Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021330 - Historia de América II (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia de América
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CAGIAO VILA, MARIA PILAR.SI
CAÑON VOIRIN, JULIO LISANDRO.NON
REY TRISTAN, EDUARDO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    XENÉRICOS
    - Coñecer a historia das sociedades americanas contemporáneas recoñecendo a diversidade histórica e cultural, de xeito que iso poida traducirse no inculcamento e desenvolvemento de valores de tolerancia, respecto, igualdade e non discriminación.
    - Propiciar, partindo do exemplo da historia americana contemporánea, a reflexión en torno ao valor e importancia do medio ambiente, o significado do territorio e a relación do ser humano con este, moi especificamente no caso dos pobos autóctonos.

    ESPECÍFICOS
    - Introducción ao coñecemento dos principais procesos históricos e culturais do mundo americano contemporáneo nunha perspectiva diacrónica.
    - Visión das liñas xerais para a comprensión da historia americana dos séculos XIX e XX, a súa particular inserción no contexto económico e político internacional, así como a evolución das súas estructuras sociais e culturais.
    - Achegamento ás particularidades das sociedades americanas contemporáneas, con especial énfase na evolución da poboación en relación tanto aos seus compoñentes demográficos como a súa mobilidade rexional e intercontinental.
    - Creación dun ámbito académico de debate continuado entre os estudantes e entre estes e o docente.
    - Desenvolvemento da capacidade de análise, crítica e exposición razoada por parte dos estudantes.
    - Adquisición das competencias básicas establecidas.

    Contidos
    Presentación. AMÉRICA LATINA COMO ESPACIO E COMO PROBLEMA NA ÉPOCA CONTEMPORÁNEA

    Unidade introdutoria dedicada á reflexión sobre o obxecto de estudio que o alumnado vai encontrar nesta materia. Pola súa situación e dimensión xeográfica dunha banda, pero tamén polo seu particular proceso de colonización e independencia, ou a evolución do subcontinente desde entón, o estudio da historia latinoamericana debe ter en conta unha serie de particularidades sobre as que se quere chamar a atención desde o inicio.

    Contidos
    1. América Latina como espazo
    2. América Latina como problema historiográfico
    3. Principais etapas e as súas características na historia contemporánea de América Latina


    BLOQUE I. GRANDES LIÑAS DA EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA AMÉRICA LATINA CONTEMPORÁNEA

    UNIDADE 1. INDEPENDENCIA E POSTINDEPENDENCIA, 1810-1850
    Unidade dedicada a análise da evolución socio-política e económica do continente desde a independencia hasta mediados do XIX. Referirémonos a: as causas, formas e consecuencias desta; á inestabilidade política posterior, cos conflictos entre estados polo territorio e a definición de límites (entre outras) e as loitas de poder entre as diferentes propostas político-ideolóxicas que impediron durante as primeiras décadas a estabilidade e a consolidación das novas nacións; no económico, veremos que a inestabilidade e crisis posteriores ó proceso emancipador tiveron tamén o seu correlato económico; finalmente, centrarémonos na evolución da estructura social pos independentista.

    Contidos
    1. Características xerais dos procesos de Independencia. Causas e consecuencias.
    2. A orde política post-independencia, 1820-1870.
    3. A crise económica post-independencia
    4. De súbditos a cidadáns. Estrutura social e conflitos de poder na post-independencia


    UNIDADE 2. A CONSOLIDACIÓN DOS ESTADOS, 1850-1930
    Unidade dedicada a análise e comprensión da evolución histórica de América Latina desde mediados do XIX ata a crisis de 1929-1930. Nesta fase superaríase a situación de inestabilidade anterior coa consolidación dos estados e o desenvolvemento de renovados proxectos de construcción nacional que permitiron a consolidación dun réximen oligárquico cunhas características políticas moi definidas, que marcarían a evolución dos estados por mais de medio século. No económico destaca o proceso de inserción na economía internacional, xeralizándose un modelo económico de estirpe agro-exportadora que deu sustento ó estado liberal e que tivo implicacións sociais específicas. O seu agotamento, palpable dende inicios do século XX, quedou manifesto coa crise económica de 1929. No social analizaremos as transformacións xeradas pola consolidación dos estados e o desenvolvemento económico na segunda metade do XIX, con especial atención ó crecimiento demográfico motivado polas migracións e ó cambio que o desenvolvemento político e económico motivaron en canto a demandas dos diferentes sectores sociais.

