G5021424 - Tendencias Historiográficas (Teoría e Procedementos Analíticos da Historia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Medieval e Moderna
- Áreas: Historia Medieval
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Obxectivos xerais:
1. Situada a materia no último curso do Grao de Historia e dentro do módulo 2, dedicado á "Teoría e procedementos analíticos da Historia”, o primeiro dos seus obxectivos debería de estar relacionado coa adquisición da capacidade instrumental suficiente para desenvolver unha reflexión epistemolóxica e teorética acerca do coñecemento histórico e as súas posibles achegas á construción do saber colectivo; a partir da súa consideración como unha disciplina elaborada sobre a base do esforzo e o traballo dos historiadores por entender ás sociedades e os grupos humanos na súa evolución e a súa relación cos diferentes ámbitos ao longo do tempo e, polo mesmo, sempre falible, modificable e en constante transformación.
2. Para iso, cabería ampliar a comprensión do proceso historiográfico en xeral e do contemporáneo máis en particular, en función das limitacións estritas do calendario docente e sobre a base da importancia para o alumnado da súa relación coa dinámica das formulacións historiográficas máis actuais. Como unha forma de sensibilizalos acerca da comprensión global do proceso historiográfico pero, en especial, da significación da evolución contemporánea do coñecemento histórico en relación coa dinámica xeral dos saberes e da investigación máis actuais.
3. Esta materia non pode senón seguir reivindicando e facendo fincapé na unicidade dun coñecemento que, por enriba das súas particularidades, parte dun acervo e dunha experiencia común que artella as bases desa mesma disciplina. Que entende que os seus creadores e vulgarizadores poden aspirar a formar parte dunha comunidade social basicamente rigorosa e honesta no seu labor, que traballa en beneficio da sociedade no seu conxunto e. especificamente, orientada cara aos sectores desta interesados en interrogarse polos nexos entre o que estamos sendo e o que foron os que nos precederon, polos ecos que resoan no pasado das inquietudes que se berran dende o presente. E que, nesa obstinada vontade de empregar as ilimitadas formas de evocar a memoria arquivada converténdoa en coñecemento integrado e intelixible, desenvolve as nosas capacidades de interrogarnos e pensar para articular conciencia e comprensión a partir do caos e do azar que rexen nos acontecementos.
4. A partir dunha perspectiva destinada a favorecer a comprensión do futuro traballo persoal como parte dun proceso e unha dinámica transcendentes, globais e comunitarios, que se insiren nun saber cun valor social e de natureza colectiva.
5. E que lles permita achegarse ás diferentes propostas historiográficas e, en especial, a aquelas que evidencien as inquietudes e propostas dun saber histórico plenamente incardinado no seu tempo.
6. Para o cal se fai indispensable entender o coñecemento histórico como un saber en constante evolución e sempre en proceso de reconsideración, como un labor permanentemente vivo e activo que precisa dos futuros historiadores e da curiosidade e o interese deles mesmos e da sociedade.
7. Unha conciencia de si que se reforza e consolida ao insistir no valor práctico e utilitario que para o vivir cotián dunha cidadanía consciente poden ter os recursos que se poden instrumentar a partir da aplicación dos usos referidos ao coñecemento da Historia.
2. Obxectivos específicos:
1. A familiarización do/da alumno/a cuns contidos básicos que lles permitan entender e asimilar os procesos que definen a constitución e transformación do coñecemento histórico. Na que o emprego axeitado dun marco terminolóxico e conceptual de referencia se converta en instrumento eficaz para a fixación e comprensión das características que distinguen os froitos das diferentes orientacións e tendencias, escolas ou autores representativos.
2. A partir desa familiarización cos contidos fundamentais da materia é preciso que o/a alumno/a asuma o papel que ese saber pode ter na sua propia toma de posición ante o estudo e a investigación acerca da Historia, asumindo a existencia, ao longo do tempo, de distintas maneiras de entender e definir o coñecemento histórico, a constatación de diferentes obxectos e perspectivas de investigación, o variado uso de procedementos e técnicas para a fixación dos datos e a súa valoración e o sentido prospectivo dunha epistemoloxía cada vez máis imprescindible para asumir a responsabilidade e competencia de entendela historia. Que, en suma, os/as poña en disposición de asumir os compromisos que se derivan do exercicio da capacidade de entender, facer entender, validar e lexitimar a indagación que esixe o seu presumible nivel de competencia.
