G5021325 - Historia Contemporánea de España I (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDESCRIPTOR DA MATERIA
-----------------------------
A materia aborda os principais procesos e factores históricos que incidiron na configuración da España actual no período que vai dende a Guerra da Independencia e as Cortes de Cádiz (1808-1814) ata o final do réxime da Restauración (1923):
(1) A Revolución Liberal: a construción do Estado liberal e a reordenación territorial da Administración na España do século XIX e inicios do XX.
(2) As ideoloxías e sistemas políticos en pugna: Liberalismo; Republicanismo; Carlismo; Democracia; Autoritarismo e Fascismo.
(3) A construción da economía de mercado. Desenvolvemento industrial e modernización agraria: bases; etapas; debate historiográfico.
(4) Xestación da moderna sociedade de clases e conflitividade social: novas élites; clases medias; a clase obreira.
(5) A xénese da cuestión nacional. Dos rexionalismos aos nacionalismos periféricos.
OBXECTIVOS
----------------
O/A alumno/a deberá coñecer:
(O-1) A estrutura diacrónica xeral da Historia contemporánea de España.
(O-2) Os procesos de continuidade e cambio dos dous últimos séculos –políticos, económicos, sociais e culturais-, incluíndo as variantes e peculiaridades territoriais que foron conformando a España contemporánea.
(O-3) Os factores/axentes que foron configurando a sociedade española contemporánea, e con eles as principais claves explicativas do pasado.
(O-4) As distintas perspectivas adoptadas e principais debates historiográficos producidos en torno a cuestións centrais da materia a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construción.
ContidosPRESENTACIÓN
------------------
DA CRISE Á QUEBRA DA MONARQUÍA ABSOLUTA EN ESPAÑA
TEMA 1
---------
REVOLUCIÓN E CONSTRUCCIÓN DO ESTADO LIBERAL NA ESPAÑA DO SÉCULO XIX
• A Guerra de Independencia e o Xuntismo.
• A Revolución: as Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.
• Da Restauración Absolutista ó Estatuto Real: unha saída pactada pero insuficiente.
• As forzas políticas en liza. A Guerra Carlista.
• A consagración do réxime liberal:
Da Revolución de 1837 ó triunfo do Moderantismo doutrinario baixo na etapa isabelina.
• A Gloriosa Revolución e o Sexenio Democrático.
TEMA 2
---------
XESTACIÓN DA ECONOMÍA DE MERCADO E DA SOCIEDADE DE CLASES NA ESPAÑA DO XIX:
PRINCIPAIS REFORMAS E BALANCE
• Os principios do Liberalismo económico.
• A reforma agraria liberal: a propiedade da terra.
• Liberalización da explotación dos recursos e do mercado interior. A reforma fiscal.
• Cambios e inercias na marcha da economía española:
comercio, minería, banca, agricultura e industria.
• Vellas e Novas Élites: a nova oligarquía liberal.
TEMA 3
---------
O RÉXIME DA RESTAURACIÓN:
A CULMINACIÓN DO DOMINIO DA OLIGARQUÍA FRONTE ÓS DESAFÍOS DEMOCRÁTICOS
• A Restauración da Monarquía Liberal: proceso, axentes e fundamentos normativos.
• O sistema Canovista: Partidos dinásticos, Turnismo, e Centralismo clientelar.
• A fin do Imperio español: do esplendor das Antillas ó Desastre do 98.
• Os efectos desestabilizadores do 98.
• Da crise á descomposición do réxime da Restauración baixo o reinado de Alfonso XIII.
TEMA 4
---------
MODERNIZACIÓN ECONÓMICA E "CAPITALISMO NACIONAL" ENTRE OS DOUS SÉCULOS
• Expansión e modernización da industria e as finanzas.
• Da crise finisecular á modernización do sector agrario.
• Transición demográfica e movementos migratorios.
• A clase obreira e a nova cultura fabril:
condición e rasgos nunha España de desenvolvemento desigual.
• Asociacionismo obreiro e mobilización na longa duración.
Do primeiro activismo ó sindicalismo da etapa internacionalista:
fundamentos ideolóxicos, bases sociais, principais axentes e estratexias de loita.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-------------------------
ESDAILE, Ch. J. y TUSELL, J., Época contemporánea: 1808-2004. Vol. 6 de Historia de España dirigida por John Lynch, Barcelona, Crítica, 2007.
DONEZAR, J. et alii, Historia de España. Contemporánea. Siglos XIX y XX, Madrid, Sílex, 2008.
FUSI, J.P.; PALAFOX, J., España 1808-1996. El desafío de la modernidad, Madrid, Espasa Calpe, Madrid.
BAHAMONDE, A.; MARTÍNEZ, J.A., Historia de España: siglo XIX, Madrid, Cátedra, 1994.
CARRERAS, A.; TAFUNELL, X., Historia económica de la España contemporánea, Crítica, Barcelona, 2003.
SHUBERT, A., Historia social de España (1800-1990), Madrid, Nerea, 1991.
TEMA 1
--------
FONTANA, J., La época del liberalismo, Madrid, Crítica/Marcial Pons, 2007.
FUENTES, J. Fr., El fin del Antiguo Régimen (1808-1868). Política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2007.
VARELA SUANZES-CARPEGNA, J., Política y Constitución en España (1808-1978), Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2007.
MARICHAL, C., La Revolución liberal y los primeros partidos políticos en España, 1834-1844, Madrid, Cátedra, 1980.
MARCUELLO, I., La práctica parlamentaria en el reinado de Isabel II, Madrid, Congreso de los Diputados, 1986.
