Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021421 - Metodoloxía da Historia (Teoría e Procedementos Analíticos da Historia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia I
  • Áreas: Historia Antiga
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Bermejo Barrera, Jose Carlos.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Trátase de lograr que o alumno adquira o coñecemento que lle permita distanciarse da lectura dos textos históricos e deixe así de consideralos como verdades inmutables, mediante a súa capacidade de analizar eses mesmos textos, tanto na súa xénese como na súa construción.
    Para iso ha de saber distinguir aquel coñecemento que se deriva dos datos extraidos das fontes históricas daqueloutros que se extraen da aplicación ao pasado de diferentes modelos explicativos, sexan da natureza que sexan. E á súa vez ha de comezar a adquirir a capacidade de saber integrar os diferentes tipos de informacións que están presentes no coñecemento histórico, xa sexa expresado en forma de textos, imaxes, gravacións ou obras audiovisuais.

    Contidos
    - 1-METODOLOXÍA DA HISTORIA: DEFINICIÓN.
    -A idea de método- O método como instrumento auxiliar e o método como sistema de organización do coñecemento- Historia e método histórico- Historia inmediata e historia reflexiva.- Historia e filosofía da historia- Filosofía especulativa e filosofía crítica da historia-A realidade histórica como substrato, fonte de información ou construción-

    2 -A HISTORIA COMO COÑECEMENTO DO PASADO.
    -Tempo e tempo histórico-Aproximacións á historia do tempo- O tempo físico e a duración- Tempo e tempo cosmológico: o modelo da Big History- Tempo e tempo biolóxico: o modelo evolucionista e a Green History.-Cronoloxía, procesos e tempos obxectivos- As duracións e os tempos vividos.-

    3-PASADO VIVIDO, MEMORIA E ORALIDAD.
    -A memoria nas sociedades sen escritura- Memoria e pensamento- Memoria e xenealoxía- Tempo mítico e tempo histórico-A memoria nas sociedades con escritura.- A memoria nas sociedades de alfabetización limitada: o Antigo Oriente- Os cadros sociais da memoria- Memoria e identidade- Memoria e experiencia vivida- Memoria e biografía- Historia Oral e memoria histórica-.

    4-O TEXTO HISTÓRICO COMO CONSTRUCIÓN NARRATIVA.
    -Historia escrita e testemuño oral: o modelo narrtativo da Antigüidade Clásica.- Historia como testemuño e historia como lección moral- O ollo e o oido como instrumentos de coñecemento no modelo narrativo espontáneo- Investigación histórica e investigación procesual: a reconstrución dos feitos- O valor das probas no tribunal e a historia- O historiador como testemuña: palabra heterónoma e palabra autónoma.- Historia, debate político e democracia-

    5-CRISTIANISMO E HISTORIA.
    O tempo histórico no xudaismo e o cristianismo- Historia lineal ou historia da salvación- Historia e tradicción textual. A historia como hermenéutica- Os textos históricos como corpora e os métodos da súa interpretación-Autoridade e intepretación: o nacemento do dogma-O papel do libro no Fin do Mundo Antigo: xudaismo, cristianismo e no Islam-Escritura, crítica e censura- Pasado real e pasado imaxinario: haxiografía e Acta Martyrum-

    6-CRÍTICA E METODO HISTÓRICOS.
    -O humanismo e o nacemento da crítica histórica: Lorenzo Valla-Crítica filolóxica e crítica textual- O nacemento da crítica e a historia da Igrexa: realidade, ficción e milagres-a paleografía e a diplomática como bases do método histórico- Coleccionistas e curiosidades: antigüidades, moedas e inscricións e a súa contribución ao método histórico.-

    7_-METODO HISTÓRICO E MÉTODO CIENTIFICO.
    -O nacemento da ciencia moderna e a creación da idea de método universal- A historia e o método científico: a filosofía da Historia da Ilustración- A Cameralística: o nacemento da estadísitica, a demografía e a ciencia das riquezas no século XVIII.- Historia erudita fronte a ciencia da historia: a socioloxía de Auguste Comte.

