Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021323 - Historia Antiga da Península Ibérica (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia I
  • Áreas: Historia Antiga
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
G5021323CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Francés
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo esencial que se procura coa docencia desta materia é que o alumno tome consciencia do carácter complexo das sociedades antigas peninsulares, das súas especificidades, das dificultades que temos para acercarnos con coñecemento a elas, por causa das noticias escasas e o dificultoso de manexar os distintos camiños de coñecemento, textos, epigrafía, arqueoloxía.
    Insístese, igualmente, na necesaria prudencia e abertura de perspectivas para examinar e extraer conclusións duns pobos dos que nos chegan visións moi deformadas xa desde os tempos latinos e nos que a época contemporánea engadiu aproximacións ahistóricas, en temas como o problema da orixe dos pobos peninsulares, das que son ejemplos o vascoiberismo ou o celtismo.
    Por último, a docencia desta materia trata de subliñar o feito de que a Historia da Península Ibérica na Antigüidade está moi relacionada coa historia do mundo mediterráneo. Fenómenos como as colonizacións fenicia, grega e cartaxinesa e a conquista e integración de Hispania por Roma son unha demostración da inutilidade de perspectivas á marxe do desenvolvemento da historia antiga xeral do Mediterráneo

    Contidos
    O temario da materia organízase en torno a tres grandes bloques temáticos: Colonizacións Mediterraneas, Pobos perromanos e Conquista e Romanización, e desenvolverase arredor dos seguintes epígrafes que pasamos a enumerar:

    1.- A colonización fenicia
    2.- A colonización grega
    3.- A colonización púnica
    4.- A etnografía da Península Ibérica. Indoeuropeos e non indoeuropeos
    5.- Os pobos do sur: tartesos e turdetanos
    6.- Os iberos
    7.- Os pobos do centro e oeste peninsular: lusitanos e vetóns
    8.- Os pobos da Meseta Norte: celtiberos e vacceos
    9.- Os pobos do norte e noroeste: a cultura castrexa
    10.- Roma e Hispania: a loita contra Cartago e a conquista do sur e do leste peninsular
    11.- A conquista de Hispania durante a República. Transformacións en Hispania
    12.- Hispania e o Imperio: a política de César e Augusto
    13.- A romanización: a extensión da civilización romana en Hispania.
    14.- Os cambios xurídicos e políticos: Ius latii, cidadanía romana, etc.
    15.- A Hispania do século III e Baixo Imperial
    16.- O final da Hispania romana e os reinos xermánicos no s. V

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    HISTORIA DE ESPAÑA ANTIGUA: Ed. Cátedra:
    Tomo 1: BLÁZQUEZ, J. M.; PRESEDO, F.; LOMAS, F. J, FENÁNDEZ NIETO, F. J.: Protohistoria
    Tomo II: BLÁZQUEZ, J. M.; MONTENEGRO, A.; ROLDÁN, J. M.; MANGAS, J., et Alii: Hispania Romana.
    SALINAS DE FRIAS, M.: Los pueblos prerromanos de la península ibérica. Ed. Akal, Madrid, 2006.
    MONTENEGRO (coord.): Historia de España, 2. Colonizaciones y formación de los pueblos prerromanos (1200-218 a. C.) Ed. Gredos, Madrid, 1989.
    ROLDÁN HERVÁS, J. M. ; WULFF ALONSO, F. : Citerior y Ulterior. Las provincias romanas de hispania en la era republicana. Ed. Istmo, Madrid, 2001
    SÁNCHEZ-MORENO, EDUARDO (COORD.) ; DOMÍNGUEZ MONEDERO, ADOLFO J., GÓMEZ-PANTOJA JOAQUÍN L.: Protohistoria y antigüedad de la Península Ibérica. Madrid : Silex, 2007-2008
    Vol.1: Las Fuentes y la Iberia colonial
    Vol.2: La Iberia prerromana y la romanidad