3. Incidir no cumprimento dos obxectivos anteriormente descritos dende unha perspectiva formativa, ben de tipo máis xeral ou ben de carácter especializado. Unha opción que non é intrinsecamente acertada ou desacertada en si mesma e en ningún caso banal, e que debería preservarnos do cinismo doutro tipo de accións posibles neste tempo de desalento e crise ao que un coñecido político que se definía a sí mesmo como socialista caracterizaba como unha encrucillada con dous camiños básicos: “o mandar a hacer puñetas a los mercados y tomar por el camino del medio, o jugar a su juego poniendo nuestra mejor cara y nuestra más amable sonrisa para ver si nos consideran merecedores de su confianza y de su dinero… es decir, o nos suicidamos o nos prostituimos. La elección no es fácil, pero si descartamos la primera no nos queda más remedio que entrar por la segunda”. Unha disxuntiva que nos chama ao silencio emocionado en recordo dos caídos pola virtude perdida e en homenaxe ao novo programa rexenerador das conciencias. Ante semellantes argumentos a necesidade terapéutica da comprensión histórica agudízase.
4. Esa determinación esixe favorecer a práctica demostrativa das calidades e capacidades persoais do alumnado para asumir o entendemento dos procesos e as cuestións a abordar e aprender, a adoptar posicións e decisións argumentadas e razoadas sobre a base dunha actitude reflexiva e profesional a un tempo.
5. Poñer en contacto aos/ás estudantes con formulacións, obras e autores significativos dentro do campo da investigación histórica, entendidos como modelos de esixencia, de traballo, de rigor e de interese pola disciplina.
ContidosOs antecedentes significativos
1. Os síntomas da contemporaneiade historiográfica. – Precedentes da crítica documental. – O desenvolvemento da razón ilustrada. - A activación dos recursos nas sociedades europeas. - A construción dunha nova cidadanía. - O papel dinamizador do Estado. - A universalidade dos procesos históricos. - O nacemento dunha nova concepción dos saberes e a profesionalidade do historiador.
2. As liñas fundamentais do panorama historiográfico decimonónico. - Da erudición alemá á eclosión historicista. - A deriva romántica. - As propostas cientistas e o espírito positivo. - O marxismo e a confrontación social.
A protomodernidade historiográfica e a análise histórica
3. O proceso de afirmación da historia social e económica. -Os seus precedentes e a eclosión historiográfica dos Annales.- A historia social anglosaxoa e en Alemaña. - As diferentes versións dunha visión económica da historia. – As derivas cuantitativistas e o desenvolvemento da cliometría.
4. A crise do historicismo decimonónico e as súas consecuencias. - A influencia determinante dos coñecementos sociais fronte ao peso da tradición historicista. - Da historia institucional á simboloxía política. -A historia da sociedade como historia dos costumes. - A influencia da historia social e constitucional.
5. A consolidación dunha historiografía marxista. - O desenvolvemento da investigación histórica nos países comunistas. - A influencia heterodoxa da Escola de Frankfurt. - A consideración da chamada historia dende abaixo. - A expansión da historiografía marxista nos países occidentais.
6. A historia como instrumento da confrontación ideolóxica. - A utilización da historia como parte da loita política. - Historiografía e política de bloques. - A reiteración dos debates sobre a Revolución Francesa. - Ordes, estamentos, clases. - A Historikerstreit. -Historia e descolonización.
Os caracteres do proceso historiográfico plenamente contemporáneo
7. Os indicios dun cambio de tendencia. - Os cambios sociopolíticos do último cuarto do século XX.- A crise das grandes teorías no ámbito científico. - A crítica da ilustración e a postmodernidade. - A importancia cultural da revolución tecnolóxica. - As novas sensibilidades históricas.
8. A diversificación das estratexias na investigación recente. - Predominio do cultural ou instauración da diversidade?. - Das críticas ao imperialismo de Annales á reivindicación dunha nova narrativa. - A consideración do privado como parte do social. - A introdución das perspectivas micro. - A abordaxe dos problemas de Identidade e xénero. - A reivindicación da oralidade.
