G5021422 - Historia dos Procesos de Globalización (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO/A alumno/a deberá:
O-1 Coñecer a estructura diacrónica xeral da Historia Universal dende 1945, aínda que con énfase no continente europeo.
O-2 Coñecer os procesos de continuidade e cambio dende a Segunda Guerra Mundial: políticos, económicos, sociais e culturais
O-3 Entender criticamente os factores/axentes que foron configurando a sociedade actuais, e con eles as principais claves explicativas do presente.
O-4 Coñecer as distintas perspectivas e principais debates historiográficos según os períodos e contextos, a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construcción.
O-5 Saber analizar o presente dun xeito crítico a través da súa perspectiva histórica e dotarse de elementos para unha xenealoxía histórica dos problemas e debates do mundo no que vivimos (crise ecolóxica, conflictos bélicos, dialéctica movementos sociais / institucións políticas, os dilemas da multiculturalidade, etc.).
Contidos1º Os procesos de descolonización dende a II Guerra Mundial.
- A causas: a crise das potencias coloniais, a nova dinámica resultante da Guerra Fría, as ideoloxías xustificadoras…
- As vías do proceso de descolonización nos diferentes Imperios.
- O día despois da descolonización: a herdanza da dominación, os condicionantes para a viabilidade dos novos Estados, os atrancos para o nation-building, as interferencias producto da Guerra Fría.
2º EEUU de 1945 á actualidade.
- A evolución do sistema político de 1945 ós anos sesenta.
- As transformacións sociais. O problema racial.
- A revolución conservadora.
- Dinámicas recentes da sociedade estadounidense.
3º. O bloque comunista.
- A URSS entre o stalinismo e a Perestroika.
- Os países satélites: evolución política, cultural e socioeconómica.
- A caída do bloque do Leste.
- Herdanza e memoria do “socialismo real”.
4º. A Europa Occidental.
- A reconstrución de posguerra: axudas económicas e novo marco institucional
- Expansión capitalista e Estado do Benestar (1950 – 1973)
- O proceso de construción europea
- ¿Magnífico “novo mundo”?: novos movementos sociais e correntes contraculturais
5º O novo sistema mundial do século XXI
- Democracia, gobernanza, novos populismos e vellos autoritarismos
- Os cambios na economía global e o debate sobre o futuro do capitalismo
- Sociedade civil e protesta social: repertorios e marcos de acción colectiva
- Da sociedade da información á sociedade do coñecemento
6º. As guerras do noso tempo.
- A guerra fria. Dinámica global do enfrontamento entre bloques.
- A guerra nos comezos do século XXI.
- Os novos formatos de conflicto: terrorismo internacional.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
-ARTOLA, M., PÉREZ LEDESMA, M., 2005, Contemporánea: la historia desde 1776,
Madrid, Alianza.
- HOBSBAMN, E.J. (1997), Historia del siglo XX: 1914-1991, Barcelona, Crítica.
- JUDT, T., (2006), Postguerra: una historia de Europa desde 1945, Madrid, Taurus.
- JUDT, T./SNYDER, T., (2012) Pensar el siglo XX, Madrid, Taurus.
- NOUSCHI, M. (1996), Historia del siglo XX: todos los mundos, el mundo, Madrid, Cátedra.
- PAREDES, J. (coord.), (2004), Historia Universal Contemporánea, Barcelona, Ariel.
- VILLARES, R., BAHAMONDE, A., (2001), El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus.
-ZAMAGNI, V., (2001), Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica.
Bibliografía específica e complementaria
Tema 1
Chakrabarty, D., (2009), El humanismo en la era de la globalización ; La descolonización y las políticas culturales, Madrid, Katz.
Darwin, J., (2009), The empire project : the rise and fall of the British world-system, 1830-1970, Cambridge University Press.
Martínez Carreras, J. (1987), Historia de la descolonización : 1919-1986 : las independencias de Asia y Africa, Madrid, Istmo.
Tema 2.
Engelhardt, T. (1997), El fin de la cultura de la victoria, Barcelona, Paidós.
Jones, M.A. (1996), Historia de Estados Unidos, 1607-1992, Madrid, Cátedra.
Palomares Lerma, G. (1999), Política y gobierno en los Estados Unidos (1945-1999), Valencia.
Tema 3
Martín de la Guardia, R.M. (1995), La Europa del Este de 1945 a nuestros días, Madrid, Síntesis.
