Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021327 - Historia Moderna de España (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna
  • Áreas: Historia Moderna
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CASTRO DIAZ, BEATRIZ.NON
DUBERT GARCIA, ISIDRO.NON
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
G5021327/CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Poñer ao alcance dos alumnos os avances máis salientabeis da demografía, economía, sociedade, mentalidade, cultura, política e administración acadados pola investigación levada a cabo nos derradeiros anos en Historia Moderna de España. Xunto a isto, trátase tamén de proporcionarlles aqueles coñecementos de natureza formativa e informativa e as competencias necesarias para a adquisición dos contidos que conforman a disciplina.

    Contidos
    Estudaranse as principais características económicas, sociais, culturais e políticas da Historia de España durante a Idade Moderna —ss. XVI, XVII e XVIII—. A materia estructurarase en oito grandes unidades temáticas.


    1. A poboación: evolución, modelos e comportamentos
    2. A agricultura: tipos, réximes de propiedade, explotación e producción
    3. A industria e o comercio
    4. Estructura e grupos sociais
    5. A dinámica social: mobilidade, cambio e revoltas
    6. A cultura na España moderna
    7. Goberno e administración no tempo dos Austrias
    8. Goberno e administración no tempo dos Borbóns
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    MARCOS MARTÍN, A; España en los siglos XVI, XVII y XVIII; Barcelona, 2000.
    MARTÍNEZ RUÍZ, E, y otros; España Moderna; Madrid, 1992.
    MOLAS RIBALTA, P; Edad Moderna, 1478-1808; Madrid, 1988.
    RODRÍGUEZ GARCÍA, J; y CASTILLA SOTO, J; Diccionario de términos de Historia de España. Edad Moderna; Barcelona, 1998.

    Bibliografía complementaria:
    ARTOLA; La Hacienda del Antiguo Régimen; Madrid, 1982.
    BERNARDO ARES, J.M; y MARTÍNEZ RUÍZ (eds); El municipio en la España Moderna; Córdoba, 1996.
    DOMÍNGUEZ ORTIZ, A; Sociedad y estado en el siglo XVIII español; Barcelona, 1976. -El Antiguo Régimen: Los Reyes Católicos y los Austrias; Madrid, 1988.
    EIRAS ROEL, A; Estudios sobre agricultura y población en la España Moderna; Santiago de Compostela, 1990.
    ELLIOT, J; España y su mundo, 1500-1700; Madrid, 1990.
    GRICE-HUTCHINSON, M; El pensamiento económico en España (1177-1740); Barcelona, 1982.
    KAGAN, R; Universidad y sociedad en la España Moderna; Madrid, 1981.
    LOBO CABRERA, M, y SUÁREZ GRIMÓN (eds); El comercio en el Antiguo Régimen (Actas de la III Reunión Científica de la Asociación Española de Historia Moderna); Las Palmas, 1994.
    LORENZO CADARSO, P.L; Los conflictos populares en Castilla (ss.XVI-XVII); Madrid, 1996.
    LYNCH, J; Los Austrias; Barcelona, 1993. - El siglo XVIII; Barcelona, 1994.
    MARCOS MARTÍN, A; España en los siglos XVI, XVII y XVIII; Barcelona, 2000.
    MARTÍNEZ RUÍZ, E, y otros; España Moderna; Madrid, 1992.
    MOLAS RIBALTA, P; Edad Moderna, 1478-1808; Madrid, 1988.-La burguesía mercantil en la España del Antiguo Régimen; Madrid, 1985.
    NADAL, J; La población española. Siglos XVI al XX; Barcelona, 1984.
    PEREIRA, J.L; El préstamo hipotecario en el Antiguo Régimen; Cádiz, 1995.
    PÉREZ MOREDA, V; Las crisis de mortalidad en la España interior, siglos XVI-XIX; Madrid, 1980.
    RIBOT, L.A. y DE ROSA, L. (eds); Ciudad y mundo urbano en la época moderna; Madrid, 1997.
    RODRÍGUEZ GARCÍA, J. Y CASTILLA SOTO; Diccionario de términos de Historia de España. EdadModerna; Barcelona, 1998.
    RUÍZ MARTÍN, F, y GARCÍA SANZ, A (eds); Ciudad y mundo urbano en la época moderna; Madrid, 1997.
    SAAVEDRA, P. y VILLARES, R. (eds); Señores y campesinos en la Península Ibérica (siglos XVIII-XIX); Barcelona, 1991.
    TOBOSO SÁNCHEZ, P; La deuda pública castellana durante el Antiguo Régimen (Juros); Madrid, 1987.
    VÁZQUEZ DE PRADA, V; Historia económica y social de España. Siglos XVI-XVII; Madrid, 1978.


