnos dispoñerán dun esquema detallado de cada tema, cos textos asociados en cada caso e a bibliografía pertinente.
    - Clases interactivas, nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia. Dedicaranse a comentarios de texto preparados e expostos polos alumnos a partir do traballo en grupo, e seminarios monográficos sobre a base da lectura previa común dun libro sobre un tema significativo na materia. Incluiranse, ademais, como actividades do curso, a visita ao Arquivo da Catedral de Santiago e un percorrido pola cidade de Santiago, que, guiado polo profesor, destacará as pegadas visibles da súa orixe e desenvolvemento medievais.
    - Tutorización personalizada. En grupo reducido, o profesor orientará e dinamizará a marcha dos traballos realizados polos alumnos, de modo especial a elaboración do comentario de texto e a crítica de libros asignados a cada grupo.

    Sistema de evaluación
    Avaliación continua.
    A presenza e participación activa nas actividades desenvolvidas na aula é instrumento principal para a consecución dos obxectivos da materia e será tida en conta como elemento da avaliación. A realización das actividades prácticas e do traballo nos seminarios será obxecto dunha valoración específica. Todos os alumnos entregarán un breve traballo escrito (5 folios mecanografados, como máximo) sobre as lecturas que realizasen con vistas á súa discusión en seminario e outro (de 2 folios mecanografados, como máximo), acerca do texto que lles correspondese preparar. Os alumnos darán conta do nivel de coñecementos adquiridos na materia mediante unha proba escrita. A cualificación final da materia resultará da integración proporcionada dos elementos sinalados: asistencia e participación (20%), actividades prácticas e de seminario (40%), exame (40%).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    De acordo co sistema de cómputo ECTS, os alumnos dedicarán a esta materia un total de 150 horas de traballo. Delas, o 30% (45 horas) corresponden ás actividades presenciais na aula e o 70% restante ao traballo persoal e en grupo fóra da aula.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É conveniente ter cursado as materias de Historia Medieval I e Historia Medieval II.
    É recomendable posuír coñecementos básicos de lingua latina e de idiomas estranxeiros de uso na comunidade científica.

    Observacións
    A asistencia ás sesións lectivas será controlada sempre polo profesor e quedará constancia escrita dela. O profesor valorará o grao de integración e de comprensión da materia polos alumnos, a través das intervencións destes nas clases, seminarios e titorías.