9. A importancia do xiro lingüístico na determinación da historia cultural. - Foucault e as derivas narratolóxicas.- A metahistoria e a análise da narrativa histórica. - A análise das linguaxes políticas. - A historia dos conceptos.
10. Transitando por novos camiños. - Memoria versus historia. - A deconstrucción do arquivo. - A visión queer dos problemas históricos.- A historia como evocación re visitada.
Bibliografía básica e complementaria1. Bibliografía básica
AGUIRRE ROJAS, C.A.: “La historiografía en el siglo XX. Historia e historiadores entre 1848 y ¿2025?” (Barcelona, Montesinos, 2004).
CANTERA MONTENEGRO, E. coord.: “Tendencias historiográficas actuales. Historia Medieval, Moderna y Contemporánea” (Madr5id, Ed. Universitaria Ramón Areces, 2012).
FONTANA, J.: “La historia de los hombres: el siglo XX” (Barcelona, Crítica, 2002).
HERNÁNDEZ SANDOICA, E.: “Tendencias historiográficas actuales: escribir Historia hoy” (Madrid, Akal, 2004).
IGGERS, G. G.: “La ciencia histórica en el siglo XX. Las tendencias actuales” (Barcelona, Idea Books, 1998).
SÁNCHEZ MARCOS, F.: “Las huellas del futuro. Historiografía y cultura histórica en el siglo XX” (Barcelona, Universitat, 2012).
2. Bibliografía complementaria
AGUIRRE ROJAS, C.A.: “La Escuela de los Annales. Ayer, hoy y mañana” (México, Era, 2004).
AURELL, J.: “La escritura de la memoria: de los positivismos a los postmodernismos” (Valencia, Universitat, 2005).
BACCINI, A. y GIANNETTI, R.: “Cliometría” (Barcelona, Crítica, 1997).
BARROS, C., “Historiografía fin de siglo”, (Santiago, Tórculo, 1998).
BOLDIZZONI, F.: “La pobreza de Clío. Crisis y renovación en el estudio de la historia” (Barcelona, Crítica, 2013).
BOURDÉ, Gc; MARTIN, H.; BALMAND, P.: “Las escuelas históricas” (Madrid, Akal. 1992).
BURKE, P.: “Sociología e Historia” (Madrid, Alianza, 1988).
BURKE, P. ed.: “Formas de hacer Historia” (Madrid, Alianza, 2003).
BURKE, P.: “La revolución historiográfica francesa. La Escuela de Annales (1929-1989)” (Barcelona, Gedisa, 2006).
BURKE, P.: “¿Qué es la historia cultural?” (Barcelona, Paidós, 2006).
BURKE, P.: “Hibridismo cultural” (Madrid, Akal, 2010).
BURROW, J.: “Historia de las Historias. De Heródoto al siglo XX” (Barcelona, Crítica, 2007).
CABRERA, M.A.: “Historia, lenguaje y teoría de la sociedad” (Madrid, Cátedra, 2001).
CANNADINE, D. ed.: “¿Qué es la Historia ahora?” (Granada, Almed, 2005).
CASANOVA, J.: “La historia social y los historiadores. ¿Cenicienta o princesa?” (Barcelona, Crítica, 2003).
CIPOLLA, C.M.: “Entre la Historia y la economía. Introducción a la Historia económica” (Barcelona, Crítica, 1991).
CRUZ, M.: ”Filosofía de la Historia” (Madrid, Alianza, 2008).
DANIEL, U.: “Compendio de historia cultural. Teorías, práctica, palabras clave” (Madrid, Alianza, 2005).
DOSSE, F.: “La historia en migajas. De Annales a la nueva historia! (Valencia, Institució Alfons el Magnánim, 1989).
DOSSE, F..: “La historia: conceptos y escrituras” (Buenos Aires, Nueva Visión, 2004).
DUBY, G.: “La Historia continúa” (Madrid, Debate, 1992).
ELEY, G.: “Una línea torcida. De la historia cultural a la historia de la sociedad” (Valencia, Universitat, 2008).
FENTRESS, J. y WICKHAM, C.: “Memoria social” (Madrid, Cátedra, 2003)..
FONTANA, J.: “La historia de los hombres” (Barcelona, Crítica, 2001).
HERNÁNDEZ SANDOICA, E. y LANGA, A. eds.: “Sobre la Historia actual. Entre política y cultura” (Madrid, Abada, 2005).
