G5021329 - Historia de Galicia II (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Medieval e Moderna
- Áreas: Historia Moderna
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- A Historia de Galicia no período moderno non só é unha materia académica, senón que é o campo de investigación preferente do profesorado da USC que a imparte, polo que nesta materia se pretende acadar os seguintes obxectivos:
1. Que o estudante obteña uns coñecementos fundamentais da evolución de Galicia na Época Moderna
2. Un dominio básico das fontes documentais
3. Unha base de referencia das liñas historiográficas e da bibliografía máis significativa e actualizada.
4. Unha transversalidade dos coñecementos que permitan encuadrar Galicia no contexto da Historia da Europa occidental na Epoca Moderna.
5. Obter uns coñecementos transversais que permitan achegarse a outras materias afins dentro das Humanidades e Ciencias Sociais -Historia da Arte, Angtropoloxía, Socioloxía, etc.
Contidos1. Introducción á época. Líneas evolutivas e fin do Antigo Réxime
2. A poboación galega
3. O sistema agrario
4. As actividades industriais, a pesca e o comercio
5. A sociedade galega do Antigo Réxime
6. Organización político-administraiva e goberno
7. Cultura popular e cultura letrada
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
DUBERT, I.: Historia de la Galicia moderna, Santiago, 2012.
REY CASTELAO, O.: A Galicia Clásica e Barroca, Ed. Galaxia, Vigo, 1998.
SAAVEDRA, P.: La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Ed. Crítica,Barcelona, 1994.
SAAVEDRA VAZQUEZ, M.C.: Historia de Galicia. Galicia na Idade Moderna IV. Vía Láctea, A Coruña, 1995.
Bibliografía complementaria:
BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.: A Galicia do Antigo Réxime. O encino, a Ilustración e a Política. A Coruña, 1993
COSTA, A., Historia da Educacion e a Cultura en Galicia no contexto europeo, Vigo, 2004.
DUBERT, I: Cultura popular e imaginario social en Galicia, 1480-1900, Santiago, 2007.
EIRAS ROEL, A.: Estudios sobre agricultura y población en la España Moderna, Santiago, 1990 (Semata.Ciencias Sociais e Humanidades, 3).
EIRAS ROEL, A.: La historia social de Galicia en sus fuentes de Protocolos, Santiago, 1981.
EIRAS ROEL, A.: La población de Galicia, 1700-1860. Santiago, 1996.
GARCIA QUINTELA, M.V. (edt.): Las religiones en la Historia de Galicia, Santiago, 1996.
REY CASTELAO, O., Libros y lectura en Galicia. Siglos XVI-XIX, Santiago, 2003
REY CASTELAO, O. & RIAL GARCIA, S., Historia das Mulleres. Idade moderna, Santiago, 2010.
Revista Obradoiro de Historia Moderna. Santiago, 1990 ff.
SAAVEDRA, P.: A Galicia do Antigo Réxime. Economía e sociedade, edit. Hércules, A Coruña, 1992, vol. III.
SAAVEDRA, P. & SOBRADO; H., A Gran Historia de Galicia. Volumes referidos ao Antigo Réxime. Ed. Recife, 2007.
SOBRADO CORREA, H.: “Un reino moi poblado. A Galicia do Antigo Réxime, (1480-1835). Poboación e economía”, en Gran Historia de Galicia, t. 6, vol. 1, A Coruña, 2007.
VARIOS: Atlas histórico de Galicia, Vigo, 1998.
VILLARES, R., Historia de Galicia, Vigo, 2003
CompetenciasA través da docencia teórica e práctica preténdese:
1. Que os alumnos acaden o dominio do programa teórico
2. Obtención dun dominio básico da bibliografía e das correntes actuais en Historia Moderna de Galicia
3. Coñecemento elemental das principais fontes documentais —localizalas, ver as súas posibilidades de emprego—.
4. Iniciación á investigación con fontes primarias
5. Orientar a aplicación dos coñecementos obidos á práctica docente ou ao traballo en arquivos, bibliotecas, museos e en todas as actividades relacionadas coa a conservación e difusión do patrimonio histórico-cultural de Galicia.
6. Dominio da exposición oral de traballos e da intervención en debates.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas consisitirán no desenvolvemento do temario.
Toda a docencia teórica e práctica será presencial.
As clases interactivas consistirán na elaboración e comentario de táboas, gráficos, cadros, mapas... e no comentario de textos históricos.
Cada alumno/a fará un traballo práctico sobre bibliografía ou documentación de arquivo.
As prácticas de campo consistirán na visita a arquivos, bibliotecas, museos e exposicións.
Sistema de evaluaciónHaberá un exame final na data fixada de antemán no calendario oficial do centro, e no que o alumno deberá responder a varias preguntas relacionadas coa materia impartida durante as clases expositivas. O dito exame computará o 40% da cualificación da nota final, e para que esta sexa tida en conta o alumno terá que obter no dito exame unha cualificación de alomenos 5 sobre 10.
O 60% restante da nota repartirase do seguinte xeito:
a) un 5% como resultado da asistencia do alumno ás diferentes clases.
b) un 55% procederá das cualificacións acadadas pola participación do alumno nas clases interactivas, e dos traballos que se lle requira. Para que a nota desta parte poida facer media coa nota obtida no exame anterior os traballos requeridos deberán acadar unha cualificación media global de alomenos 5 sobre 10.
Para convocatorias posteriores terase en conta os seguintes criterios:
1.- os alumnos que entregaron tódolos traballos prácticos e obtiveron neles unha cualificación media global de alomenos 5 sobre 10, non terán a obriga de volver a presentalos. Xa que logo, deberán de superar só un exame sobre a materia impartida nas clases expositivas na convocatoria correspondente.
2.- os alumnos que non tiveran entregado os traballos prácticos ou que non acadasen a nota mínima requerida ao longo do curso ordinario, terán que entregar no momento do exame da segunda convocatoria (ou sucesivas) un mínimo de dous terzos das práticas desenvolvidas durante o curso. Caso de non facelo, o seu exame non será avaliado.
Considerarase como "non presentado" na cualificación final a todo aquel alumno que non se presente ao exame e non teña entregado os traballos prácticos.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial:
1. Actividades en grupo completo: clases expositivas, conferencias: 30 horas
2. Actividades en grupo reducido: coloquios, debates, exposición de traballos, visitas de arquivo, etc.: 15 horas
3. Titorías en grupo muy reducido: consultas de obras publicadas, organización de grupos de traballo, orientación de traballos, preparación de exposicións: 3 horas
Total: 50 horas
Traballo personal:
1. Estudio: 40 horas
2. Redacción de traballos: 30 horas
3. Preparación de actividades en grupo reducido ou individuais: lecturas, búsquedas bibliográficas e de materiais, etc.: 30 horas
Total: 100
Recomendacións para o estudo da materiaA recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporcionará o profesorado xunto co programa, pero tamén aquela máis específica que se dará con cada tema, para acadar unha visión máis completa que a que é posible acadar nas clases expositivas. Nesas lecturas deben incluirse a consulta de revistas como Obradoiro de Historia Moderna, Cuadernos Feijonianos, Cuadernos de Estudios Galegos, etc.
E necesaria a lectura e consulta de bibliografía específica para dominar as técnicas de comentario de textos, gráficas ou táboas e a elaboración de traballos.
Recoméndase a consulta de páxinas web como, por exemplo, as dos arquivos e bibliotecas de Galicia ou de fóra.