    Contidos
    1. A consolidación dos Estados e o pacto neocolonial
    2. A inserción no mercado internacional desde 1870
    3. A sociedade republicana. Migracións, urbanización e novos actores sociais
    4. Mobilizacións e organización social
    5. As grandes transformacións políticas: reformismo e revolución a comezos do século XX
    6. Relacións América Latina – Estados Unidos: do Panamericanismo á intervención

    UNIDADE 3. O CORTO SÉCULO XX LATINOAMERICANO, 1930-1990
    Unidade dedicada a análise e comprensión da evolución histórica de América Latina dende 1930 ate a restauración e consolidación democrática de finais do século XX. A crise de 1929 supuso unha importante quebra nas evolucións políticas, económicas e sociais previas e deu lugar a outros panoramas con actores novos en ocasións e renovados noutras. Serán de especial interese, no político, as reformulacións que se ensayen en los años treinta, propuestas y fórmulas que serán clave para comprender la evolución de cada uno de los países en el siguiente medio siglo. No económico, o impacto da crise de 1929 e os diversos modelos que se ensaiaron na búsca do desenvolvemento e da superación dos problemas estructurais das sociedades latinoamericanas; a evolución destes, os seus auxes e crises, así como temas e debates paralelos sobre a reforma agraria ou a integración rexional, serán os eixos fundamentais das décadas centrais do XX; no último tercio da centuria o protagonismo terano as novas propostas saídas do Consenso de Washington, co axuste estrutural como bandeira, as políticas neoliberais, e as súas consecuencias nas últimas dúas décadas. No social, os principais cambios estarán motivados pola urbanización do territorio e o aumento constante da desigualdade e a exclusión, que alcanza os seus máximos nas derradeiras décadas a raíz das políticas neoliberais.
    Outros eixos de análise chave que abordará a unidade serán o impacto da revolución cubana, da coxuntura internacional de Guerra Fría, e os debates e mobilizacións que se xeneran entre os extremos políticos dunha banda, e a necesidade de redemocratización como saida viable ás dictaduras militares por outra; e a consolidación da democracia trala última ola de militarismo, dictaduras e conflictos civiles, que marca o final dun período no que e orde internacional tamén se ten transformado e os debates ideolóxicos da pasada centuria parecen ter quedado nun segundo plano.

    Contidos
    1. Implicaciones y consecuencias políticas de la crisis de 1929: regímenes reformistas, populistas y autoritarios
    2. Implicacións e consecuencias económicas da crise de 1929: desarrollismo, industrialismo e dependentismo.
    3. Grandes debates da segunda metade do século XX: Reforma agraria. Integración Rexional. Axuste estructural
    4. A Guerra Fría en América Latina: revolución versus autoritarismo
    5. Os principais cambios sociais do século XX: urbanización, desigualdade, exclusión e pobreza
    6. A redemocratización política
    7. O drama social neoliberal


    BLOQUE II. UNIDADES TEMÁTICAS

    UNIDAD 4. A CULTURA LATINOAMERICANA CONTEMPORÁNEA

    Unidade dedicada á comprensión dos principais eixos que definen a cultura e a identidade latinoamericana contemporánea, como marco no cal comprender as suas expresións específicas en todolos seus ámbitos. Farase un percorrido xeral polas ideas forza que priman en cada un dos grandes momentos culturais ou de cambio na rexión, dende a independencia e a renovación intelectual post independentista; a transformación de finais do XIX a través do ensino e coa sólida influencia do positivismo; os grandes cambios de inicios do XX dados pola difusión de correntes chave como o modernismo, o arielismo e o hispanoameircanismo (todos eles vencellados e expresión das grandes transformaciones do período); ate o salto á segunda metade do século XX cunha cultura que debemos comprender no marco singular do seu tempo, a Guerra Fría e os grandes conflictos político ideolóxicos posteriores á Revolución Cubana, pero atendendo as suas continuidades dende o primeiro tercio do século e ás especifidades da rexión no ámbito internacional.