JENKINS, K.: “¿Por qué la historia?” (México, F.C.E., 2006).
JULIÁ, S.: “Historia social/Sociología histórica” (Madrid, Siglo XXI, 1989).
KAYE, H.: “Los historiadores marxistas británicos” (Zaragoza, Universidad, 1989).
KOCKA, J.: “Historia social. Concepto, desarrollo, problemas” (Barcelona, Alfa, 1989).
KOSELLECK, R.:” Futuro pasado. Para una semántica de los tiempos históricos” (Barcelona, Paidós, 1993).
KOSELLECK, R.: “Historias de conceptos. Estudios sobre semántica y pragmática del lenguaj
Competencias1. Manexar coa maior precisión o vocabulario e os conceptos propios do historiador contemporáneo.
2. Desenvolver a capacidade persoal de manexo das diferentes perspectivas, sen menoscabo das predileccións ou eleccións de cada cal.
3. Mostrar capacidade de interpretación e valoración analítica na mecánica de traballo e de exposición sistemática e ordenada na construción da síntese.
4. Ter estratexias válidas para defender as eleccións e valoracións propias.
5. Empregar con facilidade e capacidade crítica os recursos informáticos
Metodoloxía da ensinanza 1. O programa da materia divídese en tres bloques de contidos aos que lles corresponden, de xeito aproximado, tres horas lectivas por cada tema. Do que resultan:
- Primeiro bloque temático (8 horas)
- Segundo bloque temático (12 horas)
- Terceiro bloque temático (12 horas)
Ata chegar a cumprimentar as 32 horas lectivas.
2. As horas presenciais interactivas, de carácter práctico, impartidas en tres grupos diferentes, comprenderán:
- 11 clases de análise de textos para un total de unha hora introdutoria á preceptiva e a praxe do comentario e outras dez adicadas a realización doutros tantos comentarios, todos eles conxuntos.
3. Ese horario presencial será complementado, se é o caso e a programación global do curso o permite, cun día de prácticas de campo, en horario de mañá ou tarde (para as que os alumnos se distribuirán en dous grupos) e nas que se visitará un centro de investigación, para coñecer do seu funcionamento e proxectos en marcha e/ou unha biblioteca na que poidamos familiarizarnos cunha selección de libros de valor historiográfico especialmente relevante.
4. Igualmente, o día 18 de decembro dedicarase a titorías orientativas cara as probas finais do curso. O traballo restante, ata completar o equivalente das horas correspondentes a 6 créditos ECTS, está avaliado nun total de 110 horas de traballo non presencial, que corresponderán a un equivalente de 70 horas dedicadas á lectura e estudo dalgún dos libros de referencia recomendados e das notas de clase e á preparación do traballo final do curso e outras 40 destinadas á elaboración de tarefas relacionadas coas actividades prácticas ofertadas no presente curso, a razón de catro horas de preparación para cada un dos textos a comentar
5. Só se contempla unha única opción presencial, que inclúe a valoración estrita da asistencia e a participación nas tarefas de clase, e na que calquera alumno/a poderá optar por dúas modalidades diferentes: a) realizar como finalización un traballo; ou b) presentarse á proba final. En todo caso, se, fose necesario, a proba de recuperación ou segunda oportunidade só contemplará a realización dunha proba escrita a sumar os demais ítems da cualificación.
6. As prácticas interactivas na aula supoñerán a elaboración colectiva dunha serie de comentarios acerca dos conxuntos de textos seleccionados a partir daqueles que se indican nesta programación como materiais de prácticas, seleccionados basicamente a das obras de E. Mitre e F. Sánchez Marcos consignadas na bibliografía básica e distribuídos do seguinte xeito:
- 2 comentarios relacionados coa historiografía do século XIX.
- 5 coa historiografía da primeira parte do século XX.
- e outros3 coa historiografía finisecular e de comezos do século XXI
Correspondentes ao seguinte corpus:
- J. A. -Condorcet: Bosquexo dun cadro histórico dos progresos do espírito humano, pp.15-29 / J. Burckhardt: Reflexións sobre a Historia Universal, pp. 260-263.. (comentados de maneira conxunta).