    8-HISTORIA E CONSTRUCIÓN DO ESTADO NACIÓN.
    - O estado nación e a xénese do discurso histório- Estrutura interna e externa do discurso histórico- A profesionalización da historia- Historia e educación nacional.- O Estado e a historia: a xénese da idea de patrimonio nacional e o nacemento dos arquivos, museos e bibliotecas.-Historia e política-

    9-HISTORIA ECONÓMICA E ECONOMÍA POLITICA.
    -O descubrimento da economía e a natureza do mercado- Produción, consumo, propiedade e traballo: bases da economía-Institucionalismo e substantivismo na historia económica- Historia e modos de produción: David Ricardo e Karl Marx- O modelo keynesiano e a historia do crecemento económico- A teoría económica no mundo neoliberal-

    10-HISTORIA SOCIAL, ANTROPOLOXÍA HISTÓRICA-
    -A institucionalización da socioloxía en Francia e Alemaña: E. Durkheim e Max Weber- A socioloxía inglesa: Herbert Spencer- Historia e socioloxía- Sociedades elementais e sociedades complexas: antropoloxía e historia- Microsocioloxía: parentesco , familia e comunidades aldeás- Sociedade pensamento e ideoloxía: un concepto desmitificado, mentalidade.

    11-HISTORIA, BIOGRAFÍA E NARRACIÓN-
    -O relato biográfico e o relato histórico- Psicohistoria- Historia e psicanálise- A historia da sexualidade- Os límites do relato- relato, memoria e identidade- O narrativismo e o desafío ao método histórico- Narración, análise e fontes históricas: a integración da información.

    12- HISTORIA E CIENCIAS NO SÉCULO XXI.
    -A idea de método científico- Ciencia ou ciencias: a crise actual da filosofía do a ciencia: de Popper á etnometodoloxía- Ciencias e produción económica- As ciencias como aparellos cognitivos : a concepción estructuralista da filosofía da ciencia. -Ciencia e politica no século XXI. Historia , coñecemento e política.- A historia e os sistemas educativos.-Historia, riqueza e sociedade.-

    Bibliografía básica e complementaria
    Para as clases teóricas e prácticas da materia utilizarase como libro de traballo, no que se atopan os materiais esenciais:

    J.C.Bermejo Barrera y Pedro A. Piedras Monroy: Genealogía de la Historia, Akal, Madrid, 1999. A continuación inclúese unicamente a bibliografía necesaria para o desenvolvemento dalgúns dos puntos esenciais do temario.
    I
    Sobre o método xenealógico de Nietzsche-Foucault pode verse a sistematización que del fixo o segundo dos dous autores no seu traballo: "Nietzsche, la genealogía y la historia", en: Microfísica del Poder, La Piqueta, Madrid, 1978, págs.7/30.

    II
    Sobre a historiografía e os seus problemas poden consultarse os meus ensaios: "Historia universal, crisis de una idea", en: Entre Historia y Filosofía, págs. 217/250.
    O apéndice de Schopenhauer citado pode verse na terceira edición de Die Welt als Wille und Vosrtellung der Natur, II, Darmstadt, 1990.

    III
    Sobre a historiografía cristiá pode verse unha ampla bibliografía e a análise dos principais textos no meu ensaio: "El cisma en el alma, un ensayo sobre las relaciones entre el cristianismo y la Historia", en: Introducción a la historia teórica, Akal, Madrid, 2010.

    IV
    Sobre a historiografía medieval debe consultarse o libro de Bernard Guenée: Histoire et culture historique dans l'Occident médieval, Aubier, París, 1980.

    V
    Sobre a historiografía do Renacemento segue sendo útil o libro de Eduard Fueter: H Historia de la Historiografía moderna, I y II, Buenos Aires, 1953.
    Acerca da Historiografía no Antigo Réxime é de gran interese o libro de Claude Gilbert Dubois: La conception de l'histoire en France au XVI siécle (1560-1610), París, 1977, e nunha perspectiva máis ampla dispomos como obra de referencia básica do libro de Chantal Grell: L'Histoire entre érudition et Philosophie. Et sur a connaisance historique a l'age des lumiéres, PUF, París, 1993. Así como o de Peter G. Bietenholz: Historia and Fabula. Myths and Legends in Historical Thought from Antiquity to the Modern Age, Brill, Leyden, 1994. E referido a Inglaterra a obra de Joseph M. Levine: The Battle of the Books. History and Literature in the Augustan Age, Cornell University Press, Ithaca and London, 1991.
    J. B. Bossuet: Discurso sobre la Historia Universal, Barcelona, 1940 (1681), é a única tradución española. La Filosofía de la Historia de Voltaire áchase traducida ao español en Tecnos, Madrid.
    Os textos de Kant sobre a Historia foron recompilados en español en varias edicións:
    I. Kant: Filosofía de la Historia, FCE, México, 1978.
    I. Kant: Ideas sobre la Historia universal desde un punto de vista cosmopolita y otros escritos sobre filosofía de la Historia, Tecnos, Madrid, 1987.
    Sobre a filosofía da Historia de Kant, ver Yirmiyahu Yovel: Kant and the Philosophy of History, Pricenton Univ. Press, 1980.
    Sobre o pensamento de Spinoza, pode verse, dese mesmo autor: Espinosa. El marrano de la razón, Muchnick, Barcelona, 1995.
    Unha boa tradución do Leviathan, pode verse en Thommas Hobbes: Leviathán, Alianza, Madrid, 1989. E nesa mesma editorial poden consultarse a tradución dos comentarios de Maquiavelo ás décadas de Perico Livio. Hai tamén tradución de Condorcet: Bosquejo de un cuadro histórico de los progresos del espíritu humano, Editora Nacional, Madrid, 1980. Sobre Maquiavelo e o método historiográfico do Renacemento, ver Timothy Hampton. Writing from History. The Rhetoric of Exemplarity in Renaissance Literature, Cornell Univ., London, 1990.

