Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021328 - Historia Contemporánea II (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
REGUEIRO MENDEZ, ROSALIA.NON
Rico Boquete, Eduardo.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
G5021328/CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Trátase de avanzar no coñecemento daqueles procesos, grandes liñas evolutivas e conceptos que faciliten ao alumno unha comprensión global do século XX e que o capaciten intelectualmente para analizar de forma crítica o devir, tanto histórico como do tempo presente.
    Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
    Xenerar un coñecemento racional e crítico do pasado da Humanidade coa finalidade de que o individuo e a sociedade en xeral poidan comprender o presente.
    Educar nos valores de igualdade, a paridade de xénero e a non discriminación, a través do coñecemento da loita por estos valores nos diferentes momentos históricos.
    Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador.
    Analizar os procesos sociais históricos e contemporáneos: comprender e/ou explicar problemáticas humanas e ofrecer solucións.

    Contidos
    1. A Primeira Guerra Mundial (1914-18) e a nova configuración mundial
    1. Antecedentes, causas e forzas en presencia.
    2. Evolución e consecuencias do conflicto.
    3. Os tratados de paz e o novo mapa político.

    2. Cambios políticos e transformacións socioeconómicas, 1918-1939.
    1. A revolución rusa e a construcción do socialismo.
    2. A crise das democracias parlamentarias.
    3. Fascismo, nazismo e dictaduras.
    4. A economía: reconstrucción, crecemento e crise.
    5. A transformación das sociedades occidentais.
    3. Segunda Guerra Mundial e nova orde internacional. A Guerra Fría, 1945-1991.
    1. A II Guerra Mundial e a nova orde internacional.
    2. Da cooperación ao enfrontamento: primeiras crises entre os aliados.
    3. Formación e evolución dos bloques.
    4. Estratexias, fases e principais conflictos da Guerra Fría.
    5. O fin do mundo bipolar e os cambios no contexto internacional.
    6. O fin dos imperios e a formación de novos Estados.



    Bibliografía básica e complementaria
    ARACIL, R. et al.: El mundo actual. De la Segunda Guerra Mundial a nuestros días. Barcelona, UAB, 1998.
    ARTOLA, M., PÉREZ LEDESMA, M.: Contemporánea. La historia desde 1776. Alianza, Madrid, 2005.
    BÉDARIDA, F.: L’histoire et le métier d’historien en France 1945-1995. Paris,
    Éditions de la Maison des sciences de l’homme, 1995.
    BELL, P.M.H.: The World since 1945. An International History. Arnold: London, 2001.
    CASANOVA, J.: Europa contra Europa, 1914-45. Barcelona, Crítica, 2011.
    COOK, C., STEVENSON, J.: Guía de Historia Contemporánea de Europa, Madrid, Alianza, 1994.
    COOK, C.: Diccionario de términos históricos, Madrid, Alianza, 1997.
    DÍEZ ESPINOSA, J.R. et al.: Historia del mundo actual (desde 1945 hasta nuestros días). Valladolid, Universidad de Valladolid, 3ª edición, 2006.
    GARCÍA DE CORTÁZAR, F. y LORENZO ESPINOSA, J.M.: Historia del mundo actual, 1945-1989. Madrid, Alianza Editorial, 1996.
    FONTANA, J.: Por el bien del Imperio. Una historia del mundo desde 1945. Barcelona, Pasado y Presente, 2011.
    HOBSBAWM, E.: Historia del siglo XX. Barcelona, Crítica, 1998.
    KINDER, H., HILGEMANN, W.: Atlas Histórico Mundial, vol. II: De la Revolución Francesa a nuestros días, Madrid, Itsmo, 1996.
    LACOSTE, Y.: Geopolítica. La larga historia del presente. Madrid: Síntesis, 2009.
    LEJEUNE, D.: Histoire du monde actuel (1990-2000). París: Armand Colin, 2001.
    MARTÍNEZ CARRERAS, J.U. et al.: Historia del mundo actual. Madrid, Marcial Pons, 1996.
    MARTÍNEZ RUEDA, F.: Materiales para la historia del mundo actual. Madrid, Istmo, 2006.
    JUDT, T.: Postguerra. Una Historia de Europa desde 1945. Madrid, Taurus, 2006.
    PAREDES, J.: Historia Universal Contemporánea. Barcelona, Ariel, 2004.
    PROCACCI, G.: Historia general del siglo XX. Barcelona, Crítica, 2001.
    TOBOSO SÁNCHEZ, P.: Diccionario de historia del mundo actual. Madrid, Alianza, 2005.
    VILLARES, R. y BAHAMONDE, A.: El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus, 2001.
    VV.AA.: Écrire l’histoire du temps présent. En hommage à François Bédarida. París, CNRS, 1992.
    ZAMAGNI, V.: Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica, 2001.