- Johann Gottfried von Herder: Obra Selecta, pp. 335-338 / Auguste Comte: Discurso sobre o espírito positivo, pp. 54-58 / M. Weber: Sobre a teoría das ciencias sociais, pp. 38-40. (comentados de maneira conxunta).
- Oswald Spengler: A decadencia de Occidente, vol I, pp. 166-179 / Arnold Toynbee: Estudio da Historia, compendio, vol. I, pp. 124-127 / Lucien Febvre: Combates pola Historia, pp. 206-208 (análise conxunto dos tres).
- A historia no Main Kampf / A visión da Historia na U.R.S.S. / A utilidade da historia para as asociacións de historiadores estadounidenses (nunha consideración conxunta).
- A polémica entre R. W. Fogel e G. Elton considerada a partir de dous textos destes autores.
- M. Bloch: Introdución á historia, pp. 55-57 / J. Fontana: Historia, Análise do pasado e proxecto social, pp. 219-212. (análise conxunto dos dous).
- Os debates de P. Vilar con J. Marczewski e E. P. Thompson con P. Anderson (a partir de textos dos catro autores).
- Georges Duby: A Historia continúa, pp. 98-100 / Peter Burke: Formas de facela historia, pp. 19-21 (tratados de maneira conxunta).
- F. Fukuyama: O fin da Historia e o último home, pp. 289-291 / S. P. Huntington: Choque entre civilizacións, p. 18. (consideración destes dous textos á vez).
- Julio Aróstegui: A investigación histórica. Teoría e método, pp. 93-95 / P. Veyne: Como se escribe a historia. Foucault revoluciona a historia, pp. 117-118 (consideración destes dous textos á vez) correspondentes a 10 horas de clase que se completarán coa devandita introdución acerca da técnica do comentario de textos históricos (1 hora máis).
7. Todos os alumnos e alumnas terán que desenvolver esta tarefa para o cal deberán de entregar, antes do comezo de cada unha das clases interactivas, un ou máis folios co comentario elaborado e asistir a un mínimo de sete clases prácticas de comentario. O seu valor será diferente se o alumnado que o entrega asiste e participa na clase que si tan só o entrega. A súa presentación deberá de facerse con textos escritos a man. A entrega sen asistir á clase será avaliada ao 50% do valor de cada texto. Non se admitirá ningunha entrega posterior ao día marcado para cada práctica.
8. Asemade, quen así o desexe, de forma voluntaria, poderá asumir a elaboración dun traballo substitutivo da proba final, acerca da importancia e significación da obra dalgún historiador especialmente destacado destes últimos tempos ou dalgunha das súas investigacións especialmente significativas, elixida de común acordo entre o profesor e o/a alumno/a; que se elaborará sobre a base das valoracións e consideracións emitidas nas clases, ás lecturas persoais efectuadas a partir da bibliografía que se recomende ou se localice en cada caso.
9. O traballo de redacción e sistematización sobre o tema seleccionado para cada unha das persoas que escollese libremente esta opción terá que entregarse por escrito, en redacción manual, no prazo límite do 13 de decembro de 2013, de forma inescusable, podendo ser penalizado gravemente calquera atraso inxustificado na entrega. Se o traballo non se entregase o /a alumno/a poderá ir directamente á proba de recuperación nas datas sinaladas ao efecto.
Sistema de evaluación1. A avaliación terá en conta tanto a continuidade e constancia no traballo desenvolvido canto a implicación e motivación del/a alumno/a e a calidade dos resultados conseguidos.
2. O sistema de avaliación incluirá:
a) A asistencia continuada e a presenza del/a alumno/a nas aulas ao longo do curso, incluídas as horas interactivas, as prácticas e as titorías especiais (o que supoñerá ata 1 punto da cualificación final).
b) A participación activa e eficaz del/a alumno/a tanto nas clases teóricas como, de forma máis decisiva e decidida, nas clases interactivas, as prácticas e as titorías especiais (valorado con 1 punto na cualificación do curso).
c) A realización por parte del/a alumno/a dos comentarios de texto que deberán entregar antes do seu comentario público na clase (cunha posible puntuación máxima de ata 4 puntos).
d) A preparación dese traballo persoal acerca da importancia e significación da obra dalgún historiador especialmente destacado destes últimos tempos ou dalgunha das súas investigacións especialmente significativas (cun valor máximo de ata 4 puntos na cualificación global da materia); e do que se dará conta nunha proba pública de carácter oral na que cada un/unha contestará ás preguntas do profesor acerca do realizado. Este traballo poderá ser entregado ao profesor en calquera momento ata as 14 horas do 13 de decembro de 2013.
