G5021423 - Historia de Galicia III (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO/A alumno/a deberá:
O-1 Coñecer a estructura diacrónica xeral da historia de Galicia dende finais do século XVIII.
O-2 Coñecer os procesos de continuidade e cambio: políticos, económicos, sociais e culturais
O-3 Entender criticamente os factores/axentes que foron configurando a sociedade actual, e a través deles o presente.
O-4 Coñecer as distintas perspectivas e principais debates historiográficos según os períodos e contextos, a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construcción e en diálogo consigo mesma.
O-5 Saber analizar o presente dun xeito crítico a través da súa perspectiva histórica e dotarse de elementos para os problemas e debates do mundo no que vivimos (relacións Galicia/Estado, concepto de nación, crise ecolóxica, dialéctica movementos sociais / institucións políticas...).
Contidos1. O tránsito do Antigo Réxime.
- A crise do Antigo Réxime ata a Guerra de Independencia.
- A construcción do novo Estado (1808-1814).
- A Restauración: a reimplantación do absolutismo en Galicia. Conspiracións e pronunciamentos.
- Galicia e o Trienio Liberal (1820-1823).
- A década absolutista (1823-1833). Conspiracións liberais e represión. O Carlismo.
2. O sistema foral. A sociedade do XIX. O agrarismo.
- A estructura económica de Galicia: o foro.
- O desenvolvemento do sistema foral: a Pragmática de 1763.
- Incidencia dos procesos desamortizadores na situación da propiedade da terra.
- O século XIX: unha sociedade de base agraria.
- A resposta da sociedade: o agrarismo.
3. A formación do Estado Liberal. (1833-1874)
- A loita polo modelo de Estado. O triunfo do liberalismo. O Estatuto Real. A rexencia de Espartero.
- A construcción do réxime liberal. A década moderada.
- O pronunciamento de Solís (1846). As primeiras tentativas provincialistas.
- O Bienio Progresista. A ‘Unión Liberal’ e Galicia.
- A caida de Isabel II. O Sexenio: a construcción do Estado democrático. A I República.
4. O camiño cara a modernidade (1874-1936)
- As saidas da crise finisecular.
- A modernización productiva de Galicia.
- Do campo ó urbán: os cambios na distribución territorial da sociedade.
-Burguesía e movemento obreiro.
5. A volta á ‘orde’. Restauración Borbónica e Dictadura (1874-1930)
- O sistema ‘canovista’.
- Caciquismo e representación política. Galicia en Madrid.
- As fendas do sistema
- A Dictadura de Primo de Rivera (1923-1930).
6. A fractura da sociedade: os anos trinta.
- Os anos republicanos: a II República (1931-1936).
- As dificultades de implantación do sistema democrático. O subsistema de partidos galego.
- A aceleración da dinámica política: Bienio reformista, a dereita no poder e a Fronte Popular.
- A sublevación militar: a xeneración dun drama colectivo.
- A Guerra Civil na retaguardia da España ‘nacional’ (1936-1939). Diferencias nas liñas de construcción do 'Nuevo Estado'
7. Franquismo e transición democrática.
- A Segunda Guerra Mundial en Galicia.
- Represión, exilio e depuración política.
- A oposición ó réxime en Galicia.
- O final do franquismo e a construcción dunha nova democracia.
- As institucións autonómicas: o control da dereita (UCD e PP).
8. O galeguismo. Do provincialismo ó nacionalismo (1840-1975)
- O provincialismo. O Rexurdimento literario.
- O rexionalismo: Murguía e Brañas.
- O primeiro nacionalismo: as Irmandades da Fala.
- Da Dictadura de Primo de Rivera á II República: a creación do Partido Galeguista.
- A reconversión do modelo nacionalista baixo o franquismo.
Bibliografía básica e complementariaBibliog. Básica:
Barreiro Fernández, X.R.-Villares Paz, R.; A Gran Historia de Galicia, La Voz de Galícia-Fundación Caixa Galícia, 2007.
Barreiro Fernández, X.R.; Historia de Galicia, IV Edade Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981.
Beramendi, J.; De provincia a nación, Xerais, Vigo, 2009.
Pegerto Saavedra; La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Crítica, Barcelona, 1994.
Villares, R.; Historia de Galicia, Galaxia, 2004.
Bibliografía compl.:
Alfonso Bozzo, A.; Los partidos políticos y la autonomía de Galicia, 1931/1936, Akal, Madrid, 1976.
Alonso Álvarez, L.; Industria y conflictos sociales en la Galicia del Antiguo Régimen, 1750-1850, Akal, Madrid, 1977.
Artiaga Rego, A.; A desamortización na provincia de Pontevedra (1855-1900), Pontevedra, 1991.
Balboa, X.; O monte en Galicia. Problemas xurídico-administrativos e individualización campesiña, Xerais, Vigo, 1990.
Barreiro Fernández, X.R.; El carlismo gallego, Pico Sacro, Santiago, 1976.
-El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo, Santiago, 1977.
-Liberales y absolutistas en Galicia, Ediciós Xerais, Vigo, 1982.
-Historia de la ciudad de La Coruña, Biblioteca Gallega, A Coruña, 1986.
Barreiro Gil, X.; Propiedade y atraso na Galicia do primeiro tercio do século XX, Xunta de Galicia, Santiago, 1990.
Baz Vicente, Mª X.; El patrimonio de la Casa de Alba en Galicia en el siglo XIX, Lugo, Diputación Provincial, 1991.