    Competencias
    4.1. Específicas.
    -Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade, conceptualizando os fenómenos históricos.
    -Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construcción.
    -Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
    -Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinales a partir da formulación de preguntas, pranteamento de hipóteses e obxectivos, e desenvolvemento da argumentación correspondente.
    -Capacidade para conceptualizar os fenómenos históricos da época e poder dilucidar as raíces históricas dos feitos presentes. Capacidade para relacionar e xerarquizar os coñecementos históricos.
    -Coñecer e analizar as principais claves explicativas da Historia Contemporánea Universal desde a Primeira Guerra Mundial ata fins do seculo XX.
    -Comprender e interpretar mapas, gráficos, textos e fontes históricas relativos ao período de estudo.

    4.2. Transversais.
    -Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa, desenrolando capacidades de xestión da información, organización e planificación.
    -Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
    -Capacidade de síntese e concreción para a elaboración de traballos escritos; manexo dos aspectos formais e de presentación.
    -Aprendizaxe na búsqueda e utilización da bibliografía xeral e específica recomendada polo profesor, así como dos recursos de información vinculados ás TIC’s.
    -Desenvolvemento de competencias discursivas para a presentación oral dos traballos realizados.

    4.3. Actitudinais.
    -Achegamento a outros universos culturais, fomento do seu estudio e respecto polas diferencias.
    - Sensibilidade cara os problemas centrais na historia universal, sobre todo os relativos a cuestións de igualdade, diversidade, dereitos humanos e medio ambiente.
    -Disposición cara o aprendizaxe, o traballo persoal e a lectura de cara a cumprir cos obxectivos da materia.
    -Disposición para o traballo en grupo e con responsabilidade compartida.
    -Disposición cara o debate continuo (participación na aula) e específico (a partir do traballo propio), con capacidade para o razoamento, a exposición de argumentos e a autocrítica.

    Metodoloxía da ensinanza
    -As clases expositivas consistirán básicamente na explicación do temario da asignatura polo profesor co apoio de diferentes materiais didácticos e co emprego de TIC.
    -As clases interactivas terán un carácter teórico-práctico e permitirán completar os contidos da materia mediante a lectura e interpretación de textos históricos, gráficas, cuadros e mapas.
    -As tutorias individualizadas, ou en grupos moi reducidos, permitirán atender aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas tarefas encomendadas, resolver dudas ou ampliar a explicación sobre aspectos puntuais.

    Sistema de evaluación
    Farase un exame final na data que sinale o calendario oficial elaborado pola Secretaría da Facultade, no que o alumno deberá responder as preguntas relacionadas cos temas do programa desenvolvido nas clases expositivas e interactivas, computando o 40% da cualificación final. Para que esta nota sexa tida en conta, o alumno terá que obter no exame unha cualificación mínima de 5 sobre 10.
    O 60% restante obtense polas diferentes cualificacións obtidas nos controis escritos, non fixados no calendario, traballos, actitude e participación na aula e outras actividades. Para poder facer media coa cualificación do exame, o alumno ten que entregar todos os traballos requeridos, sen excepción, e obter unha cualificación media global de 5 sobre 10. A realización das prácticas é condición de obrigado cumprimento para poder presentarse ao examen de maio.
    Aqueles alumnos que, polo contrario, non teñan entregado os traballos prácticos, ou non teñan acadado a nota mínima ao longo do curso ordinario, terán que examinarse da parte práctica na convocatoria de xullo.
    A asistencia do alumno ás clases é obrigatoria, polo tanto, unha ausencia reiterada e inxustificada ás mesmas superior ao 20%, suporá a imposibilidade de que o alumno poida ser avaliado, o que se comunicará mediante a publicación dunha lista na que figuren os alumnos excluidos por ese motivo.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:
    Traballo presencial:
    Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
    Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 15 horas
    Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
    Avaliación: 3 horas
    Subtotal: 50 horas

    Traballo persoal:
    Estudo: 40 horas
    Redacción de traballos: 30 horas
    Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
    Subtotal: 100 horas

    Total: 150 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
    - É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
    - Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
    - Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
    - A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
    - Aclarar con preguntas na clase, ou nas titorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.