Todas as probas escritas serán presentadas con limpeza e formalizadas en folios escritos a man e cunha caligrafía perfectamente lexible.
3. A suma dos diferentes ítems da cualificación constituirá o elemento básico de estimación cuantitativa da valoración cara á avaliación final. O interese evidenciado, a integración nas tarefas, a progresión e maduración persoal alcanzadas e a actitude diante do traballo servirán para elaborar e establecer estimacións cualitativas acerca da cualificación que poderán modificar a esta de xeito mínimo e non decisivo.
4. Aqueles/ás que así o teñan decidido poderán presentarse ao exame ou proba final, cualificada tamén cun máximo de 4 puntos. Para a cualificación contemplada na chamada segunda oportunidade, as valoracións dos traballos prácticos, da asistencia e da participación sumaranse, con idéntico valor que na primeira cualificación, a unha nota de exame cun valor máximo igualmente de 4 puntos.
5. As persoas que tiveran participado en programas de intercambio que escusen a súa presencia nas clases ou necesiten dunha atención especial en virtude dalgunha posible dificultade ou deficiencia terán que elaborar, igualmente de forma manual, si elo fora posible, un guión desenvolvido do programa da materia e dos seus principais contidos e presentarse ás probas escritas nas datas sinaladas no calendario escolar.
6. As probas escritas avaliarán os coñecementos acerca dos contidos que se reflexan no programa da materia e, tanto para a primeira como na segunda oportunidade, consistirán na contestación de dúas preguntas ou temas, sobre catro opcións, e a realización dun comentario de texto ou textos.
Tempo de estudo e traballo persoal1. A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do/ da alumno/a. Deste conxunto, 50 horas (33%) dedicaranse ao traballo obrigatorio dirixido polo profesor e as outras 100 horas (66%) ao traballo libre por parte dos/ás alumnos/ás. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 43 horas de actividades formativas presenciais (o que supón de forma aproximada o 27% do traballo total) e 10 de actividades dirixidas non presenciais.
2. Considerando que o horario escolar da materia contempla 32 horas lectivas, estas dividiranse como segue:
- introdución e primeiro bloque temático (8 horas)
- temas 3 a 6 (tres horas cada un)
- temas 7 a 10 (12 horas)
ata completar as 32 horas de carácter expositivo.
3. O outro bloque horario constitúeno as 11 horas interactivas que, a razón de 1 dedicada a cada comentario dos textos e 1 máis de carácter introdutorio, completan o total das horas lectivas establecidas.
4. O conxunto das horas lectivas, terá que compatibilizarse cun tempo de estudo acorde co valor dos seis créditos estimados para esta materia. O que fai un total de 110 horas de traballo persoal que, a título indicativo poderían dividirse do seguinte xeito:
40 horas dedicadas á elaboración dos seus comentarios acerca dos textos;
70 horas á lectura, ao estudo e á preparación do seu traballo final de curso e da materia.
Recomendacións para o estudo da materia1. Para a correcta aprendizaxe na materia precísase, en primeiro termo, da correcta comprensión das denominacións e dos conceptos empregados na reflexión historiográfica, de orde filosófica/teorético e conceptual e, polo mesmo, de carácter formal e ideográfico, máis relacionados coa consideración comprensiva dos contidos que coa narración ou valoración dos feitos acaecidos. Esa tendencia á valoración cultural e metodolóxica na elaboración das obras históricas dificulta a aprendizaxe para un alumnado máis afeito a referirse a evidencias de tipo narrativo que a abordar as consideracións analíticas e, en xeral, cun escaso e pouco preciso manexo do vocabulario histórico e das ciencias sociais e dunha terminoloxía precisa. Un labor que só se suple con esforzo e co uso do dicionario común e de dicionarios e vocabularios especializados, e que nunca poderá ser completado neste ou en calquera curso académico por si só.