Beramendi, X.- Nuñez Seixas, X.M.; O nacionalismo galego, A Nosa Terra, Vigo, 1995.
Bouhier, A.; La Galice. Essai geógraphique d’analyse et d’interpretation d’un veiux complexe agraire, La Roche-sur-Yon, 2 vols., 1979.
Brey, G.; Economie et mouvement syndical en Galice (1840-1911), Universidade de Pau, 1989.
Cabana, A. ; Xente de orde. O consentimento cara ao franquismo en Galicia, tresCtres, 2010.
Cabo Villaverde, M.; O agrarismo, A Nosa Terra, Vigo, 1998.
Carballo, F.-Magariños, F.; La Iglesia en la Galicia contemporánea. Análisis histórico y teológico del período 1931-1936, Akal, Madrid, 1978.
Cardesin, J.Mª, Tierra, trabajo y reproducción social en una aldea gallega (ss. XVIII-XX): muerte de unos y vida de otros, Ministerio de Agricultura, Madrid, 1992.
Carmona, X.; El atraso industrial de Galicia. Auge y liquidación de las manufacturas textiles, 1750-1900, Ariel, Barcelona, 1990.
Castro, X.; O galeguismo na encrucillada republicana, 2 vols., Diputación Provincial de Ourense, 1985.
-Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX), NigraTrea, Vigo, 2007.
Colino, X.-Pérez Touriño, E.; Economía campesiña e capital. A evolución da agricultura galega, 1960-1976, Vigo, 1983.
Costa Rico, A.; Escolas e mestres. A educación en Galicia: da Restauración á Segunda República, Santiago, Xunta de Galicia, 1989.
Dominguez Castro, L.; Viños, viñas e xentes do Ribeiro. Economía e patrimonio familiar, 1810-1952, Vigo, Xerais, 1992.
Dubert, I.; Los comportamientos de la familia urbana en la Galicia del Antiguo Régimen. El ejemplo de Santiago de Compostela en el siglo XVIII, Santiago, 1987.
Durán, J.A.; Historia de caciques, bandos e ideologías en la Galicia no urbana, Madrid, 1972.
Eiras Roel, A.; La historia social de Galicia en sus fuentes de protocolos, Santiago, 1981.
Fernández Prieto, L.; Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939, Ediciós Xerais, Vigo, 1992.
Fernández Santander, C.; El alzamiento d
CompetenciasEspecíficas
O/A alumno/a será capaz de:
CE-1 Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural contemporánea e os acontecementos e problemáticas actuais.
CE-2 Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes do mundo actual.
CE-3 Coñecemento e asimilación da identidade galega na súa etapa contemporánea.
CE-4 Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
CE-5 Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ós séculos XIX e XX.
CE-6 Insistir na percepción do pasado do noso país non como algo alleo a nós, senón de grande actualidade e de enorme influencia no presente.
Transversais
O/A alumno/a será capaz de:
CT-1 Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas, así como facer un uso axeitado dos recursos dixitais, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais disponibles
CT-2 Aprendizaxe autónoma.
CT-3 Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
CT-4 Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información disponible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
CT-5 Organizarse e traballar en equipo
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía da ensinanza
Nas clases expositivas e interactivas os estudantes afondarán nos temas sinalados. Os métodos poden ser variados: comentarios críticos, asistencia a conferencias, proxección documentais e películas, comentario de gráficos e imaxes, exposición e debates respecto dos traballos individuais e de grupo.
A docencia expositiva abordará os temas 2, 4, 5, 6 e 7.
Sobre o tema 7 realizaránse traballos en grupos de arredor de catro persoas, que terán que ser entregados como data improrrogable o 12 de decembro.
Para complementar aqueles aspectos do temario non abordados de xeito directo nas clases expositivas —temas 1, 3, 4 e 8— traballaranse a partir das seguintes obras de consulta obrigatoria:
- Temas 1, 3 e 4 en Juana, J. de- Prada, J. (coords.), Historia Contemporánea de Galicia, Ariel, 2005; capítulos 3-4 e 5-6.
- Tema 8 en. Beramendi, J.; De provincia a nación, Xerais, Vigo, 2009.
Sistema de evaluacióna) Asistencia e participación nas aulas, seminarios e outras actividades complementarias (10%).
b) Realización de traballos de grupo en relación cos contidos das aulas interactivas (30%).
c) Realización de probas en relación coas aulas expositivas e interactivas (20%)
d) Realización do exame final, en relación cos contidos das aulas expositivas e interactivas (40%).
Dado que a avaliación é continua a asistencia ás aulas é obrigatoria, polo que unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que o/a alumno/a poida ser avaliado/a.
Na avaliación de xullo ofrecerase ós alumnos a posibilidade ben de repetir todas as probas, ben de recuperar unicamente aquelas nas que tivesen obtido resultados menos satisfactorios, mantendo a nota do resto.
Tempo de estudo e traballo persoalDe acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 15 horas
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Avaliación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
CRITERIOS conforme ós cuales se calificarán os traballos dos alumnos
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica e razonamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- A presentación e organización en xeral dos exercicios.
7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
8. Penalizarase o emprego acrítico e sen citar de material obtido da rede.
Mecanismos de seguemento:
Comentarios de texto
Titorías
Participación na clase
Recomendacións para o estudo da materia-A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporcionan os profesores co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Aclarar con preguntas na clase, ou nas titorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.