Service, R. (2000), Historia de Rusia en el siglo XX, Barcelona, Crítica.
Taibo Airas, C. (2010), Historia de la Unión Soviética, 1914-1991, Madrid, Alianza.
Tema 4
Tortella, G. (2000), La revolución del siglo XX: capitalismo, comunismo y democracia, Madrid, Taurus.
Vinen, R. (2002), Europa en fragmentos: historia del viejo continente en el siglo XX, Barcelona, Península.
Wasserstein, B. (2010), Barbarie y civilización: una historia de la Europa de nuestro tiempo, Barcelona, Ariel.
Tema 5
Castells, M., (2009), Comunicación y poder, Madrid, Alianza.
Herranz de Rafael, G., (2008), Xenofobia y multiculturalidad, Valencia,Tirant lo Blanch.
MacLuhan, M., (1996), La Aldea global : transformaciones en la vida y los medios de comunicación mundiales en el siglo XXI, Barcelona, Gedisa.
Tema 6
Mann, M. (2004), El imperio incoherente. Estados Unidos y el nuevo orden internacional, Barcelona, Paidós.
Veiga, F., (2006), La paz simulada : una historia de la Guerra Fría, 1941-1991, Madrid, Alianza.
Wright, L., (2009), La torre elevada : Al-Qaeda y los orígenes del 11-S, Barcelona, Debate.
CompetenciasEspecíficas
O/A alumno/a será capaz de:
CE-1 Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural contemporánea e os acontecementos e problemáticas actuais.
CE-2 Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes do mundo actual.
CE-3 Explicar en termos históricos a diversidade do mundo actual, atopando as raíces de trazos do mundo contemporáneo como os movementos migratorios, a crise ecolóxica, a desigualdade económica, a coexistencia de diferentes culturas, etc.etc.
CE-4 Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
CE-5 Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ó século XX.
Transversais
O/A alumno/a será capaz de:
CT-1 Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas, así como facer un uso axeitado dos recursos dixitais, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais disponibles
CT-2 Aprendizaxe autónoma.
CT-3 Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
CT-4 Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información disponible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
CT-5 Organizarse e traballar en equipo
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía da ensinanza
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula..
- Clase interactiva na que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Titorización personalizada.
Nas clases expositivas e interactivas os estudantes afondarán nos temas sinalados. Os métodos poden ser variados: comentarios críticos, asistencia a conferencias, proxección documentais e películas, comentario de gráficos e imaxes, exposición e debates respecto dos traballos individuais e de grupo.
A docencia expositiva abordará os temas 2, 3, 4 e 5. Sobre os temas 1 e 6 realizaránse traballos en grupos de arredor de catro persoas, que terán que ser entregados como data improrrogable o 12 de decembro.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación da aprendizaxe
A cualificación final resultará da suma das seguintes compoñentes:
- proba escrita, que constará dunha pregunta tema e un comentario de texto, 40%
- traballo en grupo, 30%
- prácticas na aula, 30%.
Dado que a avaliación é continua a asistencia ás aulas é obrigatoria, polo que unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que o/a alumno/a poida ser avaliado/a.
Na evaluación de xullo ofrecerase ó alumnos á posibilidade ben de repetir todas as probas, ben de recuperar só aquelas nas que acadasen resultados menos satisfactorios, mantendo a nota do resto.
Criterios conforme ós cuales se calificarán os traballos dos alumnos
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica e razonamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- A presentación e organización en xeral dos exercicios.
7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
8. Penalizarase o emprego acrítico e sen citar de material obtido da rede.
Mecanismos de seguemento:
Comentarios de texto
Titorías
Participación na clase
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Depende dunha chea de factores inherentes ó alumno (capacidade de lectura, interese pola materia, entusiasmo pola aprendizaxe...). Malia a teima burocrático-pedagóxica a Universidade debe insistir nos RESULTADOS e non no esforzo persoal, que é un paso necesario pero non suficiente. Polo tanto considérase totalmente indiferente, imposible e innecesario cuantificar o "tempo de estudos e de traballo persoal" que lle requira a cada alumno esta materia.
De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 15 horas
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Avaliación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ fundamental que o alumnado asimile a filosofía e esixencias do sistema de avaliación continua establecido pola nova metodoloxía á boloñesa.
A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
- A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Aclarar con preguntas na clase, ou nas titorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.