TEMA 2
--------
BARCIELA, C. et alii (eds.), La historia económica en España y Francia (siglos XIX y XX), Alicante, Universidad de Alicante, 2006*.
SÁIZ, C.; VIDAL, J., El fin del Antiguo Régimen: 1808-1868. Economía, Madrid, Síntesis, 1996.
COMÍN, Fr. (ed.), 150 años de historia de los ferrocarriles españoles, Madrid, Anaya, 1998.
NADAL, J.; CARRERAS, A. (coord.), Pautas regionales de la industrialización española (siglos XIX-XX), Barcelona, 1990.
ROMERO MARÍN, J., La construcción de la cultura del oficio durante la industrialización, Barcelona, 1814-1860, Barcelona, Icaria, 2005.
TEMA 3
--------
SUÁREZ CORTINA, M., La España liberal (1868-1917). Política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2006.
BARRIO ALONSO, A., La modernización de España (1917-1939). Política y Sociedad, Madrid, Síntesis, 2004.
VARELA ORTEGA, J., Los amigos políticos. Partidos, elecciones y caciquismo en la Restauración, 1875-1900, Madrid, Marcial Pons, 2001 (ed. orig. 1977).
PAN MONTOJO, J. (coord.), Más se perdió en cuba. España, 1898 y la crisis de fin de siglo, Madrid, Alianza, 2006.
TEMA 4
--------
SÁNCHEZ MARROYO, F., La España del siglo XX. Economía, demografía y sociedad, Madrid, Istmo, 2003.
BERNAL, A.M., PAREJO, A., La España liberal (1868-1913). Economía, Madrid, Síntesis, 2001.
PAREJO BARRANCO, A.; SÁNCHEZ PICÓN, A., La modernización de España (1914-1939): Economía, Madrid, Síntesis, 2007.
FRAILE, P., Industrialización y grupos de presión. La economía política de la protección en España 1900-1950, Madrid, Alianza, 1991.
RIVERA, A., Los movimientos sociales en la España contemporánea, Madrid, Abada editores, 2008.
CompetenciasCOMPETENCIAS ESPECÍFICAS
---------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CE-1) Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural da España contemporánea en xeral ou dalgún dos seus ámbitos espaciais en particular.
(CE-2) Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes da España contemporánea.
(CE-3) Explicar en termos históricos a diversidade que presenta territorialmente falando a sociedade da España contemporánea.
(CE-4) Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
(CE-5) Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ó tránsito e máis ó ámbito da Contemporaneidade.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
-----------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CT-1) Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas.
(CT-2) Elaborar con rigor un traballo de síntese histórica, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais disponibles.
(CT-3) Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
(CT-4) Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información disponible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
Metodoloxía da ensinanza 1.- CLASES EXPOSITIVAS
----------------------------
Dedicadas á explicación de contidos teóricos: véxase temario.
Actividade presencial na aula.
2.- CLASES INTERACTIVAS
-----------------------------
Dedicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos, e orientadas tanto á adquisición das destrezas contempladas no apartado sobre competencias -en especial as específicas- como a profundizar sobre aspectos tratados nas clases expositivas:
2.1.- Comentario de textos, gráficos, etc.
2.2.- Definición en termos históricos de conceptos fundamentais do período.
2.3.- Seminarios sobre las lecturas a realizar.
2.4.- Proxección de documentais.
3.- ACTIVIDAD ACADEMICAMENTE DIRIGIDA (A.A.D)
------------------------------------------------------------
Lectura e elaboración por escrito para entregar nas datas estipuladas de varios artigos sobre cuestións transversais claves da materia, que poderán ser obxecto de seminario nalgunha das clases interactivas.
4.- TITORIZACIÓN PERSONALIZADA
----------------------------------------
Dedicada a orientar a elaboración dos traballos e a comentar o resultado dos mesmos.
Sistema de evaluaciónA AVALIACIÓN CONSTARÁ DE DÚAS PARTES:
1) O 60% da calificación procederá da avaliación continua: os traballos a entregar ó longo do curso a partir das lecturas establecidas; os textos e/ou proxeccións a comentar; as intervencións nas clases de seminario, etc.
2) O 40% restante procederá dunha proba escrita sobre as cuestións impartidas na aula.
Nos casos nos que a calificación do examen sexa inferior a 4, non se fará media coa parte práctica.
A realización das prácticas é condición obrigada para poder presentarse ó examen.
Na convocatoria de xullo, os alumnos quer suspenderan a parte práctica terán que examinarse de materia da mesma.
CRITERIOS conforme ós cuais calificaranse os traballos dos alumnos:
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica e razonamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
Tempo de estudo e traballo persoal30 horas presenciais de clases expositivas en grupo completo
60 horas de estudio persoal
10 horas presenciais de clases interactivas
46 horas de lecturas e de elaboración de traballos (actividade academicamente dirixida,AAD)
2 horas de prácticas de campo
2 horas de exame
TOTAL: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Ter cursado a materia de "Historia Contemporánea Universal"
- Ter cursado as materias correspondentes aos periodos históricos precedentes.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- Consulta habitual dun atlas e dun dicionario histórico.
- Consulta dos manuais e das monografías de apoio que lle permitan ao alumno relacionar informacións de procedencia diversa.
ObservaciónsA asistencia é obrigatoria, máxime ó basearse a materia no sistema da avaliación continua.
Consonte ó establecido pola normativa en vigor, no ccaso de que non se asista a polo menos o 80% das clases, o alumno perderá o seu dereito á avaliación.