    Competencias
    Capacitar o alumno para identificar os distintos períodos cronolóxicos da Idade Moderna en relación coas súas constantes políticas, económicas e sociais básicas.

    Identificar e perfilar os principais protagonistas individuais e colectivos da Historia Moderna de España.

    Desenvolver a capacidade de discriminar entre o accesorio ou erudito e o substrato histórico esencial que conforma as bases sociais, económicas e institucionais da época moderna.

    Capacidade para analizar a historia en perspectiva, superando os marcos cronolóxicos estreitos e posibilitándolle ao alumno os útiles para interpretala dende unha óptica global.

    Competencia para discernir as multiplicidades do tempo histórico, deslindando o puntual do permanente e estructural.

    Favorecer e potenciar o traballo autónomo e a responsabilidade individual do alumno no proceso de adquisición de coñecemento a través da aplicación dun pensamento histórico analítico, crítico, lóxico e creativo.


    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases expositivas procederase á realización dunha transferencia de coñecemento científico baseada nos obxectivos específicos da materia, contando coa axuda de diferentes materiais didácticos.

    As clases interactivas serán orientadas polo profesor e nelas o alumno terá que desenvolver unha serie de actividades e traballos que lle permitan a adquisición das habilidades e competencias cara á fixación e ampliación dos coñecementos xa adquiridos.

    Nas titorías individualizadas ou ben en grupo moi reducido, atenderase aos alumnos para despexar dúbidas sobre cuestións concretas relacionadas coa materia explicada, as tarefas a realizar ou con calquera outra dificultade relacionada coa realización dos traballos prácticos.
    Sistema de evaluación
    Haberá un exame final na data fixada de antemán no calendario oficial do centro, e no que o alumno deberá responder a varias preguntas relacionadas coa materia impartida durante as clases expositivas. O dito exame computará o 40% da cualificación da nota final, e para que esta sexa tida en conta o alumno terá que obter no dito exame unha cualificación de alomenos 5 sobre 10.

    O 60% restante da nota repartirase do seguinte xeito:

    a) un 5% como resultado da asistencia do alumno ás diferentes clases.

    b) un 55% procederá das cualificacións acadadas pola participación do alumno nas clases interactivas, e dos traballos que se lle requira. Para que a nota desta parte poida facer media coa nota obtida no exame anterior os traballos requeridos deberán acadar unha cualificación media global de alomenos 5 sobre 10.


    Para convocatorias posteriores terase en conta os seguintes criterios:

    1.- os alumnos que entregaron tódolos traballos prácticos e obtiveron neles unha cualificación media global de alomenos 5 sobre 10, non terán a obriga de volver a presentalos. Xa que logo, deberán de superar só un exame sobre a materia impartida nas clases expositivas na convocatoria correspondente.

    2.- os alumnos que non tiveran entregado os traballos prácticos ou que non acadasen a nota mínima requerida ao longo do curso ordinario, terán que entregar no momento do exame da segunda convocatoria (ou sucesivas) un mínimo de dous terzos das práticas desenvolvidas durante o curso. Caso de non facelo, o seu exame non será avaliado.

    Considerarase como "non presentado" na cualificación final a todo aquel alumno que non se presente ao exame e non teña entregado os traballos prácticos.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Cada hora de docencia expositiva debera ir acompañada dun traballo complementario por parte do alumno de aproximadamente unhas dúas horas, baixo a forma do estudio sistemático da materia e de lecturas que contribúan á fixación e ampliación do exposto na clase.

    Estímase que para resolver cada unha das horas de docencia interactiva o alumno debera empregar, como mínimo, unhas catro horas de traballo persoal.

    Tendo en conta a carga docente da materia e as previsións antes indicadas, consideráse que o tempo de traballo persoal de cada alumno debera rondar as 150 horas


    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir e participar no desenrolo das clases expositivas e interactivas.

    Procurar que o estudio e o traballo individual se fagan de xeito cotián.

    Completar o explicado na clase coa lectura da bibliografía xeral ou especializada recomendada no programa da materia, pero tamén con aquela máis específica que se subministra en cada tema, para deste xeito facerse cunha visión máis ampla e completa da que é posible ofrecer durante o curso das clases expositivas.

    Abordar de xeito persoal e individualizado a elaboración daqueles traballos que forman parte das clases interactivas, co obxectivo de facerse coas habilidades e competencias necesarias que faciliten o progreso no seu proceso de adquisición do coñecemento.

    Asistir ás titorias para aclarar as dúbidas que poidan surxir durante o proceso de apredizaxe.