    COMPLEMENTARIA:
    Abascal, J. M.; U. Espinosa. La ciudad hispano-romana: privilegios y poder. Logroño, 1989.
    Álvarez Sanchís, J. Los señores del ganado. Arqueología de los pueblos prerromanos en el occidente de Iberia. Madrid, 2003.
    Arce, J. El último siglo de la España romana. Madrid, 2009.
    Aubet, Mª. E. (coord.). Tartessos. Arqueología protohistórica del Bajo Guadalquivir. Barcelona, 1989.
    Aubet, Mª E.: Tiro y las colonias fenicias de Occidente. Barcelona, 1994
    Bendala, M. Tartesios, iberos y celtas. Madrid, 2000.
    Blázquez, J. M.; J. Alvar; C. G. Wagner. Fenicios y cartagineses en el Mediterráneo. Madrid, 1999.
    Bravo Catsañeda, G. Hispania y el Imperio. Madrid, 2007.
    Burillo, F. Los Celtíberos. Etnias y Estados. Zaragoza, 1.998.
    Chaín Galán, A.; J. I. de la Torre Echávarri. Celtíberos. Tras la estela de Numancia (Catálogo exposición). Soria, 2005.
    Caro Baroja, J.: Los pueblos de España. Ed. Istmo. Madrid, 1987
    Díaz Martínez, P. C.; C. Martínez Maza; F. J. Sanz Huesma. Hispania tardoantigua y visigoda. Madrid, 2007.
    Frankenstein, S. Arqueología del colonialismo. Barcelona, 1997.
    Gómez Espelosín, F. J. Guerras ibéricas. Aníbal. Madrid, 2006.
    Gómez Espelosín, F. J. Iberia e Hispania. Recursos para el estudio de la historia de la España antigua. Alcalá de Henares, 2011.
    Gracia Alonso, F. Roma, Cartago, íberos y celtíberos: las grandes guerras en la Península Ibérica. Barceloa, 2006.
    Gracia Alonso, F. ( coord.). De Iberia a Hispania. Barcelona, 2008.
    Harrison, R. J. España en los albores de la historia: iberos, fenicios, griegos. Madrid, 1989.
    Le Roux, P. Romanos de España: ciudades y política en las provincias, siglos II a. C.-III d. C., Barcelona, 2006.
    López Castro, J. L. Hispania Poena. Los fenicios en la Hispania romana. Barcelona, 1993.
    Lorrio, A. J. Los Celtíberos (Complutum, extra 7). Madrid, 1997.
    Maya, J. L. Celtas e iberos en la península ibérica. Barcelona, 1999
    Martín Almagro; Arteaga;Blech; Ruíz Mata; Schubart. Protohistoria de la Península Ibérica. Barcelona, 2001
    Menéndez Fernández, M. (coord.) Prehistoria y Protohistoria de la Península Ibérica. Madrid, 2007.
    Richardson, J. S. Hispania, provincia imperial. Madrid, 2007.
    Roldán Hervás, J. M. La Hispania romana, Madrid, 1987.
    Roldán Hervás, J. M. (dir.). Diccionario Akal de la Antigüedad hispana. Madrid, 2006.
    Salinas de Frias, M.: El gobierno de las provincias hispanas durante la República romana ( 218-27 a. C.). Salamanca, 1999
    Santos Yanguas, J. Los pueblos de la España antigua. Madrid, 1997.
    Competencias
    O alumno debe, no decurso da materia, adquirir:

    - Un coñecemento do desenvolvemento histórico e das características das sociedades de Hispania desde o inicio do proceso colonial ata o fin da romanidade.

    - Debe tomar consciencia dos problemas que temos para ese coñecemento centrados en:
    - Insuficiencia das fontes literarias e a epigrafía.
    - Importancia da arqueoloxía como fonte de coñecemento para complementar as fontes l iterarias e a epigrafía ou para proporcionar datos ausentes nestas.