    VI
    As referencias ás obras filosóficas citadas neste apartado poden verse no libro de texto. A elas engádase, como mostra da concepción estructuralista das teorías o libro de Ulises Moulines: Pluralidad y recursión, Alianza, Madrid, 1993.
    Sobre Wittgenstein deberemos destacar dous libros importantes. Isidoro Reguera: El feliz absurdo de la Ética. El Wittgenstein místico, Tecnos, Madrid, 1994, e Cyril Barrett: Ética y creencia religiosa en Wittgenstein, Alianza, Madrid, 1994 (Oxford, 1991).
    Acerca da socioloxía da ciencia cabe destacar a importancia do libro de Barry Barnes: Sobre Ciencia, Labor, Barcelona, 1987 (1985).

    VII
    Hai tradución castelá do libro de J. G. Fichte: El estado comercial cerrado, Tecnos, Madrid, 1991.
    De Benedetto Croce, ademais das obras citadas nos libros anteriores, deben consultarse: Teoría e storia della Storiografia, Milano, 1941 (1989), e Logic as the Science of the Pure Concept, London, 1917 (1905).
    A obra máis coñecida de Max Weber é Economía y Sociedad. Esbozo de sociología comprensiva, FCE, México, numerosas reedicións. En realidade trátase dunha acumulación de textos en proceso de reedición actualmente. E o libro máis sistemático de G. Simmel é o seu: Sociología. Estudios sobre las formas de socialización, I e II, Alianza, Madrid, 1989. Sobre as dificultades da construción dunha ciencia social pode verse o libro de Félix Ovejero: la Quimera fértil. El despropósito de la teoría de la Historia, Icaria, Barcelona, 1994.
    Sobre a relación entre política e linguaxe pode verse o libro de John G. A. Pocock: Política, linguaggio e Storia, Milano, 1990.
    Acerca do pensamento político de Heidegger pode consultarse Pierre Bourdieu: La ontología política de Martín Heidegger, Paidós, Barcelona, 1991. Sobre o pensamento de Ortega, Manuel Burón González: La Historia y la naturaleza. Ensayo sobre Ortega, Akal, Madrid, 1992.
    Sobre as comunidades académicas en Alemaña, é fundamental o libro de Fritz K. Ringer: The Decline of the German Mandarins. The German Academic Community, 1890-1933, 21 edic. London, 1990. No referido á historiografía francesa debemos destacar as obras de William R. Keylor: Academy and Community. The Foundation of the French Historical Profession, Harvard Univ. Press, 1975, e Terry Nichols Clark: Prophets and Patrons. The french University and the Emergence of the social Sciences, Harvard Univ. Press, Cambridge Mass. 1973, ademais do libro de Charles Olivier Carbonell sobre a profesionalización da historia, xa citado.
    Sobre a situación equivalente en España, ver Gonzalo Pasamar Alzuria: "La fundación de la profesión de historiador en España", en: Historia y Crítica, IV, 1994, págs. 53/84. Nun sentido similar, e como estudo das "invariantes" nacionais dunha historiografía, é interesante o libro de Georg G. Iggers: The German Conception of history. The National Tradition of Historical Thought from Herder to the Present, 2 edic. Middletown, 1983. E no que se refire á vinculación da historiografía do estado-nación co enfrontamento entre estados son interesantes as consideracións de Leo Strauss, en: Droit Naturel et Histoire, París, 1954 (Chicago, 1953). Un exemplo dos mecanismos de exclusión da comunidade académica, neste caso alemá, pode verse na biografía de Karl Lamprecht, en Robert Chickering: Karl Lamprecht. A German Academic life (1856-1915), New Yersey, 1993.
    De Georg Gadamer debe verse, sobre todo, Verdad y Método, I y II. Fundamento de una hermenéutica filosófica, Sígueme, Salamanca, 1993 (Tubingen, 1975).
    Sobre a escola do Année sociologique é moi revelador o estudo da biografía de Marcel Mauss. Ver Marcel Fournier: Marcel Mauss, Flammarion, París, 1994.