2. A preparación do temario e a sistematización de coñecementos relacionados coa historia da historiografía precisa dun mínimo achegamento complementario aos correspondentes contextos históricos coetáneos relacionados coa cultura, a filosofía, a literatura ou a ciencia dentro dun marco global no que o desenvolvemento do coñecemento histórico se relaciona coa evolución xeral do pensamento e do coñecemento científico, nunha influencia mutua e continuada.
3. A nivel especificamente historiográfico, a sistematización dun período tan próximo ás vivencias do alumnado e ás dos que intentan sistematizar e organizar a comprensión dos diferentes procesos e achegas significativas se fai especialmente complexa e precisa no momento de combinar criterios e valoracións non sempre coincidentes como corresponde a un proceso en continua transformación e que esixe tratar de establecer con cautela e provisionalidade estimacións que teñen que basearse naqueles criterios. Para iso se fai imprescindible unha periodización clara e ordenada que permita diferenciar pero tamén sinalar as similitudes e contactos entre as diferentes escolas, grupos, tendencias e autores e considere a significación das súas achegas ao coñecemento histórico en xeral. Sen ese labor complexo, o entendemento da materia reséntese e as posibilidades aplicadas e utilitarias do coñecemento fanse máis difíciles co risco de caer na confusión caótica que se trataría de evitar.
4. Polo que respecta ao desenvolvemento dos labores prácticos e á realización das notas de lectura, o/a alumno/a non debe de esquecer que o seu papel non é só o de demostrar a súa competencia e madureza canto o de practicar todo un esforzo de adestramento e preparación e un emprego rigoroso das informacións manexadas que lle outorgue maior seguridade nas súas competencias a partir da experiencia de traballo acumulada. De aí que se insista na necesidade de que reflicta un traballo de concepción e entendemento persoal e non o resultado dunha "colaxe" máis ou menos erudita favorecida polas bases de datos informáticas. Só dende esa concepción, serve de experiencia e adestramento, nunca de mero obxecto de exame por moito que sexa valorado e cualificado. Para recalcar esa personalización do traballo recoméndase que todos os textos do curso sexan presentados escritos a man e pulcra mente redactados. Algo que ten moita máis importancia cando estamos ante unha avaliación continuada que non só terá en conta a calidade do traballo e a claridade no entendemento dos problemas canto o esforzo desenvolvido e a evolución positiva que se poida constatar ao longo do cuadrimestre.
5. A preparación do exame considera precisa certa familiarización co comentario de textos (de aí a importancia de seguir as clases interactivas da aula) e a sistematización dun contido non tanto amplo canto denso e rechamante. Aconséllase, para facilitar o estudo, a confección de guións e resumos nos que se sistematicen axeitadamente contidos a partir do valor predominante das ideas de carácter xeral e, só a partir do seu coñecemento, da consideración de datos máis particulares e específicos.
6. En calquera caso, para conseguir non tanto un aprobado canto un resultado apreciable na aprendizaxe todo/a alumno/a tería que pretender desenvolver un traballo continuado e sistemático ao longo do cuadrimestre, constante e sen abusivas angustias de penúltima hora. A súa praxe de traballo, ben seino, resulta ser totalmente a contraria; pero só se o esforzo é continuado e a madureza constante é posible alcanzar unha aprendizaxe comprensiva nesta materia.
7. Calquera dos esforzos descritos require, para todo o alumnado en xeral, o apoio do profesor para precisar, contrastar, aclarar, debater, estimular ou ata impugnar as ideas que o/a alumno/a vai recollendo e traballando ao longo do curso. Para iso están concibidas as preguntas de clase, as intervencións nos comentarios e nas titorías que o profesor da materia sempre aceptará e intentará canalizar e responder. As inquietudes, preguntas, dúbidas curiosidades e/ou protestas do alumnado son valores que poden converterse en instrumentos útiles para a súa aprendizaxe e cuxo espazo reservado son as horas de titoría. Pero tamén se espera que ese mesmo alumnado entenda que ese tempo non é para perdelo solicitando a repetición de contidos facilitados na clase aos alumnos/as que non asistisen a elas ou a reiteración persoal de informacións facilitadas e reiteradas previamente e, ás veces, entregadas por escrito. Un bo emprego do tempo colectivo require a colaboración de todos/ás coa programación exposta.
ObservaciónsOs/ás alumnos/ás poderán consultar, aclarar e aconsellarse co profesor nas horas establecidas como horario de titorías.