    Contidos
    1. A época independentista, 1800-1825. O bolivarismo e o primeiro hispanoamericanismo
    2. A post-independencia (1825-1860). Intelectuais e políticos. O discurso de "Civilización e Barbarie"
    3. Orden e Progreso, 1860-1920. Educación e ensino para os novos tempos. As correntes positivistas e o modernismo. Arielismo, Hispanoamericanismo e emerxencia do nacionalismo cultural
    4. A segunda metade do século XX. Cultura e Guerra Fría. Revolución, utopías e maxia de América


    UNIDADE 5. XÉNERO NA HISTORIA LATINOAMERICANA
    Unidade de reflexión acerca do papel xogado polas mulleres en América Latina dende a independencia. Analizaranse os seus distintos roles e a súa evolución no tempo, as súas loitas pola consecución de dereito
    Contidos
    s civís e políticos, a evolución dos estados latinoamericanos neste sentido e en perspectiva comparada, e os principais debates de xénero que se dan na actualidade no subcontinente. Teranse especialmente en conta as particularidades sociais que sufriron e sofren as mulleres polo feito de selo.

    Contidos
    1. O papel da muller nas sociedades latinoamericanas contemporáneas
    2. Dereitos políticos e dereitos sociais
    3. Principais debates de xénero na actualidade


    UNIDADE 6. O INDÍXENA, DA EXCLUSIÓN Á PARTICIPACIÓN
    Unidade de reflexión acerca do papel dos indíxenas nas sociedades latinoamericanas dende a independencia. Pártese do papel xogado nos procesos emancipatorios e nos anos posteriores, onde a herdanza colonial pautou en boa medida a súa situación e relacións sociais; a transformación que para os pobos indíxenas implicou a transformación política, económica e social imposta polo estado liberal a fins do XIX; e as súas distintas fórmulas de adaptación, inclusión e resistencia dende entón e ata a actualidade, tendo en conta especialmente a evolución sufrida dende a exclusión inicial á súa forte participación política na actualidade.

    Contidos
    1. A cuestión indíxena na independencia e a post-independencia
    2. Civilización ou barbarie. O indíxena na sociedade liberal
    3. A construción da identidade nacional e o indíxena
    4. O indixenismo ó longo do século XX


    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA
    BETHELL, Leslie: Historia de América Latina. Barcelona: Crítica, 1990-2002. 16 vols.
    CARRERA DAMAS, Germán: Historia General de América Latina. Madrid-Paris: Trotta-UNESCO, 1999-2008. 9 vol.

    COMPLEMENTARIA
    ALCÁNTARA SAEZ, Manuel. Sistemas políticos de América Latina. 2 vols. Madrid: Tecnos, 1990.
    ANSALDI, Waldo: Historia de América Latina: una perspectiva sociológico-histórica, 1880-2006. Madrid: Dastin, 2006.
    CAGIAO VILA, Pilar: Os galegos de Ultramar. Vol. 1. De inmigrados a inmigrantes. A Coruña: La Voz de Galicia, 2007.
    CAGIAO VILA, Pilar y X. M. NÚÑEZ SEIXAS: Os galegos de Ultramar. Vol 2. Os galegos no Río da Plata. A Coruña: La Voz de Galicia, 2007.
    CAGIAO VILA, Pilar y Mª L. PAZOS PAZOS: Galicia e o mundo colonial americano. 2 vols. A Coruña: La Voz de Galicia, 2007.
    CARDOSO, Ciro y Héctor PÉREZ BRIGNOLI: Historia Económica de América Latina. Crítica, Barcelona, 1984.
    CARDOSO, Eliana y Ann HELWEGE, La economía latinoamericana. Diversi¬dad, tendencias y conflic¬tos. México: FCE, 1993.
    CARMAGNANI, Marcelo: El otro Occidente. América Latina desde la invasión europea hasta la globalización. México: FCE, 2004.
    CARMAGNANI, Marcelo, Alicia HERNÁNDEZ y Ruggiero ROMANO (coords.): Para una historia de América. 3 vol. FCE, México, 1999.
    CHEVALIER, F., América Latina. De la independencia a nuestros días. México, FCE, 1999.
    DI TELLA, Torcuato S. y P. CHOMNALEZ (comp.): Repertorio político latinoamericano. 4 vols. Buenos Aires: Siglo XXI–Inst. Di Tella, 2007.
    ELLIOT, John H.: El Viejo Mundo y el Nuevo. Madrid: Alianza, 1990.
    ESCOBEDO MANSILLA, R.; A. ZABALLA y O. ÁLVAREZ GILA (eds.): Metodología docente de la Historia de América. Pamplona, 1999.
    ESTEVE BARBA, Francisco: Historiografía Indiana. Madrid: Gredos, 1992.
    GERBI, Antonello: La disputa del Nuevo Mundo. Historia de una polémica, 1750-1900. México: FCE, 1982.
    HALPERÍN DONGHI, Tulio: Historia contemporánea de América Latina. Madrid: Alianza, 1990.
    HILTON, Sylvia e I. GONZÁLEZ CASASNOVAS: Fuentes manuscritas para la historia de Iberoamérica: guía de instrumentos de investigación. Madrid: Fundación Mapfre América, 1995-1997. 2 vols.
    LOCKHART, J. y SCHWARTZ, S.: América Latina en la Edad Moderna: una historia de la América española y el Brasil coloniales. Madrid, 1992.
    MALAMUD, Carlos: Historia de América. Madrid: Alianza, 2007.
    MORALES PADRÓN, Francisco: Atlas Histórico-Cultural de América, 2 vols. Las Palmas de Gran Canaria.
    MORÓN, Guillermo (dir.): Historia general de América. Caracas, 1991. Varios tomos.
    MOYA PONS, Frank et al.: Historia del Caribe. Barcelona: Crítica, 2001.
    PÉREZ, Joseph: Mitos y tópicos de la historia de España y América. Madrid: Algaba, 2006.
    PÉREZ BRIGNOLI, Héctor (ed.): Historia General de Centroamérica. 5 vols. S. E. Quinto Centenario - FLACSO, 1993.
    PÉREZ DÍAZ, Víctor: Sueño y razón de América Latina. Madrid: Taurus, 2005.
    SKIDMORE, T.E. y Peter H. SMITH, Historia contemporánea de América Latina. América Latina en el siglo XX. Barcelona: Crítica, 1996.
    THOMAS, Hugh: El imperio español: de Colón a Magallanes. Barcelona: Planeta, 2006.
    VEGA, J., P. OYAMBURU y A. VIVES: Una cronología de Iberoamérica. Madrid: Marcial Pons, 1994.