    - Necesidade de comprender a diversidade de solucións e hipóteses para a resolución de problemas históricos que diversos investigadores ou escolas históricas propoñen. En suma, o carácter aberto, provisorio e sempre en renovación dos nosos coñecementos

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia impartirase segundo o horario establecido, procurando promover unha aprendizaxe activa a través das actividades interactivas e de tutoría, a través das que se disporá unha ensinanza e unha aprendizaxe activas, con actividades de avaliación continua e formativa para implicar o estudantado na materia de forma continuada ao longo de todo o cuadrimestre. Esta ensinanza incluirá:

    1-Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.

    2-Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia. Nelas faranse comentarios de fontes clásicas; analizaranse mapas históricos e fontes arqueolóxicas; realizaranse lecturas críticas; e proxectaranse recursos audiovisuais. É tamén unha actividade presencial na aula.
    Todos os alumnos presentarán obrigatoriamente por escrito un comentario elaborado sobre os materiais obxecto das clases prácticas, que constitúen as actividades academicamente dirixidas.

    3-Actividade práctica de campo (en dia que o horario oficial estabelece), obligatoria e avaliable e que se concretará no seu momento, en función das posibilidades organizativas e as disponibilidades económicas para o seu financiamento.

    4-Titoría personalizada.



    Sistema de evaluación
    Valorarase o rendemento e a aprendizaxe adquirida a través dunha combinación equilibrada entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final. Na primeira valorarase o esforzo e o progreso na aprendizaxe e incentivarase unha dedicación constante á materia ao longo do cuadrimestre. A segunda permitirá valorar os resultados da aprendizaxe.

    A avaliación constará de tres partes:
    - un exame dos contidos teóricos desenvolvidos nas horas expositivas e na actividade práctica presencial que se realizará no lugar, día e hora estabelecidos pola secretaría desta facultade (40 % da nota final).

    -participación nas actividades prácticas das clases interactivas e realización das actividades e traballos das clases interactivas e das prácticas de campo, e realización das actividades e traballos programados nas mesmas (30 % da nota).

    -traballo persoal ou grupal (de iniciación á investigación ou de recensión bibliográfica) sobre unha área temática concreta da materia (30 % da nota)

    Avaliación extraordinaria: mantendo as percentaxes respectivas, repetirase aquela parte non superada e, de ser o caso, entregaranse os traballos demandados e non realizados na convocatoria ordinaria.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Consoante co sistema europeo de créditos ECTS, corresponde ao alumno para esta materia unha dedicación de 150 horas:

    Actividades presenciais:
    - Horas expositivas : 32
    - Horas interactivas : 16
    - tutoría personalizada: 2
    Total 50 horas

    Actividades non presenciais:
    O resto, ata completar as 150, son horas de estudo e de traballo individual destinado á preparación das actividades nas clases, realización dos traballos e preparación do exame final.



    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase unha participación activa nas clases teóricas e prácticas, procurando levar a materia ao día co seu estudo continuado ao longo do cuadrimestre.
    Realizar as prácticas coa menor dilación posible e, para a realización do traballo de curso, trazar desde o comezo das clases un programa de traballo supervisado polo profesor.
    Recoméndase ademais, que se consulte có profesor o mais cedo posíbel dentro do primeiro mes de clase, para decidir a elección do tema de traballo de curso.
    É conveniente que o alumnado procure contar con coñecementos básicos de lingua latina e ser capaz de ler bibliografía nalgunha lingua de referencia (inglés, francés, etc.)
    Observacións
    A materia impártese en lingua galega, mais serán atendidas as necesidades dos alumnos dos programas de intercambio SICUE-SENECA ou ERASMUS, con titorías especiais que aseguren o seguimento satisfactorio das actividades, con atención especial ás horas expositivas.
    Os alumnos partícipes dalgún deses programas deben consultar co profesor ao inicio do curso.