Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021326 - Historia Contemporánea de España II (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Artiaga Rego, M Aurora.SI
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
G5021326/CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os alumnos/as deberán:

    1.- Coñecer o conflicto dictadura democracia na España do século XX. A fraxilidade da democracia e dos seus valores.

    2.- Insertar a evolución histórica do Estado español nos contextos europeo e mundial.

    3.- Coñecer e empregar a cronoloxía como instrumento para compartimentar, definir e comprender a historia e os seus preocesos.

    4.- Manexar interpretacións radical ou matizadamente diferentes respecto de asuntos controvertidos do século XX español para ser quen de elaborar unha interpretación propia.



    Contidos
    1.- Debate historiográfico sobre o século XX español: modernización e atraso nos ámbitos sociopolítico e económico.

    2.- Transformacións económicas e cambio social no primeiro tercio do século XX.

    3.- Dictadura e República na España de entreguerras.

    4.- Guerra civil e formación do franquismo, 1939-1945.

    5.- A longa dictadura franquista, 1945-1975.

    6.- Transición e democracia en España, 1975-2000.
    Bibliografía básica e complementaria
    BAHAMONDE, A. (Coord.) (2000): Historia de España s. XX (1875-1939), Madrid, Cátedra (3 vols).

    BARCIELA, C. et al. (2001): La España de Franco, 1939-1975. Economía. Madrid, Síntesis.

    BARRIO ALONSO, A. (2004): La modernización de España (1917-1939). Política y Sociedad,Madrid, Síntesis.

    CARRERAS, A. et al. (2004): Historia económica de la España contemporánea, Barcelona, Crítica.

    CASANOVA, J. (2007): República y guerra civil, en J. Fontana, R. Villares (dirs.) Historia de España, Barcelona, Crítica, vol.8.

    CASANOVA,J.; GIL ANDRES, C. (2009): Historia de España en el siglo XX, Barcelona, Ariel.

    CAZORLA, A. (2000): Las políticas de la victoria (1938-1953) La consolidación del nuevo estado
    franquista (1938-1953). Madrid, Marcial Pons.

    CRUZ, R. (2006): En nombre del pueblo. República, rebelión y guerra en la España de 1936, Madrid, S. XXI.

    GONZALEZ CALLEJA, E.. (2005): La España de Primo de Rivera. La modernización autoritaria 1923-1930, Madrid, Alianza Editorial.

    JULIA, S. et al. (2007): La España del Siglo XX. Madrid, Marcial Pons Historia.

    MARTINEZ, J.A. (1999): Historia de España s.XX(1939-1996), Madrid, Cátedra.

    MOLINERO, C.; YSAS, P. (2008): La anatomía del franquismo. De la supervivencia a la agonía, 1945-1977. Barcelona, Crítica.

    MORADIELLOS, E.(2000): La España de Franco(1939-1975. Política y sociedad, Madrid, Síntesis.

    QUIROGA DE SOTO, A. (2008): Haciendo españoles. la nacionalización de las masas durante la dictadura de Primo de Rivera,(1923-29), Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.

    RIQUER, B. de (2010): La dictadura de Franco, Barcelona, Crítica, vol. 10.

    SAZ, i. (2004), Fascismo y franquismo, Valencia, Universidad.


    Competencias
    Específicas:

    1.- Capacidade para conceptualizar os fenómenos históricos do período analizado, así como para relacionar e xerarquizar os coñecementos históricos.

    2.- Identificar e analizar as relacións entre asuntos, problemas ou procesos do período 1923-1975 con situacións e problemas actuais.

    3.- Empregar materiais documentais, gráficos, hemerográficos, cartográficos e fílmicos para recoñecer e definir un contexto histórico.

    4.- Repensar históricamente o presente.


    Transversais:

    1.- Desenvolver as dotes do pensamento analítico: capaz de distinguir os detalles, separar as partes dun todo, enumerar e diferenciar.

    2.- Desenvolver as dotes do pensamento relacional: establecendo vinculacións entre procesos, acontecementos, pasado e presente ...

    3.- Capacidade para expresar correctamente ideas empregando recursos diversos: da escrita á imaxe.

    4.- Realizar un traballo en equipa co recoñecemento dos seus pares.

    Metodoloxía da ensinanza
    Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura, e de acordo co estipulado na Memoria de Grao da titulación de Historia, utilizaranse as seguintes técnicas:

    - Clase expositivas nas que se explicará unha parte dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.

    - Clases interactivas: actividades prácticas, de diversa natureza. relacionadas cos contidos teóricos da materia, que nalgún caso esixirán lecturas previas así como a elaboración de breves traballos de carácter individual ou colectivo, ou probas específicas avaliables.

    - Titorización personalizada.

    -Practica de Campo dun día de duración (Portomarín e Paradela) para explicar a política autárquica do franquismo e as súas consecuencias; tamén o desenrolismo tecnocrático e máis sobre o uso da paisaxe como fonte histórica. Realización suxeita á financiación.


    Sistema de evaluación
    A avaliación constará de catro partes: proba escrita, traballos persoais e/ou colectivos e probas avaliables, práctica de campo e, de ser o caso, participación en seminarios.

    A proba escrita suporá o 40% da calificación final. Non se valorará ningún exame cunha calificación inferior a 4.

    Canto aos traballos e outras probas avaliables suporán o 30% da calificación final.

    A avaliación das clases interactivas (participación, crítica, etc.) e a práctica de campo suporá o 30%.

    A 2ª oportunidade (xullo) constará dun exame e máis, de ser necesario, a repetición de traballos e outras probas avaliables.

    Xa que a avaliación é continua a asistencia as aulas é obrigatoria polo que unha ausencia reiterada as mesmas, superior ó 20%, suporía a imposibilidade de que o alumno/a poidese ser avaliado.





    Tempo de estudo e traballo persoal
    De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:

    Traballo presencial:

    Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
    Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 16 horas *
    Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
    Avaliación: 3 horas
    Subtotal: 50 horas

    Traballo persoal:
    Estudo: 40 horas
    Redacción de traballos: 30 horas
    Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
    Subtotal: 100 horas

    Total: 150 horas.

    * Práctica de campo, incluída.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Ter cursado Historia Contemporánea de España I.
    - Ter cursado as materias relativas aos períodos históricos precedentes.
    - Consulta habitual dun atlas e dun dicionario histórico.
    - Consulta dos manuais e das monografías de apoio que lle permitan ao alumno relacionar informacións de procedencia diversa.
    - Claridade sobre os conceptos económicos, politolóxicos, sociolóxicos e demográficos que foron explicasdos nas materias transversais
    Observacións
    Que constitúe o acervo de información do curso?
    -O emprego do Power Point será común nas clases expositivas, así como a súa cesión íntegra ao alumnado unha vez rematadas as presentacións dos temas.
    -Estes materiais teñen que ser completados coas lecturas obrigatorias pero tamén co uso de manuais sobre cuxo se estblecerán indicación.
    -Outra parte dos contidos proceden das clases interactivas e do explicado nas prácticas de campo.

    Os contidos son a suma de todo o anterior non só aquilo que se explica nas clases expositivas.