    Competencias
    COGNITIVAS
    - Coñecemento das principais correntes historiográficas sobre os temas tratados.
    - Comprensión do paso do tempo nos países americanos a partir do coñecemento e análise dos seus procesos históricos contemporáneos.
    - Achegamento aos principais rasgos culturais das sociedades latinoamericanas contemporáneas en perspectiva diacrónica e atendendo á súa diversidade e multiculturalidade.
    - Asimilación das diversas categorías teóricas e metodolóxicas relativas ás problemáticas analizadas para cada período.
    - Capacidade para identificar as características fundamentais de cada período estudiado.
    - Que o alumno adquira facultades para vincular a evolución histórica latinoamericana coa de España, Europa, Estados Unidos e outras rexións.

    PROCEDIMENTAIS / INSTRUMENTAIS
    - Aprendizaxe na búsqueda e utilización da bibliografía xeral e específica recomendada polo profesor, así como dos recursos de información vinculados ás TIC’s.
    - Comprensión e manexo da terminoloxía específica da historiografía americanista para os períodos analizados.
    - Capacidade para o análise de fontes e recursos de información de cara á realización dun traballo escrito: formulación de preguntas, pranteamento de hipóteses e obxectivos, e desenvolvemento da argumentación correspondinte.
    - Capacidade de síntese e concreción para a elaboración de traballos escritos; manexo dos aspectos formais e de presentación.
    - Desenvolvemento de competencias discursivas para a presentación oral dos traballos realizados.

    ACTITUDINAIS
    - Achegamento a outros universos culturais, fomento do seu estudio e respecto polas diferencias.
    - Sensibilidade cara os problemas centrais na historia latinoamericana, sobre todo os relativos a cuestións de igualdade, diversidade socio - cultural, dereitos humanos, e medio ambiente.
    - Disposición cara o aprendizaxe, o traballo persoal e a lectura de cara a cumprir cos obxectivos da materia.
    - Disposición para o traballo en grupo e con responsabilidade compartida.
    - Disposición cara o debate continuo (participación na aula) e específico (a partir do traballo propio), con capacidade para o razoamento, a exposición de argumentos e a autocrítica.