    VIII
    A bibliografía sobre o narrativismo é inmensa. Pode verse un balance dalgunha dela no meu ensaio: "La Historia, entre la razón y la retórica", en: Entre Historia y Filosofía. A ela poderiamos engadir os seguintes títulos:
    Elizabeth Deeds Ermarth: Sequel to History. Postmodernism and the Crise of representation, Princenton Univ. Press, New Yersey, 1992.
    A compilación de traballos coordinada por Chip Sills e George H. Jensen: The Philosophy of Discourse. The Rhetorical Turn in Twentieth Century, I e II, Porsmouth, 1992, e o "reading" baixo a dirección de Jerzy Topolski Historiography between Modernism and Postmodernism. Contributions to the Methodology
    Bibliografía básica e complementaria
    of the Historical Research, Poznan Studies in the Philosophy of the Sciences and the Humanities, 41, Amsterdam, 1994.
    Acerca da Metahistory poden verse os dous números que lle dedicou a revista Storia della Storiografia. Hayden White's Metahistory twenty years after, I e II, 24, 1993, 25, 1994, e o meu traballo no segundo deles: "L'Architecture de l'imagination" 25, 1994, páxs. 103/119.
    O propio Hayden White insistiu en destacar os compoñentes políticos dos diferentes tipos de relatos, pero sobre este tema chamou especialmente a atención Frederic Jameson; ver o seu: The Political Unconscious. Narrative as a Socially Symbolic Art, Routledge, London, 1983. Nese mesmo sentido o libro de Alex Calinicos: Theories and Narratives, London, 1994, situándose en contra do "postmodernismo" volve reivindicar a vixencia do pensamento de Marx, do mesmo xeito que Jacques Derrida, nos seus: Espectros de Marx, Trotta, Madrid, 1995 (París, 1984).
    As consideracións de Valery sobre a Historia están nas súas: Regards sur lle monde actuel, Gallimard, París, 1945.
    Segue sendo importante, a pesar da súa brevidade, o libro de Lucien Goldmann: The Human Sciences and Philosophy, London, 1969 (París, 1966) como reflexión metodolóxica xeneral sobre a Historia e as ciencias sociais.

    Competencias
    Trátase de lograr que o alumno adquira o coñecemento que lle permita distanciarse da lectura dos textos históricos e deixe así de consideralos como verdades inmutables, mediante a súa capacidade de analizar eses mesmos textos, tanto na súa xénese como na súa construción.
    Para iso ha de saber distinguir aquel coñecemento que se deriva dos datos extraidos das fontes históricas daqueloutros que se extraen da aplicación ao pasado de diferentes modelos explicativos, sexan da natureza que sexan. E á súa vez ha de comezar a adquirir a capacidade de saber integrar os diferentes tipos de informacións que están presentes no coñecemento histórico, xa sexa expresado en forma de textos, imaxes, gravacións ou obras audiovisuais.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia divídese nunha parte teórica e outra práctica, na que os alumnos de cada grupo deberán ler e comentar os textos que se presenten en clase. Debendo á súa vez elaborar persoalmente un traballo no que tendran que buscar e integrar diferentes tipos de informacións relacionados cun tópico histórico que se lles asignará individualmente
    Sistema de evaluación
    Realizarase un exame teórico, baseado na redacción dun tema e puntuará ata 4 puntos.
    Realizaranse comentarios de textos nas clases prácticas que se puntuarán ata 2 puntos.
    Elaborarase un breve traballo de procura e integración de fontes que se puntuará ata 2 puntos.
    Puntuarase a asistencia consciente a clase ata 2 puntos.
    A non realización do exame suporá un Non presentado
    Oportunidade extraordinaria de avaliación: realizarase un exame teórico que puntuará ata 7 puntos, e se realizará o traballo, que puntuará ata 3 puntos.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas: 32 horas
    Clases interactivas: 16 horas
    Titorías: 2 horas
    Total horas presenciais: 50
    Traballo do alumno: 100 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Lectura intensiva, aprendizaxe de idiomas e traballo na Biblioteca