    Metodoloxía da ensinanza
    DOCENCIA TEÓRICA
    Impartida polo profesor en cada Unidade do temario. Ocupará aproximadamente o 55% da actividade docente xeral e, dado o calendario docente, arredor do 65% de cada Unidade. Nas sesións expositivas abordaranse as cuestións fundamentais que o alumno debe coñecer para cada tema. A través das súas explicacións, as preguntas do alumnado ou os debates que se establezan, o profesor buscará ofrecer un marco interpretativo (non descritivo) e de coñecemento axeitado que será complementado polo estudante coas lecturas recomendadas.

    O profesor fará uso, tanto dentro coma fóra da aula, e para todas as Unidades do temario, de vos recursos que achegan as TIC's á aprendizaxe: presentacións en power point principalmente, así como materiais audiovisuais, recursos diversos de Internet, etc.

    Haberá tres bloques de contidos diferenciados: a primeira Unidade, introdutoria ao curso e á temática; as tres seguintes Unidades (1, 2 e 3), que desenvolven os contidos xerais do Temario da materia; as tres últimas (4, 5 e 6), que desenvolverán outros tantos temas monográficos de interese para a comprensión da evolución histórica e da realidade actual de América Latina.

    DOCENCIA PRÁCTICA
    Desenvolverase aproximadamente no 45% da actividade docente xeral, e arredor do 35% de cada Unidade. Ten como obxectivo principal tanto a adquisición das competencias establecidas coma a ilustración dos contidos que se expliquen nas sesións expositivas. Para a súa preparación, os alumnos contarán previamente con material de lectura ou análise: artigos, documentos, material dixital, audiovisual, etc., accesible na maior parte de vos casos a través da Aula Virtual.

    A docencia interactiva das Unidades de contidos xerais (1 a 3) terá como obxecto fundamental a adquisición das destrezas básicas do historiador, o apoio dos contidos teóricos, a súa ilustración, e a achega de elementos para a reflexión e o debate entre o profesor e o alumnado.
    A docencia das unidades temáticas (4 a 6) implicarán un maior traballo do alumnado, destinado ao seu achegamento á temática e á xeración de contidos e pensamento propio sobre os temas que se aborden, elementos que serán compartidos e discutidos cos compañeiros na aula. Implicará lectura, busca de información, análise e exposición de contidos, e será unha parte importante na avaliación práctica do estudante no global da materia.

    TITORÍAS
    Ademais das horas de Titoría que corresponden á materia e a realizar na aula, o profesor estará a disposición do alumnado un tempo mínimo á semana para que, individualmente ou en grupo, poida consultar dubidas ou ofrecer asesoramento de cara ó traballo persoal que realice cada alumno/a.

    Sistema de evaluación
    A avaliación constará de tres partes:

    1) Asistencia a un mínimo do 80% das clases expositivas, no 80% das clases interactivas e no 100% das actividades específicas (Titorías e Prácticas específicas). Unha falta de asistencia superior ao 20% supón a imposibilidade de ser avaliado. Dado que a asistencia é obrigatoria, non computa como unha porcentaxe específico da nota, pero si poderá ser tomada en conta de forma global na nota final.

    2) Actividades prácticas (realización e participación activa na aula): 60% da cualificación

    3) Proba escrita final: 40% da cualificación

    Nota: Non se realizarán medias se nalgún de vos apartados non se obtén polo menos unha puntuación do 25% do especificado.

    AVALIACIÓN CONVOCATORIA XULLO
    Aqueles que ben por non superar o curso, ou ben por non se presentar á avaliación ordinaria (nin realizado a parte práctica previamente) e preséntense á proba escrita do mes de xullo, examinaranse nela de todos os contidos da materia. Isto significa tanto dos expositivos como dos interactivos que se visen ao longo do curso.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Segundo a Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudantado á materia é:
    a) Presenciais (exposicións teóricas, aulas interactivas, titorías e avaliación): 50 horas
    b) Traballo persoal (estudio, redacción de traballos, preparación de actividades): 100 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Ter curiosidade e interese na aprendizaxe como bagaxe persoal, intelectual ehumano a adquirir, máis aló do mero feito da superación da materia e a cualificación a obter.
    - Participación activa e consciente na aula, tanto nas exposicións teóricas como nas clases prácticas, como clave fundamental do proceso de aprendizaxe e de superación da materia.
    - Aplicar desde o inicio das clases pautas regulares de traballo que permitan o seu seguimento continuado e un aproveitamento efectivo.
    - Utilización da bibliografía de apoio en función das necesidades.